Estando na casa duns amigos en Cedeira reparei nunha marca na entrada á súa bodega. Pregunteilles e a dona contoume que cando mercara o seu avó a casa xa tiña aquel gravado e supuñan que era unha marca de canteiro.
Parecíame curiosa porque lembrábame a outro gravado atopado no Monte Penide.
Consultei ao arqueólogo Xurxo Constela e confirmoume que efectivamente as dúas son marcas de canteiro, pero se consideran petróglifos históricos. Así que xa sabedes se tedes unha marca de canteiro na vosa casa podedes presumir de que tedes unha vivenda con petróglifo.
Ata o de agora tan só coñezo outra preto do Alto de San Vicente, en Trasmañó.
Agradeceríavos que compartades fotos destas marcas, sexan na casa ou no monte, porque quen sabe se en futuros traballos de investigación podería coñecerse se diferentes casas foron construídas pola mesma persoa ou realizar un catálogo de marcas de canteiros que traballaron na comarca. Seguro que aparecen moitas máis.
Texto e Fotos: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Aportes Xurxo Constela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario