Foto Asociación de Veciños de Ventosela |
¿Como chegar?
Na parroquia de Ventosela preto da igrexa xa podemos ver as primeiras indicacións do camiño.
Máis información: http://acitania.com/ventosela/
Sendeiro circular de 10 km. na parroquia de Ventosela con vistas á Ría de Vigo e con curiosas formacións rochosas ligadas a diferentes lendas:
Petróglifos da Pedreira 1. Unha gran cruz e coviñas entre outros gravados.
Pedreira 1. Foto: J. Migueles
Petróglifos da Pedreira 2. Presenta petróglifos con escenas ecuestres, coviñas e círculos concéntricos. Moi recomendable a visita nocturna por seres os petróglifos máis espectaculares do Concello de Redondela.
Petroglifos A Pedreira 2. Calcos obra de Patiño, 1982 Petróglifos da Pedreira 2. Fotos: J. Migueles Pedras Senlleiras.
Laxe das Abellas. Cóntase que nela había moitas abellas, polo que se chegou a poñer colmeas para recoller o mel.
Laxe das Abellas. Foto: J. Migueles Petróglifo do Pedroso. Combinacións de círculos e cazoletas.
Pedra Erosionada. A auga, o vento e o frío configuraron esta rocha dándolle curiosas formas.
Pedra Erosionada. Foto: J. Migueles Pedra que Fala. Forma unha pequena cova na que a nosa voz produce reverberacións.
Pedra que Fala. Foto: J. Migueles A Pedra Taió. Ligada ás lendas dos mouros e os seus tesouros.
Pedra Taió. Foto: J. Migueles
As Pedras Agudas. Grupo de rochas afiadas das que se conta que por debaixo pasaba un río que se podía oír.
Pedras Agudas. Foto: J. Migueles
Despois de que as sinalizacións colocadas pola Asociación de Veciños de Ventosela foran esnaquizadas en varias ocasións, en xaneiro do 2019 estréase unha nova sinalización posta por A Citania S. L. con fondos do Concello de Redondela. Durante esta actuación atópanse novos petróglifos.
Un dos petróglifos descubertos. Foto: J. Migueles |
En febreiro do 2019 Xosé Couñago e os membros de A Citania S. L. descubriron novos petróglifos na zona.
A estes engadiuse un máis localizado por Antonio Verdeal durante unha visita guiada, ao que se lle deu o nome de Petróglifo do Eido do Vento.
Petróglifo do Eido do Vento. Foto: A Citania |
Outros petróglifos localizados nas proximidades serían:
Cruz, antigo límite parroquial.
Cruz considerada antigo límite parroquial entre Reboreda e Amoedo. |
Petróglifo do Campelo 1: 42.300911,-85.75398
Petróglifo O Campelo 1. Foto: J. Migueles |
Petróglifo do Campelo 2: Combinacións circulares de gran tamaño. 42.3012035461, -8.57499241057
Petróglifo O Campelo 2. Foto: J. Migueles |
En outubro de 2020, aínda sen catalogar, volven a acharse novos gravados nunha canteira abandonada. Trátase de coviñas e combinacións circulares.
42.295733, -8.568813 / 42.295761, -8.568625 / 42.295888, -8.568485
Fotos: J. Migueles |
Autor: J Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Visitas guiadas realizadas pola Asociación de Veciños de Ventosela (2010) e por Xurxo Constela (A Citania) (2018-19).
No hay comentarios:
Publicar un comentario