martes, 6 de octubre de 2020

Ruta das Pedras e petróglifos de Ventosela.

 

Ruta das Pedras Foto Asociación de Veciños de Ventosela
Foto Asociación de Veciños de Ventosela

¿Como chegar?

Na parroquia de Ventosela preto da igrexa xa podemos ver as primeiras indicacións do camiño.

Máis información: http://acitania.com/ventosela/

Sendeiro circular de 10 km. na parroquia de Ventosela con vistas á Ría de Vigo e con curiosas formacións rochosas ligadas a diferentes lendas:

  1. Petróglifos da Pedreira 1. Unha gran cruz e coviñas entre outros gravados.

    Pedreira 1. Foto: J. Migueles
    Pedreira 1. Foto: J. Migueles

  2. Petróglifos da Pedreira 2. Presenta petróglifos con escenas ecuestres, coviñas e círculos concéntricos. Moi recomendable a visita nocturna por seres os petróglifos máis espectaculares do Concello de Redondela.



    Petroglifos A Pedreira 2. Calcos obra de Patiño, 1982
     


    Petróglifos da Pedreira 2. Fotos: J. Migueles

  3. Pedras Senlleiras.

  4. Laxe das Abellas. Cóntase que nela había moitas abellas, polo que se chegou a poñer colmeas para recoller o mel.

    Laxe das Abellas. Foto: J. Migueles
    Laxe das Abellas. Foto: J. Migueles

  5. Petróglifo do Pedroso. Combinacións de círculos e cazoletas.

  6. Pedra Erosionada. A auga, o vento e o frío configuraron esta rocha dándolle curiosas formas.

    Pedra Erosionada. Foto: J. Migueles
    Pedra Erosionada. Foto: J. Migueles
     

     Pedra que Fala. Forma unha pequena cova na que a nosa voz produce reverberacións.

    Pedra que Fala. Foto: J. Migueles
     

  7. A Pedra Taió. Ligada ás lendas dos mouros e os seus tesouros.

    Pedra Taió. Foto: J. Migueles

     

  8. As Pedras Agudas. Grupo de rochas afiadas das que se conta que por debaixo pasaba un río que se podía oír.

    Pedras Agudas. Foto: J. Migueles
    Pedras Agudas. Foto: J. Migueles

     

Despois de que as sinalizacións colocadas pola Asociación de Veciños de Ventosela foran esnaquizadas en varias ocasións, en xaneiro do 2019 estréase unha nova sinalización posta por A Citania S. L. con fondos do Concello de Redondela. Durante esta actuación atópanse novos petróglifos.

Un dos petróglifos descubertos. Foto: J. Migueles

En febreiro do 2019 Xosé Couñago e os membros de A Citania S. L. descubriron novos petróglifos na zona.  

 




Algúns dos petróglifos. Fotos: A Citania S. L.

 

 

A estes engadiuse un máis localizado por Antonio Verdeal durante unha visita guiada, ao que se lle deu o nome de Petróglifo do Eido do Vento.

Petróglifo do Eido do Vento. Foto: A Citania

Outros petróglifos localizados nas proximidades serían:

Cruz, antigo límite parroquial. 

Cruz considerada antigo límite parroquial entre Reboreda e Amoedo.

Petróglifo do Campelo 1: 42.300911,-85.75398

Petróglifo O Campelo 1. Foto: J. Migueles
Petróglifo O Campelo 1. Foto: J. Migueles

Petróglifo do Campelo 2: Combinacións circulares de gran tamaño. 42.3012035461, -8.57499241057 

Petróglifo O Campelo 2. Foto: J. Migueles
Petróglifo O Campelo 2. Foto: J. Migueles

 

En outubro de 2020, aínda sen catalogar, volven a acharse novos gravados nunha canteira abandonada. Trátase de coviñas e combinacións circulares.

 42.295733, -8.568813 / 42.295761, -8.568625 / 42.295888, -8.568485



Fotos: J. Migueles


Autor: J Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Visitas guiadas realizadas pola Asociación de Veciños de Ventosela (2010) e por Xurxo Constela (A Citania) (2018-19).


No hay comentarios:

Publicar un comentario