1908-Redondela F. C.
|
1908-Redondela FC.
Redondela. Crónica gráfica dun pasado recente. María A.
Leboreiro Amaro.
|
Promovido
por Saturno Cal Muíños formouse en 1907, o primeiro club da vila
Redondela Foot-ball Club,
que sería fundado oficialmente en xaneiro de 1908. Constaba de dous
equipos e estaba formado por máis de trinta socios. A primeira xunta
directiva estaba formada por: presidente, Leonardo Santos;
vicepresidente, Lauro Olmo; secretario, Francisco Sánchez;
tesoureiro,
Camilo Lezón; vocais, Bernardino Míguez, José Rodríguez,
Francisco Estévez Sánchez e Inocencio Estévez. Estaba capitaneado
por Bernardino Míguez Blanco que meses despois tivo que emigrar a
Arxentina, sendo substituído
por Mauro Olmos. O primeiro campo da vila foi construído
polos propios xogadores na Xunqueira. Asolagábase
en inverno e había árbores no terreo de xogo, o que nos da unha
idea do que era o fútbol
afeccionado
naquela época.
O equipo titular estaba integrado por Bernardino Míguez (capitán),
Joaquín Cardalda Feijoo, Maximino Tejo, Antucho Bermúdez, Ramón
Feijoo (fillo), Lauro Olmo, Fermín Alfaya e catro dependentes do
comercio de tecidos de Ramón Feijoo (padre) chamados:
J.
Lezón, F. Sánchez, M. Santos e M. Táboas.
Máis
tarde, entraría neste equipo Castor Baltar Hevia, destacado porteiro
apesares de ver por un só ollo; Reverter, que xogaba descalzo; e
outros dependentes do citado comercio.
1909-Científico
Deportivo de Redondela
Pouco
despois da súa creación o Redondela F.
C. converteuse nunha asociación
chamada Sociedad Centro
Científico-Deportivo. Como club, en
1909 estaba adherido á Federación
Deportiva de Galicia como Científico
Deportivo de Redondela. O 6 de xuño
dese mesmo ano, organizou o primeiro campionato na vila, no que
participaron catro equipos vigueses: Vigo,
Athletic, Progreso e Industriosa.
A principios de 1910 este club seguía contando cun segundo equipo.
En xullo de 1911 participa na Copa
Padrós, na que gañou o segundo equipo
do Vigo F. C. ao
derrotar ao segundo do R. Fortuna F. C.,
e vencer na final 2-1 ao Científico
Deportivo. En agosto de 1912 organizan
a Copa Redondela,
para segundos equipos, inscribíndose a Sociedad
Gimnástica, de Vigo; Sporting
e Victoria,
de Pontevedra; o Científico Deportivo,
de Redondela; e o Real Club Coruña.
Por este equipo pasaron: Edmundo Novoa, Cipriano Prada Yaiza, os
irmáns Ocaña, José “Costeiras”
Martínez Vidal, Pancho, Reverter, Rodríguez López, Sánchez, V.
Sánchez...
En outubro de 1914
o segundo equipo do Científico
Deportivo reforzado con xogadores do
primeiro vence 4-1 ao C. D. Pontevedra.
en partido arbitrado por José Martínez capitán do club redondelán.
Formaron: Adán, Paz, Leirós, Mandado, López, Mandado, Sánchez,
Pos, García, Otero e Bujones.
1919-Sporting
Club
Ideal
F. C.: A primeira referencia que atopo
deste club é o 12 de xullo de 1911 cando, como equipo infantil,
xogou un partido contra un club
pontevedrés. Cando menos dende 1914, compite en categoría sénior.
Era coñecido como o equipo dos obreiros.
Fénix
F. C.: Clube formado en xaneiro de
1916. O seu nacemento viu provocado porque o Centro
Científico Deportivo descoidaba a
sección de fútbol,
polo que os seus compoñentes decidiron desligarse. Nun principio
aparece como club infantil, comezando en 1918 a competir en categoría
senior. Era considerado o equipo dos comerciantes. Xogadores de este
equipo eran: Tomás, porteiro; Avelino Cal, medio centro; Juanito
Rodríguez, interior dereito; e Muíños, dianteiro centro.
¿?:
Unha noticia de 1917, daba conta de que o Bispo de Tui doara 300
pesetas á Escola Nocturna de Obreiros, para que os alumnos formaran
un equipo de fútbol
e puideran mercar unhas equipaxes, mais ata o de agora non atopei
máis referencias.
Sporting
Club: Nace a mediados de 1919 da fusión
do Fénix e
o Ideal.
Permanecería invicto ata outubro dese
ano, ao perder 3-1 co Real Fortuna de Vigo, despois de vencer a
equipos como o Alfonso XIII, Español e Suevia. Apesares de tan bos
inicios o club disolveuse en 1921. Neste equipo xogaban Bouzón e
Pena. Outros xogadores destes anos serían: Bernardino Míguez Alfaya
“Neno”,
José Martínez, José e Juan Rodríguez, e Roberto Sánchez, todos
dianteiros; e Manolo Rodríguez “Olé”,
medio centro.
Nestes primeiros
anos sucédense numerosas anécdotas: porteiros que cando non tiñan
traballo sentábanse a ler ou marchaban a dar unha volta en
bicicleta, coches de cabalos que nos desprazamentos non subían as
costas e había que baixar a empurrar, xogar dous partidos no mesmo
día...
1922/1923-Liga
Popular
Despois
duns meses sen equipos na vila nace o Liga Popular, creado pola
sociedade de igual nome e que, o 16 de xullo de 1922, debuta vencendo
por 1-0 ante o Royal Sporting Higls
Club, de Vigo. En xullo de 1923 é
seleccionado para a disputa da Serie C por non dispor dun campo en
condicións. Na súa breve existencia este club derrotou en amigables
a equipos de maior categoría como os pontevedreses Alfonso
XIII, Eiriña e Athletic
Club, e acadou unha copa de prata en
Ponteareas gañando
por 2-0 e 6-0. A derrota do
Eiriña
supuso un éxito sen precedentes que nun xornal da época narrouse
así: “El domingo a las 10 de la
noche, una salva de bombas anunciaba el regreso de Pontevedra de
nuestro equipo de foot-ball, vencedor del Eiriña por dos tantos a
cero. Centenares de personas invadieron la calle Alfonso XII
vitoreando y abrazando a los triunfadores.”
Xogaron neste club: José Lamas; José Villar (Carracha),
Rafael López (Cabezo);
Jaime Serín, Avelino Cal, Tiano; Jesús Figueroa (Suso),
Julio Sánchez, Isidoro Pereira
(Campanero),
Rodríguez II, Otero, Borines, Antonio Villar (Nicha)
e Ángel Iglesias (Julata).
1924/1943-Redondela
F. C.
En
febreiro de 1924 fórmase o primeiro equipo federado, o Redondela
F. C. Naceu
como unha continuación do Liga
Popular que
tantos éxitos conseguira nun só ano. Nos seus primeiros anos vestía
camiseta azul e estaba presidido por Pedro Otero Sestelo.
Disputou
o seu primeiro partido oficial en maio de 1924 contra o Europa,
de Vigo, en promoción de ascenso á
Serie B, empatando 2-2 e perdendo o partido de volta 2-1.
|
Redondela FC. equipo que se enfrontou ao Europa, 1924. Foto: Pacheco |
Ante a imposibilidade de xogar os partidos oficiais en
Redondela, este equipo construiría un campo en terreos alugados aos
donos do pazo de Petán. A obra financiouse cunha porcentaxe da
recadación das entradas e coa venda de accións de 25 e de 5
pesetas. O primeiro partido amistoso celebrado neste campo xogouse o
28 de setembro de 1924 contra o Athletic
de San Lorenzo, de Vigo, vencendo o
noso equipo 3-2 con goles de Neno (2)
e Avelino Cal. A inauguración
oficial sería o 5 de outubro, cun encontro entre o Redondela
F. C. e o Comercial
de Vigo, gañando os locais 4-3.
|
Redondela FC. Inauguración de Petán. Foto: Pacheco
Aliñación:
Lamas, Suso, Cabezo, Tiano, Avelino,
Serín, Manolo, Choqué, Neno, Antonio e Ángel.
|
Nese mesmo ano, organizaron o seu primeiro torneo,
a “Copa Redondela”,
xogando o primeiro partido o 16 de novembro contra o Deportivo
de Coya. Un pouco antes, en xullo de
1924, reforzados con dous xogadores redondeláns do Alfonso
XIII e outros dous do Athletic
de Pontevedra, pero coa ausencia do
porteiro titular, José Lamas, substituído
por un infantil, gañaron ao Eiriña por
3-5: Pena (Porteiro infantil), Villar I (José), Cabezo,
Rodríguez, Avelino Cal, Jaime Serín, Rodríguez II (Juan), Villar
II (Nicha, Antonio),
Bernardino Míguez (Neno),
Julio Sánchez e Jesús Figueroa (Suso).
Neste primeiro ano tamén xogaban: Agrelo, Troncoso, Tiano, Castro,
Pérez (Choqué), Pereira,
Molinos, Maestú... Posteriormente formarían parte do equipo: Paco
Soto (capitán), Díaz (Porteiro), Molinos, Sieiro, Suárez, Pazos
(Macoco),
Isidoro Pereira (Campanero), Segundo
Puga (Chicuelo),
Otero, Alejandro Pérez Rivero (Maniño),
Paz, Tallada (Porteiro),
Pierla, Leira, Muíños, Ángel Iglesias (Julata),
Cabezo II, Borines,
Azogue, Tito, Sotelo, Correa...
No hay comentarios:
Publicar un comentario