A principios do
S. XX a posibilidade de ter unha formación musical, como a
universitaria, tan só estaba ao alcance das familias acomodadas. En
1917
nos
exames de ensino libre da
Escola de Música da Sociedade Económica de Amigos do País,
incorporada ao Conservatorio Nacional aprobaron
con sobresaínte 1º e 2º curso de piano, as señoritas Isabel
Míguez e Carmen Contreras, de Redondela.
Ademais da
referencia fundamental que foi en Redondela Reveriano Soutullo outros
músicos destacados serían:
Marcos
Sotomayor
Pianista,
foi un gran promotor da música na nosa vila. Unha mostra disto e que
dirixiu a Rondalla
Armonía e
animaba co seu piano os bailes e os entreactos das funcións teatrais
na nosa vila a principios do s. XX.
Jesús Padín
Lorenzo
Aparece
nun censo de actividades de 1910 como mestre de música.
Manuel Soto
A
única noticia que atopo é cando en xuño de 1925 na Sociedade
Agraria do Viso ofrece un festival o seu grupo de teatro, actuando o
seu paisano,
Manuel Soto, violinista procedente do conservatorio D'andrea, de
Buenos Aires, que foi acompañado ao piano polo profesor de música
do Colegio
de P. P. Jesuítas, de
Vigo, José Iglesias.
Virgilio
González
En
1948 participa como acordeonista nun concurso organizado pola Radio
Pontevedra, interpretando o pasodobre “Puenteareas”
e
o intermedio “La
leyenda del beso”.
Noutra noticia de 1962, aparece como pianista acompañando na igrexa
de Vilavella a un afinado coro nos
exercicios relixiosos do “Mes de María”.
Na actualidade, en Redondela contamos
con tres prestixiosos pianistas:
Alejo Amoedo
(piano) (Redondela,
1966)
Estudou
nos conservatorios de Pontevedra, Santiago y Vigo, acadando altas
cualificacións
nas carreiras de piano, solfexo,
repentización, acompañamento e música de cámara. Baixo
a dirección de Miguel
Zanetti (catedrático da
escola superior de canto de Madrid) especializouse
no acompañamento vocal.
Alejo Amoedo galiciantunes.com |
Foi becado pola Xunta de Galicia como
pianista no “1º programa de práctica orquestal”, convocada polo
Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais.
Foi galardoado co
“Premio Círculo 2004” na modalidade de música concedido polo
Circulo Recreativo y Cultural de Porriño.
Como
dúo de pianos xunto a Carlos
Pérez acadou:
primeira medalla “finalistas” no Concours
Musical de France na disciplina de
piano a catro mans celebrada en Girona e posteriormente o segundo
premio na final celebrada en París; Diploma de honra no Torneo
Internacionale di Musica en Zaragoza.
Actualmente exerce
como pianista acompañante no Conservatorio Superior de Música de
Vigo, sendo xefe de departamento de piano acompañante, e na Escola
Superior de Música e das Artes do Espectáculo de Porto (Portugal)
na aula do tubista Eduardo Nogueroles.
Entre
os seus traballos discográficos máis recentes destacan o triplo
C.D. Antoloxía
de Compositores Galegos
gravado co clarinetista Asterio Leiva; os realizados xunto ao
trompetista Rubén Simeó titulados Virtuosismo
Barroco
e Fantasy
Trumpet e
o máis recente acompañando á mezzosoprano Iria Cuevas, titulado
Mélodies.
A todo isto
habería que engadir a súa faceta de estudoso e coleccionista de
partituras, libros e fotos de músicos galegos.
Alberto Vilas
Alberto Vilas. Foto: Facebook |
Adentrouse
no Jazz da man do pianista Manuel Gutiérrez para continuar logo
formándose no Seminario
Permanente de Jazz de Pontevedra
con
Paco Charlín e Abe Rábade. Logo sería becado para estudiar no
Workshop “Tavira en Jazz“ no Algarve Portugués. Recibiu
formación de músicos como: Perico Sambeat, Miguel Zenón, Jaleel
Shaw, Marcus Strickland, Donald Edwards, Walter Smith III, Jonh
O¨Gallagher, Alán Ferver, Russ Lossing, Aruán Ortiz,Jonathan
Kreisberg, Ambrose Akinmushire, Jonathan Blake, Brannen Temple, Jesús
Santandreu, Carlos Barreto, Filipe Melo, Joao Moreira, Mike Moreno,
E.J.Strickland, Josh Ginsburg, Lage Lung, Demian Cabaud, Guim G.
Balasch, Pablo Martín, Arturo Serra, Logan Richardson, Sam Harris,
Tommy Crane, Greg Ruggiero,Taylor Eigsty e Joe Sanders entre outros.
Compartiu
escenario
con músicos da talla de Bobby Martínez, Marc Ayza, Nuno Ferreira,
Ramón Cardo, Carlos Martín ou Chris Kase e participou no Canjazz
2010 xunto a Marc Ayza, Vicente Macián, Virxilio da Silva e Juyma
Estevez.
Na
cuarta edición do Nigrán Jazz presentou os seus propios temas con
Alberto
Vilas Quinteto.
Con esta formación percorreu practicamente
todos
os
grandes festivais de Jazz da Galiza.
Na
actualidade é profesor de piano e pianista acompañante do
departamento de Canto, Violonchelo,
Contrabaixo, Banda e Orquestra
no Conservatorio Profesional de Música “Manuel Quiroga“ de
Pontevedra logo de ter exercido o
seu
labor
profesional como docente nos Conservatorios de Lugo e no Superior de
Vigo.
Finalista
en varias ocasións do premio Martín Códax e gañador no 2017 polo
seu traballo "Universo Lem".
No
2019 presenta un novo proxecto, Circus,
compartindo
escenario
con Noli Torres (batería) e José Manuel Díaz (contrabaixo).
Tamén
compuxo e interpretou a música de varios documentais ademais de
participar en numerosos proxectos como o
cd “Alegría“
de Sergio Tannus, “Deserto
de centos“
de Sonia Lebedinsky, “Cantos da Ialma“ de Xulio Lorenzo, “Chapeu”
de Tatán ou María
Fumaça.
Noemí Salomón (Redondela,
1990)
Noemí Salomón Facebook |
Foi pianista acompañante
de canto na Fundación Ana María Iriarte, participou no Concurso
Internacional María Herrero (Granada) e Spanish Composers-CIPCE
(Madrid 2015).
Ten actuado fóra das nosas fronteiras
en países como Alemania ou Austria.
En 2016, acadou a Mención de Honra dos
Premios Excelencia Musical Mans Futuro, o que lle permitiu a
gravación do rexistro adicado a obras de Beethoven e Ravel.
No 2019 gravou
xunto á soprano Anais Fernández un
tripla CD para
piano e voz homenaxe ao
compositor Fernández
Vide.
Conservatorios
e Escolas de Música
Conservatorio
Victor Ureña / Escola de Música de Redondela
A
inauguración na casa do antigo Concello do
Conservatorio Municipal de Redondela, nos anos 90, permitiu que
se impartiran os estudos musicais
(principiante e medio) na nosa vila. No 2004 trasladouse á Avenida
de Santa Mariña. Recibe o nome de Víctor Ureña na honra de quen
fora director da Banda de Música de Redondela na década dos 50 e
que, xa nos 90, colaborou con esta institución. Recentemente creouse
como alternativa aos estudos do conservatorio a Escola
de Música de Redondela.
Orquestra de Saxos de Redondela
Nace
en 1996 da man de Elisa Arias Trigo, mestra
do Conservatorio de Redondela. Agrupa a
mozos e mozas entre os 8 e 27 anos.
Discografía:
Sempre
Crescendo (1996)
Re-swing-dondela
(2001)
En
Sax-Simón (2012)
Camiña
don Saxo (2015)
Redondela
(2017)
Escola de Música de
Chapela
Fundada o 7 de
setembro de 1991 por Alejandro Bastos Fernández, dentro da
Asociación Cultural e Social de Chapela. Da súa actividade
xurdiron a Banda de Música de Chapela e varios grupos de música e
baile tradicional.
EMMBA (Escuela de Música Moderna & Bellas Artes)
Escola
de música privada que abriu as súas portas en Redondela en 2017.
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Aportes
Fernando Casas, Alejo Amoedo
En
Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia:
http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es
=> Ciudad, El Pueblo Gallego, Gaceta de Galicia
El Correo
Gallego
Faro de
Vigo
Máis
información:
Alejo
Amoedo https://alejopianista.wordpress.com/bio/
Alberto
Vilas https://albertovilasquintet.wixsite.com/
No hay comentarios:
Publicar un comentario