miércoles, 22 de abril de 2020

Dúas festas desaparecidas.

Festa de San Antón (Vilavella)
Ata os anos 60 do século pasado, celebrábase en Vilavella a festa de San Antón de Padua cun baile con actuación de gaiteiros e banda ou orquestra na praza Ponteareas, que daquela era unha lameira, ata que durante uns anos José Otero (Mañas) deu permiso para organizalo na explanada que había diante do Convento de Vilavella. A derradeira edición realizouse diante da leitería, baixo o Viaduto de Ourense, na actual Ernestina Otero.
O Porquiño de San Antón.
Antigamente, as mozas dábanlle regalos a San Antón para que lles acadara un bo mozo. Algunhas ofrecíanlle un porco que era criado en liberdade, recorría as rúas da vila e a xente dáballe de comer.

Festa de San Cristovo
San Cristovo é o patrón do transporte, polo que o día da súa festividade bendicíanse os taxis, camións e autobuses; e tamén moitos coches e motos particulares. Eran tanta a xente que asistía que se celebraba xunto ao Concello, celebrábase verbena e adornábase de con luces a Alameda. Tamén era tradición engalanar os vehículos con xestas. A partires dos anos 60 a festa foi a menos e na actualidade é practicamente anecdótica.

Festa de San Cristovo, 1953. Foto cedida por Richard


Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Libros de poemas de Félix Fernández:
  • Poemas.
  • Poemas de una vida.
  • Historias do meu pobo.
La Idea, 1910
En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es=> La Integridad diario católico, El Pueblo Gallego, Galicia diario de Vigo
Na Biblioteca Nacional de España: www.bne.es=> La Correspondencia Gallega
Aportes: Matilde Fernández

No hay comentarios:

Publicar un comentario