|
Albergue do SEU en Rande Foto: todocoleccion.net |
Arte Club
Colectivo
nado en 1964 e formado por uns dez rapaces.
Comezou organizando exposicións e dando charlas de técnicas e
historia da pintura no local social da S. A. R. En 1966 organizou a
I Exposición de Óleos
nos soportais do
Concello, con obras de Olimpio Giráldez Lera, Manuel Seijas
Fernández e Jose Ángel Gesteira Pazos.
Asociación de
Cabezas de Familia
Constituída en
xaneiro de 1967 e integrada na Federación Provincial de Cabezas de
Familia. As súas pretensións eran as de defender os intereses das
familia: educación, vivenda... A primeira xunta directiva sería:
Presidente, Bernardo Alfaya García; vicepresidente, José Rodríguez
Crespo; secretario, Amado González Cardama; vicesecretario, Eugenio
Lueiro Urtaza; tesoureiro, Serafín Gesteira Fernández; vocais
Fernando Villar Pena, José Braga Valle, Manuel Argibay Fernández i
Eulogio Darriba Vilas.
Asociación de
Maestros Católicos
En
1940 Claudio Sotelo Loureiro é o delegado local desta
asociación, dándose a curiosidade de que este mestre fora
suspendido entre 1936 e 1938 no proceso de depuración iniciado tralo
Alzamento Nacional, probablemente porque fora presidente da Sociedade
Agrícola de O Viso.
Auxilio Social
Creada en España en
1942 como Obra Nacional de Auxilio Social. En 1962 o “Hogar
Méndez Núñez”, institución
nada na illa de San Simón, trasladouse a un novo edificio na
Xunqueira. Pouco tempo
despois comezaría a funcionar baixo o nome de escola-residencia
“Santo Domingo Savio”, que acollería a orfos e fillos de
familias desfavorecidas. Neses anos o delegado local do Auxilio
Social era José Regojo Rodríguez; o director da escola, José
Ocampo Otero e o administrador, Luis Díez Sanz.
Centro de Estudios
Redondelanos
Asociación
constituída en 1968 cos obxectivos de fomentar a recollida de pezas
para formar unha colección arqueolóxica e a recompilación de
fotografías e documentos para crear un arquivo histórico. A
directiva estaba composta por: Pedro Otero Rey, alcalde e presidente;
Antonio Taboada Táboas, vicepresidente 1º; Ramón Somoza Barros,
vicepresidente 2º; Amado González Cardama, secretario; María del
Carmen Cabaleiro Alonso, vicesecretaria; José Augusto Ventín
Pereira, depositario; e vocais: Pedro Regojo Otero, Antonio Soto
López, Jesús Olimpio Giráldez Lara, María Teresa Tojeiro Pérez,
Chary Río García, Eugenio Lueiro Urtaza e Amado Ricón Viruleg. En
1976 estaba presidida por José Guillermo Giráldez Lera e un dos
seus proxectos era a construción dunha casa da cultura.
Centro de
Iniciativas y Turismo (CIT)
Naceu en marzo de 1965
co principal obxectivo de crear un parador na Illa de San Simón.
Meses antes aparece na prensa unha listaxe de “Fundadores do Centro
de Iniciativas e Turismo”, por orde de solicitude: Amado González
Cardama, Agustín Genaro Velategui, Antonio Soto Otero, Eugenio
Lueiro Urtaza, Serafín Gesteira Fernández, Antonio Soto López,
Pedro Regojo Otero, Serafín Martínez Malvar, José Jaime Pérez
Rodríguez, José Rodríguez Crespo, Mario Reboredo Rodríguez, Rvdo.
Claudio Contreras Quirós, Luis Alfonso Pereira Fernández, Antonio
Taboada Táboas, José Molinos Reboredo, Eusebio Pereira Vilán,
Rodrigo Lueiro Urtaza, José Borines Táboas, Félix Muñoz Gómez,
Juan Cuadrado, Gerardo Pérez Rivero, Ramón Amoedo Esteiro, José
Fontenla Cal, Francisco Pereira Fernández e Albino Portela Otero.
A primeira directiva
quedaría formada por: Ramón Amoedo Esteiro, presidente; Serafín
Martínez Malvar, vicepresidente; Amado González Cardama,
secretario; Serafín Gesteira Fernández, vicesecretario; Agustín
Jenaro Velategui, tesoureiro; Antonio Taboada Táboas, contador; e
vocais: Gerardo Pérez Rivero, Mario Reboredo Rodríguez, José Jaime
Pérez Rodríguez, Alberto Generoso Becerra Bujones i Eugenio Lueiro
Urtaza.
O seu maior logro
sería a recuperación en 1966 da Festa dos Maios despois de dous
anos sen celebrarse. En 1973, o maior problema co que se enfrontaban
era coa acumulación de lodos na praia de Cesantes trala construción
do peirao e tentaban, sen éxito, organizar a festa do choco.
|
Gañadores do concurso fotográfico do CIT, 1967. Foto: La Noche |
Centro Recreativo e Cultural de Redondela.
Constituíuse o 30 de
xuño de 1952, sendo o seu primeiro presidente Francisco Pereira
Fernández, que permaneceu no cargo ata 1961.
O
seu primeiro local sería o
primeiro
andar dunha casa
propiedade de Casiano Iglesias, con fachadas na Rúa Alfonso XII e no
Paseo da Xunqueira. Estas instalacións foron inauguradas o 23 de
agosto de 1952, polo daquela alcalde, Juan Muíños. Nos seguintes
anos moitos dos seus festivais e bailes celebrábanse na sala ao aire
libre “Parque La Junquera”.
En
1965 a directiva presidida por Carlos Martínez Amil organiza a “I
Semana Cultural” na que estaban programadas o concerto da coral de
Porriño, unha exposición fotográfica e varias conferencias,
destacando a do escritor Gonzalo Torrente Ballester.
En
1971 accedeu á presidencia Francisco Virulegio Domínguez, que
asumiu o proxecto da edificación do edificio actual.
|
CRCR. Construcción do edificio actual en 1975. Foto: Faro de Vigo |
Círculo Cultural y Recreativo de Chapela
Constituído
o 19 de novembro de 1966 e inaugurado en 1967. Manuel Puga Santiago
sería o seu primeiro presidente, e o Chalé de Arbones o primeiro
local.
Club Deportivo
Redondela
Fundado
en 1944 ademais dun club deportivo con equipos en oito disciplinas
diferentes (Ver Deportes), realizaba numerosas actividades
culturais: ciclos de conferencias, festas para a xuventude no Salón
Redondela e Parque La Junquera, Certame de Flores... Esta
sociedade tiña como presidente honorífico ao empresario Carlos E.
Gunche. A xunta directiva estaba presidida por Antonio Ocampo Otero,
que en 1948 foi detido, acusado de delito equiparado ao de rebelión
militar. A partires deste suceso o clube foi a menos e disolveuse en
1952, non así a sociedade que seguía activa en 1953.
Cofradía de
Pescadores de Chapela – Cofradía de Pescadores de Redondela
O
25 de xuño de 1944, no local do antigo Centro de Mariñeiros
de Redondela, constituíuse a Confraría
de Pescadores, baixo a presidencia do xefe local do Movimiento
e alcalde, Raúl Carlos Gunche;
representante do señor comandante militar de Mariña; delegado
comarcal Sindical, Mellid; inspector costeiro do Instituto Social de
Mariña; o xefe comarcal da Obra Sindical de Previsión Social,
Gesteira;
e outras autoridades. Terminado
o acto trasladáronse a Chapela e no antigo local do Centro
de Mariñeiros e Agricultores
constituíuse
a Confraría de Pescadores de
Chapela. Os
dous actos rematáronse cantando o “Cara al sol” e
dándose os gritos de costume naquela época.
|
Entrevista ao secretario da Cofradía de Redondela, Juan Pérez en 1966. Foto:La Noche |
Comisión Local del Subsidio
En
1940 encargábase do pago das nóminas mensuais dos beneficiarios do
Padrón de Combatentes e ex-combatentes.
