Foto: cedida por Alejo Amoedo |
Con tan só 7 anos comeza a estudar solfeo e piano. Trala Guerra
Civil amplia estes estudios cos de clarinete e trompeta. Comeza logo
un periplo por bandas militares nas que oposita en 1945 a músico de
terceira e en 1946 a músico de primeira. En 1952 licénciase no
exército e comeza a dirixir a Banda Municipal de Redondela. En 1960
faise cargo da dirección da Banda Municipal de Ondárroa (Vizcaia) e
en 1974 da Banda Municipal de Telde (As Palmas), ata a súa
xubilación en 1992.
Estudou
nos Conservatorios de Madrid, Vitoria e Bilbao. Adicou a súa vida á
docencia o que non lle impediu desenrolar unha carreira como
compositor e arreglista.
Xa xubilado comeza a colaborar co Conservatorio Municipal de
Redondela e en particular coa Orquestra de Saxos. O conservatorio
recibiu o seu nome como homenaxe póstumo trala súa morte.
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Aportes Alejo Amoedo
No hay comentarios:
Publicar un comentario