Fillo de Blas Pestaña y de Llamas e de Juana Chamucero de León señores do Señorío de San Andrés de Cedeira. Entrou xove na Mariña, pasando logo á infantería onde acadaría o grao de coronel.
A vida militar lévao a Arxentina onde é nomeado Gobernador do Tucumán co grado de brigadier o 2 de Mayo de 1752, tomando posesión da Gobernación e Capitanía Xeneral do Tucumán na cidade de Jujuy o 16 de novembro de 1752. O primeiro ao que tivo que facer fronte foi á rebeldía da comarca de Catamarca. Antonio Zinny en "Gobernadores de las provincias argentinas", Tomo II, Buenos Aires, 1880, describe así os feitos: “tan pronto entra a la ciudad de Salta expide un indulto general, con la sola excepción de tres reos que se encontraban presos en el fuerte del Valle, aunque más tarde fueron admistiados. Luego el Gobernador se dedica con ahínco a la pacificación de Catamarca que en ese momento se encontraba en rebeldía con la corona.” Despois de Salta, trasladaríase a San Miguel de Tucumán, onde unha carta do Dr. Villafañe, dálle conta do arrepentimento da poboación catamarqueña. En 1755 entra na cidade pacificamente convocando un cabildo aberto no que se dan a coñecer as causas que motivaron a revolta. Ante a evidencia das causas fundadas declara un perdón xeral, conseguindo así o acatamento da poboación e o fin da rebelión.
Conseguida a pacificación en Catamarca, embárcase no proxecto de realizar o propio en La Rioja e Córdoba onde se levaba moitos anos de guerras cos pobos indíxenas. Para gañarse o respecto dos poboadores adoptou medidas populistas, como a creación de alcaldes electivos que actuarían como xuíces de primeira instancia en xuízos ordinarios. Tamén regularía o xogo, que era unha causa constante de pleitos e riñas, que as máis das veces remataban en mortes.
En 1757 cesa na gobernación para asumir a presidencia da Audiencia de Charcas (Alto Perú, actual Bolívia), cargo que desempeñaría ata 1767. Polos seus logros pacificando as revoltas locais o virrey del Perú, concédelle a potestade de designar interinamente ao seu sucesor no goberno do Tucumán, cargo que reacaería en José de Cabrera.
O último que coñecemos da súa vida é que falecería nunha expedición por Mato Grosso (Brasil), cara a 1770.
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Juan Francisco Pestaña Chamucero. Por: José de Guardia de Ponté. http://www.portaldesalta.gov.ar/gobernadores/pestana.html
Real Academia de la Historia. Biografías. Juan Francisco Pestaña Chamucero. Beatriz Vitar Mukdsi
No hay comentarios:
Publicar un comentario