martes, 12 de febrero de 2019

Reloxos de Sol

En Redondela contamos con numerosos reloxos de sol en igrexas, capelas e canastros. Nas derradeiras décadas engadíronse á lista algúns reloxos de sol ornamentais que as máis das veces están mal orientados.


REDONDELA

O Reloxo da Igrexa de Santiago de Redondela. Na fachada principal na esquina oposta ao campanario. Conserva o gnomón (peza de metal). (42.283188, -8.607366)


Foto: J. Migueles

O Reloxo da Casa do Cristo de Limpias. Réplica de reloxo mercado recentemente nunha feira en Francia polos propietarios. Ten a data de 1824 sobre unha cruz cátara ou occitana. (42.286688, -8.609466)


Foto: Eduardo Barros Loureiro

O Reloxo da Capela de Santa Mariña. Existen referencias desta capela no século XVII. Como na igrexa de Santiago conserva gnomón pero en mal estado. A propia pedra do reloxo presenta unha fenda que de non reparase pode provocar a súa parcial ou total caída. Está no extremo esquerda da fachada. (42.288406, -8.608605)

Foto: J. Migueles

O Reloxo da Alameda. É moderno. Foi colocado nos anos 90 do pasado século como elemento decorativo, tendo gravada a data: 2-12-1991. Posúe un tipo de tetrasquel chamado lauburu, típico da cultura vasca. Sen gnomón. (42.284004, -8.608990)

 
Foto: J. Migueles

CABEIRO

Reloxo de sol nun portón de entrada. Cño. das Grañas. (42.255518, -8.631746)

Camiño das Grañas. Google Maps


CEDEIRA

Reloxo nunha casa de Negueiride. Novo reloxo decorativo sen orientar colocado trala reforma da casa xa no século actual. (42.277757, -8.624237)

Reloxos na Regasenda. Nunha casa privada, un reloxo de sol, colocado como decoración nunha mesa no xardín. (42.286706, -8.636924)

 

Foto: J. Migueles

Foto: J. Migueles
 

CESANTES

Reloxo Canastro de Esteiro. Camiño de Esteiro, 4. (42.294134, -8.607686)

Reloxo Canastro Carballiño. Camiño Carballiño, 51. Construído en 1805. (42.305662, -8.611776)

Reloxo Canastro Cerqueiro. Camiño do Cerqueiro, 14. Construído en 1854. (42.301234,-8.603940)

Reloxo Canastro Alto de Ostrás. Camiño do Alto, 58. Construído en 1870. (42.311274,-8.614218)

Reloxo Canastro de Zacande. Estrada de Zacande, 18. Construído en 1930. (42.297615,-8.609991)


Canastro Esteiro Foto: J. Migueles


Canastro en Carballiño. Google Maps
Canastro en Zacande. Foto: Google Maps


Reloxo na Casa de Rita Regojo. Cño. Nogueiral. Enriba do tellado da casa, antigamente no canastro. (42.301542, -8.6143719)

Reloxo de Rita Regojo-Foto:María Mar

 

REBOREDA

Reloxo da Igrexa de Reboreda. En bo estado. (42.283843, -8.594723)

Reloxo do Pazo de Pousadouro. Pendente de comprobar. (42.285562, -8.601534)

Reloxo Canastro da Carambola. Dirección Camiño da Carambola, 28. (42.290262, -8.595882)

Igrexa Reboreda. Foto: César González Pérez


Carambola. Google Maps








O VISO

Reloxo de Sol da Capela da Peneda. Está na parte dianteira do tellado, na esquina oposta ao campanario. Está orientada ao sur e carece de gnomón. Está cuberta de liques polo que no momento da visita non se observaban as liñas horarias. Hai que explicar aquí que a capela se atopa en terreos de Soutomaior pero pertence á parroquia de O Viso. (42.327036, -8.590303)

 

Foto: J. Migueles

Reloxo da Igrexa parroquial do Viso. Nun lateral da igrexa. (42.321920, -8.594026)

Foto: J. Migueles
 

Reloxo da Casa Reitoral do Viso. Enriba do muro de peche da casa reitoral do Viso atopamos un reloxo de sol polar de meddia cana”, ou sexa ten un arco central cunhas liñas transversais que marcan as horas polas sombras que fan as aristas do arco. A súa localización non debe ser a orixinal porque non está orientado ao sur. A base do reloxo serve agora de base á cruz que hai enriba da entrada á propiedade. Para este tipo de reloxo ao ser completamente de pedra bastaría unha boa orientación para que volvera a funcionar. (42.322155, -8.593754)


Foto: J. Migueles

Reloxo Estrada da Teixeira. Canastro con reloxo de sol antropomorfo. (42.31625, -8.59928)

Reloxo de Tuimil. Canastro privado. Camiño Fonte de Pousada 16. (42.309734, -8.592256)

Reloxo na Nogueira. Canastro.

Canastro en Soutoxuste. Canastro con cruz e reloxo de sol nos extremos do tellado. Está moi alterado por ter acaroada unha casa e empregarse a parte inferior para construír peches para os animais. Conta con oito pés cos tornarratos individuais. Está construído na súa totalidade en pedra e está cuberto con tella plana. A orixinal porta de madeira foi substituída por unha de metal. Está orientado cara ao sur e perdeu o gnomón. (42.325129, -8.612731)

Canastro en Soutoxuste 2. Neste caso o reloxo está baixo a cruz. Completa o conxunto un bonito pombal. (42.325181, -8.612505)

Canastro en Soutoxuste 3. Baixo a cruz no lado dereito. Estrada da Aldea. (42.320316, -8.611676)

Canastro en Soutoxuste 4. (42.323796, -8.612144)

 



 
 

Tuimil, Teixeira e Nogueira (Fotos: Google Maps)
Soutoxuste 1, Soutoxuste 3 e Soutoxuste 2 (Fotos: J. Migueles)
 

VENTOSELA

Reloxo da Igrexa de San Martiño de Ventosela. Atópase preto dun cano que hai a carón da porta de acceso ao campanario. Como os anteriores o óxido provocou a perda do gnomón. O reloxo está acaroado á parede e sobre ela colocouse outra pedra rectangular coroada cunha cuncha de vieira franqueada con motivos decorativos. (42.300376, -8.586401)

Foto: Gonzalo Figueroa
 

Reloxo da Igrexa de San Martiño de Ventosela. Atópase preto dun cano que hai a carón da porta de acceso ao campanario. Como os anteriores o óxido provocou a perda do gnomón. O reloxo está acaroado á parede e sobre ela colocouse outra pedra rectangular coroada cunha cuncha de vieira franqueada con motivos decorativos. (42.300376, -8.586401)

Canastro con reloxo no Camiño Castiñeira. Visible desde a Estrada de Ventosela. Canastro ao que se lle engadiu un reloxo de sol e unha cruz cara a 2022. (42.299382, -8.587906)

Canastro con reloxo no Camiño Castiñeira2. No lateral dunha das dúas cruces que posúe. (42.297132, -8.582689)

Canastro con reloxo no Camiño Requeixo. Ten o reloxo como único elemento decorativo. (42.297963, -8.582386)

Canastro con reloxo no Camiño Rains. Canastro con cruz e reloxo. (42.295152, -8.581521)






 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Camiños Requeixo, Castiñeira 2, Castiñeira, Rains (Fotos: J. Migueles)
 
Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Reloxos de Sol. Autor: Ana Chas => https://reloxosdesol.wordpress.com/blog/page/12/

Asociación Astronómica de Vigo. Autor: César M. González Crespán => https://www.astrovigo.es/2014/11/reloj-de-sol-de-la-iglesia-de-santa-maria-de-o-viso-antes-iglesia-de-toruca.html

Facebook > Grupo de Relojes / Reloxos de sol en Galicia

Inventario de canastros, cruceiros, portóns, fontes e lavadoiros de Cesantes. Obradoiro de Estudos locais Fernando Monroy.

Pàgina oficial dels Campaners de la Catedral de València. Autor: Pedro J. Novella => https://campaners.com

Aportes: Gonzalo Figueroa, Tere e María Mar.

Wikipedia

 

 

 









No hay comentarios:

Publicar un comentario