martes, 20 de octubre de 2020

Cargos públicos: Forzas da Orde

Foto cedida por Ramona Míguez ao Obradoiro Fernando Monroy
Foto cedida por Ramona Míguez ao Obradoiro Fernando Monroy


Xefe/Cabo dos Gardas Municipais-Cabo de Roldas (Xefe dos Gardas Municipais e os Serenos)

Cargo creado en 1883.

1883

18?? Manuel Gómez Pérez. No cargo en 1892.

18?? José Herrera. Ex-cabo da Garda Civil. Faleceu estando no cargo en 1899.

1899 Juan Iglesias. Garda municipal ascendido.

1903, setembro. José Amoedo. Seguía no cargo en marzo de 1910.

1910, setembro. José López González. Sarxento xubilado da Garda Civil.

1911, febreiro. José Amoedo Barrera.

1911. Antonio Meigide. Cesado en setembro de 1911.

191? Ángel Rodríguez. En 1913 deixa o cargo por enfermidade, reincorporándose o último día de 1914 como garda 1º co mesmo soldo que o seu substituto.

1913, 14 de agosto. Bernardino Acosta Muíños

191? Abelardo Soto. Cesado en 1915.

191? Ángel Rodríguez. En 1915.

1915, abril. Euclides Ipiñalata Cortabarría.

191? Bernardino Acosta Muíños. Cesa, de novo, o 30-11-1919.

1920 / 1931, set. Alfredo Camiña Martínez “Desenvaina”. Primeiro interinamente e dende 1923 en propiedade. Destituido coa chega da IIª República.

1936 Juan González Lemos. Exercería de gardacostas do primeiro alcalde franquista, Francisco Cunqueiro.

1939, 19 de xullo. Delmiro Alonso Montes. Mutilado de guerra. Curiosamente cesaría en 1945 por pasar á situación de Mutilado.

194? Enrique Pérez Lois. Ex-garda civil. Trala creación da Policía Municipal, continúa no cargo.


31-1-1952 Fusiónase a Garda Municipal e o corpo de Arbitrios nacendo a Policía Municipal


Garda Municipal

1863, abril-1863, nov. Juan Ruíz

1863. Ramón Rial

1870, 23 de xaneiro. Antonio Otero Garrido.

187? José Muíños Mera. Cabo de serenos e garda municipal, o 11 de xaneiro de 1874 decídese que ocupe tan só a primeira praza.

1874, 11 de xaneiro. Pedro López. Fora destituido como sereno e readmitido nesta data como cabo de serenos e garda municipal.1874, 11 de xaneiro. Pedro López. Fora destituido como sereno e readmitido nesta data como cabo de serenos e garda municipal.1874, 11 de xaneiro. Pedro López. Fora destituido como sereno e readmitido nesta data como cabo de serenos e garda municipal. En outubro dese ano pasa a ser tan só sereno.

1874, outubro. Joaquín Méndez

18?? Maximino López. Renunciou en 1882

1882, febreiro. Vicente Piñeiro Piñeiro. Ex- garda municipal de Vigo e ex- garda civil.

18?? Antonio López. No cargo en 1892. Xa retirado falece en 1897.

18?? Juan Míguez. Exerceu cando menos entre 1892 e 1897.

18?? Juan Iglesias. Ascendido a cabo en 1899.

1899 Hermenegildo Casal.

1908 Francisco Bouzas Franco. Licenciado do Exército.

19?? Jesús Lobariñas. En 1912.

1913 Bernardino Acosta Muíños. Cabo da Garda Municipal, pasaría logo polo corpo de Consumos, e xubilaríase como Vixiante de Arbitrios en 1940.

19?? Manuel Posada. Garda nocturno, cesou a finais de 1913.

1914, xaneiro. Manuel Fabeiro Pérez. Garda nocturno e anterior sereno. Figuraba como garda en propiedade nunha relación de 1938.

1914, 31 decembro. Ángel Rodríguez. Despois de cesar como cabo por enfermidade é nomeado Garda 1º co mesmo soldo que o seu substituto.

1915, 1 marzo. Miguel Chaves Villar.

1915, abril. Euclides Ipiñalata Cortabarría. Aos poucos días nomeado cabo.

19?? Juan Varela. No cargo cando menos entre 1915 e 1918.

19?? Paz. No cargo en 1918.

1920, 17 maio. Genaro Lago Cabaleiro. Continuaba en 1938.

1924, 31 de xuño. José Veiga Posada. Cesou voluntariamente o 28 de maio de 1947 aos 62 anos.

1924, 31 de xuño. Domingo Pereira Pereira. En decembro de 1930 nomeado subcabo da Garda Municipal, cargo de nova creación. En 1938 ostentaba o cargo de cabo en propiedade, continuaba en 1945, daquela como cabo nocturno.

19?? Francisco Otero Táboas. No cargo cando menos dende 1929, faleceu de enfermidade en febreiro de 1930.

1927, 24 de agosto. José Rodríguez Chamorro. Continuaba en 1945.

1928. Juan Giner Morell

1928. José Recarey Aomada

1928, 28 de setembro. Francisco Otero Ricón. Cesado o 31 de xullo de 1936 coa entrada do primeiro alcalde franquista.

1928, 4 de outubro. Argimiro Fuentes Pérez. Autor de moitas cantigas populares. Cesado o 31 de xullo de 1936 coa entrada do primeiro alcalde franquista.

19?? Agustín Virulegio Queimaliños Farrucacho”. Cesado o 31 de xullo de 1936 coa entrada do primeiro alcalde franquista.

1935, 18 de decembro. Manuel Pena Lamas. Nomeado subcabo, Encargado do Depósito.Cesado aos quince días pasa a desempeñar funcións de porteiro.

1936, 29 de febreiro. David Amoedo Ibáñez. Autor como Argimiro Fuentes de moitas cantigas. Cesado o 31 de xullo de 1936 coa entrada do primeiro alcalde franquista.

1936 Manuel Otero Pereira. Continuaba en 1938.

1936 Jaime Cerdeira Portavales. Cesou o 16 de xaneiro de 1939.

193? Aurelio Soto Barros. Figuraba como garda en propiedade nunha relación de 1938.

1936 Ángel Alonso López. Mutilado de guerra, cesaría no verán de 1939 ao pasar á situación de inútil total.

1939, 10 de maio. Domingo Camiña

1939, 19 de xullo. Eugenio González González. En 1952 pasou a formar parte da Policía Municipal.

19?? Vicente Rodríguez López. En 1945.

19?? Antonio Rubiñán Míguez “Toné”. Ascendido a cabo sería degradado en 1951 a garda municipal por mor do accidente que sufriu en Quintela un coche da comitiva de Franco. En 1952 pasou a formar parte da Policía Municipal, seguía en 1960.

1947, 1 de xaneiro. Jaime Pérez Figueroa. Continuaba en 1961.

1947, 1 de xaneiro. José Cerdeira Estévez. Aparecía no cadro de persoal de 1945, mais non toma posesión ata 1947. Cesa voluntariamente o 1 de agosto dese mesmo ano.

1949, 1 de maio. Avelino Otero Cabaleiro. En 1952 pasa á Policía Municipal.

1949, 1 de maio. Celso Miguélez Pérez “Carallán”. En 1952 continúa como Policía Municipal.

1949, 1 de xullo. Venancio Otero Carballo. Natural de Quintela. En 1952 convértese en Policía Municipal.

1949, 1 de xullo. Manuel Rivas Araújo. De Redondela. En 1952 pasa á Policía Municipal.

1950, marzo. Castor López Hortas. Contratado como garda municipal provisional. Pasaría en 1952 á Policía Municipal.



Sereno

1863 Benito Costas

1863 Juan Manuel Figueroa

1870, 23 de xaneiro. Cándido Cortizas Carro. Dimitiu ao pouco tempo.

1870, 23 de xaneiro. Juan Pérez Carballo. Dimitiu ao pouco tempo.

1870, 4 de decembro. Pedro López. De Cesantes. Destituido en 1872.

1870, 4 de decembro. Francisco Camiña. De Reboreda.

1872 Miguel Rodríguez

1874, outubro, Pedro López. Destituido en 1876 por falta grave.

1876 Pedro Pousada. Veciño de Redondela.

18?? Claudio Blanco. No cargo en 1892.

18?? José Benito Rodríguez. No cargo en 1892. Cesou en 1897.

18?? Manuel Rodríguez. No cargo en 1892.

18?? Abelardo Soto. No cargo en 1892.

18?? Rosendo Amoedo. Cesou en 1897.

18?? Juan Otero Parga. Cesou en 1897.

1897 Paulino Darriba.

1897 José Benito Otero.

1897 Escolástico Tuche.

1902 Os Serenos convértense en Gardas Municipais

1904 Vóltase á diferenciar entre Serenos e Gardas Municipais

19?? Serafín Gómez. En 1908.

19?? Manuel Fabeiro Pérez. En xaneiro de 1914 convértese en garda nocturno.

1913 Reconvértense novamente aos serenos en Gardas Municipais


Cabo de Serenos

1872 Francisco Rodríguez Carabelos

187? José Muíños Mera. Cabo de serenos e garda municipal, o 11 de xaneiro de 1874 decídese que ocupe tan só a primeira praza.

1874, 11 de xaneiro. Pedro López. Fora destituido como sereno e readmitido nesta data como cabo de serenos e garda municipal. En outubro dese ano pasa a ser tan só sereno.

.

Foto: Arredor de Nós Historia da Policía Local
 

Xefe da Policía Municipal

31-1-1952 Fusiónase a Garda Municipal e o corpo de Arbitrios (Ver>Recadación) nacendo a Policía Municipal


19?? Enrique Pérez Lois. Xefe da Garda Municipal, xubilaríase á fronte da Policía Municipal en 1973.

1973. Francisco Crespo Santos. Natural de Redondela, xubilado en 1984.



Policía Municipal

1952 (1936) José Martínez Seoane “Pepe de Arbitrios” “Cabeza de Plata”. Procedente do corpo de arbitrios exerceu como cabo da Policía Municipal, xubilado en 1979.

1952 (1939) Eugenio González González. Procedente do corpo de Arbitrios, xubilado en 1979.

1952 (1939) Ildefonso García Bastos. Anteriormente Vixiante de Arbitrios, seguía en 1960.

1952 (1940) José Paz Villar. Procedente do corpo de Arbitrios. Continuaba como Policía Municipal en 1955.

1952 (1941) Avelino Otero Cabaleiro. Procedente da Garda Municipal, acadou o número un no primeiro curso de capacitación da Policía Municipal, celebrado en 1956. Solicitaría máis tarde a excedencia para emigrar.

1952 (1949) Antonio Vidal Lusquiños “Fontán”. Anterior Vixiante de Arbitrios, pediría a excedencia para emigrar. Xubilado en 1985.

1952 (1949) José Otero Darriba. Anterior Vixiante de Arbitrios, xubilado en xaneiro de 1977.

1952 (1949) Cándido Bouzas Puertas. Procedente do corpo de Arbitrios.

1952 (1949) Manuel Rivas Araújo. Procedente da Garda Municipal, seguía en 1960.

1952 Antonio Rubiñán Míguez “Toné”. Procedente da Garda Municipal, xubilado en 1983.

1952 (1949) Venancio Otero Carballo. Anterior Garda Municipal, xubilado en 1979.

1952 (1949) Celso Miguélez Pérez “Carallán”. Xubilado en 1980.

1952 (1950) Castor López Hortas. Pediría a excedencia para emigrar.

1952 Ramón Carlos Martínez Míguez “Dempsey”. Nomeado Vixiante de Arbitrios pouco antes da creación da Policía Municipal. O 1 de febreiro de 1955 solicitou a excedencia voluntaria e nunca volveu a exercer.

1956, 7 de agosto. Justo Iglesias Rivadulla “Chicho”. Nunca exercería como axente, adicándose a cobrar os recibos da auga, xubilado en 1982.

19?? Marcelino Castro Pérez. Aparece nunha relación de 1960.

19?? Jaime Pérez Figueroa. No cargo en 1961.

1976, 29 de maio. Jose Manuel Montáns González

1978, 1 de xullo. Antonio Bras Blanco



Anos 50. Policía Municipal na Praza Ribadavia. Postal cedida por Agustín Ballesteros
Anos 50. Policía Municipal na Praza Ribadavia. Postal cedida por Agustín Ballesteros


Xefe (Sarxento/Comandante/Tenente) do posto da Garda Civil

18?? Antonio Fernández Ríos. Denunciado en 1882 por darlle un bastonazo á muller do carabineiro do mar Domingo Seoane Barros, á que sorprendeu roubando madeira na estación.

18?? Carlos Salas y Pantoja. Capitán da Garda Civil falecido en Redondela en novembro de 1886.

18?? Manuel Álvarez Rolan. En xullo de 1893 nomeado habilitado da Garda Civil na provincia de Ourense.

189? José Rodríguez Casal. Comandante en 1899

18?? José del Campo. No cargo en febreiro de 1900.


190? Ramón Pazos Isla. Faleceu estando no cargo en agosto de 1903.

1903, novembro. Julio Cerdal.

1908, febreiro. Pedro Rodríguez Pérez. Sarxento e xefe do posto.

1914 Rodrigo Santos Otero. Sarxento, faise cargo do mando en febreiro de 1914.

191? Domingo Gómez Feijoo. No cargo en xuño de 1916.

192? Juan Cesa Rodríguez. Sarxento e comandante do posto. No cargo en 1926, seguía no 29.

19??/ 1932, marzo. Daniel Tamurejo. Sarxento. Cando menos dende finais de 1931.

1932, marzo. Ángel ou Rafael Gadea García. Sarxento. Seguía en marzo de 1935, cando foi ascendido a suboficial.

1932. Eusebio Cañizares. Tenente.

1935, setembro. Nicolás Santamaría Canales. Subtenente.

1936, xullo. Felipe Valero Martín. Alférez procedente de Salamanca. Faleceu en Redondela o 10-07-1938.

193? Inocencio Rivero. Tenente da Garda Civil de Redondela en xaneiro de 1937.

193? Manuel Rodríguez López. Cando menos dende maio de 1938. En maio de 1940 trasladado ao posto de Tui.

1940. Gaden. No cargo en outubro de 1940.

1941. José Quintas Gayo. Cabo, ocupou o cargo en varias ocasións en sustitucións ou por falla do titular. Estaba no cargo en setembro de 1941 e tamén en setembro de 1949. En novembro de 1950 faise cargo do posto ata novo nomeamento, en decembro dese mesmo ano. En febreiro de 1951 ascendido a Brigada o que provoca o seu trasladado en xullo á Comandancia de Almería.

1950, decembro. Rafael Arango Corral. Anteriormente, en Ponteareas.

195? Manuel González Pena

195? Enrique Rodríguez Cuadrado. Sarxento, ocupou a comandancia do posto ata novembro de 1956, cando foi destinado a Bueu.

1956, novembro. Domingo Basanta Barasategui. Procedente do posto de Caceres.

195? Jesús Guedella Rodríguez. No cargo en 1957, xubilouse en maio de 1961.

1961, xuño. Salustiano González Silva. Sarxento Primeiro e Comandante do posto en Redondela, asume o cargo por xubilación do titular e ata novo nomeamento. Ascendido a Brigada en novembro de 1961 o que supuso o seu traslado.

1961, xullo. Félix Álvarez Álvarez. Tenente e xefe de línea do posto. Procedente de As Neves. En xaneiro de 1963 ascendido a capitán e pouco despois destinado en Tui, de onde pasaría a servir en A Guarda ao ano seguinte.

1962, marzo. José Pazó Díaz. Formaba parte da plantilla da benemérita desta vila ata que en agosto de 1960 foi ascendido a sarxento. Xefe accidental do posto en marzo de 1962.

1963, abril. Martín García Pérez. Deixou o cargo por ser ascendido a Capitán en xuño.

1964 José Pazo Díaz. Sarxento e xefe accidental do posto en outubro.

1964 Francisco Firvida Cortés. Tenente. Deixa o cargo en decembro por ser destinado a un pobo de Castellón.

1964, decembro. José Fernández Vilas. Sarxento accidentalmente ao cargo.

1965, maio. José Costa Casares. Procede da comandancia da Coruña.

1965, ¿? José Herrera Cruz. Cabo primeiro. Fíxose cargo do mando ata novo nomeamento.

1965, decembro. Aurelio Álvarez Alonso. Procedente de Bayona.

1966, xaneiro. José Costa Casares.En setembro pasa á Comandancia da Garda Civil de Pontevedra.

1966, setembro. José Constenla Fariña. En xuño de 1967 destinado a Pontevedra.

1967, xullo. Félix García de la Fuente. Procedente da Comandancia de A Coruña. Seguía en 1972.


No 2002 a Garda Civil de Redondela composta polo sarxento José Figueira Abuín e 6 gardas foi destinada a Arcade, quedando o noso Concello sen este servizo.



Brigada da Garda Civil de Redondela

Sanchidrián Martín, Alberto. Brigada da Garda civil de Redondela a finais de 1936, natural de Madrid


Cabo segundo da Garda Civil de Redondela

18?? José Herrera. En xuño de 1887, posteriormente xefe dos municipais.


Garda Civil

18?? Nicolás Martínez, Darío Rodríguez e Valentín Vicente. No cargo en xuño de 1887.

18?? Onofre Vázquez. En 1897.

18?? Marcial Fojo. En 1897.

19?? Iglesias Rodrigo. En xullo de 1933.

19?? Fandiño. Varias pintadas avisándoo de que tivera cuidado cos seus bigotes, provocou o encarceramento de tres mozos antes do inicio da Guerra.

19?? Ramón González. En 1940.

19?? Generoso García Fraile. Natural de Orihuela del Campo (Salamanca), faleceu en 1941 aos 28 anos, por mor das feridas sufridas ao cair dun vagón na estación de Redondela.

194? Enrique de la Peña Novás. Brigada que resultou gravemente ferido nun choque de trens ocurrido en xullo de 1949, entre as estacións de Arcade e Pontevedra.

1957? José Pazó Díaz. En agosto de 1960 ascendeu a sarxento deste posto.

19?? Vicente Tornero Villalba. Estivo destinado en Redondela antes de 1964.


19?? Luis Outeiriño Piñeiro. Estivo en Redondela e en 1964 destinado en Vilagarcía de Arousa.

19?? José González Pérez. En 1964

19?? Ramiro Lobeira Roca. En 1964.

19?? Manuel Sánchez Gómez. En 1964.

19?? Gerardo Vázquez Neira. Motorista. En 1964.

19?? Antonio García Vázquez. En 1964.

19?? Jesús Vázquez Diéguez. En 1964.


Xefe do posto da Garda Civil de Chapela

19?? Dositeo Otero Fernández. En abril de 1959, nomeado comandante do posto de Teis, compaxinando o dobre cargo. Continuaba en 1962.


Xefe do posto da Garda civil de Rande

19?? Rafael García Cordero. Comandante, que en abril de 1959 foi ascendido a sarxento e, en maio trasladado á comandancia de Ourense.

1959, xullo. Antonio Allán Domínguez.


Gardas Civís redondeláns.

Juan Iglesias Porta. Sarxento da garda civil retirado en novembro de 1890 para Redondela.

Eugenio Rodríguez López. En xullo de 1935 nomeado garda civil de Pontecaldelas.

Manuel González Pena. Tenente da Garda civil a principios dos anos 50.

Manuel Sucasas Varela. Ascendido a sarxento en 1952. En 1957 exercía como comandante do posto de Baltar (Ourense).

Juan Teniente Gonzalo. Garda civil de Chapela xubilado en 1964.

José Díaz Martínez. Garda civil retirado, faleceu en Chapela en 1966 aos 61 anos.

Felipe Valero Martín. Faleceu en Redondela, en xullo de 1938.


Corpo de Carabineiros

O Corpo de Carabineiros vixiaba a costa e a fronteira loitando contra o contrabando.

En 1940 serían integrados na Garda Civil.

Tenente, Xefe da sección de Carabineiros

189?/1897, xullo. Juan Piñeiro. En xullo de 1897 faise cargo interinamente do mando da sección de carabineiros de Arbo.

1903, febreiro. Leoncio Jaso y Paz.

192? /1925, xullo. Manuel Elizari. En 1924. Ascendido a Alférez en xullo de 1925 e trasladado a Baleares.

1925, agosto. Sergio Gómez (ou González). Continuaba en 1929


Suboficial de Carabineiros

1934, xullo. Manuel Vega Flores


Carabineiro.

18?? Domingo Seoane Barros. En 1882.

1914, abril. Cipriano Hernández García

19?? José Barral Mosteiro, Maximino Avila Murciano e Francisco Carrión R a m í r e z. En 1934.


Comandante de Carabineiros do posto de Rande

192? Antonio Salvador. En 1928.


Carabineiro do posto de Rande

188? Benito Pérez Rodríguez. En marzo de 1887, desexa permutar o seu posto con outro carabineiro de Ourense.


Carabineiros. Outros.

Marcial Blanco Figueroa. Tenente de carabineiros retirado que faleceu en Redondela en marzo de 1903.

Juan Carballo Pérez. Sarxento de carabineiros ao que en agosto de 1889 se lle concede o retiro para Redondela.


Cabo do Mar do porto de Redondela.

1908, maio. Baltasar Polo Vázquez


Cabo do Mar do porto de Chapela.

1910, xaneiro. Antonio García y García, que servía o mesmo cargo en Ribadeo.


Contramestre do Porto

1931, decembro. Bernardino Rodríguez Velo. Primeiro como interino e definitivamente en abril de 1934.


Ayudante Militar de Marina en Redondela

Arsenio Nicanor Río Pena. Faro de Vigo. Foto: Bene
Arsenio N. Río Pena. Faro de Vigo. Foto: Bene
1867, xuño. Desaparece a Audantía de Mariña de Redondela, provocada pola supresión dos partidos xudiciais de Redondela e Pontecaldelas.

1871 Restitución da Axudantía de Mariña

19?? Arsenio Nicanor Río Pena. No cargo cando menos dende 1964. En 1971 destinado a Vigo.

1971, marzo. José Mariño González. Tenente de navío procedente de O Ferrol. Continuaba en setembro de 1972.

 


Celador 1º da Ayudantia Mil. Mar. /Celador do Porto e Pesca

192? Juan Rico Seoane. No cargo en outubro de 1929.

Mouriño Rouco Foto: Siorty
1936, xullo. Manuel González Muradás

194? Siro Nieto Díaz. Celador do porto en xaneiro de 1949.

19?? /1950, abril. Francisco Gómez Pérez. Desempeña o posto de xeito accidental ata novo nomeamento.

1950, abril. José Dafonte Fernández. Sarxento da Armada. En febreiro de 1951 deixa o cargo, indo destinado á Comandancia de Mariña de Vigo.

1951, febreiro. Siro Nieto Díaz. Xa desempeñara o mesmo cargo en Redondela con anterioridade.

195? Gonzalo Mouriño Rouco. Cando menos desde 1954. Cesou en outubro de 1958, sendo destinado a Vigo.

1958, outubro. Manuel Alonso Cabezón.

195? Francisco Gómez Pérez. Ocupou o posto accidentalmente.

1958, novembro. José Dafonte Fernández. Interino. No cargo por segunda vez, desta volta procedente de Vigo. A finais deste mes ascendido a Celador Primeiro de Porto e Pesca (Brigada).

1958, decembro. Serafín González Varela.

19?? Hermenegildo García. En setembro de 1960.

196? Andrés González Pérez. Xa estaba no cargo en xullo de 1962. Ascendido a Subteniente en febreiro de 1963. Xubilouse en novembro de 1970 como “Mayor de Primera de la Armada”. 

 

Homenaxe a Andrés González Pérez. El Pueblo Gallego
Homenaxe a Andrés González Pérez. El Pueblo Gallego


Celador 2º do porto de Redondela /Cesantes

19?? Antonino Fernández de Retana y Díaz de Mendivil. Celador 2º ascendido a Sarxento Primeiro en febreiro de 1963. En abril de 1967 trasladado a San Sebastián.


Alguacil do Cárcere

17?? Antonio de Bastos


Xefe/Alcaide da Prisión

O Cárcere de Redondela suprimido en maio de 1935, voltou a empregarse tralo inicio da Guerra Civil

17?? Juan de Outeiro. Cara a 1749.

18?? Gerónimo Acero. Foi xulgado como responsable da fuga dun preso e condeado en 1824 a "un año de arrestro-que ya había cumplido sobradamente- a la privación perpetua del oficio y a una pequeña multa para la época."

1841 Miguel Pérez. No cargo cando menos entre xaneiro e maio.

1850 Benito Paz. Segue en 1858.


18?? Florindo Alonso. En xullo de 1890 trasladado ao cárcere de Tives.


1893, febreiro. José Rodríguez López.

1900, xaneiro. José Linares, por permuta, anteriormente en Da Vecilla (León).

1901, xaneiro. Perfecto Amoedo Iglesias. Anteriormente vixiante no mesmo cárcere.

1906, marzo. Prudencio Milian

1906, xuño. Ramón Varela. Anteriormente, vixiante do cárcere de Pontevedra.

190?. Juan Gaitán. En maio de 1907 trasladado a Lalín co mesmo emprego.

1907. Miguel Vidal. Faleceu en Pontevedra en agosto de 1907, estando no cargo.

1911, xaneiro. Benito Copado González. En agosto de 1912 foi trasladado a Betanzos.

191? Francisco Agrelo. En 1915.

1922, maio Juan Úbeda Guerrero. Nomeado en maio de 1922, anteriormente xefe do cárcere de Ribadavia. O 17 de maio de 1934 foi trasladado á prisión de Caldas de Reis por ser suprimida a de Redondela.

1935, setembro. Bernardino González.


Oficial de Prisións

19?? Claudio Pastor Balsero. Estaba en 1925. En outubro de 1927 foi trasladado a Pontevedra.

19?? Ricardo Muñóz López. Deixou o cargo o 12-4-1928 pasando a prestar os seus servicios na Escola Industrial de Alcalá de Henares.

1930, 21 de febreiro. Isaías Castellano Sánchez.

1931, decembro. José Vázquez.

19?? Benigno González. O 17 de maio de 1934 foi trasladado á prisión de Tui por ser suprimida a de Redondela.

1934, maio. José Sánchez Guerra. Anteriormente no cárcere do partido de Tui. Pouco exerceu na nosa vila porque o 17 de maio foi trasladado á prisión de Caldas de Reis por ser suprimida a de Redondela.

1936, abril. Diodoro Cruz Martín. Procedente de Zamora.

1936, 16 de decembro. Camilo Rey Avalos. Anteriormente na prisión do partido de Lalín.

19?? Francisco Alegre


Vixiante Xefe

1898, xuño. Antonio Mur Grande.


Vixiante do cárcere

1893, febreiro. Bernardo Varela. Procedente do cárcere de Ourense.

1895, marzo. Francisco Sanz.

1898, outubro. Manuel Mur

1901, xaneiro. Salustiano Méndez. Interino.

1911, febreiro. Marcial Puch Gálvez. Vixiante do cárcere de Vigo destinado a Redondela.

1914, decembro. Martín Aguilar. Anteriormente servía en Fonsagrada.

191? Ramón Patiño. En 1915.


Vixiante 1º do cárcere

1895, agosto. Manuel Padín.



Vixiante de 2ª do cárcere

1897, decembro. Domingo Bolaño.

1911, abril. José Blanco García. Anteriormente servía na de Vigo.

1912, xaneiro. Agrelo Carballo, que servía no cárcere de Pontecaldelas.


Vixiante 3º do cárcere

1903, decembro. José Coello de Portugal García

1903, decembro. Francisco Victoriano Pareja Pastor


Guardián de Prisión

19?? Florentino Varandeta. O 17 de maio de 1935 foi trasladado á prisión de Cambados por ser suprimida a de Redondela.


Llavero” de Prisión

1893, febreiro. Fermín Monroy.


Vocal de Somatén

Somatén. Institución de carácter parapolicial ten a súa orixe en Cataluña en 1068. Nos seus inicios era un corpo armado de autoprotección civil, separado do exército, para a propia defensa e a da terra. No 1945 o réxime franquista dalle o nome de “Somatén Armado”, tendo a laboura de colaborar coa Garda Civil para combatir aos maquis. Coa chegada da democracia sería disolto polo Senado en 1978.

En Redondela tan só existiu durante o goberno de Primo de Rivera.

1924 Ricardo Contreras Valiñas. Cando menos entre 1924 e 1928.



Somatén

19?? Antonio Pérez Sobral. De Saxamonde, en 1929.

 

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA

Arredor de nós. Historia da Policía Local 1863-2003. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. 2003.

Entre jueces y reos. Las postrimerías del Derecho penal absolutista. Escrito por Ortego Gil, Pedro

En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El Diario de Pontevedra, El pueblo gallego, El Ejemplo Diario de la Coruña, Vida gallega, El Correo de Galicia (Bos Aires), El Progreso, La Opinión diario de Pontevedra, El Norte de Galicia, El Regional, La Idea Moderna...

Na Biblioteca Nacional de España: www.bne.es => Revista de las prisiones, Revista de prisiones y de policía, El Foro Español (Madrid), El Correo Militar, La Correspondencia Militar, Luz

La Voz de Galicia.

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario