Despois de construirse un
paseo pola desembocadura do río Pexegueiro, no 2010 fíxose o propio
coa do Alvedosa. Nesta ocasión uniuse cunha pasarela de madeira a
rúa Ernetina Otero coa coñecida como Praia dos Bébedos, no barrio
de A Portela (Cedeira). E todo isto enlazouse mediante unha ponte e
un tramo que rodea a depuradora co paseo do Pexegueiro.
O recorrido cara a Portela
destácase polas súas paisaxes que varian considerablemente
dependendo de que a marea estea alta ou baixa. Precisamente coa
baixamar poden verse o restos de dous galeóns, que eran empregados
para adentrarse no antigo peirao da Ribeira, por ser embarcacións de
pouco calado. Para solventar este problema construíronse as barras
do Alvedosa que se empregaron durante pouco tempo por trasladarse o
porto a Cesantes, destacándose no mar como lembranza doutra época.
Tamén os amantes das aves poderán disfrutar observando no seu medio
natural a garzas, cormoráns, cisnes, polas de auga, gaivotas... Ao
remate do percorrido podemos ver tamén os restos da Industria
Metalífera Española S. A. (IME) que é parte do noso rico
patrimonio industrial.
O tramo do paseo do
Pexegueiro internase nos recheos da Marisma entre espazos agora
adicados ao deporte e a educación pero apesares disto cheos de
encanto.
Fotos: J. Migueles, 2010
Autor: J. Migueles
Actualizado: 4/2/2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario