domingo, 20 de diciembre de 2020

Carruaxes, autobuses e coches de alugueiro.

        

         

Viso-Vigo. Bautista mozo e Clemente Sotelino condutor. Foto cedida por Jose Luis Cofán
Viso-Vigo. Bautista mozo e Clemente Sotelino condutor. Foto cedida por Jose Luis Cofán


En 1878 o servizo de carruaxes Volador, de Vigo, dispuña dunha delegación en Redondela. O 1 de maio establece un servizo de Redondela a Pontevedra que regresa pola tarde para o enlace do ferrocarril. Por esa época La Portuguesa facía parada en Redondela con destino a Portugal.

No anuario de actividades de 1879: Trasportes (Carros de).—Fernandez Camiña (José). —Fernández (Bernardo).—Perez (José)

A principios do século XX, Redondela comunicábase con Berducido por medio dunha dilixencia tirada por cinco cabalos. Levaba pasaxeiros, correo e mercancías, era conducida polo señor Torete. Saía tódolos días ás cinco da tarde dende a da señora Rosa de Bernardo. Realizaba paradas en Amoedo, Pazos de Borbén, Moscoso...; chegaba a Berducido e vola á vila as dez da mañá. O camiño, por suposto, estaba sen asfaltar.

En febreiro de 1907, a condución do correo en carruaxe de Redondela a Fornelos, foille adxudicada en 1.200 pesetas aos propietarios da empresa La Fraternidad, de Redondela.

En outubro de 1910, a súa xunta directiva pon á venda La Mutual, empresa con domicilio en Fornelos e que unía esa vila con Redondela, ademais de adicarse ao alugueiro. O seu administrador era Bernardo Fernández Esteiro.

Tamén cara a 1910 funcionaba a empresa de dilixencias Justo Tojeiro y compañía. Outras empresas de transporte eran a de José Fernández e a de Bernardo García.

En maio de 1911 a empresa de autobuses El Miño comeza a dar o servizo público A Guarda-Vigo, pasando por Redondela.

En decembro de 1914 comeza a funcionar unha liña de autobuses entre Redondela e Fornelos creada polo empresario redondelán, señor Leirós.

Unha empresa que comezou a dar servizo nos anos 20 foi Castromil O Castromil era coñecido coma ómnibus e tiña separada a primeira clase da segunda cunha cristaleira. Os que dispuñan de menos recursos viaxaban no teito do vehículo, xa fixera sol ou chovera.

En 1924 a Empresa F. Robles de Lis. Oferta un servizo especial Vigo-Redondela con motivo das festas da Coca.

Un resumo do servizo de autobuses ofertado en 1925 sería o seguinte:

A Fornelos, corre diario ás 18; prezo 3 pesetas. Empresa Míguez y Loage

A Gajate, diario, 4 pesetas.

A Pontevedra, diario, ás 9 e ás 16'30, prezo 3'5 pesetas asento. Empresa Castromil

A Pontevedra, ás 8'50 y 18. Empresa La Emprendedora.

A Pontevedra, horas convencionais. Empresa Bruzos y Rodríguez.

La Emprendedora. Anuncio, 1925
La Emprendedora. Anuncio, 1925


          Nese ano complétase a oferta co alugueiro de automóbiles: Casiano García, Míguez y Loage e Maximino Tejo. E co alugueiro de carruaxes: Felipe Coya, Casiano García, Míguez Loage e Maximino Tejo.

          Nesta época tamén paraba na nosa vila El Noroeste, que unía Vigo e A Coruña. 

El Noroeste. Anuncio, 1926.
El Noroeste. Anuncio, 1926.

 

          Nun xornal da vila de 1932 aparece un anuncio da empresa de autobuses Amador Cabanela na avenida Antonio Orellana. A mediados deste século tamén alugaba autobuses o Taller de Bienvenido.

A los choqueiros pedimos

un favor encarecido,

que dejen el Castromil

y sigan con Bienvenido


Porque es hijo de esta villa

no se debe consentir,

porque es un abandono

a un hijo del pueblo no se debe hacer.


Nesta época hai moito intrusismo laboral:

1930. A Garda Civil de Redondela denunciou a José Luis Raña de Santa Comba (Coruña) por levar pasaxeiros sen autorización nunha camioneta.

1932. A Benemérita de Redondela denunciou a Leandro Perlieiro Fernández e Alfredo Guimarey por levar pasaxeiros sen permiso.


Nos anos 30, Ricardo Contreras Valiñas tiña automóbiles de alugueiro na Casa da Torre e, nos 40, José Táboas, taxis alugueiro.

Outras empresas eran as de Pedepote e Patolas, que ás veces suxeitaban as portas con cadeas para que a xente non caíra. O 26 de febreiro de 1955 a empresa de Pedepote sufriu un grave accidente en Cans (Porriño) no que faleceron 31 persoas e 8 resultaron feridas. (https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/11/cronicas-do-autobus.html)


Aparta Patolas,

aparta por Dios,

que ahí ven Pedepote

co número dos.

Enterro das vítimas de Cans.  Redondela. Crónica gráfica dun pasado recente. María A. Leboreiro Amaro.
Enterro das vítimas de Cans.

Redondela. Crónica gráfica dun pasado recente. María A. Leboreiro Amaro.


 
Tamén a mediados dos 50, Manuel Conde Gómez. Coche de alugueiro marca Rolls- Royce, sete prazas, na Pz. Figueroa. Outros taxistas desta época serían: Femín Bouzón “Obispo”, Agustín Arteta Canals (de Vigo), Julio Martínez Iglesias, Olimpio Tuche Crespo “Pito” ou Jose Antonio Táboas Pérez.

A principios dos anos 60 Transportes Barxa desempeñaba o servizo Vigo-Coruña, cruzando a nosa vila.

Autobús de Aurelio García. Vigotransporte
Autobús de Aurelio García. Vigotransporte

 
Cocheiras de Aurelio García  Foto de Carlos Muíños "Dula"-cinesdegalicia.educabarrie.org
Cocheiras de Aurelio García  Foto de Carlos Muíños "Dula"-cinesdegalicia.educabarrie.org

A última empresa, que non poderiamos deixar de citar, é a de García, instalada na Casa da Torre. Logo se dividiría en M. García e A. García (Castromil) ao herdar os fillos do fundador, Manolo e Aurelio. Daquela, popularizáronse as frases: “Viaja con García, viaja con alegría” e “Viaja con Mirón, viaja con ilusión”. A saga familiar segue tendo continuidade coa empresa Melytour

M. García. Anuncio, 1968.
M. García. Anuncio, 1968.

 

Cocheras de Manuel Garcia na Casa da Torre. Amado Lorenzo abril1998-Proxecto Arg
Cocheras de Manuel Garcia na Casa da Torre. Amado Lorenzo abril1998-Proxecto Arga

Caso aparte sería o de Chapela, que como xa sucedera co tranvía, está incluída na ruta do transporte municipal de Vigo, polo que ademais do paso dos anteriores ven contando co Vitrasa, que sucedería á Empresa Martínez S. R. C., coñecida popularmente como Os Rusos. Este servizo tamén chega a Negros e Trasmañó. Outras empresas que operan actualmente no noso concello son Autos González e Monbús, esta última absorbería ao Castromil.


Autor: Juan Migueles



BIBLIOGRAFÍA

Censo de actividades do partido de Redondela: 1905, 1910 e 1925.

Galiciana => La correspondencia gallega, El Correo de Galicia, El noticiero de Vigo, El pueblo gallego, La Noche

Faro de Vigo

La Voz de Galicia.

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/

Redondela. Crónica gráfica dun pasado recente. María A. Leboreiro Amaro.

Boletín Oficial del Estado www.boe.es

Vigotransporte

Aportes M. Migueles

No hay comentarios:

Publicar un comentario