lunes, 12 de enero de 2026

Guerra Civil. Listaxe de presos na Illa de San Simón-B

Grupo de Presos en San Simón. europeanmemories.net


Baamonde Peón, Luis Enrique “Luis de Cabanela” (A Cabanela, Muras-Lugo, 14-7-1879)

Labrego, viúvo, 61 anos. Fillo de Luis e Andrea.

Afiliado á Agrupación Socialista de Muras. UGT.

Foi detido o 19 de agosto de 1936. Xulgado en Lugo por Rebelión Militar. Condenado o 21/01/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada por 6 anos e 1 día.

Ingresado nas prisións de Lugo (18/12/1936), Prisión Provincial de A Coruña (20/3/1937) e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (5/3/1939), onde se lle concede a liberdade condicional en 1941 (BOE nº 90 de 31/3/1941, páxina 2122).

Unha grave enfermidade hepática contraída na Illa de San Simón, provocaríalle a morte uns anos despois de recuperar a liberdade en Muras.

 

Baca Abarca, Luis

Xulgado en Madrid (Tribunal Militar Territorial 1 | Serie: Sumarisimos | Madrid, 1939 | Referencia: Sumario 620, Caja 558, Orden 2).

Preso na Illa de San Simón, por orde do 14/10/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 299 de 26/10/1942, páxina 8581).

 

Badía Pertegás, Rafael (Navajas-Castelló)

Xornaleiro, 61 anos. Fillo de Francisco e Manuela.

Veciño de La Garganta (Almodóvar del Campo/Brazatortas-Ciudad Real).

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 19/01/1940 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Vitoria e na Illa de San Simón (12/03/1941), por orde do 14/12/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 299 de 26/10/1942, páxina 8581), facéndose efectiva o 06/08/1942.


Badiola Aristáin, Jerónimo (Bergara-Bizkaia)

Pasteleiro, 65 anos, casado con Fermina Azpeitia. Fillo de Francisco e Francisca.

Veciño de Portugalete (Bizkaia).

Afiliado a Izquierda Republicana.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 24/11/1937 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300250, Expediente 4460).

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e na Prisión Central de Dueñas (18/12/1939), de onde sae en liberdade o 16/01/1941 por aplicación dos beneficios da revisión penal.


Bados López, Joaquín (Moral de Calatrava-Ciudad Real)

Xornaleiro, 60 anos. Fillo de Francisco e María.

Xulgado en Madrid por Auxilio á Rebelión (Sumario 4046/5881). Condenado o 13/06/1940 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Astorga, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (13/03/1941) e Prisión Provincial de Ciudad Real (13/01/1943), onde por orde do 26/07/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro. (BOE número 237 do 25/08/1943, páxina 8255).


Baena Torres, Alfonso (Málaga-Málaga)

Músico, 59 anos, casado con Josefa Movilla. Fillo de Alfonso e Francisca.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Málaga (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300547, Expediente 45499).

Preso, cando menos, na Prisión Central del Puerto de Santa María, Colonia Penitenciaria del Dueso (26/07/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (01/04/1939), onde queda en liberdade condicional o 07/12/1940.


Bailén Gómez, Juan de Dios (Cárcheles-Jaén)

Xornaleiro, 51 anos, casado con Amalia Páez. Fillo de Juan de Dios e Ana María.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 02/07/1940 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Astorga e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/01/1942), onde por orde do 12/10/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 5 de 05/01/1943, páxina 161), facéndose efectiva o 06/12/1942.


Bailín Gillue, Justo (Huesca-Huesca)

Zapateiro (alpargatero), 61 anos, viúvo. Fillo de Antonio e María.

Veciño de Zaragoza.

Xulgado en Zaragoza por Adhesión á Rebelión (Causa 1216-37). Condenado o 15/12/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza, Prisión Central de Burgos (21/06/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (11/03/1939).

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1959.


Bala Benavente, Tomás

Preso na Illa de San Simón, por orde do 21/12/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº73 de 13/03/1944 , páxina 2132).


Balada Cuartiella, Bautista (San Rafael del Río-Castelló)

Electricista, 49 anos, solteiro. Fillo de Bautista e Emilia.

Xulgado en Vinaroz (Castellón) por Auxilio á Rebelión (Sumario 36, Caixa 14389, Orde 12). Condenado o 14/03/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Castellón (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300249, Expediente 4331).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938) e Prision Provisional de Burriana-Castellón, onde por orde do 12/12/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 5 de 05/01/1943, páxina 156).


Balboa López, Remigio (Bandeira, Silleda-Pontevedra)

31 anos.

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a prisión 15 anos. Conmutación e extinción de pena o 21-06-1940.

Preso na Colonia Penitenciaria de San Simón.

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, recibindo o indulto en 1960.


Baldus Lafarga, Blas (Huesca-Huesca)

Empregado do concello, 58 anos. Fillo de Pedro e Concepción.

Veciño de Bilbao (Bizkaia).

Militante de Izquierda Republicana.

Aparece nunha relación de Socios, Empleados y Obreros de Espectáculos Públicos Vascos.

Xulgado en Bilbao por Rebelión Militar. Condenado o 26/08/1937 a 8 anos e 1 día de prisión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300302, Expediente 11181).

Preso, cando menos, na Prisión provincial de Bilbao (1507/1937), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939), Prisión Central del Dueñas (05/10/1939). Prisión atenuada o 01/07/1940.

Recobra a libre disposición dos seus bens (BOE do 02/07/1942, Anexo único nº 183, páx. 2814)


Ballabriga Peralta, Joaquín (Lastanosa-Huesca)

Labrego, casado, 63 anos. Fillo de Joaquín e Feliciana.

Vocal do Centro de Izquierda Republicana.

Xulgado en Zaragoza por Adhesión á Rebelión. Condenado o 03/07/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Huesca e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (16/04/1939). Falecido o 03/02/1943, sendo o último falecido rexistrado no cárcere da Illa de San Simón.

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en 1944.


Ballesteros Domínguez, Soriano (Teis, Vigo-Pontevedra)

Mariñeiro, solteiro, 26 anos. Fillo de Juan e Ramona.

Xulgado en Vigo por Rebelión Militar. Condenado o 17/10/1936 a cadea perpetua, 30 anos.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciario da Illa de San Simón, Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (5/2/1937), Prisión Central de Astorga (13/11/1942) e na Prisión Central de Figueirido-Pontevedra (26/12/1942), onde por orde do 19/06/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 203 DE 22/07/1943, páxina 7074), facéndose efectiva o 10/06/1943.


Ballesteros González, Manuel (Teis, Vigo-Pontevedra)

Mariñeiro, casado, 29 anos.

Fillo de Ángela, casado con Francisca Iglesias Pérez, pais de Manuela, Juana e Ángel,

Preso no Centro Penitenciario da Illa de San Simón de onde foi sacado. Morte rexistrada en Redondela a causa de disparos de arma de fogo. Aparición do cadáver en A Concheira-Trasmañó, na estrada Redondela-Vigo, o 7 de novembro de 1936. Enterrado no cemiterio de Eidos en Redondela.

Tribunal Nacional de Responsabilidades Políticas (Centro Documental de la Memoria Histórica). Signatura: 75/00556 | Madrid (Madrid) | Indulto (1944 - 1944).


Ballesteros Muñoz, FranciscoEl Machaco” (Olías del Rey-Toledo)

Xornaleiro, casado, 63 anos.

Acusado de Auxilio á rebelión. Causa/Sumario nº 1712-P. Condenado a 20 anos de prisión.

Inicio da pena o 27/04/1939.

Preso cando menos en: Prisión Provincial de Toledo, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e a Prisión de A Garda (02/10/1940).

 

Balmori Balmori, Casto (Posada, Llanes-Asturias)

Labrador, casado, 59 anos. Fillo de Benito e Josefa. Veciño de Quintana (Llanes).

Da Agrupación Socialista (AS), tenente de alcalde de Llanes. UGT.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 03/01/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso na Prisión do Partido de Gijón, Prisión Central de Celanova (07/02/1938) e trasladado á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/03/1939) e Prisión Central de Figueirido (15/05/1939), onde falece o 09/11/1940.

Ábreselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1957 (Centro Documental de la Memoria Histórica. Signatura: 75/00064. Llanes (Asturias))


Citado no libro “La libertad es un bien muy preciado. Consejos de guerra celebrados en Gijón y Camposancos por el ejército nacionalista al ocupar Asturias en 1937: testimonios y condenas”, de Marcelino Laruelo Roa.

 

Balmori Balmori, Francisco (Lledías, Llanes-Asturias)

Labrego, 62 anos, casado con Concepción Diego. Fillo de Francisco e María.

Condenado o 19/10/1938 a 15 anos.

Preso na Prisión de Llanes, Prisión do Partido de Gijón (08/08/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simon (27/02/1939), Prisión de San Isidro de Dueñas (04/01/1940), Prisión Provincial de Palencia (30/01/1941) e novamente Colonia Penitenciaria da Illa de San Simon (10/03/1941), onde por Orde do 11/07/1941, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro (BOE 211 de 30/7/1941, páxina 5737).


Bango González, Francisco (Carreño-Asturias)

Carteiro, casado, 61 anos. Fillo de José e Josefa.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 14/09/1938 a 15 anos. Pena posteriormente conmutada por 6 anos.

Preso, cando menos, na Prisión de la Tabacalera de Santander e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simon (29/09/1942), onde por Orde do 22/07/1942, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro (BOE 209 de 28/07/1942, páxina 5541).


Baños Mariño, Pablo (Laxos, Cuntis-Pontevedra)

Xornaleiro, casado con Severina, 35 anos. Fillo de Secundino e Josefa.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 27/02/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Pasou polos cárceres de Cuntis, Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Forte de San Cristóbal (17/10/1937). Nesta última foi un dos presos que tentou fuxir na gran evasión do 22/05/1938, sendo capturado. Concédeselle a Prisión atenuada o 26/08/1940, pero queda retido por incumprimento de condena, 3 anos. Falecería en circunstancias pouco claras o 13/09/1940.

Tempo despois enviouse unha comunicación desde a Illa de San Simón pedindo a súa posta en liberdade. A contestación que se dá desde Pamplona é que tramitan a orde de liberación do citado recluso xunto coa do caldense Francisco Búa Carou en marzo de 1942, agregando que ambos morreron na enfermería do establecemento penitenciario.

A pesares da súa morte, en 1941 ségueselle expediente por Responsabilidades políticas. (BOE 29/04/1941, páx. 1720).

En 1943 a súa familia ten que facer fronte á incautación de bens (BOE 30/04/1943, páx. 1623).


Baños Martínez, Clemente (¿Villa de Cador?-Sevilla)

Xastre, 67 anos, casado con Engracia. Fillo de Marcos e Gerónima.

Veciño de Sevilla.

Xulgado en Sevilla por Rebelión Militar. Condenado o 9/10/1936 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comision de Sevilla (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300297, Expediente 10501).

Preso na Prisión Provincial de Sevilla, Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (25/01/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939), onde por Orde do 31/07/1940, concédeselle a liberdade condicional (BOE nº 218 do 05/08/1940, páxina 5428).


Bañuelos Díez, Eladio (Aguilar de Campoo-Palencia)

Xornaleiro, 27 anos. Fillo de Eulogio e Segunda.

Xulgado en Bilbao por Rebelión Militar. Condenado o 01/09/1938 a 20 anos de reclusión menor.

Preso, cando menos, na Prisión de corbán-Santander, Prisión Provincial de Bilbao (07/01/1938), Buque Prisión Upo Mendi-San Simón (10/12/1938), Prisión de Santiago de Compostela (26/01/1939) e Prisión Central de Astorga (23/03/1939). 


Bao Lagares, José (Mezonzo, Vilasantar-A Coruña)

Canteiro, 27 anos.

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Conmutación e extinción da pena o 16-01-1941.

NOTA: Citado como veciño da Estrada preso na Illa de San Simón (www.tabeirosmontes.com)


Baquero Gijón, Sinforiano (Palencia)

Xornaleiro, casado, 62 anos.

Estivo internado na prisión provincial de Palencia desde o 22/07/1936 a febreiro de 1939 que foi trasladado á Colonia  Penitenciaria da Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte o 13 de novembro de 1939 por causas naturais.


Baquero Lafuente, José (Lena-Asturias)

Labrador, casado, 66 anos.

Acusado de Rebelión Militar. Condenado a reclusión perpetua (30 anos).

Despois de pasar pola Prisión Central de Celanova (06/05/1938-05/04/1939) é trasladado á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simon. Estando alí ingresado, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro, por Orde do 24/06/1940, BOE 181 de 30/6/1941, páxina 4805.

 

Baragaño Moro, Vicente (Sama de Langreo-Asturias)

Axustador, casado con Avelina, 60 anos. Fillo de Vicente e Bernarda.

Veciño de Gijón (Asturias).

Xulgado en Gijón por Auxilio á Rebelión. Condenado o 11/04/1938 a 15 anos de reclusión temporal.

Preso, cando menos, na Prisión del Partido de Gijón, Prisión Central de Puerto de Santa María (15/07/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (06/03/1939), onde por orde do 19 de febreiro de 1942, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro ( BOE nº 61 de 02/03/1942, páxina 1513).

 

Baratas, Manuel

Lista Gonzalo Amoedo e Gil Moure.


Barba Soriano, Juan Vicente (Logrosán-Cáceres)

Xornaleiro, casado, 69 anos.

Preso na Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte o 18 de xuño de 1941 por causas naturais.

Tribunal Militar Territorial 1 | Serie: Sumarisimos | Madrid | Referencia: Sumario 1871, Legajo 6025

Procedimiento judicial incoado. BOE 29 de xullo de 1943, N. 210, páx. 2740.

Tribunal Nacional de Responsabilidades Políticas (Centro Documental de la Memoria Histórica). Signatura: 75/00996 | Indulto (1953 - 1953). Notas: Procede del Juzgado Especial de Ejecutorias nº 3. Numero de Rollo: 00111/1942


Barbeito Cal, Ángel (Redondela).

36 anos. Mariñeiro. Residiu en Pasaia e citado como radicado en Trintxerpe.

Afiliado ao sindicato “Avance Marino”. CNT.

Detención na Illa do Lazareto de San Simón. Exiliouse en febreiro de 1939, pasou 30 meses en batallóns de traballadores no sur de Francia. Nos anos 40 residía en Anglet (Francia).


Barberán Mune, Miguel “Roch” (Fuentespalda-Teruel)

Labrego, 60 anos, casado con Brígida. Fillo de Ramón e María.

Xulgado en Calanda (Teruel) por Auxilio á Rebelión (Causa 110/38). Condenado o 03/11/1938 a 12 anos e 1 día.

Preso na Prisión de Fuentespalda, Prisión del Partido de Alcañiz (06/06/1938), Prisión Central de Astorga (25/02/1939) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (12/03/1941) onde, por Orde do 01/01/1942, concédeselle a liberdade condicional coa liberación definitiva do desterro (BOE número 7 del 07/01/1942, páxina 132).


Barbosa Fernández, Manuel “Roxo” (Fragoso, Barcelos-Portugal)

Serrador, 44 anos, casado con Prudencia. Fillo de Juan e María.

Veciño de Salvaterra de Miño-Pontevedra.

Xulgado en Vigo por Rebelión Militar. Condenado o 11/02/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300425, Expediente 27253).

Preso na Prisión de Vigo, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/09/1937), Prisión Central de Burgos (06/03/1939), onde se lle concede a Liberdade Condicional (BOE nº 185 de 4/7/1941, páxina 4956), facéndose efectiva o 29/10/1940.


Barbosa Pérez, Avelino (A Guarda-Pontevedra)

Ebanista, 24 anos, solteiro. Fillo de Manuel e Bienvenida.

Xulgado en Vigo por Rebelión Militar. Condenado o 01/12/1936 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300425, Expediente 27286).

Preso, cando menos, na Prisión de Tui, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (25/09/1937), Prisión Central de Burgos (09/03/1939), Prisión Central de Figueirido (26/08/1939) e Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (12/06/1940).

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas.


Bárcena Tresguerres, Francisco (Ferreros, Ribera de Arriba-Asturias)

Labrego, casado, 60 anos. Fillo de José e Tomasa.

Presidente da Agrupación Socialista de Ribera de Arriba. UGT.

Iniciada a Guerra Civil asesor do Comité de Guerra que acordou o asasinato de varias persoas. Anteriormente tomara parte na revolución de outubro de 1934.

Acusado de Rebelión Militar. Consello de Guerra: Oviedo – 1654. Condenado a morte, pena conmutada por 20 anos e 1 día de RM. Comezou a cumprir condena en decembro de 1937.

Preso na Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte por causas naturais.

No Censo de Represaliados de la UGT o sitúan na Prisión Provincial de Oviedo en xaneiro de 1943.


Barea Sevillano, Juan (Paterna de Rivera-Cádiz)

Xornaleiro, 63 anos, casado con Josefa. Fillo de Miguel e Josefa.

Xulgado en Cádiz por Indución á Rebelión. Condenado o 19/06/1937 a 5 anos e 366 días. Pena posteriormente conmutada por 3 anos pola Comisión de Cádiz (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300307, Expediente 11842).

Preso, cando menos, na Prisión de Cádiz, Prisión Municipal de Olvera (17/12/1937), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (06/03/1939) e Prisión Central de Dueñas-Palencia (05/10/1939), onde por orde do 31/07/1940, concédeselle a Liberdade condicional (BOE número 220 do 07/08/1940, páxina 5471), facéndose efectiva o 02/08/1940. En liberdade definitiva o 24/02/1941.

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1947.


Baro Miranda, Alejandro de (Palazuelo-León)

Zapateiro, 36 anos, casado con Maximina. Fillo de Melchor e Antonia.

Veciño de Vegaquemada (León).

Xulgado en León por Auxilio á Rebelión (Causa 378/1938, Caixa 5858, Orde 601). Condenado o 18/03/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de León (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300436, Expediente 28998).

Preso, cando menos, na Prisión de San Marcos, Prisión Provincial de León (18/03/1938), Prisión Central de Vigo (22/10/1938), Buque Prisión Upo Mendi-San Simón (23/10/1938) e Prisión Central de Figueirido (03/09/1939), onde por orde do 08/11/1941, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro.


Barra Lacampa, Basilio (Zaragoza-Zaragoza)

Labrego, 34 anos, casado con Encarnación Fanlo Bielsa. Fillo de Ángel e María.

Veciño de El Castellar, Zaragoza.

Afiliado a UGT e fixo propaganda do Frente Popular.

Cando foi detido a súa muller fuxiu á zona republicana regresando cando Huesca foi tomada. Pasou a residir en Yésero cunha filla menor de idade.

Xulgado en Zaragoza por Auxilio á Rebelión (Causa 13356/38). Condenado o 18/01/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Zaragoza (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300638, Expediente 58828).

Preso, cando menos, na Prisión Habilitada de San Juan de Mozarrifar-Zaragoza, Prisión Provincial de Zaragoza e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938). Liberdade condicional (07/08/1940).

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas (1937/1943). 


