domingo, 13 de diciembre de 2020

Regojo e outras empresas Téxtiles

 

Regojo, 1936. Vida Gallega
Regojo, 1936. Vida Gallega

Fábrica de Camisas Regojo.

En 1928, José Regojo Rodríguez, pontevedrés de nacemento e zamorano de adopción, liquida os seus negocios en Portugal e instálase en Redondela, fundando unha fábrica de camisas na rúa Alfonso XII. O local tiña 100 metros cadrados contaba con 8 traballadores e producía seis ducias de camisas diarias.

Instalacións de Regojo en 1965. Foto: A. Pacheco

 

Co tempo a fábrica de camisas Regojo chegou a ser a maior empresa de confección de España. Este gran crecemento, debeuse en gran parte, a confección de roupa para o exército do bando nacional durante a Guerra Civil. A súa produción acadaría as 12.000 camisas diarias, á venda en 15.000 tendas, e a situarse no 25% do mercado español, ou sexa, unha de cada catro camisas vendidas en España era fabricada por Regojo. Chegou a ter cerca dos 6.000 traballadores sendo durante moitos anos o motor económico da vila. Se fabricaban as marcas de camisas: Dalí, Paul Lafont, Jen Coty...; e de vestidos, saias e blusas: Maquien, Modachic... A fábrica ocupaba unha superficie de 15.000 m2 e contaba con comedores, economato e escola, ademáis dun fondo para conceder becas de estudios ós fillos dos traballadores. 

Anuncio Camisas Dalí. La Vanguardia

 

Tamén creou fábricas de calzado, uniformes, curtidos, madeiras, fundicións... En 1963 creou Confecciones Niza. E seguidamente Confecciones Sotomayor, Intexcon, Textil Amoedo e Acabados Textiles del Noroeste. Coa chegada da democracia e a apertura ás importacións as cousas comezaron a ir mal. As empresas anteriores se fundiron baixo o nome de Telanosa

Regojo, 1938. Vida Gallega
Regojo, 1938. Vida Gallega

 

Tralo feche da fábrica, en 1987, requirido polo Ministerio de Traballo, foron intervidas as contas bancarias de varios traballadores dos 1.200 que en 1981 asinaran un crédito de 400 millóns de pesetas para o saneamento da empresa. Isto desencadeou verdadeiras batallas campais entre os traballadores e a policía. Situación que duraría varias semanas ata a condonación da débeda e durante a que se verían momentos moi tensos como a retención de Rita Regojo por parte dos traballadores.

Fotos dos enfrontamentos coa policía.

http://www.delmialvarez.com/telanosa/telanosa.htm

           O peche desta industria daría paso á chamada “industria textil sumergida” na que pequenos talleres contrataban boa parte da súa produción a mulleres que traballaban nas súas casas evitando cotizar por elas.

           Nos anos 80 e 90 urbanizouse a zona conservándose tan só a cheminea en lembranza desta industria. No 2020 acométese o axardinamento da zona por parte do Obradoiro de Emprego Redondela Vila Bela III, coa instalación de elementos decorativos que lembran a esta empresa.

 



Os negocios da familia Regojo seguen a ter continuación na nosa vila coa firma Partenón, especializada en uniformes oficiais: policía, protección civil...

Partenón, 1968. Festas da Coca


Outras Fábricas de Camisas


Manufacturas Erguira

Fábrica de camisas e boinas nos anos 30. Nos anos 40 troca o nome por Industrias Erguira e toca a fabricación de camisas pola de xabóns, barrís e envases en xeral. (Ver Fábricas de Xabón)



Fábrica de Camisas Ramón Puga Fernández.

Na rúa Jose Antonio, actual Avenida da Ribeira, nos anos 50-60.


Camisería Puga, 1956. El Pueblo Gallego


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Recuerdos de mi vida 1990. José Regojo Rodríguez

Doctor en Medicina y Cirugía. Bodas de Oro (1939-1989) Antonio Ocampo Otero.

Arredor de nós. Historia da Policía Local 1863-2003. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. 2003

Galeguismo e sociedade na Redondela da Segunda República. Lois Barros. Edicións do Castro

As vilas de Redondela nos tempos do Catastro de Ensenada: Xoán Miguel González Fernández. Ed. Concello de Redondela.

Redondela, crónica dun tempo pasado. A Segunda República e o primeiro franquismo. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Edicións do Castro 2002.

Arquitectura Industrial en Vigo. Proyecto COAG/Vigo. Patrimonio Arquitectónico Moderno y Contemporáneo en Galicia. Iria Sobrino Fagilde

Aportes: Gonzalo Amoedo, Manuel Migueles, Matilde Fernández, Nanato Lago Amoedo e Jesús Queimaliños.

Arquivo do Concello de Redondela: Matrícula Industrial: 1885-86, 1886-87,1887-88, 1889-90, 1890-91, 1891-92, 1892-93, 1893-94, 1899-1900, 1893-94, 1896-97, 1897-98, 1898-99, 1899-1900, 1900-1914.

Las familias de la conserva. El sector de las conservas del pescado a través de sus sagas familiares. Xoán Carmona Badía (Coord.). Ed. ANFACO

Arquitectura Industrial en la provincia de Pontevedra. Iria Sobrino Fagilde y Rai Iglesias. Proyecto Coag./Vigo. Patrimonio arquitectónico moderno y contemporáneo en Galicia, 2008.

Patrimonio Industrial da Ría de Vigo. www.entremosnapanificadora.com

Relaçoes entre Portugal e a Galicia nos séculos XIV e XV. Humberto Baquero Moreno.

P.E.B.S.A. Autor: Fernando Souto Balado

ABC: http://www.abc.es/hemeroteca

El Correo Gallego: http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=130

Vigometropolitano: http://www.vigometropolitano.com/

La Vanguardia (dende 1881): www.lavanguardia.es/hemeroteca

La Opinión de Zamora: www.laopiniondezamora.es

El País: www.elpais.com

El Noroeste (Hemeroteca)

http://www.csbg.net/

www.hemerotecadigital.bne.es

Anuario del comercio, de la industria, de la magistratura y de la administración: 1879-1884, Revista de geografía comercial...

BOE > www.boe.es

Doctor Jordi Nadal: la industrialització i el desenvolupament econòmic d'Espanya. Editado por Albert Carreras,Miquel Gutiérrez (Google Books)

Tierra y Tecnología. La minería y el patrimonio minero en Galicia. Manuel Lara Coira.

Censo de actividades 1905, 1910 e 1925. Publicado en www.todocoleccion.net

www.mcu.es:=> Varios xornais

Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => La Integridad, El Pueblo Gallego, Hoja Oficial del Lunes, El Progreso, El Lucense, La Correspondencia Gallega, Gaceta de Galicia, Diario de Galicia, La Noche, Vida Gallega...

No hay comentarios:

Publicar un comentario