domingo, 8 de mayo de 2022

Rutas polo Monte Mirallo (Monte Penide) de X. Couñago.

Mirador da Poza da Lagoa. Foto: Raúl.
Mirador da Poza da Lagoa. Foto: Raúl.

Comparto aquí dúas novas rutas de sendeirismo no Monte Mirallo (mal chamado Penide) realizadas por Xosé Couñago.


Ruta arqueolóxica de Monte Mirallo (4 Km.).

Ruta circular de dificultade baixa. Partindo da Mámoa do Rei, visitaremos os petróglifos de Chan da Cruz, os de Coto do Corno e o Castro de Negros.

https://goo.gl/maps/CPVTFKRN128Pq92i9


Mámoa do Rei. Foto: J. Migueles

 

Ruta arqueolóxica e paisaxística de Monte Mirallo (14 Km.).

        Trátase dunha ruta circular de 14 quilómetros que enlaza todo o patrimonio arqueolóxico do Monte Mirallo incluíndo as mámoas do Concello de Redondela máis próximas ao parque do Vixiador, sito na parroquia viguesa de Candeán. Ademais de mámoas veremos varios grupos de petróglifos e achegarémonos ao Castro de Negros. Preciosas vistas á Ponte de Rande, ás illas Cies, á illa de San Simón e ao val de Maceiras son outros atractivos deste paseo. Podemos considerala de dificultade media pola súa lonxitude.

      Presentamos aquí dous enlaces co trazado da ruta:

Un enlace web para acceder con ordenador.

https://www.google.com/maps/d/u/0/edit?mid=1wgXFMRXJGV5YyrJ3vz7hUmxo9DeAdSSI&usp=sharing 


E un enlace indicado para o acceso desde o móbil.

https://goo.gl/maps/ZL9ghKeodxWjVHz96



Petróglifos de Chan da Cruz. Foto: J. Migueles
Petróglifos de Chan da Cruz. Foto: J. Migueles

Para máis información visitar:

Monte Penide / Monte Mirallo. https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/monte-penide-monte-mirallo.html

Castro de Negros. https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/11/o-castro-de-negros.html


Cabalos no Monte Mirallo. Foto: J. Migueles
Cabalos no Monte Mirallo. Foto: J. Migueles

 

Autor: J. Migueles

No hay comentarios:

Publicar un comentario