lunes, 10 de agosto de 2020

Hockey en Patíns

           O pioneiro deste deporte foi o Redondela, que en marzo de 1947 perde co Arosa o partido que daba acceso á fase final da Serie A Rexional.
           Anos despois formaríase o Choco (non confundir co club de fútbol), que en xuño de 1959 xoga a final do campionato Galego xuvenil, enfrontándose ao Orense.
 
1959, Choco. Foto Siorty-El pueblo gallego
          Tomou o relevo o Rayo Hockey Club, que debutaba en categoría xuvenil na tempada 1960-1961 e, ao ano seguinte, tentaba sen éxito formar un conxunto sénior para disputar a 2ª división galega. En 1962 o equipo xuvenil estaba formado por: Romero, Fontano, José Carlos, Eduardo e Raúl.
En novembro de 1968 a S.A.R. forma un equipo de hóckey en patíns, nunha época na que en Galicia tan só contaban con equipos de hóckey A Coruña, Vigo e Ponteareas. Os partidos, coma os de balonmán, xogábanse na pista da Xunqueira. No seu primeiro ano, 1969, a SAR quedou 2ª nos I Juegos de Vigo, enfrontouse ao Laincobre na 2ª eliminatoria da Copa del Generalísimo e disputou a recentemente creada Segunda División Nacional con: José G. del Moral, José Luis Souza, José C. Gunche, Juan José Muíños, Ángel Martínez, José María Álvarez, Dosi e Francisco Soto. Ese ano con motivo da inauguración das melloras da pista da Xunqueira disputaron un campionato a SAR, o Traviesas de Vigo (campión galego) e os portugueses Oquei Clube de Barcelos e Vitoria Sport Clube. Ao ano seguinte formaban o equipo: Juan José, José María Gunche, Francisco Soto, Dosi, Geli, De Haz, Ángel Martínez, Carreira, Juan Araujo e Bernardo Soto.
 
SAR, 1969. Fondo Dositeo Pérez, Arquivo Audiovisual Concello de Redondela
           En xullo de 1969 presentouse o equipo xuvenil aliñando a: Pedro, Ángel, De Haz, Javier, Victoriano e Cal.
En abril de 1970 disputou o seu primeiro partido o equipo infantil empatando co Traviesas de Vigo, campión provincial, ao que derrotou en xullo no I Trofeo SAR de Hockey Infantil. A aliñación estaba composta por: Jacinto, Nao, Tonio, Juan José, Marcos e Villadangos. Suplentes: Paulino, Marzabal, Bernardo e Cote.
           En 1970 celebrouse o I Trofeo Groba de balonmán e hóckey, enfrontándose o equipo infantil contra unha selección provincial e o sénior contra o Traviesas de Vigo, campión galego. Por desgraza saíron derrotados os dous equipos. Foron obsequiados cun reloxo os mellores xogadores locais: Juan José, infantil, e José María Álvarez, sénior.
SAR infantil. Foto cedida por Cobián


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA
SEREN
Nº0-A Sociedade Atlética Redondela (S.A.R). Miguel López Docampo.
Antonio Ocampo Otero. Doctor en Medicina y Cirugía. Bodas de Oro(1939-1989)
Caderniños do Instituto de Chapela. Coordenador: X.M.González Fdez.
  • Nº1. As festas do Corpus en Redondela (1875-1975).
  • Nº3. O deporte no sur da provincia de Pontevedra.
La Vozde Galicia
Faro de Vigo
En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El Pueblo Gallego, Hoja Oficial del Lunes, La Noche, El Correo de Galicia




No hay comentarios:

Publicar un comentario