Fábrica de Jabones de Isidro Bujones
Na Matrícula Industrial de 1885 consta Isidro Bujones Gándara como propietario dunha fábrica de xabóns na rúa Alfonso XII.
Anuncio 1937. El Pueblo Gallego |
Fábrica de Jabones el Diamante.
Propiedade de José Lago Araujo nos anos 30. A empresa continuaría tralo seu falecemento dirixida pola súa viúva nos 50.
Anuncio. El Pueblo Gallego |
Fábrica de Jabones Sáa y Ramonet.
Situada no Adro nos anos 50, comercializaba o "Jabón Coca lava bien la ropa".
Anuncio 1936. RAIG |
Industrias Erguira
Coñecida como a de Biseredo, alcume do seu dono. Comezou sendo unha fábrica de camisas e boinas nos anos 30, baixo o nome Manufacturas Erguira. Nos anos 40 e 50, troca o nome por Industrias Erguira. Propiedade de Jacinto Fernández Araujo e reconvertida en fábrica de xabóns, barrís e envases en xeral. A fábrica estaba situada en Santa Mariña (a carón do Miramar) e os almacéns na actual Praza Constitución.
Anuncio. Programa Festas da Coca |
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Programas das Festas da Coca. Varios anos.
Arquivo do Concello de Redondela: Matrícula Industrial: 1885-86, 1886-87,1887-88, 1889-90, 1890-91, 1891-92, 1892-93, 1893-94, 1899-1900, 1893-94, 1896-97, 1897-98, 1898-99, 1899-1900, 1900-1914.
www.hemerotecadigital.bne.es
Anuario del comercio, de la industria, de la magistratura y de la administración: 1879-1884, Revista de geografía comercial...
Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => La Integridad, El Pueblo Gallego, Hoja Oficial del Lunes, El Progreso, El Lucense, La Correspondencia Gallega, Gaceta de Galicia, Diario de Galicia, La Noche, Vida Gallega...
No hay comentarios:
Publicar un comentario