O artesán de instrumentos musicais
máis antigo do que atopo referencias sería Francisco Figueroa
(1854-1930), de Vilar de
Infesta, ao que xa tratamos como gaiteiro que acompañaba á danza
das espadas. Era coñecido como "O
Arquitecto", pola
súa maña para todo tipo de manualidades, destacando entre os seus
traballos a construción de gaitas
En Chapela, Antonio
Dávila "El Chaval",
adicouse a reparar acordeóns ata os anos 60. Cando era mozo
traballaba de mecánico torneiro e co que gañaba mercou un acordeón.
Por tocalo, un día chegou tarde ao traballo e o seu pai tirou o
acordeón pola xanela.
Como non tiña cartos para outro, tivo que arranxalo. Foi o inicio
dunha afección que mantivo toda a súa vida arranxando en Chapela
acordeóns, principalmente para mariños que chegaban a Vigo.
Antonio Dávila "El Chaval". Foto Siorty-El Pueblo Gallego |
Actualmente son tres os artesáns do
noso Concello que se adican á fabricación de instrumentos
tradicionais galegos.
Oli Giráldez
Artesán de gaitas
e requintas dende 1993. Ademais
ten unha longa
traxectoria musical como puidemos ver nos
apartados
correspondentes á música folk e aos
gaiteiros que acompañan a danza das espadas.
Como
instrumentista, como xa vimos, destacar o seu paso por grupos como Chouteira ou Carapaus. Tamén
ten realizado traballos de investigación da historia da gaita e os
gaiteiros.
Benito Queimaliños "Queima"
Creador de instrumentos de vento e
percusión. Como
moitos artesáns comezou tocando, cursando "CAIM Gaita" na
Universidade Popular de Vigo baixo as ensinanzas do mestre Carlos
Corral.
Foto: Facebook Queima Instrumentos Tradicionais |
Carlos “do Viso”
(O Viso)
Mestre
luthier de zanfona, vihuelas e percusión tradicional. O seu
obradoiro surte de zanfonas e instrumentos de percusión tradicionais
galegos aos grandes grupos do folk galego. Como vimos no apartado
adicado á música folk,
compaxina esta actividade coa de músico.
Foto: Twitter Carlos do Viso |
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
La Voz de Galicia.
En
Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia:
http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es
=> El Pueblo Gallego.
Olimpio Xiraldez =>
http://www.olixiraldez.com/
Vídeos de Oli traballando (Torneiro)
e tocando (Xuntanza de músicos) en:
Benito
Queimaliños =>
http://instrumentostradicionais-queima.blogspot.com.es/
Carlos
do Viso => http://instrumentosartesanales.com/es/
No hay comentarios:
Publicar un comentario