1922, 16 de
xuño. Nas festas da Coca o mozo
de Lavadores, José Pérez Rodríguez, coñecido como "Moreno",
estaba
bailando cunha moza. De súpeto, acercóuselle José Cajarville
Mareque, de Vigo e casado, e quitoulle a parella. Ofendido "
Moreno"
chamoulle a atención e o outro deulle unha labazada. Cando ía
devolverlla o vigués sacou un revólver e deulle un tiro no
estómago, que lle provocou a morte. O asasino foi detido pola Garda
Civil.
O día do traslado do cadáver dende
o depósito do cemiterio de Redondela ata o cemiterio de Lavadores,
por iniciativa do director de Ecos del Distrito, Fernando González,
organizouse unha manifestación de duelo que acompañou ao finado ata
o convento de Vilavella. A comitiva ía encabezada polo alcalde,
concelleiros e director da graduada. Sobre o cadaleito colocouse unha
coroa que rezaba "Recuerdo póstumo del pueblo de
Redondela". Esta sería a
primeira e única vítima
mortal dunhas festas que se caracterizan pola súa tranquilidade.
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Galiciana => La Integridad, El Compostelano, El Ideal Gallego, El
Progreso
No hay comentarios:
Publicar un comentario