Tenentes de xuíz
16?? Miguel de Rosende.
En
1628.
Xuíz de Primeira Instancia do Partido de Redondela
A “Junta Suprema de Galicia” nomea o 5 de marzo de 1820 os
xuíces interinos de primeira instancia.
1820,
5 marzo. Josef Lebrón
(Interino). N. en Ourense, 1776. Bacharel
en ambos Dereitos pola Universidad de Oviedo (1797). Avogado do
Consejo de Castilla (1802). Alcalde da xurisdición de Ruecos, de
señorío (1803). Xuíz subdelegado do departamento de Allariz e
Junquera de Ambia para a secularización e alleamento dos bens
eclesiásticos.
29-6-1821 A raíz do establecemento da Constitución as Cortes
resolveron que Galicia seguira dividida interinamente nos 47
Partidos Xudiciais acordados en 1813, un deles era Redondela.
1822,
4 maio. Francisco Beira y Briones.
1822: Unificación de Redondela (Cedeira, Reboreda, Saxamonde,
Vilanova e Vilavella)
1823: Restauración do réxime señorial. Cedeira, Reboreda,
Saxamonde e Vilavella voltan a separarse de Redondela.
1835
Francisco Pantoja. En febreiro de 1836 o goberno central
afastado do seu cargo.
Constitución do Concello de Redondela tal e como o coñecemos
hoxe en día: 3 de decembro 1836.
1836
Fernando Paradela.
183?
Ignacio Bartolomé. En 1837
183?
Francisco Sancho Gutierrez. Cando
menos dende 1838. Foi fiscal
e rexistrador da propiedade en Pontevedra, ademais de correspondente
da Real Academia da Historia. Destituído
tralo pronunciamento de 1840.
Provincia de Vigo
1840, outubro. Francisco Paradela
1841,11
de marzo. Tomás Álvarez de la Braña. Anteriormente xuíz de
Perales de Tajuña. En 1842 era moi criticado porque tiña á súa
disposición 12 homes armados que lle foron facilitados do Provincial
de Ourense.
1843,
6 de agosto. Juan Igneson y Miramon.
Sendo Promotor fiscal en propiedade no Xulgado de Carballino
(Ourense), a Xunta de goberno
da vila de Redondela nomeouno xuíz, cargo que desempeñou ata o 23
de outubro de 1843, en que tivo lugar na praza de Vigo o
pronunciamento pola Xunta central para contrarrestar ao que derrocou
ao Duque de la Victoria. Tomou parte activa no movemento tanto coas
armas na man como auxiliando nos traballos de Secretaría da Xunta.
Por estes feitos veuse obrigado a emigrar ao estranxeiro, non podendo
volver
ata a amnistía xeral de 1847.
1843,
20 de novembro. Telesforo Contreras.
1843,
29 de decembro. José María Pesqueira. O
9 de abril de 1847 trasladado a Santiago.
1847,
9 de abril. José de Santa Marina. Ata
setembro de 1950..
1850,
17 de setembro. Ignacio Bartolomé.
No cargo ata 1854.
1854-57
Francisco María Donnet. Suspendido
en setembro de 1856 por asistir ao banquete con que se honrou ao
marqués de Albaida na casa de Juan Manuel Pereira. Sería reposto
poucos días despois.
1856
José Barbeito del Prado. Actúa
como xuíz nunha sentenza de novembro, probablemente foi o substituto
durante a suspensión do anterior.
1858
Froilán Prieto. O 30 de xullo de 1858 permuta a súa praza co
xuíz de Pontecaldelas.
1858,
30 de xullo. Luis Genión Álvarez
1860
Antonio Suárez Sequeiros. En
febreiro de 1861 nomeado para A Cañiza.
1861,
xaneiro. Ramón Sampedro Borines
1861
Valentín Suárez. Falecido ese mesmo ano.
1861,
outubro. Francisco Aguirre. Anteriormente
en Tabeirós. Continuaba en 1863.
1863,
4 de abril. Luis Gómez Seara. O 7 de abril de 1865, accedendo
aos seus desexos, é trasladado a Ribadavia (Ourense).
1865,
7 de abril. Buenaventura Pla de Huydobro. Era ademais Xefe
Honorario da Administración Civil. En xullo de 1866 promovido ao
xulgado de Huete (Cuenca).
1866,
xullo. Jose María Nieto y Pasecio.
Nomeado
en comisión despois de trocar a súa praza no xulgado de Huete co
xuíz anterior.
O
4 de Agosto del 66 foi promovido ao de Pontevedra, tomando
posesión
o 4 de Abril do ano seguinte.
1866,
outubro. Diego de Olcina. Non chega a exercer porque o 19 de
outubro de 1866, accedendo aos seus desexos, é trasladado a Pego
(Alicante).
1866,
19 de outubro. Ambrosio Fernández Vitacarros. Servía en
Viana do Bolo. Cesa ao ser suprimido o xulgado.
Supresión do Xulgado de Primeira Instancia polo real decreto de
27 de xuño de 1867,
186? Francisco Garrido Sobral. Xuíz de paz de Redondela en
1868.
Restablécese o Xulgado de Primeira Instancia o 8-1-1872.
1872,
xaneiro. Manuel ¿? Anteriormente xuíz electo de Vilalba.
187?
Gerardo Parga y Varela. Anteriormente xuíz de primeira
instancia de Villar del Arcebispo (Valencia). Estaba no cargo en
1873. Deixou o cargo en xullo de 1875 ao ser nomeado promotor fiscal
de Noia.
187?
Eugenio Salgado. En novembro
de 1876 trasladado a Bande.
1876,
decembro. Balbino Llamas y Pons. Procedente
do de Bande.
187?
Eugenio Salgado y López. En
marzo de 1879 trasladado a Tui.
1879,
abril. Celestino Arias Ulloa Gago. Procedente
do xulgado de Ponteareas.
1880,
abril. Ramón Vidal Olivares.
Cesou en marzo de 1881.
188?
José García Gallego. Cando
menos dende outubro de 1882. Trasladado ao xulgado da Estrada en
marzo de 1883..
1883-1886.
José Orge y Portela. No
cargo ata que en marzo de 1886 foi trasladado a Cambados.
1884
José de Soto. Aparece como
xuíz de Redondela no Anuario
del comercio, de la industria, de la magistratura y de la
administración, de
1884.
1886
Crisanto Manuel Pereira Nogueirol. O
seu nomeamento foi protestado por ser propietario en Redondela o que
era incompatible co desempeño do cargo. Ademais
este veciño da vila estaba involucrado na vida política local.
188?
Manuel María Puga y Fernández. Promovido en novembro de 1887
a Morón (Sevilla)
1887,
9 de novembro. José Fernández Arroyo y Pozuelo.
Anteriormente vicesecretario da Audiencia do Criminal de Linares.
188?
Amadeo Domínguez. En decembro de 1888 trasladado a Allariz.
1888
decembro. Manuel Dacal y Ambrosio. Deixou o cargo en decembro
de 1888 por permuta co xuíz de Valoria la Buena.
1888
decembro. Florentino Alonso Lasiote. Chegou a Redondela por
permuta co xuíz anterior. En abril de 1891 é nomeado xuíz de
Monforte.
1892
/ 1899, decembro. Adolfo Serantes y
Feijoo. Permuta co xuíz de
Pontecaldelas en decembro de 1899. Na súa despedida os seus amigos
regaláronlle un estoxo
que contiña un bastón coa inscrición: “1900 A. S. Redondela”.
|
José Ogando Foto: www.worldvitalrecords |
1900, febreiro
Rafael González Besada y Valdés. Anteriormente, xuíz de
Pontecaldelas. En marzo de 1906 deixa o cargo ao ser nomeado avogado
fiscal da Audiencia de Ourense. Nado o
6-12-1863. Doutor en Dereito. Ingresou na carreira xudicial en
1888 cun dos primeiros números. Foi xuíz de Pontecaldelas,
Redondela, Pontevedra, Cuenca e San Sebastián. Fiscal das Audiencias
de Ourense e Pontevedra, e Inspector Fiscal do Tribunal Supremo, coa
categoría de Maxistrado deste alto Tribunal, sendo xubilado coa
chegada da República, como desafecto ao réxime. Estaba en posesión,
entre outras, da Gran Cruz de Isabel la Católica. Faleceu na
súa casa de Guillarei o 1 de xullo de 1943.
1906-marzo.
Ramón Cayetano Vázquez Martínez. Anteriormente xuíz de
primeira instancia de Corcubión. En xuño de 1907 trasládase a
Trujillo.
1907-xuño.
Julio Salgado Trillo. Anteriormente xuíz de instrucción en
Lalín, que pediu o traslado a Redondela. Ademáis de xuíz, na nosa
vila foi presidente do Casino. En xaneiro de 1911 é nomeado avogado fiscal da Audiencia
de Almería.
1911, xaneiro.
Augusto López de Sáa y Atocha. En 1926 era fiscal de
Pontevedra. Era fillo do maxistrado do Tribunal Supremo e Senador,
Miguel López de Sáa.
1918-setembro.
Avelino Espinosa y Cervela. Nomeado en setembro tomaría
posesión ao mes seguinte. Nomeado xuíz de Badajoz en xuño de 1919.
|
Xuíz Delgado e Secretario Echevarría. Foto:El Pueblo Gallego |
1919, 18 de
xuño-1923, 6 de abril. José Ogando Stolle (Forcarei,
1886). Deixou o cargo por ascenso, ao ser nomeado fiscal
da audiencia de Santander. En decembro de 1937, asasinado polos
republicanos en Teruel, onde exercía.
1923, abril. Alberto García
Martínez. Conde de Gacinarro. Trasladado a Tarancón (Cáceres)
en outubro de 1926.
1926, 27 de
outubro. Ramón Montero Ríos y Quiroga. Fillo do avogado de
Santiago, José Montero Ríos. Casado coa señora María Luisa
Fernández Cid. Anteriormente, xuíz de Allariz. En novembro de 1929
é despedido nunha cea homenaxe por ser trasladado a Santiago.
1929, 07 de
novembro. Rafael Delgado Iribarren. Anteriormente xuíz de
Lerma. En abril do ano 1933 deixa o cargo por ser nomeado Xuíz de
Vigo.
|
Alberto García falando na festa da Árbore 1924, en Mos. Foto; El Pueblo Gallego |
|
José Bellver, Foto: Vida Gallega |
1933, maio. José Bellver Álvarez.
Procedente do xulgado de
Ortigueira. En outubro de 1941 ascendido a Maxistrado de entrada.
No Museo de Pontevedra consérvase unha colección súa, foto e
cinematográfica, que amosa paixases das vilas onde estivo destinado.
No 2013, realizouse unha mostra no Multiusos da Xunqueira.
1942, xullo.
Juan Esteve Vera. Anteriormante xuíz da Cañiza. Capitán
honorífico do Corpo Xurídico militar, era daquela vocal ponente dos
consellos de guerra permanentes en Madrid.
1944, xullo.
Félix Barros Novoa.
Procedente do xulgado de Ponteareas. Pouco tempo despois trasladado
ao xulgado de Bouzas (Vigo). En 1963 formou parte do tribunal do
tristemente famoso caso do metílico.
19?? Cameselle
Barcia, Otto José (Vigo,
1921). Ao ser
nomeado para Redondela, converteuse no xuíz máis xoven de España.
No cargo durante a inauguración das novas instalacións do
xulgado en novembro de 1951. Xunto con Ramón González-Alegre
dirixiu a revista de poesía "Alba", publicando o seu
primeiro libro de poesía en 1950. Tamén era inspector de Xustiza
Municipal da provincia de Pontevedra. O 30 de abril de 1956 é
destinado a Ocaña.
1956, 30 de abril. Jaime Rodríguez
Hermida. Procedente do xulgado de Castuera. Cesou en xaneiro de
1961 ao ser nomeado maxistrado da Audiencia de Burgos con destino na
sala do contencioso-administrativo de Bilbao. En 1968 foi nomeado
Presidente da Audiencia de A Coruña.
1961, xaneiro.
Francisco Gómez Olivié. En marzo de 1964 é nomeado
maxistrado-xuíz da cidade de Albacete.
1964, 31 de marzo. Manuel
González Nájera (Paredes
de Nava-Palencia, 1925/Santiago
de Compostela, 2004).
Tamén exerceu en Castrojeriz, A Cañiza,
Castropol e Tui. Ascendido
a maxistrado é destinado
a San Sebastián (publicado
no BOE 27-6-1970).
Despois de sete anos no País Vasco sería
trasladado á Coruña onde exerceu no
Xulgado de Instrución número 2 e posteriormente como
maxistrado-xuíz
de Vixilancia Penitenciaria de Galicia.
11-11-1965
Supresión do Partido Xudicial de Redondela.
30-07-1970
Supresión do Xulgado de 1ª Instancia de Redondela
Xuíz Municipal
188?
Crisanto Pereira. En 1881.
188?
Manuel Sestelo. En 1884 e 1885.
188?
Leodegario Rubín Monroy. En 1887.
1893,
marzo. Pedro Fontenla Figueroa. Avogado.
1897,
xuño. Ramón Francisco Pardo Ferro. Alcalde en varias
ocasións e presidente do partido conservador de Redondela. Faleceu
estando no cargo en marzo de 1898.
1901
José Cacheiro Cardama. O seu nomeamento quedou sen efecto ao
pasar a ser rexistrador da propiedade.
1901,
xullo. José Fontenla Pardo. Elixido en propiedade para o
bienio 1901-1903.
1903,
xuño. Maximino Crespo Rivas. Reelixido en 1905, 1907,1911 e
1915.
Non
remata o seu último mandato por falecer de rápida enfermidade.
1916,
novembro. Emilio Torrado André. Anteriormente suplente. A
finais de 1919 nomeado para o seguinte cuadrienio. Continúa no cargo
a mediados de 1920.
1920,
novembro. Manuel Pereira Míguez.
1922,
decembro. Evaristo Graño.
1923.
Manuel Pereira Míguez. Ocupou o cargo en maio de 1923 ata novo
nomeamento, que se faría efectivo na súa persoa en decembro dese
mesmo ano. Continuaba no cargo en outubro de 1927.
192?
Emilio Torrado André. No cargo en 1929.
1930,
xuño. Manuel Pereira Miguéns.
1931,
xuño. Alfredo Lorenzo Martínez
1931,
setembro. Gustavo Otero Sestelo. Aproveitando que o seu irmán,
Pedro, era nomeado alcalde, se autoproclamou xuíz municipal sen ter
acadado o título de avogado. Sería destituído tralo inicio da
guerra e a entrada na alcaldía de Francisco Cunqueiro.
1936,
agosto. Juan Crespo Álvarez. Confirmado no cargo en outubro
de 1936.
19??
José Reboredo Blanco. En 1941.
Xuíz Comarcal
1945,
outubro. José Alonso Troncoso.
1951,
febreiro. Antonio Tapia Seoane. Pola Orden de 25 de xuño de
1954, é declarado xubilado forzoso, por cumprir a idade
regulamentaria.
1955,
xaneiro. Constantino Méndez Rodríguez. Avogado pontevedrés.
Faleceu estando no cargo, en 1969.
1969,
outubro. César Augusto Pérez Quintela. Procedente do xulgado
de Bande. En xuño de 1982 nomeado titular do xulgado número 2 de
Pontevedra.
Suplentes
Xuíz
1ª instancia suplente (Ás veces é o xuíz municipal)
1861
Crisanto Pereira Noguerol. Xuíz suplente 1º
1861
Fernando Rodríguez Prida. Xuíz suplente 2º
1887,
outubro. Leodegario Rubín Monroy (Xuíz municipal).
1923,
maio. Manuel Pereira Míguez. Ata a toma de posesión do titular en
xuño.
1929,
setembro. Emilio Torrado André.
1942,
decembro. José Jaime Pérez Rodríguez
1969,
agosto. Ovidio Chamosa Sarandeses.
Xuíz
municipal suplente
1895
Fernando Alfaya Pérez
1900,
agosto. Maximino Crespo Rivas.
190?
Jacinto Mos Figueroa. Renuncia en abril de 1907.
1907,
maio. Antonio Orellana
1907,
outubro. Serafín Sampedro Couto.
1910,
marzo. José Fontenla Pardo. Faleceu estndo no cargo.
1910,
novembro. Pedro Otero Milleiro. Relexido en 1911.
1914,
abril. Emilio Torrado André. En novembro de 1916 nomeado xuíz
municipal.
1917,
abril. Luis Telmo Bernárdez Santomé. Médico. En decembro de 1919
elixido para o
seguinte cuadrimestre.
1920,
novembro. Heliodoro Rivas Rivas.
192?
Manuel Pereira Míguez (Xuíz municipal). En maio de 1923 ocupou a
praza de titular ata novo nomeamento, que recaería na súa persoa en
decembro dese ano.
1923,
decembro. Jaime Serín Domínguez.
1926.
Antonio Ocampo Fraga. Médico. No cargo en xuño de 1926.
1927
Jaime Serín Domínguez.
1929,
setembro. Pedro Otero Sestelo
1930,
xuño. Ramón Criado Fontán
1931,
xuño. Dositeo Pérez Sobrino
1936,
outubro. Dositeo Pérez Sobrino
Xuíz
comarcal sustituto:
1965,
abril Jose Antonio Conde Martínez
1966,
xaneiro. José Jaime Pérez Rodríguez. Veciño de Redondela, xa
desempeñara o cargo con anterioridade. Delegado comarcal de
Sindicatos
1970,
decembro. José Antonio Conde Martínez.
Texto: J. Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Boletín
Oficial del Estado http://www.boe.es/
Ministerio
de Cultura
http://www.mcu.es/
Wikipedia
https://gl.wikipedia.org
Faro
nacional, Volumen 6. Escrito por Colegio de Abogados de Madrid ,Real
Academia de Jurisprudencia y Legislación (Madrid),Sociedad...
Boletín
de la Revista general de legislación y jurisprudencia. Varios anos.
Los
jueces del trienio liberal.Escrito por Ricardo Gómez-Rivero
(Google Books)
Supresión Partido xudicial 1965(Páx. 112. Arredor de
nós. Historia da Policía Local 1863-2003. Gonzalo Amoedo
López e Roberto Gil Moure. 2003.)
Centro
Superior Bibliográfico de Galicia:
http://www.csbg.net/
=> El Correo de Galicia (Santiago), El Correo de Galicia (Bos
Aires), El Regional (Lugo)...
Galiciana-Biblioteca
Digital de Galicia. Xunta de Galicia:
http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es
=> El Pueblo Gallego, El Compostelano, Boletín judicial de
Galicia, La Integridad (Tui), El lucense, Diario de Galicia
(Santiago), La Noche...
Biblioteca
Nacional de España. www.bne.es
=> La Voz (Madrid), La Correspondencia de España, La Época
(Madrid),
Anuario
del comercio, de la industria, de la magistratura y de la
administración...
En
www.boe.es
=> Gaceta Oficial de Madrid, Boletín Oficial del Estado
La
Vanguardia www.lavanguardia.es/hemeroteca
La Voz de Galicia.
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/
Outros:
La Situación de Galicia
Arquivo
familiar-escrituras
Archivo Histórico Nacional >pares.mcu.es
Aportacións
Xosé Moreira Docampo e Celso Milleiro Sánchez
Fondo
CastoSampedro-MuseoPontevedra: Petición
a Miguel de Rosende, tenente de xuíz de Redondela (1628). Sampedro
65-10 Notas sobre rúas e lugares.