Foto: Vida Gallega |
Estudou
no Seminario de Ourense. Nomeado
cura de Vilavella en xuño de 1906 na que exercería ata 1909, o que
non lle impediu nos anos seguintes oficiar vodas ou predicar unha
misa na igrexa de Redondela na honra da Virxe, celebrada polo Colexio
de María Inmaculada, dirixido daquela Eduardo Cuntín. En Redondela
era o representante do Círculo
Católico de Obreros.
Despois
de Vilavella sería
cura ecónomo
de Matamá, Couso e Carballeda de
Avia.
Como
xornalista colaborou en La
Voz Católica, El Noroeste, La Nueva Época
(Ourense), El
Castellano
de Burgos
(do
que foi director, 1901) e
El Diario de Navarra
(1903), empregando, ás
veces, o pseudónimo de Isaac
Rego Arce. Tamén
escribiu en
El Noticiero de Vigo,
onde se amosou contrario ao socialismo. Promoveu
a
Federación Agraria Católica.
Despois dirixiría La
Era
(1911) e La
Voz del Condado
(1913), dende o que promoveu a organización social e cooperativista
identificada coa Igrexa católica. Posteriormente dirixiu La
Integridad (1914-1923) e foi nomeado Catedrático de Filosofía
en 1915.
En
1920 sería nomeado correspondente da Real Academia Galega. Publicou:
- La juventud y las congregaciones marianas, 1900.
- Los Juegos Florales, 1902.
- Marianismo, 1915.
- La prensa periódica, instrumento apologético, 1916.
Autor:
Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
En
Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia:
http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es
=> El Progreso, La Integridad, El Correo de Galicia, El Noticiero
de Vigo, El
Compostelano, Vida
Gallega...
Ensayo de un
catálogo de periodistas españoles del siglo XIX, Vol. 1. Manuel
Ossorio y Bernard.
No hay comentarios:
Publicar un comentario