Emigrantes galegos en Cuba. Arquivo Martín Fernández, de Ribadeo |
Na primeira metade do século XIX xa atopamos en Cuba a:
José María Mos de la Rosa. (Cesantes). En 1838 iniciou os seus estudos de menciña sen apenas medios na Universidade de Santiago, chegando os seus compañeiros a ofrecer unha obra teatral para que puidera cubrir os seus gastos. Logo acadaría o mérito na Universidade de Narbona (Francia), establecéndose finalmente na Habana (Cuba), onde acadaría gran reputación como médico.
Jacobo Gil de Avalle Valladares (Redondela, 25-7-1783/ Murcia, 12-2-1871). Entre 1835 e 1838, exerce na Habana (Cuba) como Mariscal de Campo e Subinspector General de Artillería. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/gil-de-avalle-valladares-jacobo.html )
A perda de Cuba como colonia española supuxo a incautación de propiedades e a saída do país de moitos emigrantes alí establecidos. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/12/1898-guerra-de-cuba.html )
A crise do carbón provocada polo inicio da I Guerra Mundial, provocou unha nova emigración, principalmente entre a clase mariñeira. Cuba volve a converterse nun punto de destino, aínda que a maior parte opta por Estados Unidos. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2022/06/redondelans-en-estados-unidos.html ). A crise financeira daquel país no 27 provocará o regreso de moitos emigrantes a España pero tamén a saída cara outros países como Cuba.
Claudio López Lago (O Viso). En 1927 volve ao Viso acompañado da súa esposa e filla despois de 22 anos en Arxentina. Pouco despois saen con destino a Cuba.
Manuel Míguez Alfaya. En 1925 visitou Redondela despois de 22 anos en La Habana.
Benigno Pazos García (Redondela, 29 de julio de 1904). Fillo de Ramón e María. Chegou a Cuba o 13 de xuño de 1920, no vapor inglés Victoria. Na Habana converteríase en comerciante especializado na importación de viños, licores, sidras, conservas e víveres desde os Estados Unidos e España entre outros países. Ocupou varios cargos no Centro Gallego, a Beneficiencia Gallega e o Casino Español da capital cubana.
Tamén cabe citar a unha mestra nacida en Cuba:
López Fondevilla, Rosa María (La Habana (Cuba))
Chegou a Pontevedra procedente de Cuba aos 12 anos. Naquela cidade aprobaría as oposicións en 1933. Ao ano seguinte comeza a traballar na escola de nenas de Reboreda. En 1958 trasládase á Graduada de Redondela na que permanecera ata que un accidente a obriga a xubilarse aos 66 anos.
Futbolistas en Cuba
Cando menos tres, foron os futbolistas de Redondela que chegaron a disputar a Liga Cubana nos seus inicios:
Bernardino Míguez Alfaya. Chegou a proclamarse campión da liga cubana a principios dos anos 20 gañándose os alcumes de “El Tanque” e “El León Gallego”. En 1924 estaba de volta en Redondela, pero un par de anos despois volvería emigrar a Cuba.
José Villar Mínguez “Villar I””Carracha” (Redondela): Irmán do tamén futbolista Nicha, dianteiro do R. C. Celta. José xogaría de central nos principais equipos da cidade de Pontevedra. En 1926 emigrou a Cuba como fixeron varios membros da súa familia. Alí xogou no “Hispano América”, da Habana. Axiña destacou no novo equipo volvendo con varias medallas, entre elas unha coa inscrición “al inmenso Carracha alma del Hispano”. En xaneiro de 1928, ao pouco de volver, aparece aliñando co Alfonso XIII para enfrontarse ao Deportivo.
José Lamas Gómez “Lamas” (Redondela). Como xa vimos estivo emigrado en Uruguai. Porteiro que xogara uns meses no R. C. Celta, emigrou a finais dos anos 20 a Cuba, xogando no Club Hispano América e no Deportivo Centro Gallego. En 1931 regresa a Galicia onde continúa a súa carreira futbolística.
(Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/07/futbol-os-precursores-futbolistas-da.html )
1953-1959 Revolución Cubana
A Revolución Cubana traería consigo a incautación de bens e a ruína de moitos españois alí establecidos que deben abandonar o país, Sería o caso de:
Gerardo Reboredo Rodríguez (Redondela, 1917) casado con M.ª de los Ángeles “Ángela” Vidal Avalle. Emigrantes en Cuba, volveron despois da incautación de bens de Fidel Castro. Emigrarían novamente, esta vez a Miami, de onde nunca regresaron.
Tomás Soto López. Embarcou cara La Habana e Veracruz a principios de 1959.
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Crónicas de la emigración. Gallegos en Cuba. Individualidades: su huella imborrable en una Nación. Mario Luis López Isla.
O cemiterio dos Eidos da vila de Redondela. Xosé Manuel Moreira Docampo. Concello de Redondela, 2022.
Publicaciones del Archivo Nacional de Cuba. Archivo Nacional de Cuba, 1952.
Faro de Vigo
Galiciana => http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El Compostelano, La Noche, Vida Gallega
Aportes Celso Milleiro.
Tramancazos
No hay comentarios:
Publicar un comentario