martes, 12 de febrero de 2019

Inscricións nas igrexas.

Igrexa de San Pedro de Cesantes
          Enriba da porta principal aparece “AÑO 1763” e nunha parede lateral “ESTA CAPILLA LA MANDO AZER EL LICEDO. YSIDORO COTA SIENDO JUAN PUDO Y BELAS MACULCOA EN EL AÑO DE 1670”.
Igrexa de Cesantes. Foto: J. Migueles 2009
Igrexa Santiago Apóstol de Redondela.
           Nos contrafortes da capela maior lese “ET ILLO ANNO LEVAVIT SE REGNVM PORTVGALLIAE”, que máis ou menos sería: “Y EN ESE AÑO SE LEVANTÓ EL REINO DE PORTUGAL”. Semella a continuación doutra inscriciónn case ilexible que existe no contraforte anterior.

Igrexa de San Román de Saxamonde
           Na Sacristía: “ANO DE 1759”. Na fachada dereita ten a inscrición: "HÍZOSE SIENDO ABAD D. ANTONIO DE SAN ROMAN Y ZEVALLOS DE 1746". E no exterior da ábside (fachada que da á estrada): “LEVANTOME DON ANTº DE SAN ROMAN YÇEVALLOS ANO DE 1795”.
Igrexa de Saxamonde. J. Migueles, 2008

Igrexa de San Vicente de Trasmañó
           Por riba da porta principal lese “AÑO1765”.

Igrexa de Santa María do Viso
           Na bóveda da igrexa pódese ler en latín: “Esta obra se hizo el año de 1710, solamente a Dios, honor y gloria".

Igrexa de San Martiño de Vilar de Infesta.
           Debaixo do campanario lese “ESTA OBRA SE IZO DE 1783 S. ABAD E. GARCIA”. E xunto á porta principal aparece “1720”.

Igrexa e Convento de Vilavella
          No exterior da sacristía da igrexa aínda podemos observar o brasón dos Prego de Montaos e debaixo unha inscrición, hoxe ilexible, que di: “ESTE MOSTEIRO HIZO GARCIA PREGO ARCEDIANO DE CERBEIRA”.
Igrexa de Vilavella. Foto: J. Migueles, 2008


 Autor: Juan Migueles
Actualizado: 12/02/2019
BIBLIOGRAFÍA
Faro de Vigo
Apuntamentos sobre o mosteiro de Vilavella (Redondela): Amado González Cardama. Separata de estudios provinciais Nº15/2000 – ISSN: 0211-5530
Mondariz, Vigo, Santiago. Guía del turista. Madrid, 1912. Sucesores de Rivadeneyra.
Fondo Casto Sampedro. Inscripcións (1894-1927). Museo de Pontevedra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario