miércoles, 21 de octubre de 2020

Cargos públicos. Recadación de Impostos.

 

Casa da Alfóndiga. Foto: J. Migueles

Arrendador das Rentas de Redondela

15?? Juan Fernández. Veciño da vila de Redondela. En 1589.


Administrador de "sisas y millones"

16?? Antonio de Castro Ulloa. Veciño de Redondela. En 1665.


Administrador da "sisa" de viña, vinagre, aceite e velas en Santa María de Reboreda

1665 Domingo Bouzón. Veciño da freguesía de Santa María de Reboreda arréndalle a sisa de viño, vinagre, aceite e velas de Reboreda a Antonio de Castro Ulloa.


Administrador de Rendas Provinciais

17?? Juan Manuel Noguerol. En 1753.


Delegado de Facenda do partido de Red.

18?? Juan Fontán y Pueyo. En 1806


Subdelegado de Facenda do partido de Red.

18?? Evaristo Martínez Bodero. En 1806.


Administrador de Reales Rentas del partido de Redondela

18?? San Vicente Godoy, Miguel de. Xubilado en 1828.

18?? Joaquín Blanco. Cando menos dende 1831. Destituido tralo pronunciamento de 1840.

1840, outubro. Manuel Pérez. desempeñaba o cargo de fiel de puertas de Vigo.

1844-1864. José Orellana Manzano


Interventor de Rentas de Redondela

18?? José Osende Cadórniga. Destituido tralo pronunciamento de 1840.

1840, outubro. Pedro Fernández.


Arbitrio de Pesos y Cañados

1806. Antonio Míguez.


Arbitrio de Pesos y Medidas

183? Andrés Figueroa

1841-1842 Benito Figueroa


Arbitrio de Real en Carro

carro que pase con gente de trafico por Villavieja”

1833 José Benito Milleiro

1849 Agustín Sánchez


Arrendatario da Alfóndiga

1806. José San Pedro a nombre de Andrés López, veciño de Redondela.

1820 Pedro Queimaliños

183?-1842 Antonio Figueroa


O SAL

Arrendador de Rendas dos Alfolíes de Vigo e Redondela

14?? Gonçalo de Camoens. Traspasa o arrendamento en 1483.

1438, novembro. Estevo Cruu. Recibe o traspaso para desempeñalo durante cinco anos.


17?? Francisco García Carrasco. Natural de Asturias. Cando menos desde 1759.


Tenente Receptor dos reais alfolíes de Redondela / Administrador de Rendas de Salinas

16?? José Montero de San Miguel. En 1681.

1759 Alfonso Núñez Soutomaior. En nome de Francisco García Carrasco. Entregou a chave do vello alfolí, onde habían de comezar en 1788 as obras de construción do antigo Concello.


Medidor de sal

17?? Miguel Álvarez. En 1763.


Administrador del Depósito de Sales de Redondela

1847-1865. Rafael Manso Argay

1869 Adolfo Riva.


Mozo Pesador de los Almacenes de Sal para Pesquerías y Salazones de Redondela

1864 Ángel Hermida Blanco


Arrendatario da Banastería


Arrendatario do viño (que se consuma e venda).

Sustitúe ao de Banastería en 1785

1789. Jose Antonio Pereira.

1799. José Bula

1806. José Amil, veciño de Redondela.

1816 Andrés Manuel Salgado


Arrendatario de Aceite e vinagre

1820 Evaristo San Pedro


Arrendatario de Augardentes e Licores

1760-61. Joseph Caminada, veciño de Vigo.

1799. Manuel Antonio Bula

1801. Isabel María Blanco.

1806. Eugenio Vidal, veciño de Ventosela.

1816-1819 Antonio Nieva

1820 Dionisio Táboas


Arrendatario de los efectos de cámara

1752. Onofre Bermúdez. Licenciado.

17?? Alonso da Bouza. Veciño de Redondela.

17?? Antonio de Extremadouro. Veciño de Amoedo.

1761. Juan Antonio Soutullo. Escribán.

Administrador Subalterno de Rentas Estancadas de Redondela

1844-1879. José Orellana Manzano

1855-1865. Perfecto Rodríguez Quiroga


Administrador de Rentas Estancadas de Redondela

18??-1886, febreiro. Cayetano Táboas

1886, febreiro. Miguel Rodríguuez Daña


Administrador Subalterno de Hacienda en Redondela

1869-1889. Adolfo Rivas Cuevas. Oficial de 5ªclase do Ministerio de Facenda.

1888, xuño. José Ulloa.

1888-1891. César Pereira Munin. Oficial de 4ª clase do Ministerio de Facenda.

1888-1889. José Ramón Lorenzo Lorenzo. Oficial de 5ª clase.

1891, novembro. Cayetano Táboas.


Axente para a expendición e cobranza de cédulas

1892, decembro. Manuel Rubín


Recadador de Consumos

O Corpo de Consumos era o engargado de controlar e cobrar pola introducción de mercadurías na vila. Apesares de existir antes entran nos orzamentos en 1916 estando composto por 1 Administrador, 1 cabo e 6 Vixilantes. En 1928 sería substituido polos chamados arbitrios.

1878-79 Crisanto Otero

1888, maio José Contreras González.


1892, xullo. Alejo Real. O novo arriendo de consumos provocou o amotinamento dos veciños de Redondela.


1898, febreiro. Joaquín Sánchez. Impúsose nunha subasta moi polémica, polo que poucos días despois foi declarada nula.

1898. José Contreras González. No cargo en decembro de 1898 seguía en xaneiro de 1901.


1910, febreiro. Antonio Garrido Pardo, nomeado polos síndicos dos gremios.

1910, marzo. José Contreras.

19?? Jesús Martínez. En 1913

19?? Ricardo Contrera Valiñas. Recadador de contribucións cando menos dende 1917.

192??-1923, marzo. Juan Suárez Iglesias. Recadador de contribucións de Redondela e Lavadores, e secretario daquel concello. Falece aos 48 anos en marzo de 1923 ao ser atropelado na estación de Redondela polo tren ao que tentaba subir.

1923, abril. Ricardo Contreras Valiñas. Continuaba no cargo en 1925.

192? Manuel Gómez. Renunciou ao cargo a finais de 1927.

1927, novembro. Graciano Mandado Bernárdez. No cargo en 1927


Recadador Contribucións

192? ¿? García. En agosto de 1929, seguía a finais do 32.

1934, maio. José García García.

1934. Joaquín Cardalda Feijoo. O seu nomeamento quedou sen efecto.

1934, novembro. Graciano Méndez Feijoo.

193? José García García. No cargo a finais do 36.

193? Joaquín Cardalda Feijoo. No cargo en agosto de 1938.

195? José García García. No cargo cando menos dende abril de 1955 e ata xaneiro de 1964, cando tomou posesión como recadador de contribucións de Vigo.

1964, xaneiro. Andrés Fondevilla Pampín. Cesou en febreiro de 1964.

1964, marzo. José María Lubián Lubián. Nomeado interino.

1964, maio. Gerardo Ernesto Santos Pedrosa. Natural de Pontevedra. Anteriormente recadador de A Cañiza. Faleceu en Madrid en febreiro de 1966, estando no cargo.

1966, agosto. José María Lubián Lubián. Con caracter interino.


Recadador auxiliar de Contribucións dos concellos de Redondela, Pazos e Fornelos

1933, febreiro. Francisco Peña Armite


Recadador de fondos municipais

19?? José Lago Rodríguez. Faleceu estando no cargo en novembro de 1909


Axente executivo de Contribucións e impostos

1902, outubro. Ricardo Contreras Valiñas.

1908, abril. Antonio Crespo Taibo.

19?? Ramiro Cantero Martínez. Natural de Ourense. Falece de “morte desgraciada” aos 38 anos en marzo de 1920.

1920, setembro. José Novás Esteiro.

1923, outubro. Simón Sánchez

1923, outubro. José Vázquez Varela.

192? Manuel Muíños Muíños. Faleceu en novembro de 1926.

1934, xuño. Manuel Puente Iglesias

1937, setembro. Virgilio Otero Pazos


Administrador de Impostos

Nomeado polo arrendatario de consumos

1902, setembro. Juan Otero Parga


Cabo inspector de consumos

Cargo creado en 1917

1917, 25 xaneiro. Joaquín Fernández Álvarez. En outubro de 1917 constitúese o Corpo de Exploradores de Redondela, sendo o instructor, Joaquín Fernández Álvarez, sarxento da Garda civil xubilado.

1917 Bernardino Acosta Muíños.



Administrador de consumos

1902, setembro. Juan Otero Parga.

19?? / 1923, marzo. Graciano Mandado. Foi admitida a súa dimisión como administrador de consumos en marzo de 1923 despois de varios anos no cargo.

1923, abril. Serafín Reboredo Blanco. Renunciou en 1924.

1924, abril. Juan Martínez Vidal. Coa supresión dos consumos en 1928, continuou como administrador de arbitrios.


Vixiante de Consumos

19?? Juan Saá. Cesa o 7-7-1921.

19?? Ramón Ferradanes. Cesa o 7-7-1921.

19?? Florencio Cruz Gómez. Cesa o 7-7-1921.

1923, abril. Serafín Reboredo Blanco. Foi aceptada a súa renuncia ao cargo en abril de 1924.


Recadador arbitrios

(1928 supresión consumos)

1928, xullo. Manuel ¿Clamas? Pérez. Nomeado peón de limpeza e cobrador de arbitrios.

19?? Eusebio Pereira Vilán. Recadador de arbitrios. Natural de Soutomaior. Cando menos entre 1955 e 1966.


Administrador / Cabo de Arbitrios

1924, abril. Juan Martínez Vidal. Levou ao Concello de Redondela ante os tribunais tralo seu cese o 26 de agosto de 1936.

1936 Juan Rodríguez López. Figuraba como interino nunha relación de 1938.

1939, 16 de xaneiro. José Martínez Seoane. Mutilado de guerra. Coa creación en 1952 da Policía Municipal, pasa a ser Cabo deste novo corpo.


Vixiante de Arbitrios

1934, 11 de xaneiro. Edmundo Villasanta Pérez. Vixiante de arbitrios, pouco despois nomeado encargado do Depósito. Cesado o 31 de xullo de 1936 trala entrada no Concello do primeiro alcalde franquista.

19?? Juan Otero Parga. Falece como vixiante de arbitrios o 9-12-1935.

1936 Bernardino Acosta Muíños. Anteriormente pertencera á Garda municipal e ao corpo de Consumos. Xubilouse o 19 de novembro de 1940, o que non impediu que voltara a traballar no mesmo cargo de forma interina. Continuaba en 1945.

1936 José Alfonso Oliveira. Vixiante que cesa no verán de 1939 ao ser substituido por un mutilado de guerra.

1939 Ildefonso García Bastos. Mutilado de guerra. En 1952 pasou a fomar parte da Policía Municipal.

1940, 19 de novembro. Telmo Míguez Extremadouro. Mutilado de guerra. Continuaba en 1945.

1940, 19 de novembro. José Paz Villar. Mutilado de guerra. Pasou a formar parte da Policía Municipal en 1952.

1940 Raimundo Balado Reguera. Continuaba en 1945.

19?? Manuel Fabeiro. No cargo en 1942.

19?? José Cerdeira Estévez. En 1945.

1949, marzo. Antonio Vidal Lusquiños “Fontán”. En 1952 pasa a Policía Municipal.

1949, 27 de abril. Cándido Bouzas Puertas. En 1952 pasa a Policía Municipal.

1949, 1 de maio. José Otero Darriba. En 1952 pasa á Policía Municipal.

1952, 1 de xaneiro. Ramón Carlos Martínez Míguez “Dempsey”. Poucos días despois do seu nomeamento créase a Policía Municipal.

31-1-1952 Fusiónase a Garda Municipal e o corpo de Arbitrios nacendo a Policía Municipal (Ver>Forzas do orde)


Arbitrios. Outros

O xoves día 20 de febreiro de 1930 celebrouse no Concello a subasta para a percepción de arbitrios adxudicándose como únicos postores a Constanza Míguez Lago, os postos da Xunqueira, e a Antonio Comesaña Pérez, o de aves.

Enrique Vázquez Martínez. En novembro de 1950, interpuso recurso contencioso administrativo contra resolución do Concello de Redondela, desestimando instancia do recurrente que solicitaba se lle manteña nas súas funcións de recadador de arbitrios de carnes nas parroquias de Chapela e Trasmañó, ou do contrario se lle abone a indemnización correspondente.


Administrador de Aduanas de Redondela

Julián López. A finais de 1923.


Xestor/Recadador de Cédulas do Partido

1934, outubro. José García García.

1936, febreiro. Alejandro Vila Rivero.

1936, agosto. Herberto Blanco. Funcionario da Deputación Provincial.


Axente Recadador de Facenda no Concello de Redondela

1934, outubro. Joaquín Cardalda Feijoo

1939, xullo. José Borines Sobrino.


Axente Recadador das Contribucións e Impostos do Estado nos Concellos de Redondela e Soutomaior

1935, xullo. Simón Sánchez Otero e Alejandro Vila.

1941, novembro. Juan Baqueiro Garrido.


Auxiliar de Contribucións

1965, abril. José Celso García García.

1968, outubro. Manuel Outeiro Antas.


Axente executivo para os impostos de Radio Audición

1947, setembro. Nicolás Álvarez


Recadadores noutros concellos

Ricardo Contreras Valiñas. Cando menos recadador de contribucións de Soutomaior en 1913 e de Ponteareas en 1916.

Claudio Contreras Valiñas. Nomeado Axente Recadador do Concello de Vigo en xuño de 1931. Natural de Redondela, concello do que foi alcalde e deputado provincial, entre outros cargos.

Juan Suárez Iglesias. Recadador de Contribucións do Concello de Lavadores cara a 1916.


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Arredor de nós. Historia da Policía Local 1863-2003. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. 2003.

Redondela y Vigo frente a la luctuosa y el diezmo eclesíastico: la sentencia arbitral de 1494. José Martínez Crespo. Cuadernos de Estudios Gallegos. Nº 113 (2000). Páx. 127

Pares> Archivo Histórico Nacional> Ministerio de Hacienda

Pares>Archivo Histórico Nacional> Monasterio de Santa María de Melón

Pares>Archivo Archivo Histórico Nacional> Monasterio de Santa María de Armenteira

Pares>Archivo Archivo Histórico Nacional> Monasterio de Santa María de Melón)

Pares>Archivo Archivo Histórico Nacional>Monasterio de Oia

Pares>Archivo General de Indias-Ultramar / http://pares.mcu.es /MovimientosMigratorios-Carlos Araújo

Catastro de Ensenada de Redondela (1753)

Censo de actividades 1905,1910 e 1925. Publicado en todocoleccion.net

Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El Diario de Pontevedra, El pueblo gallego, El Ejemplo Diario de la Coruña, Vida gallega, El Correo de Galicia (Bos Aires), El Progreso, La Opinión diario de Pontevedra, La Integridad, La Noche...

Biblioteca Nacional de España: www.bne.es => El Día (Madrid)...

La Voz de Galicia.

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/

Fondo CastoSampedro-MuseoPontevedra: Arrendamento da "sisa" de viña, vinagre, aceite e velas en Santa María de Reboreda (1665).

Xornais locais: La Idea e Tramancazos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario