|
Actuación de acordeonistas nas festas da Peneda, 1920. Foto: Jaime Solá- Vida Gallega |
Nas festas celebradas no concello de Redondela
veñen actuando orquestras dende finais do s. XIX. Por desgraza, os
xornais da época na maioría dos casos non facían máis que
referirse a eles como unha orquestra
sen dar máis datos.
Para
Javier Castro, presidente da Asociación Musical de Murgas
Tradicionales (AMUN): “La
murga se formó cuando al caixeiro, al bombista y al gaiteiro se unió
el clarinete, ya que debido a sus características permite
interpretar piezas musicales de gran rapidez, como la gaita. Fue el
complemento perfecto de la gaita. Con estos cuatro instrumentos nace
la murga. Posteriormente se añadieron el saxofón y acordeón”.
Podemos
por tanto considerar que estes primeiros pequenos conxuntos serían
murgas e serían similares aos grupos de gaitas, diferenciándose no
tipo de temas interpretados. Anos
despois apareceran
nos programas das festas tan só charangas.
A
súa evolución, con maior número de instrumentos, daría lugar a
aparición das orquestras.
Os
Inicios
As primeiros datos que atopo fan referencia a formacións de dous ou
tres músicos, se ben é certo que, no caso do acordeón, un só
músico era suficiente para amenizar unha festa.
Como
exemplo, a finais do s. XIX soia
tocar na festa de San Bernardo, en Cedeira, a música dirixida por
José María
que tocaba o clarinete, acompañado por “Doctor”
de Cabeiro, que tocaba bombo e platillos, e Parada
de Negros, que tocaba o tambor. Interpretaban temas como: “No
me mates”, “Entré
niña en tu cuarto” ou “Adonde
vas hermosa del pelo teñido”
En
novembro de 1910 regresou de Panamá despois de 4 anos o frautista
Bernardino Oliver.
Nestes anos un
instrumento moi popular era o acordeón, xa que pola súa sonoridade
un só músico podía amenizar o baile dunha festa. Ata o de agora
atopei os seguintes acordeonistas:
En outubro de 1910
foi denunciado polo cabo de gardas, Valentín
Gradín, daquela alcalde de barrio de
Rande, por tocar o acordeón nun baile que se celebrou sen permiso na
taberna de Prudencio Barcia Pení en Rande.
Nunha reportaxe da festa da Peneda (O
Viso) de 1920 uns acordeonistas son os que aparecen tocando.
Unha
nova de maio de 1927 cóntanos que a Festa do Traballo en Cabral fora
amenizada por unha orquestra dirixida polo afamado acordeonista de
Chapela, Gumersindo
Castro.
Xanote foi
un famoso acordeonista que amenizaba as festas do Viso nos anos 30-40
do século pasado.
Estes modestos
músicos ás veces recibían unha pequena homenaxe en forma de copla.
Un exemplo o atopamos nun número do xornal Tramancazos do ano 1924:
Eres
grande, Manoel insigne
cando
tocas o cornetín
si
soplas en Ventosela
oiyese
hasta en Pekín.
|
Acordeón e saxo nunha festa do Viso ArquivoTerra Meiga |
Orquestras
A
mediados do
século XX é cando comezamos a atopar datos de redondeláns
integrando orquestras similares ás de hoxe en día.
Alejo
Amoedo, pai do pianista Alejo Amoedo
Portela, foi trompetista da Banda de Música de Cabeiro e da Banda
Municipal de Redondela, e posteriormente tocou a trompeta e o trombón
nas orquestras “Los Rítmicos”
e “Gran Casino”.
|
Foto cedida por Alicia Garrido. Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy | | | | |
|
Alejo Amoedo con Los Ritmicos, de Porriño. Foto cedida por Alejo Amoedo Portela |
Precisamente
o primeiro mestre de solfexo
de Alejo Amoedo Portela sería Amador
Pérez Zabaleta. Tocaba o acordeón
entre outros instrumentos. Alá polos anos 50 e 60 do pasado século,
percorreu países como Grecia, Líbano, Exipto, Somalia ou Israel con
diversas orquestras, entre outras formou parte da “Orquesta
Florida” de Pontevedra. A pesares de
nacer en Saxamonde, non sería ata 1965 cando se anunciou a súa
primeira actuación na nosa vila no I Festival SAR.
|
Amador Zabaleta, músico. Foto El Pueblo Gallego, 1965 |
Por aqueles anos tamén actuou na "Orquesta
Florida" Luis
Medal de
Cesantes. Da mesma parroquia tamén era
Joaquín Migueles
“Llan”
que cantaba na orquestra de Pontevedra “Los
chicos del Jazz” e
o seu irmán Antonio
Migueles “Llan II” que
facía o propio na orquestra “Blues
Star”. Nesta época tamén tocaba o
saxofón e o clarinete, na orquestra de Paredes “Los
Hermanos Lorenzo”, Germán
“o do Pájaro Pinto”,
quen
tamén era saxofonista na Banda de Cabeiro e
que logo tocaría na de Redondela.
A
principios dos 50 Arturo Beloso
Pardellas,
actuaría coa “Orquesta
Montes”,
despois rexentaría unha barbería na rúa Padre Crespo. Outros
cantantes redondeláns
eran:
Babito, Paulino Álvarez
“Rascallu” e
Berto “O
Largo”,
de Reboreda.
|
Luis Medal e Llan coa Orquestra Florida, ano 1953. Foto cedida por Luís Medal (fillo)-Obradoiro Fernando Monroy |
Nos 60 actuaba a orquestra de Redondela Nuevos
Ritmos e ademais
empezaron a xurdir en Redondela pequenos grupos que actuaban nas
salas de baile e nas festas tocando os temas de moda, unha delas era
a Orquesta Denis..
Nas
Festas da Coca de 1965 e 1968 actuou “Radio
Internacional TV”, de Vigo, da que
formaba parte Argimiro “Mirito”
Fuentes, que ao ano seguinte cantaba na
“Cortegada”, de
Vilagarcía.
Outro
vocalista desta época era Celso Santos
Lorenzo,
natural de Arcade e residente en Redondela. Deuse a coñecer en 1960
con “Estrellas del Jazz”, logo
cantaría na orquestra “Gran Casino”
e, en 1970, pasaría a formar parte do grupo “Los
Supremos”,
de
Redondela.
Anos despois converteríase
en director da Coral Santiago Apostol,
de Redondela, e da Banda de Música de
Arcade.
|
Santos, "Estrellas del Jazz" Foto: El Pueblo Gallego |
|
Los Supremos Foto cedida por Celso Santos Iglesias |
No Nadal do 72, actúa nun festival benéfico a
orquestra New Orleans,
de Redondela.
A finais dos 70 e principios dos 80, Xesús
Cameselle Ben cantaría en orquestras como Ángela
Reyes y Mariachi Alegrías de Méjico
ou Aramio.
|
No centro Xesús C. Ben voz da Orquestra Aramio a inicios dos 80´s. Foto: X. Ben |
Nos
anos 80 na mencionada
"Orquesta Florida"
tocou
os teclados Alejo
Amoedo.
Case
todas estas orquestras con compoñentes redondeláns soían
ser contratados para as festas da Coca. A continuación citarei a
outras agrupacións desta época que participaron nas distintas
festas do noso concello e dos que descoñezo se tiñan algún
integrante da nosa vila: Orquesta
X (Pontevedra),
Orquesta
Poceiro, Orquesta Montes (Pontevedra,
grupo no que cantaba Suso Vaamonde),
Brasil, Sintonía (Nigrán),
Arosa,
Miami...
|
Orquestra Florida en 1985 Foto: Alejo Amoedo |
Dende
aquela son moitos os redondeláns que teñen formado parte de
orquestras. Por exemplo a Orquestra
Paraíso sempre
contou nas súas filas con varios redondeláns como o seu cantante
Manolo.
Outro músico sería Severino
Fervenza, quen
formou parte de Menta
y Limón, Menta, Citanis,
Sexta
Avenida,
Marimba
(da que foi
propietario),
Saudade
73, Tropicana...
|
Citania no Novo Olimpia, 1982. Foto: Seve Fervenza |
Para
finalizar destacar a dous músicos
pola súa longa traxectoria en importantes orquestras:
Jose
Antonio Blas Piñón, vocalista da
famosa Orquestra París de Noia dende
1981.
Iniciouse
na música con 15 anos nos
grupos
de folk de Redondela: Nuntios
e Vento Norte. Con este último participaría no concurso de TVE
Gente Joven. Despois
tocaria en solitario coa súa guitarra por pubs e festivais ata
entrar na Paris de Noia.
|
J. A. Blas Piñón vocalista de París de Noia Foto Xoán A. Soler-La Voz de Galicia |
Sito
Muíños,
gaiteiro e teclista que formou parte de varias orquestras:
Menta,
Menta y Limón, Citania, Oro Negro, Charol, Camara e
Orquestra
Pao. Dende
1997 toca os teclados (e
tamén guitarra e baixo)
no Grupo América. Tamén
pertence a sección de gaitas da orquestra folk Son de Seu, de Vigo,
e sigue formándose en instrumentos tradicionais na E-trad desta
mesma cidade.
|
Sito Muíños Facebook |
Actualmente contamos con dous tríos
musicais: 3.com e
Pentágono.
Murgas
Como
no caso dos gaiteiros é difícil atopar datos antigos das murgas
porque nos programas das festas non se soian
citar nin os nomes das mesmas. Citar que para as festas da Coca de
1909 foi contratada unha murga
de Carballino e tres anos despois unha de Domaio e outra de Pazos de
Borbén. Xa en 1930 actúan as murgas
de Salceda e Coiro.
Das
de Redondela destacar a:
Os Quintelas
Esta
murga fundouse
no 1954 é mantívose en activo ata 1980, no 2005 volverían a
reagruparse despois dun parón de máis de 20 anos.
Primeira formación: Julio (tocando o
saxo) e Generoso (daquela a caixa), na compaña dos veciños de
Quintela: Luis (gaita), Manuel (saxo), Xosé (bombo) e Carlos
(clarinete).
Formación no 2008: Xesús
(organizador e bombo), Julio (saxo tenor), Raúl (saxo alto),
Generoso (batería), Antonio (clarinete e saxo), Javi Castro
(acordeón e órgano) e Xaquín “Xocas” (clarinete e gaita).
Outros compoñentes: Carlos "O
Roxo", Ramón "Presley", Morantes, Manuel, Ernesto,
Suso Ben...
A
Asociación Musical de Murgas Tradicionais (AMUMT) elexiunos
mellor agrupación no 2007.
|
Os Quinteles. Foto: Faro de Vigo, 2008. |
Fanfarria Takicardia
Formación con
algún compoñente de Redondela. Son habituais no Festival
Internacional de Títeres.
|
Fanfarria Takicardia nosTiteres 2016. Foto: Adriana L. Ríos |
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Aportes
Alejo Amoedo Portela e Jose Luis Cofán.
Galiciana => El
Pueblo Gallego, El Correo de Galicia
La Voz de Galicia
No hay comentarios:
Publicar un comentario