Barraguér Orensanz, Ramón (El Bodón-Salamanca, 17-10-1878)

Carteiro e Albanel. 58 años. Casado con Eulalia Casado González. Fillo de Hermenegildo e Florentina.

Afiliado á Casa del Pueblo. Alcalde da comisión xestora de El Bodón.

O 11/09/1936 é detido e ingresado na Prisión de Ciudad Rodrigo (Salamanca) acusado de alterar a orde pública cando era alcalde. O 14/09/1936 é posto en liberdade. O 28/09/1937 é detido por seguir desempeñando o posto de carteiro, cando o destituíran como alcalde. O 28/09/1937 ingresa na Prisión Provincial de Salamanca, acusado de Rebelión Militar, celebrándose o Consello de Guerra o 04/11/1937 (Causa 861/1937). Condenado o 01/12/1937 a 20 anos e 1 día de reclusión maior.

Preso no Gobierno Militar de Salamanca, Prisión Provincial de Salamanca (28/09/1937), Prisión Central de Celanova (23/01/1939), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (29/03/1939), onde por Orde do 11/07/1941, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro (BOE 211 de 30/7/1941, páxina 5737).

O 14/04/1943 rebáixanlle a condena a 10 anos de prisión maior.

Celébrase unha nova causa o 01/08/1944 e o día 30 dese mesmo mes xa desfrutaba da liberdade condicional en El Bodón.


Barral Otero, Jacobo (O Grove-Pontevedra, 1906)

Jacobo Barral. Concello do Grove
Mestre, solteiro, 30 anos. Fillo de Cándido e Teresa. Alcalde do Grove.

Na Segunda República foi presidente do Partido Galeguista do Grove e correspondente de El Pueblo Gallego. Logo da dimisión da anterior Corporación, foi nomeado xestor e elixido alcalde do Grove a finais de xuño de 1936.

Detido xunto ao seu tío Jacobo Otero Goday e outros veciños. Despois de pasar polos calabozos de O Grove e Vilagarcía, foron trasladados á Prisión Provincial de Pontevedra o 16 de novembro de 1936. Ao día seguinte celébrase Consello de Guerra acusados de rebelión militar e Xacobe Barral é condenado pena de morte, sentenza conmutada por cadea perpetua, 30 anos.

Xacobe Barral Otero e mais o seu tío Xacobe Otero Goday foron levados á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (08/02/1937), sendo trasladados á fortaleza de San Cristobal de Pamplona (08/02/1937), onde tiveron que soportar as crueis represalias pola fuga de presos producida o 22 de maio de 1938. Logo serían trasladados ao penal de Figueirido (16/02/1939). Ambos acadaron a liberdade condicional en 1940, no caso de Barral o 10/08/1940.

Xacobe Barral inicia a década de 1950 en liberdade vixiada, volvendo a exercer de mestre abrindo escola privado nun baixo da súa familia no Corgo.

Despois de casar establécese en Vigo, adicándose a labores administrativos e comerciais ata a súa xubilación.

Coa restauración da democracia, volve a participar na vida política encadrándose no Partido Galeguista e sendo candidato do PNG-PG ás eleccións europeas de 1989. En 1985 membro fundador da Fundación Castelao. Finou en Vigo o 15 de decembro de 1996.

O 29/02/2016 O Concello do Grove nomeou á rúa Alcalde Xacobe Barral Otero, en cumprimento dunha moción amparada pola Lei da  Memoria Histórica.


Barreda Revuelta, Serafín (Vioño-Cantabria)

Sepultureiro, casado, 61 anos, casado con Antonia Sañudo. Fillo de Andrés e Paulina.

Veciño de La Llama (Torrelavega-Cantabria).

Xulgado en Torrelavega por Adhesión á Rebelión. Condenado o 09/10/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada por 12 anos e 1 día pola Comisión de Santander (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300090, Expediente 6940).

Preso na Prisión de Torrelavega, Colonia Penitenciaria del Dueso (01/12/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (01/04/1939), onde é rexistrada a súa morte o 6 de febreiro de 1941 por causas naturais


Barreiro Abril, Ramón (Valga-Pontevedra)

Carpinteiro, 28 anos, Casado con Carmen Froiz. Fillo de Manuel e Manuela.

Veciño de Pontecesures.
Xulgado en Pontevedra por
Auxilio á Rebelión (Causa 302/1937, Caixa 21, Orde 76). Condenado o 14/04/1937 a 15 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300288, Expediente 9278).

Preso, cando menos, Prisión de Valga, Prisión de Caldas de Reis, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (16/01/1937) e Prisión Provincial de Lugo (2-12-1939/18-8-1940).

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas sendo indultado en 1941.


Barreiro Cestay, Salvador (Bueu-Pontevedra)

Viaxante, casado con Josefa, 24 anos. Fillo de Ramón e Rosa.

Afiliado a JSU, Contador da "Unión Conservera la Prosperidad".

O 3 de setembro de 1936 é detido xunto a varios sindicalistas en Bueu acusados de reunión clandestina.

Serán xulgados en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado o o 22-12-1936 a cadea perpetua, 30 anos. Prisión atenuada en setembro de 1940. Conmutación a 4 anos en decembro de 1942.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (16-5-1937), Prisión Provincial de Pontevedra (05/01/1942), Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (23/02/1942), sendo posto en liberdade o 07/09/1942 por cumprimento de pena trala conmutación.


Barreiro Martínez, Jesús (Cangas-Pontevedra)

Comerciante, casado con Francisca Prieto, 51 anos. Fillo de Ángel e Matilde.

Presidente do Centro Republicano de Cangas en 1932.

Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión (Causa 1068 de 1937, Caixa 31, Orde 117). Condenado o 01/08/1936 a 15 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300425, Expediente 27289).

Preso no Depósito de Cangas, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (18/09/1936), Prisión Central de Astorga e Prisión Central de Figueirido (08/09/1939), onde acada a Liberdade condicional provisional con liberación definitiva do desterro (BOE 08/11/1941). NOTA na súa ficha consta como data de liberdade o 18/07/1940.


Barreiro Paredes, Abelardo (Bueu-Pontevedra)

Mariñeiro, casado con Josefa, 37 anos. Fillo de Francisco e Pilar.

Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar co resultado de sentenza, do 29/12/1936, a cadea perpetua, 30 anos.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (15-7-1937). Participa na gran evasión pero volve a ser detido. Nesta prisión falecería o 18 de outubro de 1940 por enfermidade (Causa: Colapso tuberc. Pulm.). Enterramento: Cemiterio de Berriosuso (Berrioplano-Navarra). Fosa: 2945/2022 NAVA.

 

Barreiro Paredes, Amador (Santiago-A Coruña)

Peón, casado, 31 anos.

Detido no campo de concentración da Illa de San Simón.


Barreiro Pérez, Bernabé (Salamanca)

Labrego, casado, 66 anos.

Preso na Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte o 13 de xuño de 1941 por causas naturais.


Barreiro Touceda, Ramón (Guimarei, A Estrada-Pontevedra)

Labrego, 46 anos, casado con María Rendulfe. Fillo de José e Dolores.

Detido o 25/03/1937.Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar (Causa 970 de 1937, Caixa 30, Orde 114). Condenado a 12 anos e 1 día. Pena ordinaria conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300425, Expediente 27281).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (30/12/1938), pasando a prisión atenuada en agosto do 40. Liberdade condicional por orde do 26 de marzo de 1942. Cumprindo a pena o 26 de marzo de 1949.

 

Barreiro Vázquez, Juan Enrique (Castronuño-Valladolid, 7-1-1899)

J. E. Barreiro. Vida Gallega
Cineasta e inventor, 37 anos. Fillo do fotógrafo da Estrada, Ramón Barreiro Barcala, establecido en México e que regresaría coa familia a Galicia en 1910, instalándose en Pontevedra.

En 1927 estreou o documental Pontevedra, cuna de Colón. En 1932, co seu irmán Ramón e o pintor Ramón Peña, fundaron a produtora Folk, realizando un noticiario cinematográfico galego que se mantivo ata 1935. Rodou os documentais El Seminario de Estudios Gallegos en Deza e Por unha Galicia nova, en apoio do Estatuto de Autonomía Galego. Esta ocupación a compaxinaba coa patente de sistemas ópticos para o cinema.

Foi detido e encarcerado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, pero foi posto en liberdade pouco despois grazas á mediación de Daniel de la Sota, quen fora presidente da Deputación de Pontevedra.

En 1940 instalouse en Madrid, reuníndose novamente co seu irmán para montar un laboratorio fotográfico onde continuou coas súas patentes. Posteriormente, volvería a Pontevedra, reabrindo o vello estudio fotográfico e comezando a pintar retratos. Finaría en Sanxenxo o 27/02/1984.


Barrenechea Arrieta, Domingo (Mutriku-Guipuzkoa)

Mariñeiro, 33 anos, casado con Raimunda. Fillo de Cosme e María.

Xulgado en San Sebastián por Auxilio á Rebelión (Causa 536/38). Condenado o 04/08/1938 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de San Sebastián (26/07/1937), Barco Prisión Upo Mendi-San Simón (19/10/1938) e Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (10/01/1940), onde por orde do 31/07/1940, concédeselle a Liberdade condicional (BOE número 220 del 07/08/1940, páxina 5469), facéndose efectiva o 04/08/1940.


Barrenechea Uribarri, Severino Kepa de (Baracaldo-Bizkaia)

Delineante, solteiro, 24 anos. Fillo de Mateo e Tiburcia.

Xulgado en Bilbao por Rebelión Militar. Condenado o 26/07/1937 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300266, Expediente 6425)

Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938), onde falece.


Barreno Orejudo, Roque (Vegas de Matute-Segovia)

Labrego, casado con Paulina María Núñez, 37 anos. Fillo de Ángel e Secundina.

Xulgado en Segovia por Auxilio á Rebelión (Causa 421/37). Condenado o 11/06/1937 a 15 anos. Pena posteriormente conmutada por 6 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938), Prisión Central de Astorga (22/12/1939) e Colonia Penitenciaria Militarizada de Dos Hermanas (10/02/1940), onde lle conceden a Liberdade Condicional (BOE nº 229 de 17/8/1941, páxina 6337).


Barreno Pérez, Bernabé (Cortes de la Frontera-Málaga)

Labrego, 66 anos, casado con María. Fillo de Bernabé e Ana.

Xulgado en Algeciras por Auxilio á Rebelión. Condenado o 15/09/1937 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Campo De Gibraltar (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300821, Expediente 84916).

Preso, cando menos, na Prisión de Escopeteros, Prisión del Partido de Jerez de la Frontera (12/12/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (19/03/1939).


Barrera Arango, Florencio Ramón (Cadarienzo, Pravia-Asturias)

Labrego, casado con Felicidad Suárez, 49 anos. Fillo de Antonio e Ramona.

Xulgado en Luarca por Rebelión Militar. Condenado o 10/01/1937 a 16 anos. Pena conmutada o 05/11/1940 por 6 anos e 1 día, pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300226, Expediente 2154).

Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938). Posto en liberdade o 25/09/1942.

 

Barrero Barragán, Juan Manuel (Alange-Badajoz)

Labrego, 58 anos. Fillo de Fernando e Antonia.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 26/06/1940 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (10/09/1941), Prisión de Mérida (01/02/1943), Prisión Provincial de Badajoz (19/02/1943), onde por orde do 22/05/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 157 de 06/06/1943, páxina 5467), facéndose efectiva o o 01/05/1943.


Barrero García, Francisco (Orveja-Soria)

Xornaleiro, casado, 61 anos.

Xulgado por Rebelión Militar. Sentenciado a 20 anos e 1 día de reclusión temporal. Conmutada o 18/07/1943 por 6 anos e 1 día.

Preso na Prisión Central de Celanova (12/12/1938-05/04/1939) e trasladado á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


Barrero Gil, Fernando (Alcuéscar-Cáceres)

Taberneiro, 63 anos, casado con Adriana. Fillo de Vicente e María.

Xulgado por Excitación á Rebelión. Condenado o 18/12/1937 á pena de 8 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Cáceres (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300669, Expediente 63442).

Preso, cando menos, na Prisión de Alcuéscar, Prisión Provincial de Cáceres (03/03/1937), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (22/02/1939) e Prisión Central de Dueñas (05/10/1939). Liberdade condicional o 02/07/1940.

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1945.


Barrientos Rodríguez, José (Casabermeja-Málaga)

Labrego, viúvo, 62 anos.

Preso no campo de concentración da Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte o 11 de abril de 1940 por causas naturais

Comision Central de Examen de Penas. Penas ordinarias conmutadas | Comision de Malaga | Referencia: ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300547, Expediente 45505


Barrio Fernández, Camilo (Valdeteja, Valdelugueros-León)

Labrego, viúvo, 63 anos. Fillo de José e Atanasia.

Xulgado en León por Adhesión á Rebelión (Causa 714/1937, Caixa 5858, Orde 604). Condenado o 14/03/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso na Prisión Provincial de León, Prisión Central de Burgos (25/0971938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (11/03/1939), onde por Orde do 15/06/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 180 de 29/06/1942, páxina 4632).

Expediente de responsabilidade civil. Boletín Oficial de la Provincia de León. Núm. 179 (11/08/1944).

 

Barrios, Alejandro

Lista Gonzalo Amoedo e Gil Moure. 

 

Barros Lavander, Alejandro de (Arboleda-Bizkaia)

49 anos.

Morto na illa de San Simón.

 

Barros Montero, Manuel_Nomes e Voces

Barros Montero, Manuel Xabelón” (Redondela).

Mariñeiro, solteiro, 16 anos.

Fillo de Manuel Barros Fervenza e Luciana Montero Paz. O seu pai, mariñeiro en Pasaia (Guipúzcoa) falecería o 27/08/1936 cubrindo a evacuación (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2022/05/guerra-civil-soldados-falecidos.html )

Irmán do restaurador Ángel Barros (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/barros-montero-angel-redondela-1935.html ).

Partido Comunista Español.

Detido e xulgado en Vigo xunto a outros 14 redondeláns por auxilio á rebelión o 16 de decembro de 1936. Sería condenado a 6 anos de prisión e multa mancomunada de 2 millóns de pesetas. Cumpriu cadea nas prisións do Frontón de Vigo, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (1937-1938), Prisión de Vitoria e Prisión Provincial de Valladolid, onde lle conceden a Liberdade Condicional por orde do 12/08/1940 (BOE número 235 do 22/08/1940, páxina 5820).

Non remataría aquí e volve a ser detido por reorganizar o PCE en Redondela, sendo xulgado por delito equiparable a rebelión militar en 1948 e cumprindo condena na Colonia Penitenciaria do Dueso (Santoña). En 1954 recobra a liberdade e establécese en Redondela onde casa e traballa de albanel.

Foi elixido concelleiro de Redondela polo PCE nas elección municipais de 1983.

Barros Montero, Manuel (2006). Memorias de Manolo Barros. Autobiografía dun militante comunista. Fundación 10 de marzo.

Manuel Barros, un rebelde de aceiro. Documental de Fernando Carreira “Cuchi”.


Barros Outerelo, Manuel (Moreira, Ponteareas-Pontevedra)

Labrego, 26 anos, casado con Teresa Rivero. Fillo de Manuel e María.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 24/10/1936 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300288, Expediente 9279).

Preso, cando menos, na Prisión de Vigo e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/09/1936).


Barros Suárez, Baltasar (Beade, Vigo-Pontevedra)

Carpinteiro, 31 anos.

Fixo a guerra na zona republicana. Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas). Xulgado por rebelión militar e sentenciado a prisión 12 anos e 1 día. (1940) Conmutación por 6 anos no (1941) e condicional

Tribunal Nacional de Responsabilidades Políticas (Centro Documental de la Memoria Histórica). Signatura: 75/00223 | Lavadores | Indulto (1941 - 1941). Notas: Tribunal de Responsabilidades Políticas de La Coruña


Barros Torres, Manuel Ramón (Meis-Pontevedra)

Labrego, 56 anos, casado con Carmen Chantada. Fillo de Eugenio e Teresa.

O seu fillo Manuel Barros Chantada “O Rancheiro”, tamén sería detido.

Concelleiro de Meis. Pertencía a La Fraternidad Obrera de Agricultores de Meis.

En xullo de 1937 foi detido acusado de requisar armas. Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión. Condenado o 21/03/1938 a 12 anos 1 día. Posteriormente conmutáronlle a pena a 2 anos de prisión menor.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (26/03/1938), sendo posto en liberdade o 12 de xuño de 1939. Ese mesmo ano abríuselle expediente de responsabilidades políticas.

 

Barroso Rodríguez, Florentino (Toledo)

Xornaleiro, casado, 68 anos.

Preso na Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte por causas naturais


Barroso Zazo, Higinio (Galves-Toledo)

Xornaleiro, 54 anos. Fillo de Toribio e Gerónima.

Veciño de Arenas de San Pedro (Ávila).

Xulgado por Auxilio á Rebelión (Causa 1309/1939). Condenado o 06/08/1940 a 20 anos de prisión.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Astorga, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/01/1942) e Prisión Provincial de Toledo (29/01/1943), onde por orde do 19/06/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 205 de 24/07/1943, páxina 7154), facéndose efectiva o 12/06/1943.


Bas Costa, Federico (Vinaroz-Castelló)

Albanel, 60 anos, casado con Rosario Gasol. Fillo de Bautista e Reyes.

Dirixente do Sindicato de la Construcción de Vinaroz. Afiliado a CNT.

Xulgado por Auxilio á Rebelión (Causa 1405/38). Condenado o 21/03/1938 a 6 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Castellón (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300249, Expediente 4354).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938).


Basabe Bareño, Emilio (Guernika-Bizkaia)

33 anos.

Chegou á illa de San Simón procedente do Forte de San Cristóbal. Morto na illa de San Simón.

Expedientes personales de represaliados del Franquismo en la provincia de León (Asociación de Estudios sobre la Represión en León). Signatura: AERLE.CAJA20.1


Basañez Galdós, Juan (Mutriku-Guipuzkoa)

Chapista, 34 anos, casado con Segunda Martín. Fillo de Diego e Ramona.

Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión. Condenado o 20/08/1938 a 12 anos e 1 día reclusión temporal. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300499, Expediente 38108).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (08/10/1938), onde falece o 21/02/1939.


Basteiro Penela, Miguel (Forcarei-Pontevedra)

Canteiro, solteiro, 24 anos.

Veciño de Codeseda, A Estrada.

Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión (Causa 1118/1937). Condenado a prisión 12 anos 1 día. Conmutación a 3 anos e liberdade en setembro de 1939 (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300306, Expediente 11639)

Preso, cando menos, na Prisión de Estrada, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/11/1936), Prisión de Santiago de Compostela (26/01/1939), Prisión Central de Astorga (24/03/1939) e Prisión de Santa Rita de Carabanchel (03/10/1939). Prisión atenuada 30/08/1940.

Libre disposición dos seus bens despois de satisfacer a sanción económica imposta (BOE 28 /04/1941. Nª118, Páx. 1691).

