Festa de San Antón (Vilavella)
Ata os anos 60 do século
pasado, celebrábase en Vilavella a festa de San Antón de Padua cun
baile con actuación de gaiteiros e banda ou orquestra na praza
Ponteareas, que daquela era unha lameira, ata que durante uns anos
José Otero (Mañas) deu
permiso para organizalo na explanada que había diante do Convento de
Vilavella. A derradeira edición realizouse diante da
leitería, baixo o Viaduto de Ourense, na actual Ernestina Otero.
O Porquiño de San Antón.
Antigamente, as mozas dábanlle
regalos a San Antón para que lles acadara un bo mozo. Algunhas
ofrecíanlle un porco que era criado en liberdade, recorría as rúas
da vila e a xente dáballe de comer.
Festa de San Cristovo
San Cristovo é o patrón do
transporte, polo que o día da súa festividade bendicíanse os
taxis, camións e autobuses; e tamén moitos coches e motos
particulares. Eran tanta a xente que asistía que se celebraba xunto
ao Concello, celebrábase verbena e adornábase de con luces a
Alameda. Tamén era tradición engalanar os vehículos con xestas. A
partires dos anos 60 a festa foi a menos e na actualidade é
practicamente anecdótica.
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Libros de poemas de Félix Fernández:
- Poemas.
- Poemas de una vida.
- Historias do meu pobo.
La Idea, 1910
En Galiciana-Biblioteca Digital de
Galicia. Xunta de Galicia:
http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es=>
La Integridad diario católico, El Pueblo Gallego, Galicia
diario de Vigo
Na Biblioteca
Nacional de España: www.bne.es=>
La Correspondencia Gallega
Aportes: Matilde Fernández
No hay comentarios:
Publicar un comentario