Taberna de Julián Peitudo. Foto cedida pola familia Fernández Otero. |
Naceu o sapo, naceu a sapa.: Cando nunha parella son tal para cal nun aspecto negativo.
Nin ¡arre!, nin ¡so!
Nin que morrera o demo!!: Cando chove a cachón.
Nin vou alá, nin fajo falta: Escusa para non facer algo.
Non as pensa: Falar sen pensar.
Non chamedes ao veterinario que o porco xa fala: Cando alguén bota un eructo ou un peido.
Non chames o veterinario,que o Porco xa caga. Cando a algún bota un peido.
Non da puntada sen fío: Cando se fala con intención.
Non era nada... non era nada... e viña cun ollo na man.
Non me tires da herbeira , non me tires da herbeira: dicía meu pai cando estaba enfadado e seguias tirándolle do xenio en vez de tranquilizalo
Non pidas a quen pediu nin sirvas a quen serviu
Non podo que hai roupa tendida: Non podo falar mal dunha persoa porque anda preto o aludido ou algún achegado.
Non recollas o mantel para que coman os angelitos: En noiteboa.
Non te fies das claras que son todas putas: Hai claros no ceo pero vai chover.
Non temos para pan pero combramos estampitas
Non tes paraxe. Cando non paras quieto.
Non vaias á Rabadeira que che pode aparecer o oso: En febreiro do 1934 apareceron as pegadas dun oso na Rabadeira (Cedeira-Redondela). O animal nunca apareceu pero durante moitos anos a xente facía esta advertencia.
Nunca choveu que non escampara.: Cando as cousas van mal sempre acaban por mellorar.
O canteiro pica, pica. Pica na pedra miúda, pica na pedra allea mentres outro pica na súa.
Ó catarro, dálle co xarro!!"
O corazón dunha pulga, quen o puidera guisar, daba xantar e merenda e cea para cear
O demo tenche cara de coello.: Nada é o que parece.
O falar depende da queixada abaixo
O falar non ten cancelas
O ghordo non entra, o mediano atesta e o pequeno fai a festa
O máis parvo fai avións.: Non hai que infravalorar a ninguén. Pode referirse a unha familia, aos doutra parroquia...
O mar non ten pelos: Advertencia, no mar non hai onde agarrarse.
O meu can papou unha mosca: Unha casualidade.
Ó pasar po lo regheiriño, díxenche que si, que si..... Aghora que o pasei, catro cornos para ti.: Cando aceptas algo co que non estas de acordo para salvar unha dificultade.
O paxaro cando chove mete o rabo na silveira a si fai a boa moza cando non ten quen a queira
O que da o pan ó can alleo, perde o pan e perde o can.
O que se xunta co taberneiro perde o tempo e o diñeiro
O que con rapaces se deita mexado se levanta
O que lonxe vai casar, eiva lea ou vaina
O que non cae escorregha. Cando varias persoas fan mal a mesma cousa ou teñen un carácter semellante.
O que ten ansia non durme.
O que ten cu ten medo.: Todos temos medo dalgo.
O que ten un amigo guardia civil ten un duro falso no bolsillo
O tempo non ten paraxe.
O vello vaise!: Para dicir que un vai maior. Popularizouna en Redondela un vendedor de xornais que para vender máis o gritaba nos derradeiros meses de vida do ditador Franco.
Onde cagas deixas o monte: Dise de quen non recolle ou ensucia.
Os cartos na túa man son coma peido de cu: Cando ías de can e volvías sen un peso.
Os curas casados ou capados
Os de fóra fuman pitillos
Outra vaca no millo: Cando xorde un novo problema e por extensión cando alguén di unha esaxeración ou mentira.
Ovo ghaleado: Ovo fecundado por un galo.
Pan na man: Consello na mesa. É de boa educación axudarse do pan á hora de comer.
Pan na man ou na taza: Opcións que daban aos nenos no almorzo polo pouco pan que había nas casas. Ou llo daban na man para mollar ou llo botaban directamente na cunca.
Para bebelo hai que saber mexalo: Cando se bebe alcohol hai que saber comportarse.
Para beber viño hai xente, o carallo é dar sulfato.: Cando para facer festa apúntase todo o mundo pero para traballar non aparece ninguén.
Para quen non quere nada teño eu moito.: Cando rechazan algo que ofreces.
Paresme que ese ghalo ten pouca pluma: Para referirse a alguén que presume do que non é ou do que non ten.
Pasar máis fame que un mestre de escola / Pasar máis fame que unha puta en Cuaresma: Ocupacións que dan poucos cartos.
Pedra Lume: Dise cando a augardente é de mala calidade e está forte.
Pola forma de coller o manillar, xa sei como é o ciclista. / Polo andar da carruaxe xa se sabe quen vai dentro.: Cando te das conta dalgún aspecto negativo dunha persoa.
Pola santa Coca perdín o demo da misa: Fai referencia ás Festas da Coca de Redondela que coinciden co Corpus Christi. Dáselle máis importancia ao elemento que simboliza ao diaño (a Coca) que aos actos relixiosos.
Primero pagare y después reclamare.: Popularizouse hai anos en Redondela para frear á xente que protesta por un produto antes de mercalo.
Puta, borracha e ladroa....sempre! Fora da túa zona. / Puta, bébeda, ladroa e porqueira sempre fora da tua leira...
Que chova ata que beban os cans de pé!: Fai falta a choiva.
-Que hai de comer? -Comida. / -Hai comer con calar. / Un corno espetado nun pao.: Cando lle preguntas á túa nai e ela o que quere é que comas sen protestar.
-Que tal? -Andando. -Ese é bo sinal.
Quen te mandou. Si viñera!: Que dea a cara a que te enviou.
Sabe que aghorenta!: Está bo.
Saca do medio que vas levar un pao no lombo!: Aparta!
Se é un can trábame.: Cando atopas algo que tiñas diante.
Se non é boi é vaca.: Se non é unha cousa é a outra.
Se non sobra non se sabe se chega. Que haxa fartura.
Se non tes o que facer, vai facelo noutro lugar.: Non molestes.
Se o fagho eu ía mandar carallo.: Cando alguén fai algo malo e non é castigado.
Se o viño te perxudica. O negocio, deixa o negocio.
Se queres o can tamén tes que querer as pulghas
Se tes moito, levántate de noite e cómeo. Cando alguén presume do que ten.
¡Sei que me tocas o ghrelo!: Non me amoles.
Sempre tivo a cona en puntos! Sempre está enferma e con dores como se acabara de parir. Tamén referido á xente moi susceptible que se sinte ofendida a miúdo.
Séntate na porta da casa que verás pasar o cadaleito do teu enimigo.
Sentidiño, que cabeza temos todos... / Sentidiño, pouco, pero que dure.: Hai que pensar as cousas.
Ser máis puta cás ghaliñas: Como insulto a unha muller, pero tamén para referirse a unha persoa falsa.
Ser políticos que é unha vaca que da moita leite. Recomendación de traballo.
Sí, meu pai tamén ten moita terra na Habana: Cando alguén presume do que non ten.
Só buscas remedio cando non hai solución
Só nos acordamos de Santa Barbara cando trona
Só o mar di cando un barco é bo.
Somos amigos do tempo dos figos: Somos amigos polo interese. Se me das figos (daquela toda unha lambonada) somos amigos.
Tal para cual maragota e media / Tal para cual alparghata e media.: Cando dúas persoas teñen un carácter parecido.
Tamparantán , María Antonia / Taparatá María Manuela. Tres cordós por unha cadela
Tarde, mal e arrastro.: Cando chegas ou fas algo tarde.
Tarde piaches. Cando queres arranxar algo que xa non ten solución.
Ten máis merda que o pao dun galiñeiro.: Cando algo esta moi sucio.
Ter can / Ter doca: Cando se ten sono, normalmente úsase cando se abre a boca. Exemplo: Que can tes!
Ter cartos coma area.: Cando alguén ten moito diñeiro.
Ter lareca.: Ter fame.
Ter un can coma un cabalo: Cando tes moito sono.
Terco como un teixugho. /Terco coma a mula.
Tes carghación: Cando alguén estornuda.
Tes o fogho de dios te levante. Cando estás acalorado
Tes un estómagho, como fol dunha ghaita!!! : Cando comes moito.
Ti caéchesme dun pino: Cando tes que aturar a alguén.
Ti deixa andar o can coa roca q xa dará conta da mazaroca
Ti pon os cartos que eu poño o maricón
Ti por ti, maraghota e media. / Tú por tú, maraghota e media. /Todos iguales, pajaritos y pardales: Cando tratas de ti a alguén que debías tratar de vostede.
Tinto que algo queda: Empregado para responder á pregunta “¿Branco ou tinto?”. A explicación é que o mexo se bebes branco é de cor do viño branco, pero se bebes tinto segue saíndo da mesma cor polo que algo queda.
Tira máis un pelo da cona que un carro de bois.: Cando un home tolea por unha muller.
Todo o feito con auga e fariña é ganancia. A venda de pan deixa moito marxe.
Todo o que cae na rede é peixe: Todo se aproveita.
Tranquilo morreu caghando: Cando te din que esteas tranquilo.
Trastos vellos para o faiado !! / Trastos vellos ao campo dabaixo.
Un correquetecaghas, unha levita e un paraugas de señorita / Caramelos, bombóns e merda para os preguntóns.: Resposta dos nenos sen xoguetes cando lle preguntaban que lle trouxeran os reis.
Unha sebe 3 anos, un can 3 sebes, un burro 3 cans, un home 3 burros.:
Vai arder Troia. Vaise armar unha boa.
Vai caghar entre o millo / Vai rañala. / Vai rañar o cu / Vai rañar a paxara. / Vai rañar a pentella / Vai rañar a pisa / Vaite a cona que te botou.: Déixame en paz.
-Vai calor? -É o oficio do demo.:
-Vai frío.-Non, ven feito.: Cando vai moito frío.
Vai ser de noite e non temos mighalla de toxo na corte: Cando alguén non traballa ao ritmo adecuado.
Vaiche boa Vilaboa. Cando algo te sorprende.
Vaite en paz e a nós que non nos falte.: Déixanos tranquilos.
Vale mais cheghar a hora que ser invitado: Dicíase cando cheghabas e estaban comendo veciños ou familiares
Vale mais un mal arranxo ca un bo preito.: Desconfianza ante a xustiza.
Vas ir descalzo para cama.: Ameaza divertida aos nenos que se portan mal. Ninguén se deita calzado.
Vas levar o mesmo que levou Marta entre o centeo.: Cando te van negar algo que vas a pedir.
Vas levar un carallo como un brazo. / Vas levar un carallo coma un pau. Cando alguén estaba convencido de algo e non había nada de certo niso.
Vas levar uns fachóns: Vas levar unha zurras.
Venta chuvia: Cando hai sono.
Vento da fame: Se sopra nortada sécase todo no campo e non hai pesca no mar.
Viaja con García, viaja con alegría. / Viaja con "Mirón", viaja con ilusión.: Fan referencia á empresa de autobuses García e ao alcume do dono "Mirón".
Vou facer ghasolina /ghasoil: Vou a pasalo ben.
Vouche andar coa roupa das festas: Non reparar en gastos.
Vouche dar da perna, que é febra: Dicíancho cando querías algo e non cho querían dar.
Vou pas pallas: Ao ir para a cama.
Xa a temos armada e o can preso. Cando ves aos veciños discutir.
Xa me joderás, lura!: Cando se desconfía do que nos di alguén.
Xa nos cajou o can diante!: Cando alguén vai por algo,e se lle adiantan ou cando algo planeado sáeche mal.
Era moi listo (ou moi ghuapa) pero caghoulle un can diante.: Cando alguén promete moito de novo e despois non lle vai ben na vida.
Xa pensei que tiña que botar toxo!: Empregábao Julián “Peitudo” cando se ía alguén que pasara moito tempo na súa taberna, pero consumira pouco.
Xa podían chover cartos / Xa podía chover merda: Cando chove moito.
Xa te fodo, vaca dun teto!: Non es de fiar.
Xacomín era un gaiteiro: Cando te convidan a xantar e contestas: “- Xa comín”.
Xaneiro quen te trae? - O demo no ventre!
Xente nova e leña verde todo é fume.: Crítica á mocidade.
Xente vella e leña seca, borralla.: Contestación á anterior.
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Arredor de nós. Historia da Policía Local 1863-2003. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. 2003.
A taberna de Nador. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. 2004.
Aportes: Gonzalo Amoedo, Manuel Migueles, Matilde Fernández, Antonio Cobián, Gonzalo Figueroa, Ramón Pérez Muíños, Olga Nogueira, José Jaime Ben, Modesto Campos, Javier Vilas...
Facebook>Daquela disíase. Grupo de Antonio Ricón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario