Foto publicada en Tramancazos. |
Manuel Montero Iglesias. Tipo peculiar da vila. Home coas facultades psíquicas mengoadas, pero de carácter alegre e cariñoso. Era coidado pola súa curmá Juana Montero, durmindo na rúa Cruceiro. Tiña predilección polos puros e cando lle regalaban un desfacíase en reverencias. Cando miraba a alguén fumando pedíalle a cabicha e se o outro accedía pregáballe: -"Xa está, non fumes tanto que non me deixas nada, para xa...", e así seguía ata que por cansazo lle daban o puro. Nunha ocasión a un home delgado que fumaba un puro grande díxolle: -"¿Que fas? Non ves que non tes peito. Damo a min que son máis home."
Estas historias gardan similitudes coas protagonizadas por unha personaxe da novela de Castelao Os dous de sempre. Inspirouse o escritor nas falcatruadas de Manel Chichí ou foi a tradición oral a que engrandeceu a súa figura outorgándolle feitos sacados do libro?
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Antonio Ocampo Otero. Doctor en Medicina y Cirugía. Bodas de Oro (1939-1989)
19810618049 Faro de Vigo-Entrevista a José Fontenla Cal
Aportes orais.
Tramancazos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario