|
I Festival SAR. Fondo Eugenio Lueiro. |
Neste apartado faremos un breve
repaso polos festivais musicais celebrados no Concello de Redondela
desde a década dos 60 do pasado século e dalgúns dos colectivos
que o fixeron posible.
Festival
da S. A. R.
A
entidade deportiva Sociedade Atlética de Redondela (SAR), que chegou
a contar con equipos en 12 disciplinas diferentes, comezou a recadar
fondos organizando este festival. Nas primeiras edicións celebrouse
no cine Fantasio, no Parque La Junquera e por último na Sala
Miramar. Nel tiñan cabida todo tipo de artistas tanto locais como
doutras vilas. No I Festival SAR celebrado os días 25 e 26 de
xaneiro de 1965 actuaron: Amador Zabaleta (acordeón), o Mago Yosca,
Santos (música lixeira: voz e frauta), “Los Troveros”, Berto,
Bouzas, Paulino (melodía moderna), “Dúo Redondela”, “Los
Dinámicos” (trío de armónicas: Fotsca, Agustín Lovera e Manuel
Muíños “Jamaica”), o grupo “Miramar”, Xacinto dos
Carafunchos (humorista), a nena de 7 anos Mary Loli (gañadora do
concurso “La Voz de Vigo”) e Lueiro Urtaza (presentador e
poesía). Nas seguintes edicións subirían ao esceario: “Los
Condors” (grupo de Vigo), “Los Santos” (grupo de Vigo), “El
Peque” (xoven acordeonista de Amoedo), “Baby” e a súa
rondalla, a Sección Femenina (baile rexional), Enrique Tuche
(tenor), Eduardo Otero (cantante), Varela (recitador de poesía),
“Trío Calavera” (Pepe “Trenco”, Chencho e ¿?)... Neste
festival actuarían os primeiros grupos de rock da vila. Celebrouse
por derradeira vez en 1994, despois de sete edicións.
En
1965 tamén organizaron o concurso Salto a la Fama, para
menores de 15 anos, gañando Ricardo, o que lle permitiu participar
na segunda edición do festival SAR.
No
II Festival, celebrado os días 29 e 30 de decembro de 1965 e
presentado por Lueiro Urtaza, actuaría Xacinto dos Carafunchos; os
conxuntos de Vigo “Los Cóndor's” e “Los Santos”, a nena
Mary Loly, os cantantes locais Bouzas, Paulino e Juan Álvarez;
Eduardo Otero e Chucho; o conxunto da SAR; o recitador Varela “El
Peque”; e o vocalista Santos; ademáis do citado Ricardo. Tal sería
o éxito que todos eles actuarían tamén no cine Vidal, de Arcade,
baixo o nome Show de la SAR 66.
O festival seguiría celebrándose
durante a década dos 70 e o derradeiro intento por recuperalo tería
lugar en 1994. Entre medias organizouse en 1989 o Festival XXV
Aniversario SAR.
Outro
concerto que organizou este clube sería
o Festival SAR de Zarzuela.
Celebrouse no cine Fantasio e contaba co seguinte programa: Actuación
da Coral Santiago Apóstol de Redondela e recital de Zarzuela a cargo
de Silvia Pintos, tiple; Enrique Tuche, tenor; Carlos Lastra,
barítono; Manuel Sirera, tenor; e Manuel Rodríguez, tenor.
Acompañados ao piano polo mestre Margüenda e a actuación especial
de Santos.
|
III Festival SAR. Foto cedida por Albi. |
Concurso
de conjuntos ye-yes
Concurso celebrado no Miramar
durante as festas da Coca de 1966, sendo patrocinado por Pedro
Regojo, daquela presidente da SAR. Non atopei quen venceu pero si o
segundo clasificado que serían os vigueses “Los Greps”.
Festival
a beneficio do campo de futbol de Vilar
Celebrado o
31 de outubro de 1968 na Sala Parque La Junquera, coa participación
dos grupos vigueses Los Cuervos e
Los Santos acompañados polos
conxuntos vocais da S.A.R.
Grupo
de grupos
Colectivo formado polos grupos de
finais dos 80 e principios dos 90. Entre outras cousas, conseguiu a
concesión por parte do Concello de locais de ensaio no instituto
vello (hoxe Multiusos da Xunqueira).
Veráns
Culturais do Ateneo
O Ateneo Redondelán foi un
colectivo creado en 1988 e que dinamizou a oferta cultural coa
celebración de charlas, coloquios, exposicións... Dentro da súa
programación incluiu concertos de grupos como Agá de Oh, Lulás...
|
Veráns Culturais do Ateneo. Agá de Oh. Foto cedida por Rodri.
|
Festival
de Rock Redondelán
Celebrouse durante un par de anos
a principios dos 90, coa participación de todos os grupos da vila.
Homenaje
a Led Zeppelin
Concerto que comezou a
organizarse a finais dos 80 en Ventosela tocándose versións de Led
Zeppelin.
Marathon
Cultural
Festival que se iniciou a finais
dos 80 no Centro Recreativo y Cultural de Redondela, polos alumnos de
Xesús Cameselle Ben. Nel tiñan cabida o teatro (Disonada), pintura
(Lino Lago), caricaturismo (Koiko) e o humor (Lareira), pero sobre
todo a música. Nel se deron a coñecer: Bajo Contraste, Lulás,
Secuestro Legal, Tráfico, Xalgareta, Trasgo, Nembargantes... Pero
tamén grupos efímeros como Farlopa.
Certame
de Canción Inédita
Como o anterior, organizado por
Suso Ben, pero do que tan só se celebrou unha edición a mediados
dos anos 90. Festival acústico no que participaron xente coma: Pempi
e Pedro ou Lupe Maestú.
|
Lupe Maestú no Certame de Canción Inédita. Foto: Suso Ben
|
Rockondela
Festival
organizado polo Concello coa finalidade de apoiar aos grupos locais.
Na primeira edición celebrada en 1995 tocaron Nembargantes, La Gripe
e Trasgo no pavillón de Redondela. A súa terceira edición
suspenderíase ante a negativa dos grupos a tocar ata que o Concello
pagara as actuacións das dúas primeiras edicións. No 2004 o
festival celebraría a súa oitava edición, actuando La banda de
Nash (Vigo) e os grupos redondeláns Antisozial, Darwitch e The
Mirage.
|
Nembargantes no primeiro Rock´ondela no pavillón. Foto: Suso Ben |
Langueitor.
Metal & Rock Fest
Festival
adicado a quen fora guitarrista de Nocheni, Otello Acosta. Celebrouse
por primeira vez no 2004 no pub Solera actuando as bandas Darkwitch,
Fallen Sentinel, Nocheni e The Mirage. Nas seguintes edicións
actuarían grupos como
Dantalion, Dharma, Cadalso, Valver ou The Silence.
Sons
Redondela
Concerto
celebrado no 2005 coa participación de músicos veteranos
que tiñan participado nos festivais da SAR: Catina, Enrique Tuche...
Festival
de Bandas Locais
Organizado
polo Concello, tan só se celebraría en dúas ocasións. No
2012 con The Silence, Nocheni, Tok e Caramuxo Vermello; e na edición
do 2013 con La Vaga Banda, Sete Cuncas e Haku.
Arde Rande
Festival baixo a
Ponte de Rande dende o 2007. Diferentes estilos musicais de grupos de
Redondela e arredores. Deixou de celebrarse no 2018.
Arrastro Rock
Festival :
Festival de música
en Reboreda dende o 2006. Na primeira edición, o cartel estaba
composto por: Antisozial GZ, Estado de sitio, Gargola, Negra Sombra,
Jazz Menagerie, Timbalada e DJ Jota, repartidos en dous dias. Este
festival ofrece diferentes estilos musicais de grupos tanto noveis
como consagrados a nivel. Os gastos corren por conta da organización
e o patrocinio de locais comerciais, bares, pubs e discotecas. Deixou
de celebrarse no 2018.
Arrastro Rock 2016. Facebook do festival.
Asociación Cultural e Social de
Chapela
Formada en 1991 creou a Escola de Música de Chapela da que xurdiron
a Banda de Música de Chapela e varios grupos de música e baile
tradicional. Ademais da programación propia da Escola de Música
organiza numerosos cursos (pintura, aerobic, coiro...) e actividades
culturais (festivais, campus musical, ludotecas, conferencias...)
Berete Rock
Festival celebrado por primeira vez no
2012 na Praia de Arealonga en Chapela. Como o seu nome indica está
orientado cara os diferentes estilos do Rock.
Castle Records
Estudo
de gravación con
Santiago Gesteira e Xoel López como técnicos de son. Neste estudo
gravaron os
grupos locais Antisozial GZ, Marxe Eskerda, The Silence, Calämbur…
Centro Social a Formiga
Festival Folk Arealonga
Festival de
música folk celebrado na praia Arealonga de Chapela
e incluído na
programación cultural de verán do Concello de Redondela.
Lixo Rock
Concerto
alternativo na Alameda. Naceu no 1995 dentro do programa da
exposición de esculturas feitas con materiais de lixo, Artelixo,
organizado pola desaparecida asociación Josefá como protesta polo
vertedoiro ilegal que había na avenida Mendiño. Actualmente a
organización corre por conta de xente como Pedro ou Toti. Póñense
esceario e instrumentos a disposición de todo o que quera actuar.
|
Lixo Rock 2009 Facebook Kampa crespo |
Meixón Music
Os bares A Tenda de
Candelaria, O Escondidiño e Café da Vila
iniciaron unha programación de verán na rúa Meixón Frío con
música ao vivo e contacontos, que segue a celebrarse apesares das
dificultades xurdidas polo troco de donos dalgúns destes negocios.
Actualmente (2019) é organizado por Café da
Vila e La
Lujosa.
Millo Verde
Festival
alternativo dende o 2007. Festival con área de acampada que se
realizaba na Marisma ata que a construción do novo pavillón obrigou
a trasladalo a Chan das Pipas (Saxamonde). Posteriormente coñecería
unha terceira localización, o Paseo da Praia da Punta, onde segue a
celebrarse actualmente (2022). Os grupos participantes tocan os máis
diferentes estilos: rock, ska, heavy... Paralelamente, realízanse
outras actividades como o Concurso de Maquetas, charlas, xogos
populares, actuacións de rúa...
|
Millo Verde-Eskalabirras. Facebook Festival MV
|
A Noite da Lúa
Meiga: Festival de música folk que
se celebra en O Viso. Organizada pola agrupación folklórica Terra
Meiga vense realizando dende o ano
2001. Ademais da
música tamén se ofrecen unha serie de actividades como xogos
populares e mostras de artesanía. Deixou
de celebrarse.
Pro-Son
Asociación de
Alxán (Arcade-Soutomaior) Fundada no 2008 por varios mùsicos e
grupos da zona de Soutomaior e Redondela, conta nas súas filas con
Roneo, Ennyo, EXLDF e The Silence de diferentes estilos musicais (Hip
Hop, Metal, Experimental, Rock...). Organiza o Festival Rocknaría en
Arcade.
Radio Redondela
Radio municipal do Concello de
Redondela.
Radio Polorri:
Programa da radio municipal que
presentaba
Alfonso Conde. Comezou
a emitirse a
finais do 2015, lembrando a historia dos grupos da vila con
entrevistas, concertos en directo e reprodución de discos e
maquetas.
Romaría Cultural da Sinha Paca
No
2018 celébrase a I Romaría Cultural co fin de reivindicar a
necesidade dun local de ensaio en Redondela e en protesta pola
política cultural que estaba levando á desaparición de
variosfestivais. Estivo organizada polos colectivos Arte Lixo e Millo
Verde, conformando a Plataforma Cultural de Artistas e Activistas de
Redondela, sendo o xerme de Sinha Paca.
Sala Disco Tasca
No 2012
revolucionou a oferta cultural de Redondela con concertos, teatro...
Iniciativa
privada de breve historia que rematou un ano despois.
SinSal
Festival organizado na illa de San Simón ao que a xente acude sen
saber os grupos que tocarán.
Teixeira Rock
Festival de Rock no Viso con grupos da contorna que non tivo
continuidade.
Vento Rock
Asociación de Ventosela que organizou
por primeira vez no 2008 o Festival Vento Rock e máis recentemente o
Concurso de Bandas Locais e o Vento Folk. No 2018 deixou de
celebrarse o festival.
|
Organización do Vento Rock. Facebook
|
Varios
Destacar tamén
aos centros culturais e tódalas asociacións e colectivos que me
quedan no tinteiro. Por último, nomear ás cafeterías, pubs e
discotecas que de maneira puntual organizan concertos e exposicións
entre outras actividades.
Programación
cultural do Concello
Nela
teñen cabida diferentes tipos de música dende o folk galego ata o
gospel estadounidense, pero tamén o cine e o teatro. O
prato forte soe ser a programación do verán, que alá polos anos 90
tiña o bonito nome de Noites
Máxicas dos Viadutos. Apesares
das variacións que pode ter, principalmente cando hai un troco de
goberno, nos derradeiros anos podemos citar os
seguintes ciclos:
Pórtico
Sonoro. Actuacións nas igrexas de corais e grupos de música
clásica ou tradicional.
Rede de Músicas Soltas.
Serie de concertos no Multiusos da Xunqueira de diferentes estilos
musicais. Destacar a actuación no 2017 de Juan Perro.
Certame de Habaneras.
Concerto de varias corais no Multiusos da Xunqueira.
Sonoaire. Festival no que
se celebran varios concertos en diferentes rúas do casco urbano.
|
Sonoaire 2018. Foto:J. Migueles |
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Faro de Vigo
La Voz de Galicia
Recopilación de
grupos feita por Pedro Pérez e Alfonso Conde “Fon”, con
entrevistas a: Mundo Cal, Juan Araujo, “Tatán”, Suso Ben, Tejo,
Pepe “Rebanadas”, “Ogali”, Xesteira, Santos, Enrique Tuche
“Pajarito”, Castillo, Silvio, Severino, Lucho Vilas, Manoliño
“Zapatón”, Gabriel Sánchez “Pibe”, Rodri Souto, Berto
“Buzo”, Olimpio, Agustín Lovera, Fredi, Luis Crespo, Kiko,
“Potiño”, Jorgito, “Pelu” Vidal, Pepe, David Figueiral,
Julián Hortas, Xoel, Santi Gesteira, Juanín.
En
Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia.
Xunta de Galicia:
http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es=>
El Noticiero de
Vigo, La Noche, El Pueblo Gallego…
Aportes orais.
Páxinas e blogs dos
grupos e festivais:
Arde
Rande http://www.arderande.org/
Arrastro
Rock Festival : http://www.myspace.com/arrastrorockfest
Asociación
Cultural e Social de Chapela: https://culturaldechapela.org/
Castle
Records: http://www.myspace.com/castlerecordstudios
Centro
Social a Formiga:
http://profile.myspace.com/index.cfm?fuseaction=user.viewprofile&friendid=224068245
Lixo
Rock: http://www.blogoteca.com/lixorock/
Millo
Verde: http://milloverde.blogaliza.org/
A
Noite da Lúa Meiga: http://www.noitedaluameiga.org/
Pro-Son:
http://www.myspace.com/asociacionproson
RadioRedondela:
http://radioredondela.com/
Vento
Rock: http://www.ventorock.es.tl/