Averno. 1º Festival Rock Redondela, 1987. Foto cedida por Veny Vázquez |
Nun
baixo da rúa Picota iniciáronse na música Lucho, Lores e Jandro
con amigos de Vigo, todos eles mozos de entre 14 e 17 anos que
estudaban no instituto. Os dous primeiros formaron VADO
PERMANENTE e Jandro cos vigueses VIEJO
MÉTODO. Compartiron o seu local de
ensaio privado cos grupos que posteriormente se foron creando como
EIGUALDEIXA
e COITUS INTERRUPTUS.
Nos anos 80.
Primeiro grupo de Redondela en grabar unha maketa directamente cun
radio-cassette. Algúns dos seus compoñentes comezaron a tocar baixo
o nome de “Carovel” temas
como “Sangre Maldita”. A traxectoria deste grupo quedou truncada
tralo tráxico falecemento de Nito.
Estilo: Rock urbano. Ademais de temas
propios tocaban versións de grupos como Leño.
Formación 1984-88: Nito “Paisa”
(guitarra e voz), Nardo “Salchicha” (baixo), Pepe “Rebanadas”
(batería)
Outros: Silvio (baixo), Seve Fervenza
(guitarra e voz) e Javi (guitarra).
3 Bajo 0, 1987.
Fotos: Martín Fernández
ARAMIO
En 1981 participa
no III Festival de la Canción Nosa Señora da Xunqueira.
Grupo de Chapela, formado en 1980 e
disolto en 1988. Algúns dos seus compoñentes pasaron a formar parte
de grupos de Vigo. Entre os seus temas destacaba “Caballo blanco”.
Facían rock setenteiro sen desprezar outros estilos como blues,
soul, jazz, R&R ou pop. A súa formación variou entre os 3 e 6
compoñentes, chegando a incluír teclados e saxo, ata consolidarse
como quinteto con voz, batería, baixo e dúas guitarras.
Chegaron a tocar en
Castrelos ante 2.000 persoas ou no Auditorio do Concello de Vigo
nunha actuación retransmitida en directo por Cadena 100 (daquela
Radio Popular), ademais
de en numerosos pobos galegos como Cangas ou Viveiro. Tamén tocaron
en Redondela e nos institutos de Coia e Calvario. Ademais
actuaron nos festivais de Rock Inverno
87 e 88 celebrados no Cine Salesianos de Vigo, onde compartiron
escenario con
grupos como Siniestro Total.
Estilo:
Hard Rock (Influencias: Judas Priest, Thin Lizzy...)
Primeira
Formación: Armando “Mandi” Díaz (guitarra solista), Juan Díaz
(bateria), Fernando Cruz (baixo), Nacho Rodríguez (guitarra), Miguel
(teclados) e Benito (voz).
Outros Compoñentes: Veny Vázquez
(voz)
AXENTEPASADONOME
Nos anos 80. Foi unha continuación de
3 Bajo 0, pero tan só chegaron a dar un par de concertos.
Estilo: Rock urbano.
Compoñentes: Miguel (guitarra), Silvio
(baixo), Severino (guitarra) e Pepe “Rebanadas” (batería)
BRIGADA LIXEIRA
Despois de ter nomes como D.I.O.S.
(Diez Increíbles Órganos Sexuales) ou
La Fábrica de Kas, este
grupo nace en 1989 cunha formación estable de músicos de Vigo e
Chapela. Chega a gravar en 1994 temas
nos LP’s
recompilatorios
de grupos galegos “Gal&Cía Presenta”
e “Marea Vermella”,
xunto a grupos como: Ancora, Quinindiola, Los Chetos, Ritmanmuchos,
Korosi Dansas, Jefeké, Nicho Varullo, La Bànda del Atico, Emerson
Phil & Phaldy, Flor de Veneno...
Estilo: Rock (Led Zeppelin, King
Crimson, Joe Satriani...)
Brigada Lixeira Foto cedida por Veny Vázquez |
Compoñentes: Veny Vázquez (voz,
Chapela), Armando “Mandi” Díaz (guitarra, Chapela), Carlos
Barros (guit., Vigo), Víctor Tajes (batería, Vigo) e Carlos Santos
(baixo, Vigo)
Outros: Josman
Alonso (batería)
CAROVEL
Pre-“3 BAJO 0”
COITUS
INTERRUPTUS
1986-1991. Grabaron unha maqueta.
Estilo: Comezaron facendo Rock duro,
pasando logo ao Pop-rock.
Compoñentes: Rodrigo Pérez “Rodri”
(guit), Alberto Vilas (voz e teclados), Gabriel Sánchez (voz/baixo),
“Ñica” Muíños (batería)
Outros: Carlos Carriza (batería)
Coitus Interruptur. Instituto Mendiño 1989 Foto cedida por Rodri |
EIGUALDEIXA
Formado en 1986, disolveuse en 1996.
Grabaron unha maqueta e actuaron tanto en Redondela como noutros
municipios. En agosto do 2010 voltaron aos escearios con 6 novos
temas.
Estilo: Pop “changa” e rithman
blues.
Formación: Eduardo Rodríguez “Tatán”
(voz), Domingos Pérez “Mingui” (guitarra), Rafa Tejo
(guitarra), Alfonso Conde “Fon” (bateria) e Alejandro Blanco
“Jandro” (baixo).
Outros: Alberto
Vilas (teclados), Antonio Castillo (baixo), Joan
Cabacés (batería),
Pedro
Pablo (batería),
Lucho
Vilas (batería),
Manuel
Lapexo (batería) e
Gabriel
Sanchez (baixo).
ES IGUAL
DEJA
Pre-Eigualdeixa.
Formación: J.Manuel “Dr Zivago”,
Cobián, Fon e Tatán.
ESPIGA BERMELLA
Pre-“Eigualdeixa”.
Formados en 1986. Deron varios concertos antes de que se lles unise
“Tatán” e trocaran o nome.
Estilo: Blues.
Compoñentes: Domingos Pérez “Mingui”
(guitarra), Rafa Tejo (guitarra), Alfonso Conde “Fon” (bateria) e
Alejandro Blanco “Jandro” (baixo).
María Pía e Seve Fervenza, 1981. Foto cedida por Seve |
MARÍA PÍA E SEVE FERVENZA
Actuaron no Pavillón de Redondela en
1981.
VADO PERMANENTE
198?-1990.
Entre os seus
temas destacaba “La Estación”.
Estilo: Rock.
Compoñentes: Fernando Piñeiro “Fisi”
(voz), Rafael Vilas “Lucho” (bat), Carlos Muíños “Charly”
(guitarra) e Vito Lores (baixo)
Outros: Rafa Tejo (guitarra), “Oli”
Giráldez (frauta traveseira), Fabián, Severino, Piñeiro (voz)
Vado Permanente. Foto cedida por Charly Muíños |
VIEJO MÉTODO
Compoñentes:
Antonio (de Chapela), Guy Bobillo (de
Vigo), Fernando García (de Vigo), Alberto
Trabada (de Vigo) e Alejandro Blanco
“Jandro” (de Redondela, baixo,
pre-
“EIGUALDEIXA”).
Trala
súa disolución, en 1987,
Guy Bobillo e
Fernando García forman
“UNIÓN PENOSA” con Germán Fandiño
(Tony Lomba), Javier Ojea e Ignacio Ojea.
Neste grupo tamén tocaría Alberto
Trabada.
Xalgareta, Fabián. Foto: Suso Ben |
XALGARETA
Tocaban principalmente versións, pero
tamén temas propios como “La casa encantada”. Actuaron
nos festivais organizados en Redondela a principios dos anos 90.
Compoñentes: “Oli” Giráldez
(guitarra), Julio e Fonso Ucha e Fabián Muíños (guitarra solista).
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Recopilación de
grupos feita por Pedro Pérez e Alfonso Conde “Fon”, con
entrevistas a: Mundo Cal, Juan Araujo, “Tatán”, Suso Ben, Tejo,
Pepe “Rebanadas”, “Ogali”, Xesteira, Santos, Enrique Tuche
“Pajarito”, Castillo, Silvio, Severino, Lucho Vilas, Manoliño
“Zapatón”, Gabriel Sánchez “Pibe”, Rodri Souto, Berto
“Buzo”, Olimpio, Agustín Lovera, Fredi, Luis Crespo, Kiko,
“Potiño”, Jorgito, “Pelu” Vidal, Pepe, David Figueiral,
Julián Hortas, Xoel, Santi Gesteira, Juanín.
La Voz de Galicia,
1995. Serie de 5 artigos publicados por Gabriel Sánchez “Pibe”
narrando a historia do rock en Redondela
La Voz de Galicia.
Aportacións:
Lucho
Vilas, Manuel Migueles, Veny Vázquez e Alejandra.
Páxinas dos grupos
No hay comentarios:
Publicar un comentario