ANOS 60
III Festival SAR. Arquivo Albi |
Entre
os primeiros grupos que actuaron na nosa vila podemos citar "Los
Acevedos", nas
festas das Angustias de 1960. Para
as Festas da Coca de 1966, contratouse
ao conxunto "Galas de España"
e
organizouse un concurso de grupos
“ye-yes”
patrocinado por Pedro Regojo. O premio era de 6.000 pesetas e houbo
participantes de Vigo, Pontevedra e Redondela.
Grazas á
iniciativa da S. A. R. a verdadeira canteira de rockeiros da vila
foron as barberías de Chucho e Juan Crespo “Padilla”. Nestes
locais os rapaces aprendían dos maiores a afinar as voces e a tocar
a guitarra, a bandurria e ata algún laúde. Cóntase que Juan Crespo
asubiaba cando algún novato desafinaba tocando, e que Chucho deixaba
de barbear aos seus clientes para corrixir os rasgueos. Estes
mozos axiña deixaron de tocar as cancións dos máis veteranos.
Nacían así os dous primeiros grupos de rock and roll de Redondela
que actuarían entre 1966 e 1968:
LOS ÁTOMOS
Influencias: Los Salvajes, Los Bravos,
Gatos Negros e The Rolling Stones.
Primeira Formación: Juan Araújo,
Xaquín Iglesias, Pepito Piragua e Mundo Cal.
Outros: Jorge “Chispa”.
Los Átomos. Foto publicada en La Voz de Galicia |
LOS PINOS
As malas linguas contan que este grupo
tiña máis éxito entre o público feminino que “LOS ÁTOMOS”
por ser máis melódico.
Influencias: Los Brincos, Beatles,
Mustang...
Compoñentes: Santi Pujin, Miguel
López, Fonso Garoto e Tucho “Gasolinera”.
Estes dous grupos
fixeron as súas primeiras actuacións no Baile
Parque de la Junquera e no clube da
Praza Constitución. Especializáronse en tocar nos
guateques dos clubs e nos descansos dos
concertos dos grupos de Vigo. Máis tarde, algúns dos seus
compoñentes seguirían as súas carreiras musicais en orquestras
profesionais.
JAKIMON
Grupo formado en 1968 por Manolo, Jorge “Chispa”, Juan e Sergio.
A finais dos 60
tamén temos que destacar a tres grupos que actuaban habitualmente na
salas de
festas de Redondela e que influíron
notablemente nos conxuntos que se formarían na seguinte década.
LOS CUPERS
Grupo formado en Amoedo (Pazos de
Borbén) e polo que pasaron varios redondeláns. A súa formación
variou entre os 4 e 5 compoñentes. Tocaban temas de: The Beatles,
Rolling Stones, Los Brincos... Chegaron a tocar no Casino de Estoril,
onde causaron sensación porque daquela non era usual en Portugal
escoitar grupos que tocaran rock.
Compoñentes: Pepe Couto (teclados),
Miguel “Pirri” (batería, de Amoedo, daquela contaba 17 anos e co
tempo fundaría o Grupo América), Miguel Cabadas (baixo) e ¿?
(guitarra)
Outros: Soler, Mundo Cal, Jandro
Gesteira, “Rachón”...
Los Cupers-Baile La Junquera 1970 Foto: El Pueblo Gallego (Vigo) |
LOS SANTOS
Grupo de Vigo que tocou nas salas
Parque La Junquera e Miramar a finais dos 60 e principios dos 70. En
1973 gravaron o seu primeiro disco.
Primeira formación: Gustavo (voz),
Tato (teclados), Paco (batería), Fandiño (guitarra), Chato Nogueira
(saxos), Serafín (trombón) e Jorge (baixo)
Formación estable: Tato (teclados),
Paco (batería), Fandiño (guitarra), Julio Suñer (saxos), Serafín
(trombón) e Nando Pereira (baixo)
Outros: Tato foi
substituído por Toñito e Julio por Gilles.
Chegaron a
realizar algunha xira por Europa, unha delas acompañando a Suiza a
Ana Kiro. Tamén actuaron en TVE no programa de J. Luis Uribarri.
DON PABLO
Grupo de Vigo.
Compoñentes: Luis Dompablo, Arturo,
Calvera e Nando Pereira
Amenizaron a Sala Miramar durante un
par de tempadas a principios dos anos 70, primeiro con Senra de
batería e logo con Emilio (ex-Queimada). Precisamente despois
de actuar no Miramar con Queimada, Emilio e Nando marchan a
ese grupo, sendo substituídos por Toñin,
Moncho e Luis, procedentes de Los Cirios.
ANOS 70
Nesta década conviven grupos de rock
con conxuntos melódicos. Destacar a primeira grabación dun single
por parte de Salomón e a actuación televisiva de Vento do Norte.
CRIPTA
1978-1979.
Primeira
banda de Redondela que actuou fóra do noso concello. Tocaba temas
propios. Actuou en salas como Totem de Porriño, sendo o segundo
clasificado no “Festival Abrente” (Vigo). Algúns dos seus temas
máis destacados serían: “La tortilla
cósmica”, Fandanguillos siderales”
ou “Éxtasis en X menor”.
Juan Manuel vivía enriba do Hotel España, onde escoitaban a
Chicago, Paul McCartney, Yes, Pink Floyd, e moitos outros, xogaban ao
scalextric,
e ensaiaban con piano ou guitarra. Chegaron a gravar
unha maqueta en casette.
Estilo: Jazz-rock.
Influencias: Chick Corea, Yes, Stanley
Clarke, Whisbone Ash...
Compoñentes: Rafa Tejo (guitarra),
Antonio L. Castillo (baixo) e Juan Manuel Conde Muiños (batería)
Outros: Pepe de Haz "Gándara"
(batería)
Cripta na Sala Totem Porriño 1978. Foto cedida por Antonio Castillo |
ERUPCIÓN
Pre-CRIPTA. 1976-1977.
Ensaiaban nun
pequeno local da rúa Meixón Frío e tocaban nos descansos do "Grupo
Armonía", á que as veces substituían amenizando vodas.
Tocaban composicións propias e temas de: Santana, The Beatles, The
Who, Los Brincos...
Compoñentes: Rafa Tejo (guitarra),
Antonio L. Castillo (baixo), Juanma Conde e Manuel Crespo (batería).
Outros: J. Carlos
"Fran" Táboas (batería)
GRUPO
ARMONÍA
1976-¿1981?
Era un grupo que
tocaba pasodobres e os temas pop de moda. Actuaban en salas de baile,
vodas e nas festas de: Pazos de Borben, Moscoso, Fornelos de Montes,
a Ermida, a Insua, Caritel, Ponte Caldelas, Gaxate, Berducido,
Ventín, San Vicente... Durante un tempo tamén fixeron de grupo de
acompañamento dun cantante de Vigo.
Compoñentes: Pepe Couto (teclados, de
Amoedo), Manolo “Pequeno” (batería e voz, de Cesantes), Cándido
(Saxo, de Negros) e Jose (guitarra, de Vigo)
Outros: Antonio L. Castillo (guitarra e
voz, de Redondela)
INVIERNO
Compoñentes: “Tatán”, Soler,
Quinete e Alejandro Xesteira
MUNDO E CLOTI
Dúo formado por
Mundo Cal (guitarra) e Cloti (voz).
Cantaban cancións comprometidas e en
galego.
NUNTIOS
Algúns dos seus compoñentes en 1978
serían: Antonio López, Marisa, Carlos, Luis, Tere, Blas...
Nuntios. Fondo Antonio López. Arquivo Audiovisual Concello de Redondela |
RETRATO DE FAMILIA
Grupo
que desapareceu despois dun único concerto na discoteca Diva.
Compoñentes:
J. A. Xesteira, Cloti, Antonio L. Castillo (violín), Soler, Tatán
(acordeón diatónico).
Retrato de Familia. Foto cedida por Tatán |
SALOMÓN
Canción Melódica.
Solista e órgano. Primeiro músico de
Redondela en gravar
un single. Publicouse en 1973, titulábase Tristura/Mi
soledad, e
nel estaba acompañado polo grupo Los
Santos, de
Vigo.
Arquivo Fon Conde |
VENTO NORTE
Grupos
de voces e guitarras con versións da música folklórica. Participou
no concurso da TVE, Gente Joven
cara a 1978 ou 1979.
Compoñentes: Luis Míguez, Fina,
Blas, Antonio López, Carlos, Juan, Teresa, Alejandro e Nieves.
Vento do Norte na TVE. Fondo Antonio López. Arquivo Audiovisual Concello de Redondela |
XENTE E RUÍDO
En 1973
presentáronse ao Festival do Miño coa canción "Do pobo onde
vivo".
XESÚS BEN
Xesús Cameselle Ben: cantautor, guitarra e voz. A
finais dos 70 gañou varios certames de música galega como o VIII
Festival Ría de Ares (1978). A parte da súa traxectoria en
solitario formou parte de “Os Quintelas”
e de varias orquestras.
A finais dos anos 80 comezou a dar clases de guitarra na nosa vila,
ensinando dende entón a moitos futuros músicos. Publicou
o libro musicado: A
lenda da Coca de Redondela.
Festival de Ares. Foto cedida por Xesús Ben |
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Recopilación de
grupos feita por Pedro Pérez e Fon, con entrevistas a: Mundo
Cal, Juan Araujo, “Tatán”, Suso Ben, Tejo, Pepe “Rebanadas”,
“Ogali”, Xesteira, Santos, Enrique Tuche “Pajarito”,
Castillo, Silvio, Severino, Lucho Vilas, Manoliño “Zapatón”,
Gabriel Sánchez “Pibe”, Rodri Souto, Berto “Buzo”, Olimpio,
Agustín Lovera, Fredi, Luis Crespo, Kiko, “Potiño”, Jorgito,
“Pelu” Vidal, Pepe, David Figueiral, Julián Hortas, Xoel, Santi
Gesteira, Juanín.
La Voz de Galicia,
1995. Serie de 5 artigos publicados por Gabriel Sánchez “Pibe”
narrando a historia do rock en Redondela
La Voz de Galicia.
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/
Aportes: Antonio
L. Castillo, J. A Xesteira
Arquivo
Audiovisual do Concello de Redondela
www.misaventurasmusicales.blogspot.com.es
Por Nando Pereira
Aportes: Leonor e Cal-3.
No hay comentarios:
Publicar un comentario