Francisco Crespo Rivas. Vida Gallega |
Tío do Padre Crespo. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/crespo-pozo-jose-santiago-padre-crespo.html)
Estivo emigrado na Arxentina na década de 1870, onde traballou como procurador e colaborou na prensa. Propietario da Imprenta de Vilavella. Xunto con Serafín Reboredo Blanco, foi fundador do xornal El Pueblo, do que foi director.
Aparece como secretario na confraría Hermandad del Señor, fundada en Vilavella en 1910.
Concelleiro e fiscal municipal (1920-1931) de Redondela.
Nos censos de actividade de 1910 e 1925 consta como agricultor. En 1915 promoveu un Sindicato Agrícola Católico e, en 1916, sería premiado nos Xogos Florais de Pontevedra por un traballo de carácter agrícola. Foi amigo e colaborador de Casto Sampedro Folgar, conservándose parte da correspondencia mantida entre ambos. Publicou 3 libros:
Tres cosas gallegas. 1º El ganado gallego. 2º La emigración gallega. 3º La agricultura gallega. Ponteareas, Imprenta Montero.
Defensa de la ganadería gallega.
Redondela : lo que fué, lo que es y lo que puede ser (1939)
Os seus restos descansan no cemiterio dos Eidos, onde a súa tumba é un dos mausoleos destacados.
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
A prensa en Redondela. Aproximación histórica 1883-1933. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Ed. Concello de Redondela. 2001.
(Casto Sampedro e a música do cantigueiro Galego. 2 Vol. Xavier González Groba, 2013).
Censo de actividades 1910 e 1925
En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es=> El Pueblo Gallego, La Correspondencia Gallega, Vida Gallega, Diario de Pontevedra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario