En Redondela a pesares de contar con orfeóns e
masas corais, sempre se soubo apreciar as boas voces en solitario.
Mostra disto o dan noticias como as seguintes: O baile de entroido do
Casino de 1910 foi amenizado polo mestre Sotomayor, cantando tamén
Antonio Garrido Pardo unha romanza italiana e un número de “La
viúda
alegre” e Eduardo Cuntín que
interpretou “Dous amores”. Un
domingo de maio de 1923 organizouse un baile que estivo moi
concorrido.
Accedendo á petición do público cantaron as señoritas María
Tomé, que interpretou entre outras “Meus
Amores”,
e Pilar Pastor. No
apartado adicado ás orquestras tamén citamos a voces como “Llan”.
Outros intérpretes máis recentes
serían:
Catina
Dúo formado polas
irmás Carmina e Tina Pena Soto. Interpretan temas populares, tendo
participado en varios programas de televisión e, en Redondela, no
Festival da S. A. R. e Sons de Redondela.
Dúo Catina. Sons de Redondela, 2005. Foto cedida por Xesús C. Ben |
Bernardino Vidal Puertas "Ducho
Vidal"
Harmónica.
Interpreta dende habaneras ata tangos, boleros, pasodobres... Con 3
anos regaláronlle a súa primeira harmónica e aos 9 gañou o seu
primeiro concurso, "Coser y cantar" en Radio Vigo.
Ten nove discos no mercado ademais de ter colaborado con Xil Ríos.
Ducho Vidal. Cartel, 2019. |
Enrique Tuche Crespo
Cantante
lírico, actuou en varios programas da RTVG e no Festival da S.A.R.
Auto-editouse un CD.
Enrique Tuche acompañado por Alejo Amoedo Festival SAR, 1985. Foto cedida por A. Amoedo |
Ogalí
Cantante
afeccionado, con algún tema propio como “Llueve”,
que actuaba sempre nos festivais da S.A.R.
Ogalí e Xesús C. Ben. Foto cedida por X. C. Ben |
Xulia María
Escritora,
compositora e cantante nada en Redondela. Ten actuado en moitas
cidades, tanto españolas como estranxeiras,
especialmente en Sudamérica.
Escribiu o libro “Carne y ceniza”
que tivo moi boa acollida no Festival
de Poesía da Habana. O seu traballo discográfico en galego e
español chámase “A porta aberta”.
Xulia María. Café Jam Session, 2014. Foto: Sheila González |
Alfonso Blanco Puga
Despois de
xubilarse actuou en varias ocasións en Redondela.
Alfonso Blanco, 2014. Concerto solidario con Senegal-Da Man. Foto: Atlántico diario |
Charo Martínez
Participou en
2017 no concurso Recantos da
TVG, repetindo actuacións
nesta canle nos seguintes anos.
Charo Martínez. Facebook |
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Galiciana=>El Pueblo Gallego, La
Noche, La Integridad
No hay comentarios:
Publicar un comentario