"Vigo. Zarpando para América con emigrantes". Postal |
A perda de Cuba e Puerto Rico en 1898, provocou que moitos dos españois establecidos naquelas colonias probara fortuna en Estados Unidos. É un momento no que este país está en pleno crecemento para converterse nunha potencia mundial no século XX. Como principal motor económico, financeiro e industrial atópase a cidade de New York que se converte no principal destino da emigración europea.
O inicio da I Guerra Mundial provoca unha crise xerada pola falla do carbón que afectaría gravemente aos mariñeiros. A partir de 1916 moitos deles emigran cara os Estados Unidos para traballar principalmente na construción e a industria do automóbil. A gran depresión de 1929 obrigou a volver a moitos deles, outros probarían fortuna noutros países (principalmente Brasil e Arxentina) ou irían traballar como mariñeiros ao País Vasco.
Cando menos entre 1925 e 1931, os emigrantes redondeláns en Estados Unidos realizaban unha colecta polo Nadal, que enviaban ao Centro de Mariñeiros para as familias máis necesitadas de Redondela.
Entre os emigrantes redondeláns en Estados Unidos a principios do século XX podemos citar a:
José Abal Arias “Reboreda”. En Estados Unidos cando menos entre 1927 e 1929.
Manuel Alfaya Borines. (N. 1880). Chegou a New York o 9-7-1923 no Ellis Island. Fillo de Agustín Alfaya Milijosa e Rosa Borines Testa. En Redondela dedicábase ao comercio.
Manuel Alfonso. Emigrante en Norteamérica en 1930.
Fermín Amil. Atopo un Fermín Amil como vogal da Comisión de Festas da Coca en 1933 e como vogal do Centro Recreativo Republicano en 1935. Podería tratarse de Fermín Amil Montero, fillo de Antonio Amil e Modesta Montero e que emigrou a Bahia (Brasil) en marzo de 1936, ou de Fermín Amil Pérez.
Juan Amil Araújo. Emigrado cando menos entre 1927 e 1930. Casado con Rita Fernández Pérez.
Jesús Amoedo. En Norteamérica en 1930-31. Podería tratarse de Jesús Amoedo Villar ou Jesús Amoedo Ricón, quen serviu en Marrocos en 1916.
Ramón Amoedo. Podería ser Ramón Amoedo Mosquera ou Ramón Amoedo Rodríguez.
Carmelo Amoedo Barbeito. Cando menos emigrado entre 1926 e 1931.
Antonio Amoedo Villar (Redondela, cara a 1896 /Redondela, febreiro 1973). Nado en Redondela sobre 1896. Casado con María Amil Montero. Fillos: Juan, Ángel, Antonio e Aníbal Amoedo Amil. Faleceu aos 76 anos.
Antonio Araújo Vázquez. Cando menos entre 1929 e 1931. Membro da Confraría de Pescadores de Redondela en 1954.
Fermín Araújo Vázquez. En 1931.
Maximino Araújo Vázquez. Aparece nas doazóns dos emigrantes entre 1928 e 1930. Vogal da Sociedade de Mariñeiros de Redondela en 1931.
Manuel Barreiros
Constante Barreiro (N. 1877). Chegou a New York o 24-7-1916 no Ellis Island. Se cadra Constante Barreiro González, Industrial de Coia en 1965, c.c. Encarnación Villar Barros, falecida con 64 anos en 1965.
José Barreiro Mos (N. 1888). Chegou a New York o 20-7-1923 no Ellis Island.
Fermín Barros. Pode tratarse de Fermín Barros Domínguez, matriculado para a Mariña de Guerra na Comandancia de Vigo en 1922.
Manuel Barros Fervenza “Xavelón”. Volveu a España en 1929. Cara a 1933 ou 1934 marcharía a traballar de mariñeiro ao País Vasco. O 27 de maio de 1936 faleceu en combate cubrindo a evacuación da cidade de Pasaia (Guipúzcoa). (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2022/05/guerra-civil-soldados-falecidos.html )
Agustín Barros Domínguez. En 1927 elixido revisor de contas na directiva do Centro de Mariñeiros de Redondela. Emigrado en Norteamérica cando menos entre 1929 e 30.
Casimiro Barros Villar. Entre 1926 e 1930.
Manuel Bas. Aparece como secretario do Centro de Mariñeiros en 1923, 1924 e 1929. Emigrado en Norteamérica en 1930.
Juan Bas Miguez. En 1931. Nos anos 50 estaba emigrado en Montevideo (Uruguai).
Ángel Bastos (N. 1904). Chegou a New York o 17-10-1920 a bordo do Ellis Island. Probablemente de Cesantes.
Ricardo Bastos (N. 1896). Chegou a New York o 17-10-1920 a bordo do Ellis Island. Pode tratarse de Ricardo Bastos, de Cesantes, que en 1933 realiza unha petición de peche de finca no lugar chamado Regal.
Serafín Bellaco
Manuel Borines Alfaya (N. 1880). Chegou a New York no Ellis Island o 5-9-1920.
Genaro Raimundo Borines Sobrino. En Norteamerica cando menos en 1930-31.
Juan Bouzón Cabaleiro. En 1927.
Valentín Bouzón Ochoa
Amado Cabaleiro
Genaro Cabaleiro. Pode ser Genaro Cabaleiro Amoedo, propietario do Bar Marina. Falecido en Cesantes en 1963.
José Cabaleiro
Juan Cabaleiro. Colabora en todas as colectas entre 1926 e 1931.
Manuel Cabaleiro
Ramón Cabaleiro Alonso (N. 1887). Chegou a New York no Ellis Island o 2-10-1907.
Serafín Cabaleiro (N. 1880). Chegou a New York no Ellis Island o 24-7-1916.
Serafín Cabaleiro (N. 1883). Chegou a New York no Ellis Island o 23-7-1920.
Wenceslao Cabaleiro
Valeriano Cabaleiro. Se cadra o Valeriano Cabaleiro casado con Eladia Viruleg Sestelo.
Bienvenido Cal. En 1924 era vocal do Centro de Mariñeiros. En 1930 aparece na relación dos emigrantes en Estados Unidos que envían cartos ao Centro de Mariñeiros.
Manuel Cal Cal
Juan Campo Lazo (N. 1887). Chegou a New York no Ellis Island o 5-9-1920.
Fernando Campos Alfaya. Entre 1929 e 1931.
¿? Campos Alfaya. Chegou a New York despois de estar emigrado en Uruguai.
Marcelo Capellán. En 1930 e 31.
Esteban Casqueiro. En 1926 e 27. Podería tratarse de Esteban Casqueiro Quinteiro, que en xullo de 1939 se atopaba no campo de refuxiados de Bezièrs (Francia).
Juan Tomás Castelo. En 1926.
Casiano Couto Pastoriza (N. 1890). Chegou a New York no Ellis Island o 23-7-1920.
Bernardo Crespo Pérez. Entre 1927 e 1930.
Alberto Criado (N. 1900). Chegou a New York no Ellis Island o 21-10-1917.
Manuel Dacosta Cabaleiro
Domingo Domínguez Milijosa (N. 1880). Chegou a New York no Ellis Island o 27-10-1920. Sería nomeado concelleiro de Redondela na comisión xestora de decembro de 1936. Volvería a ocupar dito cargo en 1938, 1940, 1946 e 1947 sendo nas tres últimas alcalde Raúl Carlos Gunche López. En 1942 houbo incendiouse unha casa que tiña en Santa Mariña onde secaba os aparellos de pesca.
Luis Eulogio Esteiro Docampo “Repolo” (1886-Red. 1966). Probablemente é o que figura como Eulogio Luis Campo Esteiro, chegando a New York no Ellis Island o 4-5-1920. No mesmo barco volve a pisar New York o 8-11-1922. Seguía en Estados Unidos en 1931. Casado con Mª Rodriguez Lamas “María a Cachola”.
Manuel Esteiro García. (N. 1896-Redondela, 1940). Chegou a New York no Ellis Island o 27-10-1920. Casado con Teodora Garcia Miguez. Era curmán de Luis Eulogio. Seguía en Estados Unidos en 1930.
Juan Benito Extremadouro. Casado con Apolinaria Pérez.
Agustín Falcón
Joaquín Fernández
Honorio Fernández González (N. 900). Chegou a New York no Ellis Island o 27-10-1920.
Santos Fernández Lamas. Vogal da Sociedade de Mariñeiros en 1931. Militante do Partido Radical, nomeado concelleiro de Redondela das comisións xestoras de outubro de 1934 e de febreiro do 36.
Cándido Fernández Muíños (N. 1884). Chegou a New York no Ellis Island o 5-9-1920. Ese mesmo inverno enfermou e faleceu.
Francisco Fernández Paz (N. 1885). Chegou a New York no Ellis Island o 27-10-1920. Seguía naquel país en 1931.
Manuel Fernández Paz (N. 1887). Chegou a New York no Ellis Island o 27-10-1920. Seguía naquel país en 1931.
Isidro Fernández Paz. Cando menos entre 1927 e 1930.
José Fernández Vázquez “Mouriño”. En 1926.
José Fervenza. Aparece como vicepresidente da Sociedade de Mariñeiros en 1927 e como emigrante en Norteamérica entre 1928 e 1930. Se cadra José Fervenza Lamas.
Cándido Fervenza Lamas “Candieto”. Casado con Dolores Montero Pereira. Industrial falecido con 76 anos en outubro de 1965.
José García Míguez (N. 1885). Chegou a New York no Ellis Island o 5-9-1920.
José Garrido. (N. 1889). Chegou a New York no Ellis Island o 24-7-1916.
Amador Giménez Corujeira (Cedeira)
Andrés Giménez Corujeira (Cedeira)
Manuel M. González Collazo (N. 1880). Chegou a New York no Ellis Island o 5-8-1920.
Francisco González Domínguez
José González Guisande
Juan González Lemos “Peitudo”. Membro de Falange. Nomeado Xefe da Policía Municipal en agosto de 1936, facéndose famoso por acompañar ao alcalde Francisco Cunqueiro, coa súa arma sempre montada por baixo do capote. Cesaría no cargo en 1939.
Julián González Lemos “Peitudo”. Formou parte do Grupo Masónico de Redondela. Abriu a coñecida como Taberna de Julián fronte ao cruceiro de Pasais. Presidente da Irmandade de San Sebastián nos anos 50.
Julián diante da taberna coa súa dona e clientes. Cedida pola familia Fernández Otero. |
Agustín González Pena
Clemente González Pena
Fermín González Pena
José B. Iglesias (N. 1876). Chegou a New York no Ellis Island o 8-11-1922.
Serafín Iglesias Esteiro
Benito Lago “Binitillo”
Juan Lago Campo. Entre 1926 e 1930.
Benito Lago Lamas
Manuel Lago Lamas
Cándido Lago Puga. Casado con Bernardina Montero Esteiro.
Juan Lago Soutullo
Manuel Lamas Núñez “Parolo” (N. cara a 1907). Aparece na colecta de 1930. Estaba casado con Fermina Villanueva Campo. Pai de Juan, Vicente “Parolo” (supermercado Carola) e Antonia (bar-tenda en Reboreda).
Vicente Lamas Roupeiro (F. 1968 aos 84 anos). Pai do anterior. En todas as colectas de 1926 a 1931.
Amador López
Eusebio López
Juan López Bilbaso
Maximino López Lago (N. 1874). Chegou a New York no Ellis Island o 23-7-1920.
Fermín López Muíños. Nas colectas entre 1926 e 1930.
Telmo López Ventín
Francisco Lozano López (N. 1885). Chegou a New York no Ellis Island o 27-10-1920.
Félix Martínez
Carlos Martínez Serín. Vogal da Sociedade de Mariñeiros en 1931. A principios dos anos 60 estaba establecido como armador en Cangas.
Anuncio. El Pueblo Gallego. |
José Migueles Esteiro “Chapitelo” (N. Redondela, 10-12-1905). Sobriño de Luis Eulogio Esteiro, ao que vimos anteriormente. Despois emigraría a Brasil. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2022/06/emigracion-de-redondela-brasil.html )
Ángel M. Miguélez
Domingo Migueles Crespo ( F. Redondela, 1966 aos 82 anos). Vivía en Santa Mariña. Casado con Agustina Amil Migueles.
Juan Miguez
José Miguez García. Cando menos entre 1926 e 1931. Pode ser o mesmo José Míguez García “Chavero”, propietario dunha tenda de comestibles nos anos 50 na rúa General Rubín e falecido en 1959.
Agustín Miguez Novas. Reelixido como vice- secretario do Centro de Mariñeiros en 1927. Entre 1929 e 1931 figura entre os doantes de Norteamérica.
Ramón Miguez Pérez. Entre 1926 e 29.
Santos Miguez Táboas (N. 1882). Chegou a New York no Ellis Island o 23-7-1920.
Bernardino Montero Figueroa (N. 1888). Chegou a New York no Ellis Island o 27-10-1920. Seguía en 1930.
Francisco Montero Figueroa
Manuel Montero Otero
Diego Montero Pereira (N. 1888). Chegou a New York no Ellis Island o 12-11-1924.
Ramón Mosquera (N. 1864). Chegou a New York no Ellis Island o 25-11-1916.
Victoriano Mosquera Esteiro
Roberto Muras
Benito Núñez Soutullo (N. 1885). Chegou a New York no Ellis Island o 4-5-1920.
Carmelo Otero
José Otero Soto (N. 1892). Chegou a New York no Ellis Island o 5-9-1920.
Rufino Otero Villasuso
Antonio Paz
José Pena Lamas
Alejandro Pereira
Francisco Pereira
José Pereira
Manuel Pérez Pena
José Pérez Pereira
Gregorio Pintos Araújo
Adolfo Puertas Fervenza. En 1929.
Amado Ricón Villar (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/ricon-villar-amado-redondela-1900-1945.html )
José Rivas (N. 1889). Chegou a New York no Ellis Island o 17-10-1920. Pode ser o mesmo José Rivas que aparece como delegado do barrio de San Pedro na directiva da Sociedad Agraria de Cesantes en 1912.
José María Rivas Cabaleiro (N. 1895). Chegou a New York no Ellis Island o 23-7-1920. Pode ser o mesmo José Rivas Cabaleiro nomeado Patrón Maior da Confraría de Pescadores en 1950 e reelixido en 1952.
Francisco Rodríguez
José Luis Rodríguez Carrera (N. 1881). Chegou a New York no Ellis Island o 17-9-1920.
Valentín Rodríguez Chamorro. En 1928 e 29. Presidente da Sociedade de Mariñeiros de Redondela en 1931.
Francisco Rubiñán Suárez (N. 1885/Redondela, 1975). Chegou a New York no Ellis Island o 8-11-1922. Volveu a desembarcar naquela cidade no mesmo barco o 9-7-1923. Seguía naquel país en 1927. Elixido vicepresidente da Sociedade de Mariñeiros en 1916. En maio de 1936, representa á Sociedade de Mariñeiros nunha reunión no Concello para nomear á comisión organizadora da Festa da Coca.
Francisco Rubiñán Míguez. Fillo do anterior. Aparece nas colectas de 1927 a 1929.
Manuel Saa Alén (N. 1879). Chegou a New York no Ellis Island o 2-10-1907.
José Serín Iglesias (N. 1876). Chegou a New York no Ellis Island o 5-9-1920.
Juan Soto
José Ramón Soto Migueles. Emigrado cando menos dende 1929, falecería en Estados Unidos en 1959. Casado con Carmen Lago Araújo.
Constante Soto Otero
José Soto Otero
Benito Soutullo Núñez
Generoso Soutullo Serín. Casado con María Montero.
Juan Tobío Mosquera. Casado con Consuelo Esteiro García. Falecido con 71 anos en novembro de 1961.
Antonio Tojeiro. Se cadra Domingo Antonio Tojeiro Calle, c.c. Encarnación Esteiro Garíca, fillos: María, Domingo Antonio e Bernardino Tojeiro Esteiro. Falecido con 76 anos en maio de 1968.
Manuel Touza Serín. Emigrou aos EEUU en dúas ocasións. Era dono da Casa de Comidas “El Tuyo”. Foi represaliado na Guerra Civil por masón. Volveu a New York despois e tivo un restaurante. Foi membro fundador da Casa de Galicia en NY. Falecido o 3 de setembro de 1971.
Manuel Vázquez (N. 1891). Chegou a New York no Ellis Island o 24-7-1916.
José Vázquez Novas
Bargas Vila
Jacinto Villar. Probablemente Jacinto Villar Suárez, fillo de Antonio Villar Barbeito e de Cristina Suárez Oubiña, mariñeiros veciños da rúa da Ribeira. Casado con Carmen Alonso Rodríguez. Faleceu con 71 anos en 1968.
Jesús Villar Barros. Fillo de José Villar Montero e Rogelia Barros, mariñeiros do barrio do Espíritu Santo. Membro da Confraría de Pescadores de Redondela en 1954. Casado.
Agustín Virulegio Queimaliños. Sogro do citado Amado Ricón Villar. Cando volveu a Redondela traballou como garda municipal, sendo depurado en 1936. Pasou daquela a exercer de zapateiro. Era veciño da rúa do Ribeiro e estaba casado con Herminia Sestelo González.
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Aportes: Celso Milleiro e Maritina Lores.
Listas de Pasajero de Ellis Island 1892 - 1924 –Myheritage.com.
Redondela, crónica dun tempo pasado. A Segunda República e o primeiro franquismo. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Edicións do Castro 2002.
Arredor de nós. Historia da Policía Local 1863-2003. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. 2003.
Galeguismo e sociedade na Redondela da Segunda República. Lois Barros. Edicións do Castro.
Repertorio biobibliográfico do exilio galego: Unha primeira achega. Edita: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Santiago de Compostela, 2001. ISBN: 84-95415-42-9
En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es=> El Pueblo Gallego, El correo de Galicia, La Noche
La colonia: un álbum fotográfico de inmigrantes españoles en Nueva York 1898-1945. Valey Centro Cultural de Castrillón, 2012.
No hay comentarios:
Publicar un comentario