Cooperativa del
Campo Santiago Apóstol.
A finais de 1943
apróbanse os estatutos desta cooperativa.
En
xuño de 1954, toma posesión a nova xunta reitora,
tratando a
reorganización da cooperativa e estudando a obtención dos artigos
necesarios para os labregos baixo a dirección da Hermandad
de Labradores y Ganaderos. Como
exemplo destes artigos estaban as patacas para a sementa
que eran vendidas a un prezo económico,
garantindo un prezo de venta mínimo na colleita.
Corresponsalía de
Previsión
Sería
o equivalente aos actuais Servizos Sociais. Entre as súas
atribucións estaba o do pago do Subsidio familiar.
Delegación Comarcal
de Sindicatos
A Delegación Comarcal
de Sindicatos atopábase na Pz. 18 de Julio, hoxe da Constitución.
O
13, 14 e 15 de setembro de 1948 organizáronse en Redondela os
primeiros cursiños para a formación de enlaces sindicais.
As
eleccións sindicais de decembro de 1950 da nosa vila tiveron os
seguintes resultados: Xefe do Gremio de madeira e corcho, Félix
Fernández; de Pel, José Orge Esteira; de Transportes e
Comunicacións, José Táboas Pardo; de Hostalaría e similares,
Bienvenido Lago Araujo; de Alimentación, Manuel Bas Puga; de
Industria e Comercio, José Regojo Rodríguez; Patrón Maior da
Confraría de Pescadores, José Rivas Cabaleiro; Pro-home da
Irmandade de Labradores e Gandeiros, José Moreira Rivas.
Entre
o 24 e 26 de outubro de 1950 celebráronse en Redondela os II
Cursillos para enlaces sindicais.
En
maio de 1954 a “Previsión Social” efectuaba o pago do Subsidio
Familiar correspondente aos meses de xaneiro e febreiro por un total
de 35.602 pesetas.
En
xuño de 1954 polo Gremio de Industria e Comercio son elixidos:
Mestre maior, José Regojo Rodríguez; Xefe da Sección Económica,
José Orge Esteiro; e Xefe da Sección Social, Luis Esteiro
Rodríguez. E polo Gremio de madeira e corcho: Mestre Maior, Félix
Fernández Núñez; Xefe da Sección Económica, Joaquín Veiga
Fernández; Xefe Sección Social, Cándido Pereira Bouzón.
Entre
os que desempeñaron o cargo de Delegado Comarcal de Sindicatos de
Redondela, estivo José Luis Mellid Vázquez, quen sería máis tarde
alcalde de Sanxenxo.
Delegación Local de
Ex-combatientes
Esta asociación en
1964 co seu Delegado Local ao fronte, Bernardo Alfaya García,
organizou co Concello a visita a Pontevedra para os actos denominados
“XXV años de paz bajo el mando de Franco”. Este
aniversario “da vitoria” era celebrado tódolos anos.
Delegación
Local de Abastecimientos y Transportes
Hermandad de
Artilleros Santa Bárbara
Conformada
en 1964 polos artilleiros da comarca que participaron na Guerra
Civil, ou ben, prestaron servizo en tempos de paz. Os membros
fundadores foron: Luis Alfonso Pereira Fernández, José Pazo Díaz,
José Manuel Sánchez Estévez, Antonio Fernández de Retana, Eulogio
Darriba Vilas, Jaime Castro Otero, Cesáreo González Alonso,
Marcelino Porto Ares, José Vilaboa Amil, Antonio Barciela Brea,
Bernardino Pazos, Manuel Martínez Groba e Marcelino Castro Pérez.
Hermandad Sindical
de labradores y ganaderos “Santiago Apostol” de Redondela.
En
xuño de 1954, celébrase unha reunión na que toman posesión dos
seus cargos os membros elixidos
nas pasadas eleccións e se tratan asuntos relacionados cos intereses
agrícolas da comarca: Pro-home,
José Moreira Rivas; Xefe Sección Económica, José Olimpio Giráldez
Fernández; Xefe Sección Social, Jaime Bouzas Giráldez. Tamén se
realizou unha “Xunta económica” na que se falou do reparto,
entre os campesiños, de sulfato de cobre, de sofre e doutros
produtos para o campo.
En 1970 é elixido
presidente Manuel Veiga Domínguez, substituíndo no cargo ao
recentemente falecido José Olimpio Giráldez Fernández.
Hogar Méndez Núñez / Escola-residencia Santo Domingo Savio
En
1962 o “Hogar Méndez Núñez”, institución
nada na illa de San Simón, trasladouse a un novo edificio na
Xunqueira. Pouco tempo
despois comezaría a funcionar baixo o nome de escola-residencia
“Santo Domingo Savio”, que acollería a orfos e fillos de
familias desfavorecidas. Neses anos o delegado local do Auxilio
Social era José Regojo Rodríguez; o director da escola, José
Ocampo Otero e o administrador, Luis Díez Sanz.
Junta Local de la
Asociación Española contra el Cáncer
En febreiro de 1965
formouse esta xunta local, composta por: Antonio Ocampo Otero,
presidente; Serafín Martínez Malvar, vicepresidente; Santiago
Rodríguez Salinas, secretario; e vocais: Pedro Otero Rey, Rvdo. Luis
Soto Prado e Generoso Muíños Blanco. Ao ano seguinte entra na
directiva unha muller, María Teresa Torrado Sánchez. O seu
principal obxectivo era recadar fondos para axudar aos enfermos con
menos posibilidades económicas e realizar campañas de
concienciación.
|
Posto na Praza Ribadavia en 1967. Foto: La Noche |
Junta Local de Conservación y Propagación de Moluscos en la
Ensenada de San Simón.
Constituída en 1964
por iniciativa da Axudantía Militar de Mariña deste distrito e a
Confraría Sindical de Pescadores San Juan de Redondela. Estaba
composta por: Presidente de honra, Arsenio Nicanor Río Pena,
Axudante Militar de Mariña. Presidente-nato, Mauro Martínez
Martínez, presidente da Confraría Sindical de Pescadores.
Presidente da Xunta, José Cobián Couñago. Secretario, Segundo
Freire Rivas. Vocais: Lorenzo Verde Ruibal, presidente da Confraría
de Pescadores de Arcade; Cándido Novelle Lago, vocal da Confraría
de Redondela; Teófilo Pérez López, vocal da Confraría de
Redondela; Jesús Villar Martínez; José Vázquez e Ángel López
Amoedo.
Juntas Parroquiales
de Beneficencia
Estas
xuntas xestionaban os aportes dos veciños, para atender aos máis
necesitados. A principios de 1938 funcionan normalmente as Xuntas
Parroquiais de Saxamonde, Redondela, Cesantes, Quintela, Negros,
Cabeiro, Reboreda, Vilar de Infesta e Chapela.
Seguían
funcionando en xuño de 1954, cando se leva a cabo a constitución
das Xuntas
Parroquiais
nomeándose aos seus dirixentes
Patronato Local de
Protección de Indigentes
Creado o 13 de xuño
de 1937, sendo nomeadas para dirixila a proposta do alcalde J. M.
Izarzugaza: Benita Alfaya, esposa do anterior alcalde; Sofía
Rodríguez e Carmen Bermúdez, mestras.
Safari Club
Formado
en 1967 por dez rapaces.
Presidida por Francisco Soto Muíños, as súas pretensións era a
creación dunha biblioteca, a organización de torneos deportivos e
charlas culturais.
Sindicato Español Universitario (SEU)
O
albergue do Sindicato Español Universitario (SEU) estableceuse
en 1948 na illa
de San Simón, que
servira como cárcere
franquista ata 1943. Nel se celebraban
campamentos de verán
en quendas
masculina e
feminina. Tralo
naufraxio con 43 vítimas mortais dunha lancha que trasladaba a
demasiados destes mozos para xogar un partido de fútbol, decídese a
clausura deste
albergue.
En
1953,
en Rande abriu
un novo albergue
nun
chalé xa
desaparecido situado
no solar que despois ocuparía o Instituto de Seguridade
e Hixiene, hoxe
I. S. S. G. A. O estilo arquitectónico modernista,
similar á casa próxima da
Chicharra,
indica
que probablemente
sería construída na mesma época pois podemos atopar ás dúas
casas
en
fotos dos anos 20.
|
Formación de mandos da Falanje en Rande, 1959. Foto: Anuario de Vigo
|
En
Rande, as mozas cumprían o coñecido como “Servicio
Social de la Mujer”, co que
complementaban os
seus estudos universitarios e aprendían as
tarefas do fogar ademais de asistir a misa diariamente.
Entre as actividades destacaban as visitas a empresas e lugares de
interese turístico. Estes
cursos realizábanse
nos meses de verán e debían
realizalo
dous anos.
Unha
das mestras era Milagros Fraga Iribarne irmá de Manuel Fraga,
ministro franquista e posterior presidente da Xunta de Galicia.
Unha
das mozas que visitou
dous anos o
albergue sería
Carmencita Franco
Polo,
filla
do ditador.
Na
prensa anunciábase que viña
pasar o verán coas súas amigas
veraneando
na Casa Maruxa, propiedade do Gobernador Civil Ponce de León. No
primeiro ano viría soa e o segundo acompañada pola súa nai, Carmen
Polo.
Neste albergue os
mozos de Falanje tamén realizaban cursos para acceder a postos de
mando.
O último curso sería o de 1963 pola venta da casa por parte dos
propietarios. O albergue sería trasladado a Vigo.
|
Alumnas do EU, 1963. Foto Siorty-El Pueblo Gallego
|
Sociedad Atlética de Redondela (S. A. R.)
Fundada en 1963 con
Pedro Regojo Otero como primeiro presidente. Ademais de club
deportivo (Ver Deporte), a SAR foi un dinamizador cultural nos
anos 60 mediante a sección Arte Club. Organizaba conferencias e
proxeccións de documentais deportivos, exposicións, Festival SAR
(onde tiña cabida a música, o humor e a poesía), Salto a la
Fama (concurso musical para os máis pequenos), cabalgata de
Reis... Ademais celebraba cursos de pintura, guitarra, laúd,
bandurria...; e colaboraba na Festa de Maios e, as veces, na Festa da
Coca mediante a presentación dunha carroza. A todo isto habería que
sumar as numerosas competicións nas 12 disciplinas coas que contaba,
nas que se prestaba especial atención aos máis pequenos.
|
Directiva da SAR sen data Foto cedida por Albi |
Sociedad de Caza y Pesca “La Redondelana”
Naceu en 1961
presidida por Olegario Rubín Amoedo. O nome foi escollido a imaxe e
semellanza da veciña “Sociedad de Caza y Pesca La Viguesa”, que
en 1964 celebraba as súas vodas de prata. Os seus principais
obxectivos eran a reprodución nos cotos e o exterminio de
alimañas. Celebraba as súas reunións no despacho do médico
Antonio Ocampo. Compoñentes desta asociación serían Heliodoro
Rivas Rivas ou Francisco Cunqueiro Montenegro “Don Pancho”.
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Antonio Ocampo. Bodas
de Oro
As
Memorias de Manolo Barros. Autobiografía dun militante comunista.
Gonzalo Amoedo. Edit. Fundación 10 de marzo.2006. Páx. 228)
Galiciana => El
Pueblo Gallego, La Noche, Hoja Oficial del Lunes, El Correo Gallego,
Faro
de Vigo
La
Voz de Galicia
www.boe.es
Aportes
orais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario