![]() |
Debuxo de Castelao. El Soplete 1932 |
A orixe de Xan Carallás é pouco clara. Parece ser que realmente existiu un home con ese alcume en Ventosela, pero o que está claro é que non foi o fundador de Redondela nin moito menos. Outras teorías o sitúan en Cedeira, parroquia onde existen a Fonte de Carallás e a Poza de Carallás. Distantes unha de outra, o máis lóxico é pensar que foron feitas por alguén alcumado Carallás
Segundo Antonio Orge, sobre o 1900, no xornal “Vida Social” de Vigo aparece a lenda:
Aquí fas quen sempre fas,
aquí fas quen sempre vela,
aquí fas Xan
fundador de Redondela.
Fermín Alfaya afirmaría que estas verbas serían obra de Buenhijo Pérez Sobrino.
No Entroido de 1916 Xan Carallás desfila por primeira vez polas rúas de Redondela:
El miercoles, debido a la iniciativa del Centro Deportivo, se organizo mi llamado entierro de la sardina≫, que se bautizo con el nombre de ≪entierro de la cacheira≫. Para que la fiesta tuviese un aliciente mas, se anuncio. la llegada del fantastico fundador de este pueblo Xan Carallas, que por la tarde entro en este pueblo acompañado de su familia y cuerpo diplomatico.
Daba escolta a la carroza en que venia nuestro eximio fundador, varios ginetes y una coleccion de pollinos que montaban varios vecinos del Viso, con bonitos disfraces.
El cortejo resulto bastante bien y de noche recorrio las calles de esta villa. En el se veian numerosas farolas de variados colores.
Luego hubo el acostumbrado sermon, en que lucieron su oratoria varios convecinos. Uno de ellos, se dedico a hacer la biografia de Xan Carallas, salpicandola de bastantes chistes.
Para oir a los que hicieron uso de la palabra, se congregaron frente al Deportivo innumerables personas, que ocuparon aquellas inmediaciones, viendose tambien los balcones completamente abarrotados.
Despues, en la mentada seriedad, hubo un banquete en honor de Xan Carallas, en que se canto, con la solemnidad de rubrica, el himno oficial dedicado al mismo y cuya letra es la sigutente:
Cantemos himnos a la memoria
de que aquel guerrero trabajador;
que a Redondela ha dado gloria
y mostro siempre su gran valor.
Xan Carallás cuenta la historia
fue nuestro padre y fundador,
y a el debemos su gran notoria
fama probada de bebedor.
Hubo tambien los consiguientes discursos y termino la fiesta dentro del
mayor orden.
En xuño de 1924 aparece en Faro de Vigo a noticia do accidente sufrido polo barco “Xan Carallás” propiedade de Santiago Serín.
Tamén fala Orge da existencia dun retrato feito ao óleo por Castelao e baseado nun bocexo anónimo de Xan Carallás. A partir deste cadro Pisquito faría un mural no desaparecido bar Mougás na rúa Cruceiro.
A Félix Cal a súa avoa Fermina contoulle que no café de señora Carme (a de Estrella) Castelao debuxou a figura de Xan Carallás.
O que sabemos de certo é que un grupo de amigos pedíronlle a Castelao, nunha das súas visitas a vila, un debuxo para formar unha peña. Pouco despois, a través do xornal Faro de Vigo, lograrían o ansiado debuxo, que foi publicado no ano 1930 coa inscrición xa por todos coñecida:
Aquí fas, quen sempre fas.
Aquí fas, quen sempre vela.
Aquí fas Xan Carallás
Fundador de Redondela
Este debuxo sería unha reprodución do orixinal que recibira Amador Pérez Sousa de mans de Castelao como agasallo.
Peña de Xan Carallás
En 1946 os fundadores da Peña Xan Carallás foron: José (Sesé) Fervenza Núñez, Isidoro Pereira Otero (Campanero), Félix Fernández Núñez, Luis Alfonso Pereira Fernández “Militón”, os irmáns José “Sesé” e Benito Fernández Crespo, Cándido Corujeira Núñez, Alejandro Castro Pérez “Xaropo”, José Villaverde Figueroa, Manuel Rodríguez, Francisco Táboas Rodríguez “Paco Triscallo”, José Martínez Seoane, Andrés Figueroa Barros “Patatero” e Alfonso Otero Figueroa “Roche”.
Outros participantes das primeiras edicións serían: Jesús Boullosa “el Carnicero”, Celso González Sequeiros (dono do Bar Redondela en Bouzas), José Martínez Seoane “Cabeza de Plata” ou “Pepe de Arbitros”, Manolo García Casqueiro “Mirón”, Paco (tío de Alfonso Pereira), Padín (garda civil retirado), José García García (recadador da contribución), José Silvent, Juan Ipiña Otero, Aniceto Otero, Edmundo Villasanta, Eusebio Pereira (de Soutomaior), Casimiro Sánchez Otero “Mirito”, Urbano, José Pérez Rivero “Pepiño Lambido”, Manuel Muradás “Belorcio” e Manuel rodríguez Rodríguez “Reigosa”.
A parte dos anteriores, cada membro da peña podía levar invitados, polo que nas fotografías antigas pode aparecer máis xente.
![]() |
Peña de Xan Carallás. Foto cedida familia Fernández Otero. |
![]() |
A talla de Sesé nunha postal antiga. Foto cedida por Ramón P. Muíños. |
![]() |
Peña os Fillos de Xan Carallás. Foto cedida por Sebastián Fernández |
![]() | |
Himno da Peña Xan Carallás, obra de Fernando Feijoo Martínez. Familia Fernández Otero. |
Orde de Xan Carallás.
![]() |
Diploma da Orde de Xan Carallás Foto cedida por Alejo Amoedo |
![]() |
Coplas de César Pazos Comesaña "Pisquito" para a Peña de Xan Carallás, 1965. Familia Fernández Otero |
Escultura
![]() |
Finca de Sesé nos 80. Foto familia Fernández Otero |
BIBLIOGRAFÍA
Alcuños de Redondela. Francisco X. Sobral Crespo.
Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El Pueblo Gallego
Aportes Matilde Fernández e Gonzalo Amoedo.
Entrevista a Amado González Cardama e José Fernández Crespo.
Faro de Vigo
La Idea, El Soplete
No hay comentarios:
Publicar un comentario