Manuel Montero
Iglesias. Tipo peculiar da vila. Home coas facultades psíquicas
mermadas,
pero de carácter alegre e cariñoso. Era coidado pola súa curmá
Juana Montero, durmindo
na rúa Cruceiro. Tiña predilección polos puros e cando lle
regalaban un desfacíase en reverencias. Cando
miraba a
alguén fumando pedíalle a cabicha e se o outro accedía pregáballe:
-"Xa
está, non fumes tanto que non me deixas nada, para xa...",
e así seguía ata que por cansazo lle daban o puro. Nunha ocasión a
un home delgado que fumaba un puro grande díxolle: -"¿Que
fas? Non ves que non tes peito. Damo a min que son máis home."
Estas
historias gardan similitudes coas protagonizadas por unha personaxe
da novela de Castelao Os
dous de sempre. Inspirouse
o escritor nas falcatruadas de Manel Chichí ou foi a tradición oral
a que engrandeceu a súa figura outorgándolle feitos sacados do
libro?
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Antonio Ocampo Otero. Doctor en Medicina y Cirugía. Bodas de Oro
(1939-1989)
19810618049 Faro de Vigo-Entrevista a José Fontenla Cal
No hay comentarios:
Publicar un comentario