Foto: Cámara de Comercio de Vigo |
Nado
en Redondela e casado con Joaquina Cividanes Rodríguez, desenrolou a
súa carreira empresarial en Vigo, onde tivo gran influencia entre
finais do S. XIX e principios do S. XX. Presidente do Centro de
Instrucción Mercantil (hoxe Círculo Mercantil) entre
1894 a 1899. En 1886 aparece xa como secretario na primeira xunta
directiva da Cámara de Comercio, da que sería presidente
entre 1921 e 1924. Neste organismo o seu labor centrouse nas obras
portuarias e na constitución do Depósito Franco (actual Zona
Franca). Ademais ocupou o posto de presidente da Junta del Puerto
y Ría de Vigo ata 1919. Na súa actividade empresarial destaca a
compra dun almacén de coloniais á familia Laforet, localizado na
parcela ocupada posteriormente polo cine Fraga. Tamén fundou a
conserveira Gándara y Haz. Formou parte nos anos 20 do
consello de administración do Banco de Vigo. Impulsou o monumento en
Monteferro en memoria dos mariños falecidos durante a primeira
guerra mundial. Faleceu en 1933 aos 83 anos.
Aínda hoxe a súa propiedade, dividida en dúas, é coñecida en
Cedeira como a de Gándara.
(Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/02/casas-destacadas-de-cedeira.html )
Anuncio en El Pueblo Gallego |
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Cámara
de Vigo: http://www.camaravigo.es/es/jose-de-la-gandara-sestelo.html
19331117
El pueblo gallego
No hay comentarios:
Publicar un comentario