jueves, 14 de febrero de 2019

Deputados a Cortes por Redondela (-Pontecaldelas)


1810-1823 Diferéncianse a División Administrativa do territorio e dentro dela a circunscripción ou os distritos.
1834- 1936 Permítese a recuperación por circunscripcións e distritos.


J. M. Pereira Foto: José Suárez, 1869- BNE.
8.3.1871 / 28.4.1871 Juan Manuel Pereira (Reboreda, 24-5-1820 / Barbañas (Ourense), 15-4-1896). Adicto. Renunciou ao cargo por ser nomeado Enviado Extraordinario e Ministro Plenipotenciario no Imperio da China e nos Reinos de Siam e Annam. Voltaría a ser Deputado por Redondela en 1873. Tamén representaría aos distritos de Ponteareas (1846), Zamora (1869) e outro sen específicar na circunscricpción de Pontevedra (1854).

(Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/pereira-de-castro-juan-manuel-reboreda.html)



  
3.7.1871 / 24.1.1872 Ramón Martínez Saco (Mos, 1810 / ¿?, 1884). Adicto. Ademáis ocupou os cargos de Alcalde de Redondela e Deputado provincial polo distrito de Redondela en varias ocasións.

2.4.1872 / 28.6.1872 Eduardo Fontán Marcó del Pont. Adicto. Xuíz municipal de Madrid, governador civil de Ilo Ilo (Filipinas), maxistrado togado do Tribunal de Contas de Filipinas, xuíz de primeira instancia en Filipina, alcalde maior da Habana e secretario xeral de Correos. Faleceu en 1910, cando ostentaba o cargo de xuíz municipal en Vilagarcía.

24.8.1872 / 22.3.1873 Marcos Sanz. Radical. En xaneiro de 1873 presentoulle ao presidente do Consello de Ministros unha carta firmada polo comité e varios veciños de Redondela, felicitándoo a el e ao ministerio polo proxecto de lei de abolición da escravitude en Porto Rico. Votou a favor da I República trala abdicación do Rei Amadeo I, da casa Saboya. En 1880 pertencía ao partido democrático progresista.

Proclamación da I República, 11 de febreiro de 1873.

10.5.1873 / 8.1.1874 Juan Manuel Pereira. Radical. Nomeado despois de votar a favor da I Republica como Senador pola provincia de Ourense.

Rafael Serrano Alcázar. Foto: Cartagena Artística
20.1.1876 / 30.12.1878 Rafael Serrano Alcázar. (Murcia, 1845 / Madrid, 03-10-1901)
Elexido cun increible cen por cen dos votos. Despois sería elexido Deputado a cortes pola circunscripción de Albacete en sete ocasións (1879, -86,-91,-93,-96,-98 e -99) e unha pola de Murcia (1884). Ocupou a Subsecretaría do Ministerio da Gobernación (1880), a Vicepresidencia do Congreso dos Diputados (1885) e foi fiscal de Consello e do Tribunal do Contencioso (1898). En 1900 foi nomeado ministro do Tribunal do Contencioso-Administrativo, cargo que desempeñou ata a súa morte. Ademáis de político foi escritor, dirixindo o xornal “La Revista de Albacete” e publicando tanto ensaios políticos como poesía, ademáis de numerosos artigos en diferentes xornais. Déronlle o seu nome a unha rúa de Murcia.

20.4.1879 / 25.6.1881 Francisco Javier Boguerín Acedillo (Madrid, 01-12-1824 / 1886)
Enseñeiro de camiños. Era conservador. Anterior deputado polo distrito de Tui (1876) propiciando a realización da ponte internacional sobre o Miño. Ao seu nomeado por Redondela negouse a recibir soldo do Estado para poder desempeñar con máis liberdade o cargo de deputado. O seu traballo “Memoria del trazado obras de arte: viaductos y túneles” e o primeiro documento onde se recolle a construción do viaduto de Madrid. Entre outras cousas acadou a reparación da estrada de Vigo a Ourense e a inclusión do ferrocarril de Pontevedra a Carril entre as liñas subvencionadas.

21.8.1881 / 31.3.1884 Manuel Ruíz Higuero.
Pertencía ao partido fusionista. Reelexido en 1882 e 1883. Anteriormente fora Gobernador Civil de Castellón en 1858, alcalde de Córdoba en 1862, Gobernador da provincia de Córdoba (1860-1866, ocupando a presidencia da Deputación de Córdoba durante este periodo) e Deputado a Cortes en 1871 polo distrito de Gaucín (Málaga).

27.4.1884 / 8.3.1886 Francisco Javier Boguerín Acedillo. Volta a representar a Redondela, falecendo no cargo antes de rematar o seu mandato.

4.4.1886 / 7.1.1889 Tomás Piñeiro Aguilar (Madrid, 23-02-1835 / Madrid 4-1-1916)
Marqués de Bendaña e Grande de España. A Comisión de actas declarou grave a súa elección, na que derrotou a Luis Díaz Cobeña. Deixou o cargo en sesión do 7 de xaneiro de 1889, por ser nomeado Enviado Extraordinario e Ministro Plenipotenciario en Constantinopla, logo o sería en Lisboa e México. Senador por Pontevedra (1881-82).

4.4.1886 / 29.12.1890 Alfonso Flórez de Losada y Quiroga. (Valdeorras, 1835 / 1923)
Reelexido en febreiro de 1889. Avogado. Propietario rendista, dono do Pazo do Castro en Valdeooras. Tamén representou no periodo 1865-66 ao distrito de Xinzo de Limia (Ourense) e no 1893-95 ao de Valdeorras (Ourense). Senador pola provincia de Ourense (1898-99).

1889, setembro. Os 68 concellos de Pontevedra quedan agrupados en 11 partidos xudiciais, entre eles o Partido de Redondela, que comprende Redondela, Mos Pazos de Borbén e Soutomaior. En total uns 30.000 habitantes.

Monumento a Díaz Cobeña. Foto:  Arquivo Moreno
 1.2.1891 / 5.1.1893 Luis Díaz Cobeña. (Madrid, 1837 / Madrid, 17-08-1915)
          En 1884 xa fora elexido Deputado a Cortes polo distrito de Noia (A Coruña). Voltou a representar a Redondela en 1896. Senador por Badajoz (1899-90), Lugo (1903-04) e Ourense (1905-07); e Senador Vitalicio (1908-09). Rechazou a carteira de ministro por non abandoar a avogacía. Foi Decano do Colexio de Avogados de Madrid, institución que lle erexiu un busto trala súa morte. No seu bufete traballaron como pasantes Niceto Alcalá Zamora e Manuel Azaña. Tamén se adicou ao xornalismo, colaborou en varias publicacións e escribiu romances e dramas. Algúns dos seus traballos firmounos co seudónimo de “Lucio Viñas Deza”. Unha rúa leva o seu nome en Madrid.
F. de Federico Mtnez. Foto: Manuel Compañy-Wikipedia
 
5.3.1893 / 1.7.1895 Francisco de Federico y Martínez (Madrid, 15-04-1846 / Madrid, 1910)
Enxeñeiro de Camiños. Cuñado do Marqués de Riestra. Ministro de Fomento dende o 04/12/1906 a 25/01/1907 no governo do Marqués de la Vega y Armijo. Tamén ostentou o cargo de vicepresidente do Congreso. Deputado por A Estrada en 1896. Voltou a ser elexido deputado por Redondela en 1898, desempeñando o cargo ata a súa morte. Durrante un tempo unha rúa de Redondela levou o seu nome.



 5.4.1896 / 26.2.1898 Luis Díaz Cobeña. Repite no cargo.

27.3.1898 / 14.4.1910 Francisco de Federico y Martínez.
Mantívose no cargo ata a súa morte, sendo reelexido no 1899, 1901, 1903, 1905 e 1907. Entre outras obras, realizou a estrada Fornelos-Redondela e a Travesía de Vilavella en 1902.

8.5.1910 / 20.12.1916 Francisco de Federico y Riestra (Pontevedra, 12-07-1884)
Fillo do anterior, Francisco de Federico y Martínez, e sobriño do I Marqués de iestra. Avogado. Liberal. Derrotou nestas eleccións ao Xeneral Rubín que contaba co apoio das Sociedades Agrarias e a Sociedade de Mariñeiros. Reelexido en 1914 (proclamación sen elección ao non ser admitida a candidatura de Juan Amoedo Seoane) e 1916. Nese último ano renunciou ao cargo para desempeñar o de Gobernador Civil de Alicante, cargo para o que sería reelexido no 1918. A súa maior aportación foi a mellora das infraestructuras viarias, xestionando a construcción da estrada á praia de Cesantes a través da Marisma.

Raimundo Riestra. Foto: Vida Gallega
 14.01.1917 / 1920 Raimundo Riestra Calderón (Pontevedra, 1882/A Toxa, 10-8-1967)
          II Marqués de Riestra, curmán do anterior, Francisco de Federico Riestra. Avogado e banqueiro. Liberal demócrata. Proclamado Deputado electo pola Junta Provincial con arreglo ao artigo 29 da Lei Electoral (proclamación sen elección). Reelexido en febreiro de 1918, derrotando a Gregorio Espino a pesares de que a acta foi protestada, e decembro de 1918 (como demócrata, outra vez polo Art. 29, proclamación sen elección). Elexido tamén polo distrito de A Estrada (1907, 1910 e 1914). En 1918 foi nomeado Subsecretario da Presidencia do Consello de Ministros. Ademáis foi xefe de Fomento na provincia de Pontevedra e director do xornal La Correspondencia Gallega, de Pontevedra.


Barreras. Foto: Vida Gallega
19.12.1920 / 6.4.1923 José Barreras Massó. (Vigo, 28-02-1867 / 29-06-1950)
Conservador. Enseñeiro, industrial naval e conserveiro vigués. Consolidou a empresa familiar “Hijos de J. Barreras S. A.”. En marzo de 1922 foi nomeado Gobernador Civil de Lugo, compaxinando ese cargo co de deputado a Cortes por Redondela. Renunciou a presentarse á reelección por este distrito por motivos de disciplina política por acordos alcanzados entre os partidos. En 1922 saiu ileso dun accidente de tren en Paredes.






29.4.1923 / 15.9.1923 Luis de Zulueta y Escolano. (Barcelona, 1878 / Nova Iorke (EE. UU.), 1964)
Reformista e agrarista. Proclamado Deputado electo pola Junta Provincial con arreglo ao artigo 29 da Lei Electoral (proclamación sen elección). Relegado do cargo tras o golpe de Estado de Primo de Rivera. Catedrático e profesor de Pedagoxía e Historia da Pedagoxía na Escola Superior de Maxisterio. Profesor de Ernestina Otero en Madrid, recibiu o seu apoio durante esta campaña e a anterior na que perdera as eleccións. Deputado por Barcelona (1910, 1911 e 1913), Madrid (1919) e Badajoz (1931). Sería Ministro durante a República entre o 16/12/1931 e o 12/06/1933. Posteriormente, tería que exiliarse.

Zulueta. Foto:  www.weblogs.madrimasd.org
Golpe de Estado de Miguel Primo de Rivera.

1927-1929 /1943-1977 O nomeamento realízase por apartados e dentro deles seccións e subseccións.

Proclamación da II República. 14 abril 1930


Deputados redondeláns noutros distritos.
López Vázquez Ballesteros, Ramón María
Elexido Deputado a Cortes en 9 ocasións pola circunscripción de Pontevedra (as 4 últimas polo distrito de Tui) entre 1837 e 1851. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/lopez-vazquez-ballesteros-ramon-maria.html)


López Vázquez Ballesteros, Joaquín.

Irmán do anterior. Deputado a Cortes 3 veces pola provincia de Pontevedra (1843-44 e 51) e 1 pola de Ourense (1844). (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/lopez-vazquez-ballesteros-joaquin.html)


Rubín Celis Oroña, Leoncio.
Deputado ás Cortes polo distrito de Pontecaldelas en 1854 e reelexido en 1863 e 1864. En 1865 foi elexido deputado a cortes por Vigo, sendo reelexido en 1869.

Xeneral Rubín. Galicia (Madrid), 1908.
Rubín Homent, Antero.
Proclamado sen elección, Deputado a Cortes polo distrito de Quiroga (Lugo). Deixou o cargo o 16-3-1916. Presentouse as eleccións por Redondela en 1910, sendo derrotado apesares de contar co apoio das Sociedades Agrarias e a Sociedade de Mariñeiros, a acta sería protestada sen resultado ante o caciquismo da época. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/rubin-homent-antero-evasio-redondela-3.html)



 
Actual Sistema Democrático
2019, 10 de novembro. Javier Bas Corugeira. Do PP. Alcalde de Redondela 2011-2019. Elexido despois de ser derrotado nas eleccións municipais de xullo dese mesmo ano onde tentaba acadar unha terceira lexislatura.
 
 
Autor: J. Migueles


BIBLIOGRAFÍA
A prensa en Redondela. Aproximación histórica 1883-1933. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Arredor de nós. Historia da Policía Local 1863-2003. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. 2003.
Empresarios de Galicia. Fundación Caixa Galicia, 2010.
Egu.es
Na Biblioteca Nacional de España: www.bne.es => La Correspondencia de España, Crónica hispano americana, La Iberia (Madrid), La esperanza, La América (Madrid), El Imparcial, El Globo (Madrid), La Discusión (Madrid), El siglo futuro (Madrid), La Correspondencia Militar, La Voz (Madrid), Almanaque político-económico de El Día para el año ....
En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => Vida Gallega, El Compostelano, El Noticiero de Vigo, El Correo de Galicia (Santiago), El Noticiero Gallego (Pontevedra), El Correo de Galicia (Bos Aires), El Combate (Pontevedra), Diario de Galicia (Santiago), El Eco de Galicia (Coruña), El Progreso (Pontevedra),
ABC
La Vanguardia (dende 1881)
No Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. http://www.cirp.es/ => Tierra Gallega (Uruguay),
Redondelan Express=> Entrada publicada por Floriano Lenteja=> redondelanexpress.blogspot.com/
Cartagena Artística



No hay comentarios:

Publicar un comentario