domingo, 17 de febrero de 2019

Deputados Parlamento Galego

Foto: La Voz de Galicia
Pérez Varela, Jesús (Redondela 19-4-1946)
Do PP. Foi director do Imparcial, diario de extrema dereita. Estivo á fronte do Gabinete de Comunicación na Xunta de Galicia. Nomeado conselleiro de Cultura e Comunicación Social o 06-06-1996. A partir de 1997 conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo posto que ostentou ata a primeira semana de agosto do 2005. Baixo o seu mandato iniciuse a construcción da cidade da cultura. No referente a Redondela, durante os dous anos nos que foi alcalde Amado Ricón, acometeu a restauración dos edificios da illa de San Simón, converteu a Casa da Torre en albergue e adquiriu os terreos do Carballo das Cen Polas, onde pretendía crear un auditorio que non chegou a realizarse.

Bastos, María del Carmen.
Do PP. Concelleira de Cultura e 1ª Tenente Alcalde, en 1996 converteuse na primeira muller en asumir a alcaldía de Redondela durante as vacacións do alcalde titular, Amado Ricón. En setembro dese mesmo ano sería nomeada Deputada no Parlamento Galego.

Foto PP de Redondela
López Rodríguez, Lorena (Chapela, 1977)
Do PP. Avogada. Funcionaria na xerencia municipal de Urbanismo de Vigo. Concelleira de Redondela entre 2007 e 2011. En maio do 2011 nomeada deputada no Parlamento Galego pola provincia de Pontevedra.








Foto PP de Redondela
Pazos Couñago, Jose Alberto (Redondela, 1972)
Do PP. Avogado. Iniciouse na política local como concelleiro no 2007. Trala chegada á alcaldía de Javier Bas pasou de encabezar a oposición a ser concelleiro de Cultura, cargo que compaxinaba co de Deputado Provincial. Non chegaría a rematar a lexislatura xa que, en xaneiro do 2013, sería nomeado Deputado Autonómico pola provincia de Pontevedra. A finais dese mesmo ano, asumiría o cargo de Director Xeral de Administración Local da Xunta.






Autor: J. Migueles
Actualizado: 17/02/2019

BIBLIOGRAFÍA
Faro de Vigo
La Voz de Galicia
PP Redondela
Departamento de Prensa: Gabineta da Presidencia do Parlamento de Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario