Igrexa de San Pedro de Cesantes
Enriba da porta principal aparece “AÑO
1763” e nunha parede lateral “ESTA CAPILLA LA MANDO AZER
EL LICEDO. YSIDORO COTA SIENDO JUAN PUDO Y BELAS MACULCOA EN EL AÑO
DE 1670”.
Igrexa de Cesantes. Foto: J. Migueles 2009 |
Igrexa Santiago Apóstol
de Redondela.
Nos
contrafortes da capela maior lese “ET ILLO ANNO LEVAVIT SE REGNVM
PORTVGALLIAE”, que máis ou menos sería: “Y EN ESE AÑO SE
LEVANTÓ EL REINO DE PORTUGAL”. Semella a continuación doutra
inscriciónn case ilexible que existe no contraforte anterior.
Igrexa de San Román de Saxamonde
Na
Sacristía: “ANO DE 1759”. Na
fachada dereita ten a inscrición: "HÍZOSE
SIENDO ABAD D. ANTONIO DE SAN ROMAN Y ZEVALLOS DE 1746". E
no exterior da ábside (fachada que da á estrada): “LEVANTOME
DON ANTº DE SAN ROMAN YÇEVALLOS ANO
DE 1795”.
Igrexa de Saxamonde. J. Migueles, 2008 |
Igrexa de San Vicente de Trasmañó
Por
riba da porta principal lese “AÑO1765”.
Igrexa de Santa María do
Viso
Na
bóveda da igrexa pódese ler en latín: “Esta obra se hizo el año
de 1710, solamente a Dios, honor y gloria".
Igrexa de San Martiño de Vilar de
Infesta.
Debaixo
do campanario lese “ESTA OBRA SE IZO DE 1783 S. ABAD E. GARCIA”.
E xunto á porta principal aparece “1720”.
Igrexa e Convento de Vilavella
No exterior da sacristía da igrexa aínda podemos observar o brasón
dos Prego de Montaos e debaixo unha inscrición, hoxe ilexible, que
di: “ESTE MOSTEIRO HIZO GARCIA PREGO ARCEDIANO DE CERBEIRA”.
Igrexa de Vilavella. Foto: J. Migueles, 2008 |
Autor: Juan Migueles
Actualizado: 12/02/2019
BIBLIOGRAFÍA
Faro de
Vigo
Apuntamentos
sobre o mosteiro de Vilavella (Redondela): Amado González
Cardama. Separata de estudios provinciais Nº15/2000 – ISSN:
0211-5530
Mondariz,
Vigo, Santiago. Guía del turista.
Madrid, 1912. Sucesores de Rivadeneyra.
Fondo Casto Sampedro.
Inscripcións (1894-1927).
Museo de Pontevedra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario