viernes, 8 de febrero de 2019

Fontes e Lavadoiros

         
Fonte de San Román (Saxamonde)


        Cando observamos as fontes de Redondela atopámonos todo tipo de situacións: algunhas están compostas por un grupo escultórico que ben merece un estudio máis profundo (pode ser a Fonte de Santiago Apóstolo), outras sofren grandes agresións na súa estrutura (é o caso da Fonte do Cuco que a recente urbanización da zona na que se atopa deixouna embutida na beirarrúa), varias foron cambiadas do seu lugar orixinal e case sempre sen conservar o surtidor antigo (o máis duro é o da Fonte de don Pancho substituída por un moderno surtidor de ferro), nalgúns casos sofren un total abandono e por sorte ás veces son recuperadas e sinalizadas como sucede coas que se atopan no Sendeiro da Auga ou as que son postas en valor por escolas taller de canteiría.

        Tema a parte é o dos lavadoiros. Son poucos os que están en boas condicións, xa que o abandono é a tónica xeral. Por desgraza cando se restauran deseguida son “decorados” con graffitis. Outros tiveron aínda menos sorte e desapareceron, este é o caso dos lavadoiros da Xunqueira.

        Á riqueza da auga únense varios valores patrimoniais: un interese escultórico, unha importancia histórico-etnográfica, no caso dos lavadoiros, e as crenzas e lendas ligadas ás fontes. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/as-fontes-milagrosas.html )


PARROQUIA DE CABEIRO

Fonte da Agra (Igrexa)

Fonte das Coutadiñas (Porto Cabeiro).

Fonte e Lavadoiro das Fontiñas (Cño. do Tanque): 42.253649, -8.634503

Fonte lavadoiro do Galo (Porto Cabeiro): En 1957 facúltase á Alcaldía para arranxar a esta fonte.

Fonte do Lago (Igrexa).

Fonte Landín

Fonte do Mangoeiro ou A Fonte dos Mangoeiros (Porto Cabeiro).

Fonte de Miguel (Porto Cabeiro)

Fonte da Milixosa ou Melixosa (Igrexa):

Fonte da Millarada (Igrexa)

Fonte lavadoiro Pío (Igrexa)

Fonte do Regueiro (Igrexa)

Fonte do Seixo (Porto Cabeiro)

Fonte da Vella

Fonte (Barrio Igrexa)

Fonte do Mangoeiro

Poza dos Cambeiros. Foto: GMaps

Poza do Loghiño. Foto: GMaps

Lavadoiro de Pío. Foto: GMaps

Lavadoiro das Fontiñas. Foto: GMaps


Fonte da Igrexa

Fonte do Lago. Foto: GMaps
Fonte no Cño. Quiringosta

 
PARROQUIA DE CEDEIRA

Fonte Auga Branca ou Xesteira (Fortóns)

Fonte lavadoiro da Ballota (A Portela): Cambiada de localización e reconstruída no 1986 por mor da ampliación da estrada. Conta con baño, hoxe pechado.

Fonte lavadoiro da Bandeira (A Formiga)

Fonte dos Banquiños (A Portela): Cambiada de lugar e reconstruída no 2008, anteriormente fonte lavadoiro.

Fonte do Cairo (A Portela)

Fonte do Camiño do Canabal (Cedeira)

Fonte do Canaval ou dos Remedios (Cruceiro). Fonte á que se lle atribuían propiedades curadoras. Citada xa en 1586 como linde entre Vilavella e Cedeira. Actualmente atópase dentro dunha propiedade privada.

Fonte do Carallás (Fortóns): Ano 1871.

Fonte do Caramuxo (Fortóns): Feita pola escola taller de Redondela no 1993.

Fonte lavadoiro do Cocho (Eira Pedriña)

Fonte o Conchón (Cedeira)

Fonte lavadoiro Cotarelo de Abaixo (Rande)

Fonte lavadoiro Coto do Coello (Rande)

Fonte da Cavada Vella (Aldea)

Fonte da Cuña (Eira Pedriña)

Fonte do Gorgullón (Formiga)

Fonte da Igrexa (Cruceiro)

Fonte e lavadoiro os Lagos (Aldea): A fonte é de 1914 e o lavadoiro de 1985.

Fonte da Mina do Conde

Fonte lavadoiro das Paridas (A Formiga)

Fonte lavadoiro Petanexa (Cruceiro)

Fonte Ponce de León (Cedeira)

Fonte lavadoiro Ponte da Regueira (Rande)

Fonte do Cocho (da Portela 1) (A Portela)

Fonte da Portela 2 (A Portela)

Fonte da Portela 3 (A Portela)

Fonte da Praia de Portacedeira 1 (A Portela): A auga sae á superficie por debaixo dunha rocha.

Fonte da Praia de Portacedeira 2 (A Portela): Manancial que mana na area da praia, as mariscadoras acostumaban facer un marco de pedras para beber durante a xornada.

Fonte de Quintán (Aldea): Desaparecida. Fonte que nacía dunha pedra no río de Quintán, tapado para facer un camiño.

Fonte lavadoiro da Raíña (Cruceiro)

Fonte da Raíña (Cruceiro): Fonte coa imaxe de San Andrés. Por referencias orais sabemos que esta escultura estaba na fachada da igrexa parroquial ata que foi substituída pola actual. Restaurada en 2022.

Fonte de Riande (A Portela)

Fonte dos Rusos (Rande): Na fachada da Casa Maruxa.

Lavadoiro dos Rusos (Rande)

Fonte do Sapo (Aldea)

Fonte lavadoiro do Sevil (A Portela)

Fonte do Canabal
Fonte da Raíña
Fonte do Carallás

Fonte da Portela1
Fonte do Caramuxo
Fonte dos Rusos

Fonte lavadoiro de Cotarelo de Abaixo


Fonte lavadoiro da Bandeira

Fonte lavadoiro das Paridas

Fonte os Lagos

Lavadoiro os Lagos


Fonte lavadoiro Ponte da Regueira
Fonte os Banquiños

Fonte de Portacedeira 1

Fonte de Portacedeira 2


Lavadoiro da Raíña

Lavadoiro dos Rusos
Fonte e lavadoiro da Ballota



PARROQUIA DE CESANTES

Fonte Arco da Vía

Fonte da Balbina

Fonte lavadoiro Carballa da Auga (Outeiro das Penas)

Fonte lavadoiro do Castiñeiro (Outeiro das Penas)

Fonte do Cerqueiro

Fonte lavadoiro do Coto (O Coto)

Fonte lavadoiro da Coviña (Outeiro das Penas)

Lavadoiro de Esteiro: Consérvase a estrutura.

Fonte do Frade (Outeiro das Penas)

Fonte A Fonte (O Coto)

Fonte A Fontiña ou a Fonte Vella ou Fonte da Praia Vella: Desprazada varios metros pola ampliación do porto, reconstruída no 1997 pola asociación de veciños A Telleira.

Fonte do Gorgollón (O Coto)

Fonte lavadoiro do Lago Vello (Outeiro das Penas)

Lavadoiro da Laxe (O Coto)

Fonte da Monteira (Outeiro das Penas)

Lavadoiro do Muíño de Rial (O Coto)

Fonte lavadoiro de Neira (Outeiro das Penas)

Fonte lavadoiro de Novás (Outeiro das Penas)

Fonte do Pazo (Carballiño)

Lavadoiro do Pazo (Carballiño)

Fonte do Pereiro (O Coto)

Fonte e lavadoiro do Picho (San Pedro): A fonte de 1927 non ten auga. O lavadoiro foi acondicionado recentemente.

Fonte da Portalevada (Carballiño)

Lavadoiro de Portalevada (Carballiño)

Fonte lavadoiro de Rial (O Coto)

Fonte de Rivas (O Coto)

Fonte-Surtidor (Outeiro das Penas)

Fonte lavadoiro do Tanque (Cño. do Tanque-San Pedro)

Fonte de Torredecalle (San Pedro)

Fonte e Lavadoiro Vertú (O Coto)

 

Lavadoiro de Esteiro
Fonte Lavadoiro do Coto
Fonte do Picho
Fonte da Praia Vella
Fonte da Monteira
Lavadoiro do Muíño do Rial
Lavadoiro do Picho

PARROQUIA DE CHAPELA

Fonte (Laredo)

Fonte de Arealonga (Chapela): Surtidor, auga da traída.

Fonte Baixada a Pescanova (Angorén)

Fonte Ballotes (Laredo)

Fonte lavadoiro do Basaco (Laredo)

Fonte do Camiño do Gaio (Parada)

Fonte de Cidadelle (Cidadelle)

Lavadoiro ¿? (Av. de Vigo): Aproveita a auga da levada dun muíño.

Lavadoiro das Cocheiras (Cidadelle)

Fonte e lavadoiro de Cornido (Igrexa)

Fonte do Colexio (Cidadelle)

Fonte da Estación (Laredo)

Fonte a Fontiña (Chapela)

Fonte de Fraga (Cidadelle)

Fonte lavadoiro da Grila (Laredo)

Fonte da Lamosa

Fonte da Meda (Laredo)

Fonte Mouriño (Cidadelle)

Fonte de Olmos (Angorén)

Fonte do Ouro (Igrexa)

Surtidor Parque de Pasán (Igrexa)

Fonte de Pasán (Igrexa): Surtidor, auga da traída.

Fonte lavadoiro de Pasán (Igrexa): Sen auga.

Lavadoiro do Patrimonio (Cidadelle)

Fonte do Penisal (Angorén)

Fonte do Picoto (Cidadelle)

Fonte da Princesa (Cidadelle)

Fonte da Ponte (Angorén)

Fonte da Ponteseca (Laredo): Inscrición “J A M 1952”

Fonte Pousadoura (Chapela): En 1957 acórdase a construción desta fonte.

Fonte da Progresiva (Laredo)

Fonte da Rabexa (Cidadelle)

Lavadoiro de Riofrío (Riofrío)

Fonte do Río Fondón (Senda da Auga)

Lavadoiro Subida á Buraca (Igrexa): Sen auga.

Fonte Subida á Buraca (Igrexa):

Fonte Subida a Cidadelle (Cidadelle)

Fonte Surtidor (Laredo)

Fonte de Uñica (Laredo)

Fonte lavadoiro da Volta (Angorén)

 

Lavadoiro¿?

Fonte da baixada a Pescanova

Fonte ¿? (Cño. da Bruxa)

Fonte (Senda da Auga)
Fonte da Ponteseca

Fonte da Princesa

Fonte da Volta

Surtidor en Arealonga

Fonte de Cidadelle
Fonte de Fraga

Fonte do Ouro
Fonte Lavadoiro da Grila

Fonte Lavadoiro de Cornido
 
Fonte Subida a Cidadelle


Lavadoiro

Lavadoiro de Pasán

Lavadoiro Subida á Buraca

Surtidor Parque Pasán

PARROQUIA DE NEGROS

Fonte do Cano: No Catastro de Ensenada (1752) como Sitio do Cano.

Fonte do Castro. No Castro de Negros.

Fonte do Castro (Pregal): Arranxada no 2008 dentro das actuacións do camiño da Auga.

Fonte do Cocho

Lavadoiro do Cristo

Fonte de Landín: Citada no Catastro de Ensenada (1752) como Landín.

Fonte de Mouriño (Pregal)

Fonte do Muíño (Fixón)

Fonte e lavadoiro de Neta (Igrexa): Na fonte aparece “Escola Taller 1994” e no lavadoiro “Concello de Redondela A.A. V.V. S. Esteban”.

Fonte do Picasiño

Fonte lavadoiro do Piñeiro (Pregal)

Lavadoiro de Pregal (Pregal): En 1957 acórdase o seu traslado por non atoparse nun lugar axeitado.

Fonte dos Quinteiros (Negros)

Fonte e Lavadoiro da Revolta

Fonte do Río (Igrexa)

Fonte do Río Fixón (Fixón)

Lavadoiro de Fixón

Fonte da Rivas

Fonte do Sapo

Fonte do Seixo

Fonte do Souto (Fixón)

Fonte de Teodora

Fonte da Torre

Fonte do Torreiro

Fonte da Veiga na fala oral tamén con gheada, rexístrase no Catastro de Ensenada como A Fonte da Veiga.

A Fonte da Veiga de Arriba

A Fonte da Veiga de Abaixo

Fonte da Xirela


Fonte do Castro
Fonte Lavadoiro da Neta

Lavadoiro do Pregal. Foto: GMaps

Lavadoiro de Resperón. Foto: GMaps


Fonte ¿?

Fonte-Cño. de Fixón

Fonte-Cño. de Fixón. Foto: GMaps

Fonte Cño. do Piñeiro. Foto: GMaps

PARROQUIA DE QUINTELA

Fonte da Barreira (Quintela)

Fonte do Cocho (Quinteiro)

Fonte do Corvo (Quinteiro)

Fonte da Lameira (Quinteiro): Ano 1932.

Fonte e Lavadoiro Muíño do Porto (Costeira)

Lavadoiro da Poza do Sabujeiro (Quinteiro)

Fonte lavadoiro da Rabicha (Quinteiro)

Fonte de Salvador (Costeira)

Fonte de San Mamede (Costeira)

Fonte Subida á Igrexa (Quintela)

Fonte lavadoiro de Verdeal (Costeira)

Fonte de Verdeal (Costeira)

 

Fonte da Lameira
Fonte Muíño do Porto
Lavadoiro Muíño do Porto

Fonte (Canudo Vilavella). Foto: GMaps

 
PARROQUIA DE REBOREDA

Fonte do Abade ou do Torreiro (Quintana): Arranxada pola comisión de festas de Sta. María no 2000. Anteriormente había que baixar unhas escaleiras.

Fonte da Barreira (Santo Paio de Arriba)

Fonte do Barreiro (Quintana)

Fonte da Carambola (Asnelle de Abaixo)

Fonte lavadoiro de Carrachena (Quintana)

Fonte lavadoiro do Casal (Asnelle de Arriba)

Fonte de Casal

Fonte de Contixe (Santo Paio de Abaixo)

Fonte da Costa (Santo Paio de Arriba)

Fonte do Cotiño (Santo Paio de Abaixo): Ten dúas inscricións “P. P. V. 1912” e “Olimpio ano 2000”

Fonte lavadoiro Darriba (Santo Paio de Arriba)

Fonte a Garonda (Quintana)-Nova-

Fonte da Peroxa (Sto. Paio de Arriba)

Fonte lavadoiro da Ponte Torrade (Asnelle de Abaixo)

Fonte de Raxado

Fonte do Regueiro-Loureiro (Santo Paio de Arriba): Arranxada no 2008 durante as actuacións no Camiño da Auga.

Fonte do Río (Santo Paio de Abaixo): Anteriormente tiña 3 canos de auga e as datas “1935-75”.

Fonte do Santo (Santo Paio de Arriba)

Fonte e lavadoiro do Souto (Quintana)

Fonte de Toucedo/Saavedra

 

Fonte (Quintana)

Fonte da Barreira


Fonte da Carambola
Fonte da Peroxa
Fonte do Abade
Fonte do Loureiro
Fonte do Río

Fonte Lavadoiro do Cadaval
Fonte Lavadoiro do Souto
Fonte do Cotiño

PARROQUIA DE REDONDELA

Fonte Cunqueiro ou de Don Pancho (Av. Ernestina Otero) Porque se atopa na que fora propiedade de Francisco Cunqueiro Montenegro, Don Pancho, alcalde da vila en 1936 e 1949. Desprazada varios metros e substituída a pedra por un surtidor de ferro.

Fonte do Mouro (Praza da Fonte do Mouro) Nela aparece a figura dun mouro. Existe a teoría de que pode pertencer a un grupo escultórico máis grande no que estaría representado o Apóstolo Santiago, coñecido popularmente como Santiago Mata-mouros. Pero o máis probable é que estea ligada ás lendas dos mouros e ás propiedades curadoras da súa auga. Temos constancia de que ata o século XVIII houbo un pequeno hospital no sitio da Costa da Forca, no Monte do Cuco, onde eran atendidos os enfermos de lepra que acudían á fonte. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/as-fontes-milagrosas.html)

Da nome a unha praza construída nos anos 90. Dados os malos accesos que había a esta fonte, construírase outra máis preto da capela de Santa Mariña que desapareceu, xunto cun pequeno lavadoiro da fonte antiga, coa remodelación urbanística da zona. Ten inscrito o ano 1932 pero a fonte xa aparece como límite parroquial no Catastro de Enseada de 1752.

Fonte do Muro (R. Muro) Recibe o nome do lugar. Cambiou varias veces de ubicación pola ampliación da estrada e a urbanización. Foi realizada pola escola taller no 2006.

Lavadoiro do Muro (R. Muro)

Fonte Santiago Apóstolo (Pz. Santiago Apóstolo): Citando a José Fontela Cal, despois de medio ano de traballo, Bertoldo de Xeve rematou un Santiago Apóstolo ecuestre, labrado nun granito traído exprofeso das canteiras do Ulló en Arcade. Cando amosou o traballo aos seus compañeiros, estes ríronse del porque lle “faltaban as espuelas". Humillado ese mesmo día aforcouse na pensión na que paraba.

Fonte de Vilavella (Praza Ponteareas-Redondela): Ao modernizar a praza (anos 80) non se molestaron en canalizar a auga. Ademais a fonte foi cambiada de sitio, perdéndose no traslado un pequeno abrevadoiro para os animais (cabalos, bois...) que tiña na parte posterior. Segue atopándose na mesma praza pero despois dun tempo seca puxéronlle un grifo con auga da traída.

Fonte do Convento de Vilavella (Pz. Ponteareas): Reduciron ás escaleiras de acceso cando construíron un aparcamento nesa parte da propiedade.

Fonte da Tafona (Camiño da Tafona) Tafona é o establecemento onde se coce e vende o pan, polo que o máis probable é que fora chamada así pola existencia moi preto dalgunha panadaría ou muíño. Da nome a unha rúa. Co inicio da urbanización da zona foi desprazada e substituída por unha fonte de metal con billa.

  • Fonte de Petán (R. Padre Crespo) Instalada na fachada do Pazo de Petán, recollía a auga da Fonte da Tafona, actualmente ten auga da traída.

  • Fonte da Tafona

    Fonte de Don Pancho
    Fonte de Santiago Apóstolo
    Fonte de Vilavella
    Fonte do Mouro
     
    Fonte do Muro



    Fonte de Petán
    Lavadoiro do Muro
Fontes desaparecidas da parroquia de Redondela

Fonte 14 agosto (Rúa Loureiro): Chamada así porque ese día de 1922 apareceu a auga. A fonte foi inaugurada en decembro de 1922 e anos despois se lle incorporou un motor. Na súa inauguración lanzáronse bombas, un gaiteiro recorreu as rúas e repartíronse coplas alusivas nas que se daban as grazas aos que tiveron a idea de dotar de auga a ese barrio. En 1962 xa se atopaba en desuso.

Fonte do Adro (Rúa Adro)

Fonte de Contreras (Praza Constitución): Estaba dentro dunha casa, pero os donos permitíanlle coller auga ós veciños.

Fonte da Lurusca (Rúa Padre Sarmiento-Redondela): Atopábase cerca do “Bar Aparecido”. O daquela alcalde Raúl Carlos Gunche López (anos 40), trasladouna a unha finca preto da súa propiedade. Neses terreos construíuse un edificio no que, curiosamente, houbo que instalar unha bomba de achique no oco do ascensor.

Fonte de Matilde. (Praza Ribadavia-Redondela): Cando esta praza tapou o río ocultouse tamén a fonte. Recibe o nome de Matilde González, dona dunha taberna a carón da fonte. As obras de ensanche e reforzo, realizadas no 2008, deixaron á vista como a auga seguía manando no mesmo lugar que se atopaba a fonte.

Lavadoiros de Vilavella. Desapareceron coa construción da empresa téxtil Regojo.

Lavadoiros da Xunqueira (A Xunqueira-Redondela): Comezaron sendo nada máis que unhas pedras no río. En setembro de 1932 son tapadas cun tellado e, posteriormente, construíronse uns lavadoiros de ladrillo inaugurándose a obra en 1958 coincidindo co día do Alzamento Nacional. En 1995 foron desmantelados por falta de utilidade, sendo substituídos por un paseo. Coñecidos popularmente como o Cuplé.

Lavadoiros de Vilavella. Desapareceron coa construción da empresa téxtil Regojo.

 

A Xunqueira Lavadoiro 1970 Foto: Redondela a través do tempo
 

Lavadoiros de Vilavella. 1950. Deputación de Pontevedra

 

Fonte de Pereira. En setembro de 1910 decidiuse inutilizala por non cumprir as condicións mínimas. Meses despois falábase da posibilidade de trasladala á Praza de Abastos para utilizala na limpeza da mesma.

Fonte de Solla. Na Rúa Francisco Federico, actual Padre Crespo. En setembro de 1910 era boa para o consumo, por contra en 1925 recoméndase non consumila.



PARROQUIA DE SAXAMONDE

Fonte do Arcal (Padrón)

Fonte do Barrio Padrón (Padrón)

Fonte da Bulgeria (Padrón)

Fonte Casal do Monte (Casal do Monte)

Fonte dos Cucos (Padrón)

Fonte da Escola (O Viso)

Fonte e lavadoiro do Lugués (Os Valos)

Fonte da Pedreira (Os Valos)

Fonte da Portavella (Portavedra)

Fonte do Pozo do Monte (Padrón)

Fonte do Preto (Casal do Monte): Recuperada no 2008 pola actuación no Camiño da Auga.

Fonte de San Román (Os Valos): A esta fonte antigamente se lle concedían propiedades medicinais, polo que acudían a ela enfermos tanto de Redondela como de outras vilas. A escultura de San Román é de época recente, obra do canteiro local Gerardo Senra.

Fonte dos Valos (Os Valos): Ano 1932.

Fonte da Veleira (Casal do Monte)

Fonte de Vilanova (Vilanova)

Fonte xunto á antiga escola (Saxamonde)

 



Fonte do Preto
Fonte da Veleira
Fonte 1 (Cño. da Trigueira)

Fonte dos Valos

Fonte-Lavadoiro do Lugués

Fonte 2 (Cño. da Trigueira)

Fonte (Estrada Nacional)

Fonte de San Román

Fonte no Camiño de Sofía. Foto: GMaps

 
 
PARROQUIA DE TRASMAÑÓ

Fonte da Autopista-O Troco (Cabanas): Reconstruída e desprazada uns metros no ano 2010 pola construción dunha rotonda.

Fonte do Campo de Fútbol (Trasmañó)

Fonte lavadoiro das Figueiras (Cabanas)

Fonte lavadoiro da Lamosa (Trasmañó/Chapela)

Fonte da Lamosa (Trasmañó)

Fonte da Praia de Cabanas (Cabanas)

Fonte lavadoiro da Queimada (Cabanas)

Fonte lavadoiro do Río Longo (Cabanas)

Fonte lavadoiro Río Maior (Cabanas)

Fonte de San Vicente (Igrexa)

Fonte (Pedriñas): Sen auga.

Fonte (Cño. A Chan)

Tres Fontes de Penide

Fonte ¿? (Estrada Trasmañó): Nunca tivo auga. Para gañar unha subvención os veciños fixeron a fonte sen atopar auga, poñendo unha mangueira o día da inauguración.

 

Fonte (As Pedriñas)
Fonte do Troco
Fonte-Lavadoiro das Figueiras
Fonte lavadoiro do Río Longo

Lavadoiro do Río Maior

Fonte ¿? Est. San Vicente. Foto: GMaps

Fonte ¿? Est. Trasmañó. Foto: GMaps

Fonte no camiño da Chan

PARROQUIA DE VENTOSELA
Fonte Baixo C. Laxes (Vilar do Mato): Ano 1988. Auga da traída.
Fonte da Caramboleira (Vilar do Mato)
Fonte de Castiñeira (Castiñeira)
Fonte da Rachadoura (Castiñeira): Restaurada no ano 2000.
Fonte dos Tres Abades (Castiñeira)
Fonte das Toxeiras (Vilar do Mato)
Fonte lavadoiro de Zabarís (Castiñeira)
Fonte da Miñoteira
 
Fonte Baixo C. Laxes

Fonte da Rachadoura
Fonte das Toxeiras
Fonte de Castiñeira
Fonte lavadoiro de Zabarís

Fonte da Miñoteira

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
PARROQUIA DE VILAR DE INFESTA

Fonte Arbelas: Aparece no Catastro de Ensenada (1756) referida a un monte nomeado como “Albelas” que é probable que orixinara o nome desta fonte actual coa variante provocada polo rotacismo (paso de lar).

Fonte da Clara

Fonte do Camiño das Encrucilladas: Manancial canalizado durante a construción do aeroporto de Peinador.

Fonte Erbelo: Testa co Corcón, O Mangeiro, A Veiga de Abaixo e o Cabo da Vella.

Fonte da Estanqueira: Estrema coa Minada.

Fonte do Fandingo ou de Fandiño (Igrexa): Localizada nas de Juanillo.

Fonte lavadoiro de Fixón (Igrexa)

Fonte da Flora (Igrexa)

Fonte de Florentino (Millarada)

Fonte Herbedelo: Linda coas de Manolito e a Lagoa Grande.

Fonte de Juan do Río

Fonte da Lata (Millarada)

Fonte de Macarme: Estrema coa do Canal e a do Pantalla.

Fonte da Milleira (Igrexa): Linda coas Cavadiñas e Os Navarros.

Fonte de Mourán: Desaparecida pola construción da pista do aeroporto de Peinador.

Fonte lavadoiro da Pena (Millarada)

Fonte do Salgueiral: No Catastro de Ensenada (1756) aparece Salguerial, como

monte.

Fonte de San Martiño: Recuperada no 2008 pola actuación no Camiño da Auga.

Fonte da Simona

Fonte dos Teixugos (Igrexa): No Camiño do Carrascal testa na Coutada

do Muíño do Medio e a do Corvo.

Fonte das Trexugueiras ou A Fonte da Transxugueira (Millarada)

 
Fonte da Flora
Fonte da Lata

Fonte de San Martiño


Lavadoiro en Fixón

Fonte Lavadoiro da Pena. Foto: GMaps

 
PARROQUIA DE O VISO

Fonte do Allo (A Nogueira)

Fonte lavadoiro de Auga Enterrada (A Nogueira)

_Lavadoiro de Cancelos (Tuimil)

_Fonte e lavadoiro Os Cochiños (Tuimil)

Fonte do Cuncheiro (Soutoxusto)

Lavadoiro do Cuncheiro (Soutoxusto)

Poza e Fonte do Escredo (Nogueira)

Fonte lavadoiro de Fontán (Soutoxusto)

Fonte do Loureiro (O Viso)

Fonte do Marco (O Viso)

Fonte da Nogueira (Nogueira)

Lavadoiro da Nogueira (Nogueira)

Fonte lavadoiro do Pazo (Soutoxusto)

Fonte lavadoiro do Pío (Saramagoso)

Fonte lavadoiro da Poza (Saramagoso)

Fonte lavadoiro da Presa (Tuimil)

Fonte da Presa (Val do Muíño)

Fonte do Regueiro (Nogueira)

Fonte Saramagoso (Saramagoso)

Fonte da Sobreira (A Nogueira)

Fonte das Sete Fontes (Soutoxusto)

Lavadoiro da Canteira (Tuimil)

 

Lavadoiro (Saramagoso3)
Fonte e Lavadoiro (Saramagoso2)
Fonte (Saramagoso4)
Fonte (Saramagoso)
Fonte das Sete Fontes
Fonte da Presa
Fonte do Loureiro



Fonte lavadoiro dos Cochiños. Foto: GMaps

Fonte lavadoiro dos Cancelos. Foto: GMaps

Fonte lavadoiro (Cño do Cochiño). Foto: GMaps

Fonte ¿? e muíño de Florencio

Fonte das Toxeiras

Fonte (Cño. do Sosteiro). Foto: GMaps

Fonte (A Nogueira). Foto: GMaps



Sen Ubicar
Bouzas, das


Fotos: J. Migueles
Autor: J. Migueles



BIBLIOGRAFÍA

Listado de Fontes Públicas 07-08-2007. Concello de Redondela.

Toponimia (Varias parroquias). SNL. Concello de Redondela.

La medicina popular en Galicia. Víctor Lis Quibén, Fermín Bouza Brey, 1949.

Galeguismo e sociedade na Redondela da Segunda República. Lois Barros. Edicións do Castro.

Redondela a través do tempo. Jose Antonio Orge Quinteiro. Ed. Xunta de Galicia 2001.

En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es

=> El Pueblo Gallego, La Integridad, El Correo de Galicia, La Noche.

Faro de Vigo.

Aportes Andrés Couñago Laxe.

Toponimia de Negros. Cora Represas. SNL, Concello de Redondela.

Toponimia de Vilar de Infesta. Cora Represas. SNL, Concello de Redondela

Tramancazos


No hay comentarios:

Publicar un comentario