Petróglifos na Regasenda. Foto Serxio Pereira |
No verán de 2023 o arqueólogo Serxio Pereira de NOSO Cooperativa, como guía dunha serie de rutas de senderismo polo noso patrimonio, atopábase seguindo o camiño que une Porto a Cedeira coa Regasenda, na parroquia de Cedeira, para ver se era quen de incluilo nas visitas. A sorte quiso que topara cun grupo de gravados ata o de agora inéditos.
Apesares de atoparse preto dunha pequena canteira, hai moitas rochas tapadas pola maleza polo que non é descartable que podan aparecer máis petróglifos.
A descrición realizada por Serxio Pereira é a
seguinte:
"Afloramento rochoso de granito a rás
do chan. Presenta varias zonas gravadas con combinación circular
recheas de coviñas. Tamén se observan 7 coviñas de maiores
dimensións.
O afloramento está parcialmente cuberto de terra e
vexetación polo que poderían existir outros motivos".
Fotogametría realizada por Xosé Couñago |
Fotogametría realizada por Xosé Couñago |
Os gravados atópanse no lugar de Brandariz (coñecido polos veciños como Bandariz). A localización aproximada sería a seguinte:
42.285253, -8.633164
Como curiosidade engadir que Casto Sampedro deixounos constancia dun gravado nunha rocha da praia de Cesantes que ben podería tratarse dun xogo medieval, pero hoxe en día dase por desaparecido, polo que este sería o petróglifo máis próximo ao mar do Concello de Redondela.
Petróglifo na praia de Cesantes. Fondo Castro Sampedro |
A situación deste conxunto é un atractivo máis na costa de Cedeira e ogallá sirva de impulso para a recuperación do camiño que une Portacedeira coa Regasenda e así ampliar un camiño á beira do mar desde o casco urbano de Redondela. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2023/03/ruta-por-portacedeira.html ) (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/paseo-da-marisma.html ). Aquí podemos atopar outros puntos de interese como a fábrica de salga da Regasenda, máis coñecida por ser posteriormente a fábrica de Mañas (conserveira de José Otero Gónzález), ou os restos da casa de Tapias.
A Fábrica de Mañas. Foto: J. Migueles |
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Aportes: Serxio Pereira, Xosé Couñago e Xurxo Constela.
Fondo Casto Sampedro
No hay comentarios:
Publicar un comentario