Se nos remontarnos a 1879 atopámonos co anuncio da actuación do
prestidixitador Fortuna na nosa vila.
Mago Yoscar. Faro de Vigo |
O primeiro mago no Concello de
Redondela do que teño referencias foi o mestre da escola de Vilar
Infesta José Carlos Iglesias, coñecido artisticamente como o “Mago
Yoscar”. Nas súas actuacións ademais dos típicos trucos de
cartas e de desaparición de obxectos destacaba o de hipnotismo. Este
entusiasta profesor ademais de formar equipos de fútbol e balonmán,
realizou numerosas actividades escolares e, entre elas, deu renda
solta á súa afección creando en 1968 o grupo infantil de maxia
“Los Magic Brothers”, composto por seis prestidixitadores
e un faquir experto en tragar coitelas de afeitar. Debutarían ese
mesmo ano nas festas da Coca nun festival infantil celebrado na Sala
Parque La Junquera.
Tres de Los Magic Brothers de Villar, 1968. Foto Freire-El Pueblo Gallego |
Máis
recentemente, a maxia atopou o seu oco na programación do festival
Artistas na Rúa,
na que comparten cartel con malabaristas, equilibristas, estatuas
viventes...
Actualmente volta a estar de moda este xénero e ata téñense
emitido programas adicados completamente á maxia na televisión.
Isto veuse reflectido
na nosa vila coa celebración, no
2009, do I Encontro de Maxia
e a presentación ante o público no 2011, do mago redondelán Eloy
Crespo co seu número “101
argucias y un imposible”.
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Galiciana-
http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es
=> El Pueblo Gallego
Faro de Vigo
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarTambién hay un mago actual nieto de redondelanos. Mi hijo Luis Noval. a ver si un día actúa por allí.
ResponderEliminar