Chegada das traíñas de pesca ao porto de Vigo. Fototipia Hauser y Menet. |
A práctica deportiva de regatas na Ría de Vigo remóntase á segunda metade do século XIX, cando comezaron a celebrarse para conmemorar as festas parroquiais de Vigo. No 1886 xa participan nestas probas faluchos con 12 remeiros e patrón, pero non sería ata o 6 de agosto de 1900 cando as traíñas participan por primeira vez, sendo o primeiro premio de 125 ptas. para a "Niña" dirixida por Francisco Álvarez e o segundo para "Rosalía" capitaneada por José Casado. Nesta época o conde de Torrecedeira, dono do pazo de mesmo nome, era propietario dunha das yolas que participaba, co nome de Argos, nas regatas organizadas polo Club Náutico de Vigo.
Chapela
A
primeira embarcación de Redondela da que atopo datos é a de Chapela
no período
da II República. En setembro de 1933 o Club
Marítimo de Vigo organiza unha regata
de milla e cuarta en dúas quendas, na que participan: Ríos,
Baiona, Meira e San
Fausto de Chapela. Acadaría o
2ª posto por detrás de Meira, gañando un premio de 250 pesetas. En
agosto de 1934 Chapela,
baixo o mando de Feliciano Iglesias,
participa no Campeonato
de la Ría de Vigo, consistente en
probas eliminatorias por parellas, sendo
vencida por Rodeira. En agosto de 1935 tamén participaría na
competición organizada polo Club
Náutico
de Vigo, quedando no 6º e último
lugar.
Coa
Guerra Civil por medio, outra noticia da conta da participación do
Chapela
nunha competición organizada polo Club
Náutico
de Vigo en 1946, patroneado por Floro
Chapela, pero non supera a primeira eliminatoria. No Campionato
Provincial de 1947 participa co mesmo patrón e queda último. No de
1949 unha mala virada os relega tamén á derradeira praza.
C. D. Redondela
En
1945 fúndase o Club Deportivo
Redondela. No 1947 clasificouse para a
final do Campionato Provincial,
que gañou Meira. Para a segunda praza houbo que realizar unha regata
de desempate na que os de Redondela venceron a Tirán. O 29 de agosto
de 1948, no mesmo campionato
e con 16 equipos participantes, acabaría 3º por detrás de Tirán e
Meira. Este equipo desaparecería a principios dos anos 50.
A primeira noticia
que atopo dunha embarcación de Cesantes remóntase a unha proba
celebrada en Vigo en agosto de 1946, na que figura na lista de
inscritos xunto a Chapela e C. D. Redondela.
S.
A. R.
Nas festas das
Angustias de 1965, a Sociedade
Atlética de Redondela celebrou
unha proba de remo en Cesantes na que debutou o seu equipo na
embarcación “Negrita”.
Gañaron a segunda manga e foron segundos na clasificación final.
C. R. Cesantes
En
1983 nace o Clube de Remo Cesantes,
sendo presidente do Círculo D. C. de Cesantes, Fernando Monroy
Sobral. En 1986 créanse as categorías infantil, cadete e xuvenil.
Tras un lapso
competitivo de dez anos no 2012 volta a competir na Liga Galega de
Traíñas.
O
maior logro deste clube acadouno nas categorías inferiores, co
Campionato Galego e
o 4º posto no Campeonato de España
2001-02 acadado polo equipo xuvenil.
Repetiu ese mesmo 4º posto no Cto. de
España do 2014.
Este
club sufriu unha escisión da que naceu o Clube
de Remo San Simón.
C. R. Cesantes. Foto cedida por Domingo Barreiro ao Obradoiro Fernando Monroy |
C.
R. Chapela
O
Club de Remo Chapela fundado en 1986, participa actualmente na Liga
do Noroeste. Este club foi noticia cando no 2007 as olas esnaquizaron
a súa traíña na Bandeira Teresa
Herrera, na Coruña, co resultado de
cinco feridos. No 2012 acadou a clasificación para a prestixiosa
Bandera de la Concha, de
San Sebastián.
O equipo feminino
acadou os Campionatos Galego e de España 2008 e no 2014 outra vez o
Campionato de España, no que acadou a medalla de bronce no 2015.
Na
categoría xuvenil masculina, no 2014, acadou o Campionato Galego e o
3º posto, por diante da embarcación do C.
C. D. Cesantes, no
Campionato
de España.
Outros datos
Tamén
destacar ao equipo feminino S. D. R.
Rías Baixas equipo que no 2009 estaba
formado por 20 mozas, das que 8 proviñan do C. R. Chapela, ademais
de Verónica Lago de Cesantes que se formou no C. R. San Simón. Ese
ano acadarían un triplete histórico: a Liga ACT, a Liga Galega e a
Bandera de La Concha.
Ata aquí a
historia dos equipos, un traballo máis en profundidade engadiría
aos remeiros redondeláns que teñen formado parte de tripulacións
doutros concellos.
A
nivel organizativo dende os anos 80 vense celebrando a Bandeira
Concello de Redondela, que no 2011
celebrará a súa XXV edición.
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Seren Nº0-A
Sociedade Atlética Redondela (S.A.R). Miguel López Docampo.
Antonio Ocampo
Otero. Doctor en Medicina y Cirugía. Bodas de Oro(1939-1989)
Caderniños do
Instituto de Chapela. Coordenador: X.M.González Fdez.
- Nº1. As festas do Corpus en Redondela (1875-1975).
- Nº3. O deporte no sur da provincia de Pontevedra.
Historia das traíñas
en Redondela. Roberto Gil Moure.
Historia de las
Rías. (2 Volúmenes) De cuando la traíña mató al xeito.
Jesús Giráldez Rivero. Ed. Faro de Vigo.
Orixe das regatas de
traíñas na Ría de Vigo. Xosé C. Villaverde Román. Agrupación
Cultural NÓS
El Mundo Deportivo
(dende 1906)
La Vanguardia
(dende 1881)
Faro de Vigo
Vigometropolitano
http://www.vigometropolitano.com/
As mulleres ó poder. Jorge Castro - 02/05/2008
Atlántico Diario
La Voz de Galicia
En Galiciana-Biblioteca
Digital de Galicia. Xunta de Galicia:
http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es
=> El Pueblo Gallego, Hoja Oficial del Lunes, La
Noche
No hay comentarios:
Publicar un comentario