 

Basterra Aramburu, José Ramón Atanasio “Aitona” (Bilbao-Bizkaia, 1895)

J. R. Basterra.Fondo: Bernardo Estornés Lasa
Avogado, casado, 42 anos.

Faleceu o 17 de outubro de 1976. Foi un destacado pelotari, sendo presidente do club Deportivo Bilbao entre 1933 e 1934 e recibindo a medalla ao mérito deportivo.

Preso, cando menos, na Illa de San Simón e o Forte de San Cristóbal.

Tribunal Nacional de Responsabilidades Políticas (Centro Documental de la Memoria Histórica). Signatura: 75/00574 | Bilbao (Vizcaya) | Indulto (1940 - 1940).

 

 

Basterrechea Beabide, Alejandro (Dima-Bizkaia)

Labrego, 38 anos, casado con Juana. Fillo de Mauricio e Ignacio.

Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión. Condenado o 27/10/1937 a 12 anos e 1 día de reclusión temporal. Pena posteriormente conmutada por 3 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (08/10/1938) e Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (16/01/1940). Liberdade definitiva o 15/01/1941.


Bastos Rivas, Eugenio (Moaña-Pontevedra)

Mariñeiro, 24 anos, solteiro. Fillo de Joaquín e Victorina.

Veciño de Canido (Pontevedra).

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 10/09/1937 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300425, Expediente 27273).

Preso, cando menos, na Prisión de Vigo e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (26/10/1936).

 

Batet Solanes, Pablo (L’Arboç-Tarragona)

Labrego, casado, 64 anos. Fillo de Cristóbal e Rosa

Xulgado por Rebelión Militar(Causa 1450/39). Condenado o 24/05/1939 a 20 anos de reclusión temporal. A pena sería conmutada a 6 anos e un día de prisión maior.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Astorga e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simon (27/09/1940), onde por Orde do 02/09/1941, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número267 de 24/9/1941, páxina 7363).

NOTA: Tamén atopo a:

Pablo Batet Solano. Internado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro, por orde do 19 de febreiro de 1942 ( BOE nº 61 de 02/03/1942, páxina 1503).


Bau Lagares, José (Vilasantar-A Coruña)

Canteiro, 27 anos, casado con Consuelo Basteiro. Fillo de Manuel e Andrea.

Veciño de Codeseda, A Estrada (Pontevedra).

Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado o 11/07/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso, cando menos, na Prisión da Estrada e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/11/1936)


Bautista Alconero, Alfredo “Reisiño” (Ponteareas-Pontevedra, 4-11-1912)

Debuxante, realizaba caricaturas e debuxaba os carteis do cine de Ponteareas. Futbolista afeccionado. Solteiro, 23 anos. Fillo de Manuel e Amadora-

Juventudes Socialistas Unificadas (JSU).

Detido o 21 de xullo co seu irmán Manuel Bautista Alconero “Piruel” cando se dirixían a Pontevedra. Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado á pena de morte, catro días despois conmutáronlle a pena por cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso no Cárcere do Concello de Pontevedra e na Colonia Penitenciaria de San Simón (23/07/1936) onde pasou catro anos. Alí debuxou caricaturas doutros presos. Levaba a contabilidade do cárcere, o que lle permitiu iniciar unha relación sentimental con Rosario “Charo” Hermida, filla do dono do restaurante “La Cueva”, sito na R. Alfonso XII (Redondela), que se encargaba de levar a comida á illa de San Simón a un preso rico de León, e coa que acabaría casando.

Saíu en liberdade en 1940, fixando a súa residencia en O Porriño. Traballou en Zeltia e foi adestrador deportivo. Déronlle o seu nome ao Seminario de Estudos Porriñeses Alfredo Bautista Alconero e ao campo de fútbol de Ribadetea (Ponteareas). Finou no Porriño o 13 de decembro de 2000.

É un dos protagonistas do documental «Aillados», de Antón Caeiro, do que tamén se publicou libro.

 

Bautista Alconero, Manuel “Piruel” (Ponteareas-Pontevedra)

Carpinteiro, solteiro, 20 anos.

Juventudes Socialistas Unificadas (JSU).

Como vimos, detido o 21 de xullo co seu irmán Alfredo “Reisiño” cando se dirixían a Pontevedra. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Conmutación e extinción da pena o 21-07-1939.

Seguíuselle expediente de Responsabilidades Políticas do que foi indultado en 1957.

Listados de la Cruz Roja española | Listas 1019 y 1019bis: Propuestas de canje | Puenteareas | Notas: Detenido | Pagina 37, 114

Batallones Disciplinarios de Soldados Trabajadores Penados (BDSTP), 1a Agrupacion. Filiaciones | Provincia de nacimiento: Pontevedra | Fechas extremas del expediente: 1941-1942 | Referencia: ES.19030.AGMG/3.5. Caja 304459, Expediente 224

 

Alfredo Bautista. Fotograma do documental Aillados

Bautista Carrillo, José (San Vicente de Alcántara-Badajoz)

Xornaleiro, 61 anos, casado con Juana. Fillo de Joaquín e Marcelina.

Xulgado en Cáceres por Auxilio á Rebelión (Causa 139/1936). Condenado o 11/12/1936 a 14 anos de reclusión temporal. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Cáceres (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300670, Expediente 63458)

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Cáceres, Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (02/02/1937), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939) e Prisión de Salamanca (01/09/1939), onde é rexistrada a súa morte o 28 de novembro de 1940 por causas naturais.

Aparece no Indice de procedimientos sumarisimos instruidos en Badajoz por la XII Division franquista como xulgado en Cáceres o 16/05/1941 por Agresión a forza armada (Causa 1873/41).


Bautista García, Vicente (Vigo-Pontevedra)

Perruqueiro, casado, 44 anos. Fillo de Aurelia, casado con Adelina Conde Gutiérrez, pai de Ramón e Antidio.

Cumpría condena na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón de onde sería sacado o 9 de novembro de 1936. Ao día seguinte o seu corpo sería atopado na Cuncheira (Trasmañó-Redondela), na estrada Redondela-Vigo, morto por disparos de arma de fogo. Sería enterrado no cemiterio dos Eidos.


Bayar Tardez, Benito (Herrera de los Navarros-Zaragoza)

Xornaleiro, 68 anos. Fillo de Antonio e Petra.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 12/09/1938 a 20 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Zaragoza (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300788, Expediente 80709).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Madrid (30/07/1939), Prisión Central de Figueirido, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/05/1941) e Prisión Provincial de Zaragoza (18/09/1942). Liberdade condicional o 18/11/1942.


Bayo Monferrer, Miguel Juan (Alcalá de la Selva-Teruel)

Chofer, 43 anos, casado con Cándida Bayo. Fillo de Joaquín e Isabel.

Xulgado en Aliaga (Teruel) por Auxilio á Rebelión (Causa 1354/1938). Condenado o 02/07/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada a 3 anos pola Comisión de Teruel (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300897, Expediente 95061).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938) e Prisión de Almadén (11/11/1940). onde por orde do 10/11/1942, concédeselle a Liberdade condicional (BOE Nº322 do 18/11/1942, páx. 9356), facéndose afectiva o 18/10/1942.

Volve a ser detido na Prisión de Zaragoza o 26/06/1948, acusado de encubrir e aprovisionar a bandoleiros en Mosqueruela e Alcalá de la Sierra. Liberdade condicional o 18/03/1950.


Bayón González, Francisco (La Mata de Curueño, Santa Colomba de Curueño-León)

Xulgado en León (Tribunal Militar Territorial 4 | León | Causa 197 de 1936, Caja 5892, Orden 1107).

Internado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional por Orde do 26/04/1940. ( Boletín Oficial del Estado número 121 do 30/04/1940, páxina 2948).

Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas de Valladolid (Archivo de la Real Chancillería de Valladolid). Signatura: Jc Caja 3601.0018 | Ambasaguas (León) | Inculpacion (1938)


Bayón González, Juan (Santibañez de la Fuente, Aller-Asturias)

Labrego, casado, 67 anos.

Preso na Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte o 20 de maio de 1941 por causas naturais.

Batallones Disciplinarios de Soldados Trabajadores (BDST). Expedientes personales de Soldados Trabajadores y Soldados de Escolta | Referencia: ES.19030.AGMG/3.1. Caja 302169, Expediente 23204.

 

Bayón Juaniño, Segundo (La Baña-León)

Latoeiro, casado, 34 anos.

Chegou á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón procedente do Forte de San Cristóbal.


Bayón de Tena, Francisco (Puebla de Alcácer-Badajoz)

Secretario de Concello, 59 anos, casado con Ricarda Gallego. Fillo de Damián e Catalina.

Veciño de Siruela (Badajoz).

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 29/04/1940 a 20 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Naldenoceda, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (26/04/1941) e 3ª Agrupación Colonias Penitenciarias Militarizadas de Talavera (01/02/1943). Liberdade condicional o 02/05/1943.


Bazán García, Carlos (Álava-Vitoria)

Mecánico.

Membro do Sindicato de Metalúrgicos-UGT.

Traballaba no “Garaje Internacional". Co inicio da guerra foi traballar nos Talleres Múgica e despois iría a Santander, onde realizaba o blindado dos camiós. Regresou a San Sebastián onde foi detido, porque estando ebrio, falou do futuro triunfo da República.

Consello de Guerra: San Sebastián – 1253. Xulgado por excitación á rebelión. Condenado a 8 anos, sendo a pena conmutada por 6 anos e 1 día.

En maio de 1940 atopábase cumprindo condena na Colonia Penitenciaria de San Simón.


Bea Iglesias, Antonio (Meloxo, O Grove-Pontevedra)

Canteiro, 22 anos.

Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentencia a prisión 15 anos. Conmutación a 2 anos e extinción o 15-02-1939

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.

Ábreselle expediente de Responsabilidades Políticas. Concédeselle o indulto en 1960.


Beato Verdejo, Blas (San Lorenzo de Calatrava-Ciudad Real)

Labrego, casado, 66 anos. Fillo de Miguel e Vicenta.

Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 10/01/1940 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Puerto de Santa María, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/04/1941), onde por orde do 19 de febreiro de 1942, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro ( BOE nº 61 de 02/03/1942, páxina 1504).

Recuperación de bens. Expediente 4.144; sentencia de 31 de xaneiro de 1942. (BOE 28 de abril de 1942, páx. 2080).

 

Becerril Conde, Ildefonso (Beas-Huelva)

Labrego, solteiro, 63 anos. Fillo de Juan e Catalina.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 02/09/1937 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión de Valverde, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (06/03/1939), onde falece o 07 de febreiro de 1941 por causas naturais.


Bedate González, Basilio (Irún-Guipuzkoa)

Xastre, 40 anos, casado con Milagros. Fillo de Heliodoro e Alfonsa.

Veciño de Bilbao (Bizkaia).

Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión. Condenado o 30/07/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300498, Expediente 38043).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (08/10/1938) e Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (17/01/1940).

O xulgado de Bilbao decreta o sobresemento do seu expediente, acadando a libre disposición de bens (BOE Anexo único nº51, do 20/02/1943, páxina 673)


Bedós Ruíz, Domingo (Gandesa-Tarragona)

NOTA: Citado tamén como Bedos Rius, Domingo

Labrego, 57 anos, casado con Joaquina. Fillo de Domingo e María.

Xulgado en Gandesa por Auxilio á Rebelión (Causa 34/1938). Condenado o 08/06/1938 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938), onde por orde do 17 de setembro de 1942, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro, ( BOE nº 272 de 29/09/1942, páxina 7644), facéndose efectiva o 20/08/1942.

 

Beired Montes, Francisco (Loporzano-Huesca)

Xornaleiro, 64 anos. Fillo de Antonio e Paula.

Veciño de Barluenga (Huesca)

Xulgado en Huesca o 20/07/1938 por Rebelión Militar (Causa 127-38). Condenado o 13/08/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Huesca, na Prisión Central de Burgos (22/09/1938) e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (13/03/1939), onde por orde do 15 de xuño de 1942, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro (180 de 29/06/1942, páxina 4626).

 

Beiro Maneiro, Secundino (Noia-A Coruña)

Zapateiro, 26 anos, casado con Generosa Cerviño. Fillo de José e Manuela.

Veciño da Estrada (Pontevedra)
Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión. Condenado o 11/07/1937 a 15 anos de prisión. Conmutación e extinción da pena o 16-01-1940.

Preso, cando menos, na Prisión da Estrada e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/11/1936). Prisión atenuada o 10/08/1940.

Ábreselle expediente de Responsabilidades Políticas (BOE Anexo único Nº15, 15 de xaneiro de 1940, páx. 270).


Beitia Arza, Teodoro (Urbina-Álava, 9-11-1864)

Labrador, casado con María, 62 anos. Fillo de Miguel e María Jesús.

Xulgado polo Tribunal Militar Territorial 4, Alava, (Causa 102 de 1937, Caixa 114, Orde 1711) por Auxilio á Rebelión. Condenado o 28/07/1938 a 20 anos de reclusión temporal.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Vitoria, Prisión Central de Puerto de Santa María (16/06/1938), Prisión Central de Celanova (12/12/1938) e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (01/04/1939).

 

Beitia Martínez, Manuel (Munain-Araba/Álava)

Labrego, 24 anos, solteiro. Fillo de Juan e Generosa.

Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión. Condenado o 05/08/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300498, Expediente 38013)

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (08/10/1938), Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (17/01/1940), Prisión da Comisaría de Vitoria (24/06/1942). Liberdade 01/07/1942.

Volve a ser detido en Vitoria e posto a disposición da fiscalía (25/02/1945), sendo posto en liberdade o 05/03/1945.

Novamente detido en Vitoria (27/02/1946), en liberdade o 02/03/1946.

Unha cuarta detención, desta volta en Astorga o 06/05/1949, para ser posto a disposición do xuíz de Vitoria.


Béjar Béjar, Gregorio “El Migas” (Mascaraque-Toledo)

Xornaleiro, casado con Marcelina, 67 anos. Fillo de Felipe e Benita.

Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 08/06/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso na Prisión Provincial de Toledo, Prisión do Partido de Vergar (21/09/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (11/03/1939), onde é rexistrada a súa morte, o 27 de xaneiro de 1941, por causas naturais.


Bel Pallarés, José “Couxenet” (Bojar, Puebla de Benifasar-Castelló)

Xornaleiro, 46 anos, casado con Vicenta Pallarés. Fillo de José e Vicenta.

Xulgado en Vinaroz por Auxilio á Rebelión (Causa 112/1938). Condenado o 01/06/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Castellón (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300249, Expediente 4350).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938)


Bellver Gómez, Fulgencio (Cenizate-Albacete)

Auxiliar camiñeiro, casado, 63 anos.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde o 11 de maio de 1941 é rexistrada a súa morte por causas naturais

 

Belmonte Sánchez, Natalio (Torreperogil-Jaén)

Labrego, viúvo, 62 anos. Fillo de Baltasar e Gimena.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 10/06/1939 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de A Coruña, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (15/10/1940), Prisión Provincial de Jaén (18/09/1942) e Prisión de Baeza (15/03/1943). Liberdade condicional o 07/10/1943.


Beltrán de la Chica, Francisco (Mengibar-Jaén)

Ferroviario, 62 anos, casado con María. Fillo de Francisco e Marina.

Veciño de Málaga (Málaga).

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 10/05/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión temporal.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Málaga, Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (19/08/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939), onde por orde do 23/01/1942, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 38 de 07/02/1942, páxina 938).


Beltrán Climent, Juan (Les Useres-Castelló)

Labrego, 66 anos, casado con Encarnación. Fillo de José e Tomasa.

Tesoureiro de Izquierda Republicana. Membro da Confederación General de Trabajadores (CNT).

Xulgado polo Tribunal Militar Territorial 1, Castellón, por Auxilio á Rebelión (Sumario 846/1938, Caixa 14106, Orde 2). Condenado o 07/09/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso, cando menos, na Prisión de Lucena, Prisión Provincial de Castellón (12/08/1938), Prisión Central de Burgos (22/11/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (11/03/1939). Falecido o 02/10/1943.


Beltrán Rabanal, Benigno (La Vecilla-León)

Secretario, casado con María Encarnación Mayo, 65 anos. Fillo de Aniceto e Bibiana.

Veciño de Sorribas de Alba (León).

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada por 6 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Preventiva de Gijón, Prisión Central de Figueirido-Pontevedra (10/05/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/03/1939), onde por Orde de 11/07/1941, concédenlle a Liberdade Condicional coa liberación definitiva de desterro (BOE nº 201 de 20/7/1941, páxina 5437)

Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas de Valladolid (Archivo de la Real Chancillería de Valladolid). Signatura: Jc Caja 3600.0041 | Vecilla (León) | Inculpacion (1938)


Bena Valverde, Eusebio (Castejón-Huesca)

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.

Benages García, Silverio (Puertomingalvo-Teruel, 1872)

Carteiro, 69 anos. Fillo de Jerónimo e María Ángeles.

Xulgado en Zaragoza por Adhesión á Rebelión (Causa 423-38). Condenado o 02/09/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada por 20 anos pola Comisión de Zaragoza (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300406, Expediente 24453).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza (1938), Prisión Provincial de Burgos, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (11/03/1939) e na Prisión Provincial de Castellón de la Plana (13/10/1942), onde por orde do 22/05/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 157 de 06/06/1943, páxina 5461), facéndose efectiva o 28/04/1943.


Benavente Simón, Casimiro (Villaconejos, Madrid)

Vendedor ambulante, 62 anos, casado con Francisca. Fillo de Lucio e Baldomera.

Afiliado a Casa del Pueblo. Denunciado polo Tenente Isidoro Isabel García, que mandaba a Compañía do Rexemento de Infantería La Victoria nº 28 que ía a misa á Igrexa de La Purísima,o 08/12/1937 Festividade da Purísima, ao pasar a Bandeira o denunciado saudou cuberto e co puño pechado.

Xulgado por Excitación á Rebelión. Condenado o 09/02/1938 a 6 anos e 1 día.

Preso, cando menos, no Cuartel de Infantería, Prisión Provincial de Salamanca (08/12/1937), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (26/02/1939) e Prisión Central de Figueirido-Pontevedra (05/05/1939), onde falece o 01/11/1939.


Benedicto Mínguez, Domingo (Urrea de Gaén-Teruel)

Acusado por excitación á rebelión é xulgado en Zaragoza, sendo condenado o 1939/05/30 a 6 anos e un día de prisión maior. (Auditoría de Guerra de la 5 Region Militar | Sumarísimo de urgencia | Consejo de Guerra Permanente numero 1. Número de procedimiento: 182-39).

Preso na Prisión Provincial de Zaragoza e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 08/11/1941 (BOE número 322 de 18/11/1941, páxina 9014).

NOTA: Citado tamén como Domingo Benedieto Mínguez.


Benedicto Rajadell, Teófilo (Alcalá de la Selva-Teruel)

Labrego, 34 anos, casado con Ángeles García. Fillo de Elías e Avelina.

Xulgado en Aliaga por Auxilio á Rebelión. Condenado o 02/07/1938 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938), Colonias Penitenciarias Militarizadas de Dos Hermanas-Sevilla (03/03/1940), onde por orde do 15/06/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 180 de 29/06/1942, páxina 4627), facéndose efectiva o 02/06/1942.


Benedo Zurriaín, Víctor (Muras-Lugo)

Industrial, casado.

Detido na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


Beneite Texeira, Francisco (Monterrubio de Armuña-Salamanca, 11/01/1903)

Xornaleiro, solteiro, 23 anos. Fillo de Eduardo Beneite Medina e Remedios Texeira.

Detido o 01/09/1936, na estación de ferrocarril de Huelmos de Cañedo (Salamanca), na que o seu pai era capataz, e ingresado en la Comisaría de Vixilancia de Salamanca. Foi denunciado por portar unha pistola antiga de dous canóns.

O 04/09/1936 ingresa na Prisión Provincial de Salamanca, para ser xulgado polo Juzgado Militar nº 3 de Salamanca. O 21/01/1937 asiste ao Consello de Guerra (Causa 602/1936) por Tenencia ilícita de armas (Auxilio á rebelión), sendo condenado a 12 anos e 1 día de reclusión menor.

Cumpriu condena en: Prisión Central de Pamplona (26/06/1937 ), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (15/09/1938) e Prisión Provincial de Madrid, onde por orde do 04/07/1941 concédeselle a liberdade condicional, establecendo a súa residencia en Huelmos de Cañedo (Salamanca).

O 30/08/1943 revisada a condena, rebaixase a 3 anos e 8 meses de prisión menor. O 06/07/1944 causa.


Bengoechea Eguimendia, Ignacio (Rentería-Guipuzkoa)

Labrego, 46, casado con Cecilia, 2 fillos. Fillo de Antonio e Isabel.

Veciño de Lezo (Guipuzkoa).

Xulgado en San Sebastián por Auxilio á Rebelión (2290/37). Condenado o 20/07/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Guipúzcoa (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300541, Expediente 44621).

Preso, cando menos, na Prisión ed San Sebastián (24/10/1937), Buque Prisión Upo Mendi-San Simón (19/10/28) e Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (07/07/1941), onde se lle concede a Liberdade condicional (BOE nº 214 de 2/8/1941, páxina 5863).

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1957.


Bengoechea Izaguirre, Guillermo (Ermua-Bizkaia)

Mozo de estación, 59 anos. Fillo de Pedro e Juana María.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 28/04/1938 a 6 anos e 1 día.

Preso na Prisión Provincial de Bilbao (09/10/1937) e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939), onde por orde do 4 de xuño de 1940, concédeselle a liberdade condicional (BOE numero 162 del 10/06/1940, páxina 3981).

 

Benítez Domínguez, Francisco (Málaga)

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón onde, por Orde do 12/08/1940, concédeselle a liberdade condicional (BOE número 233 do 20/08/1940, páxina 5769).

Debeu ser novamente detido ou a liberdade non se fixo efectiva porque aparece novamente preso, nesta ocasión, na Prisión Provincial de Bilbao onde, por Orde do 12/12/1942, concédeselle a liberdade condicional coa liberación definitiva do desterro (BOE número4 de 04/01/1943, páxina 119).

Archivo General Militar de Guadalajara. Batallones Disciplinarios de Soldados Trabajadores Penados (BDSTP), 2a Agrupacion. Expedientes personales | Provincia de nacimiento: Malaga | Referencia: ES.19030.AGMG/3.2. Caja 301546, Expediente 923.

 

Berasategui Oria, Bernardo (Beasain-Guipuzkoa)

Veciño de Itsasondo (Guipuzkoa).

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional por Orde do 21/6/1940 (BOE número 179 del 27/06/1940, páxina 4400).

Ábreselle expediente de Responsabilidades Políticas, coa sentencia do pago de 100 pesetas “de resarcimiento de perjuicios”, tras ser declarado culpable por excitación á rebelión. (TRIBUNAL REGIONAL DE RESPONSABILIDADES POLÍTICAS DE NAVARRA. 1941.02.01, ITSASONDO. ES/NA/AGN/F363/TRP_SENTENCIAS,Lb.2,N.834). 

 

Berezo Andrés, Agustín (Membribe-Burgos)

Cortador, casado, 60 anos.

Preso na Colonia Penitenciaria de San Simón.


Berges Castella, Hortensio (Borges Blanques-LLeida, 12-3-1919)

Fillo de Mariano Berges Berga e María Rosa Castella Feliu.

Detido cando menos na Prisión Central de Zaragoza e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (1944).


Berisa León, Gregorio (Azagra-Navarra)

Xornaleiro, solteiro, 16 anos. Fillo de Gregorio e Victoria.

Formou parte dun grupo armado con escopetas polo alcalde de Azagra para deter a chegada ao pobo a un grupo de coches do bando sublevado, disparando contra un vehículo da Garda Civil. Todos foron detidos, apesares de que algúns como Gregorio non abriron fogo.

Condenado por Rebelión Militar por sentencia de 25-8-1936 á pena de 12 anos e 1 día.

Cumpriu condena no Forte de San Cristóbal (26/09/1936-15/09/1938), na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/9/1938), Prisión de Vitoria (22/11/1938).

Liberdade 07/07/1940.

8/04/1946 en liberdade, veciño de Estella (Navarra).

En 1979 concorreu ás eleccións como número 2 do Partido Comunista de Euskadi (PCE/EPK) por Azagra. En 1983 formaba na lista deste mesmo partido nas eleccións autonómicas.


Bermejo Martín, Francisco (Horcajo-Madrid)

56 anos.

Tribunal Militar Territorial 4 | Burgos | Causa 316 de 1936, Caja 78, Orden 3500 | Plaza de Burgos

Chegou á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón procedente do Forte de San Cristóbal. Despois sería trasladado á Prisión Provincial de Palencia, onde acadaría a Liberdade Condicional (BOE nº 183 de 2/7/1941, páxina 4902)


Bermejo Pasamón, Pedro (Anguita-Guadalajara)


Xornaleiro. Fillo de Casimiro e Bonifacia.
Membro afiliado da UGT.
Foi detido o 07/07/1939 acusado de pertencer ao Servicio de Información Militar, ingresando na Prisión Habilitada de Barco (Madrid).
Consello de Guerra Permanente nº9 de Madrid (6/11/1939). Sumario 41.277. Adhesión á rebelión con agravantes de perversidade e transcendencia (6/11/1939). Pena de morte (6/11/1939)
Esta sentencia sería anulada porquese observan en dicha causa la omisión de ciertas diligencias previas para formar juicio suficiente en relación con la gravedad de la pena impuesta, siendo procedente que se continúe la investigación sumarial". Catro meses despois será novamente xulgado con idéntico resultado: Consello de Guerra Permanente nº7 de Madrid (7/3/1940). Adhesión á rebelión (7/3/1940). 30 anos de prisión maior (7/3/1940)-
Penas accesorias: Suspensión de todo cargo durante a condena, abono da prisión preventiva e responsabilidade civil.
Cumpre condena na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (Pontevedra)

Tribunal Nacional de Responsabilidades Políticas (Centro Documental de la Memoria Histórica). Signatura: 75/00320 | Anguita (Guadalajara) | Indulto (1941 - 1944).


Bermúdez España, Avelino (A Estrada-Pontevedra)

Carpinteiro, 43 anos.

Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos.

Cumpriu a sentenza na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e no Forte de San Cristobal (Pamplona), onde por Orde do 11/11/1943 concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 349 de 15/12/1943, páxina 11939).


Bermúdez Valdeón, Francisco (León)

Tipógrafo, casado, 50 anos.

Xulgado en León (Tribunal Militar Territorial 4 | León | Causa 80 de 1936, Caja 5909, Orden 1274).

Libros Registro Responsabilidades Políticas. Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas de Valladolid (Archivo de la Real Chancillería de Valladolid). Signatura: Jc Libro 0482. Folio 0171 | Sahagún (León) | Inculpacion

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón. Tamén detido na Prisión Habilitada Manicomio de Palencia, cando se lle concede a Liberdade Condicional (BOE nº 59 de 28/2/1941, páxina 1415).


Bernal Martínez, DiegoCaparranas” (Cieza-Murcia, 1871)

Xornaleiro, 68 anos, casado con 4 fillos. Fillo de Joaquín e Juana.

Preso en: Prisión de Partido de Cieza (1939/04/02-1939/12/25), Prision Provincial de Murcia (ata novembro de 1939)

Ministerio de la Presidencia | 50 años | Fosa 518/2009 ALIC (Alicante/Alacant, Alicante/Alacant) | Muerto el 5 de noviembre de 1940 | Notas: Fusilado. Número registro: 30420. Fila: 7. Cuadro: 12.


Bernard Clemente, Manuel (Herrera de los Navarros-Zaragoza)

Militante de Izquierda Republicana.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 02/08/1941 (BOE número 227 de 15/8/1941, páxina 6273).

 

Bernárdez, Antonio (Mondariz-Pontevedra)

Camareiro, casado, 39 anos.

Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. (Tribunal Militar Territorial 4 | Pontevedra Y Vigo | Causa 859 de 1940, Caja 269, Orden 3041)


Bernárdez Barcala, José María (Goios, Lalín-Pontevedra)

Labrego, 34 anos.

Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de absolución e a disposición da autoridade gobernativa.


Bernárdez Gómez, Jesús (Redondela).

Mestre, solteiro, 23 anos. Luis Telmo Bernárdez Santomé.

Preso no cárcere de Redondela e en San Simón, sen causa. Sería liberado por un erro burocrátrico, fuxindo entón á outra zona, onde pelexaría no Exército, acadando o grao de tenente. Ao remate da guerra foi recluído nun campo de concentración e logo pasa a México onde esperou a chegada do resto da familia. Foi profesor do grupo que iniciou o Colegio de Madrid así como do Instituto Hispano-Mexicano Ruiz de Alarcón, dirixido por Pedro Martul Rey. Máis tarde foi profesor de Matemáticas no “Instituto Nacional de Capacitación del Magisterio” e catedrático de Análise Alxebraica na “Escuela Normal Superior”. Publicou máis de 15 libros sobre o ensino das matemáticas.


Bernárdez Gómez, Telmo (Redondela).

23 anos, solteiro, Mestre nacional. Fillo de Luis Telmo Bernárdez Santomé.

Xulgado en Pontevedra por Rebelión militar o 23/1/37. Preso no cuartel de San Fernando, en Pontecaldelas, e na Illa de San Simón, Ingresou no forte de San Cristóbal o 16/5/37, saíndo o 14/3/39 para ser trasladado á Prisión Central de Figueirido ata outubro dese ano, momento no que ingresou de novo en San Simón ata que foi posto en liberdade o 28 de agosto de 1940. Chega ao exilio en México despois de pasar por Portugal, de onde sae no barco pesqueiro Nacala cara o porto de Veracruz no ano 1947. Nos comezos traballou como visitador médico e representante de laboratorios, e co tempo, chegou a ser axente comercial do laboratorio Servé da “International Chemical” para Centroamérica, o que lle permitiu viaxar e establecer diferentes residencias. Nos últimos anos da súa vida laboral, e xa instalado en México D.F., traballou como administrador de varias empresas inmobiliarias. Este e o anterior fillos do médico Luis Telmo Bernárdez Santomé.



Bernárdez Santaclara, José “Pasarín” (Bueu-Pontevedra, 1906)

J. Bernárdez Santaclara. 

Arquivo Hedy Herrero

Traballou coma mariñeiro, ocupación que deixou por problemas de saúde, aprendendo o oficio de zapateiro.

Casado con Alcira, 5 fillas. 32 anos. Fillo de Nicolás e Carmen.

Foi secretario da sociedade Adelanto Marinero (UGT). Concelleiro de Bueu.

Xulgado en Pontevedra por adhesión á rebelión o 22 de decembro de 1936 foi condenado a cadea perpetua e inhabilitación absoluta.

Cumpriu condena na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, no Forte de San Cristóbal (16/05/1937) e na Prisión Central de Cuellar-Segovia (01/03/1939), de onde saíu en prisión atenuada o 5 de setembro de 1940. Foille conmutada a pena a 4 anos en decembro de 1942. Concedéronlle a liberdade definitiva o 5 de decembro de 1943.

Publicou o libro de poemas: Rosas salvajes (1986).

Finou en Pontevedra en xullo de 1993. En 2015 Bueu nomea Membros honoríficos aos 12 compoñentes da corporación represaliada en 1936. Seis de eles, entre os que se atopa José Bernárdez, son nomeados Fillos Predilectos e o alcalde, José Gómez, Fillo Adoptivo.  

 


Bernárdez Santomé, Luis Telmo (Redondela, 10-4-1885).

Médico.

En 1923 foi elixido alcalde de Redondela, posto que desempeñaría ata 1936. En abril de 1936 foi nomeado Compromisario coa encomenda de elixir ao segundo presidente da República. Delegado Gobernativo en Redondela e Xefe provincial de Esquerda Republicana. Tralos sucesos do 18 de xullo de 1936 percorreu as rúas de Redondela tranquilizando e convencendo aos veciños de que non opuxeran resistencia. Posteriormente, sería detido e encarcerado en Vigo, a Illa de San Simón e Pontevedra, sendo fusilado o 12 de novembro de 1936 na estrada de Campañó. Déronlle o seu nome á actual rúa José Regojo en 1931 e en 1979 á rúa actual.

(Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/bernardez-santome-telmo-redondela-10-04.html )


Telmo Bernárdez e familia. www.dogrisaovioleta.gal


Bernardo Garrido, Vicente (Valdemorilla, Izagre-León)

Labrego, viúvo, 36 anos.

Comision Central de Examen de Penas. Penas ordinarias conmutadas | Comision de Valladolid | Referencia: ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300606, Expediente 53925

 

Berrocal Maciá, Nemesio (Don Benito-Badajoz)

Xornaleiro, casado, 61 anos.

Prisión Provincial de Salamanca (1939-1941). Morto o 26 de maio de 1941 na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte por causas naturais.

 

Bertolo Abril, José (Salvaterra-Pontevedra)

Mestre. Veciño de Cillarga (Ponteareas).

Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Prisión Central de Burgos, onde se lle concede a liberdade Condicional (BOE nº 216 de 4/8/1941, páxina 5911)


Bertolo Díaz, Adolfo (Mugardos-A Coruña)

Carpinteiro, viúvo, 64 anos.

Preso no campo de concentración da Illa de San Simón


Bertrán Ubach, Joaquín (Isona i Conca Dellà-Lleida)

Veciño de Tremp (Lleida).

Xulgado en 1938 en Consello de Guerra Sumarísimo (causa TMT3: 634). Condenado a 6 anos de prisión maior, pena conmutada a 4 anos de prisión menor.

Internado na Prisión Provincial de Huesca. Despois estaría na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde por orde do 4 de xuño de 1940, concédeselle a liberdade condicional (BOE numero 162 del 10/06/1940, páxina 3981).


Besada Nieto, José (Vilanova de Arousa-Pontevedra, 1910)

27 anos.

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentencia a pena de morte. Executado en Pontevedra, o 17 de abril de 1937. A súa morte é rexistrada a causa de colapso cardíaco. Enterrado en Pontevedra no Cemiterio Municipal.


Bibian Olivan, Vicente (Castejón de Arbanies, Siétamo-Huesca)

Xornaleiro, casado, 63 anos.

Xuízo: Consello de Guerra Permanente nº 2. Número 103-38. Huesca, 1938/06/24.

Pasou polos seguintes cárceres: Prisión Provincial de Huesca (15/04/1938-22/9/1938), Prisión de Burgos (22/09/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.

Liberdade condicional. Orde 30 de maio de 1941. BOE 6-6-1941. Páx. 4081.

Juzgado Instructor Provincial de Responsabilidades Políticas (Archivo Histórico Provincial de Huesca). Signatura: J-5653/4069 (25 folios) | Castejón de Arbaniés (Huesca) | Inculpacion (1942 - 1943). Notas: Expediente iniciado por el Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas de Zaragoza. Diligencia de archivo de 1960.


Bigata Mora, Francisco (Enviny-Lleida)

Labrego, casado.

Ramo de Bahent (Lleida) | Enviny (Lleida) | Documentación perteneciente a la causa militar. Fecha: 05/04/1938 | FC-CAUSA_GENERAL,1466,Exp.32. Pagina 12

Internado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade o 26/04/1940. ( Boletín Oficial del Estado número 121 do 30/04/1940, páxina 2948).

Inicio de Expediente de Responsabilidades Políticas (BOE nº 126 de 06/05/1941)


Blanco, Fernando (Bamio-Ourense)

Mineiro, solteiro, 24 anos.


Blanco Abal, Timoteo (Pontevedra-Pontevedra)

Xoieiro, solteiro, 28 anos.

UR.

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. O motivo sería a súa participación nos rexistros domiciliarios en Campo Lameiro en xullo de 1936.

(Tribunal Militar Territorial 4 | Pontevedra Y Vigo | Causa 1136 de 1936, Caja 12, Orden 45 |)

Esta pena sería conmutada a 4 anos o 26-06-1940.

Cumpriu condena na Colonia Penitencia da Illa de San Simón e no Forte de San Cristóbal. Neste último participou na gran fuga do 22 de maio de 1938, sendo capturado.

Tras a caída do aparato do partido comunista, en 1947, volve a ser xulgado na Coruña, por dar apoio e aloxamento ao pontevedrés Alejandro Gama, sendo condenado a 1 ano de prisión.

(Tribunal Militar Territorial 4. A Coruña. Causa 36 de 1947, Caja 118)


Blanco Agulla, Juan (Salcedo-Pontevedra, 28-04-1909)

Labrego, solteiro, 27 anos.

Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 15 anos. Conmutación a 4 anos o 26-06-1940.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.

Despois de 7 anos en prisión casaría e estableceríase en Figueirido (Pontevedra), onde nos anos 60 abriría o Bar Pascacio.

En 2010 celebrou o seu 101 aniversario xunto a súa dona Isolina Boullosa Rial, de 100. Falecería o 20 de decembro dese mesmo ano.


Blanco Alfaya, Fermín “Sito o da Castaña” (Redondela, 1907).

Mestre nacional da escola mixta de Ventosela (Redondela). Casado con Luisa Gómez Fernández, natural de Bande (Ourense).

Membro do Partido Galeguista e da Federación Agraria de Redondela.

Preso na illa de San Simón, sen causa. Sería liberado ao pouco tempo, sen cargos.

No BOE do día 9 de xullo de 1937 aparece nunha relación de mestres repostos, con perda dos haberes que deixou de percibir é trasladado a unha escola de Hérmenes do Cerrato (Palencia), quedando inhabilitado para cargos directivos e de confianza.

En abril de 1938 aparece noutra lista na que a Xefatura do Servizo Nacional de Primeiro Ensino do Ministerio de Educación Nacional, atendendo aos desexos dos respectivos Concellos, deixa sen efecto os traslados, dentro da mesma provincia, de varios mestres, que volverán a desempeñar as escolas das que eran titulares reintegrándose a elas sen que deixen de cumprir o resto da sanción que lles fora imposta. Deste xeito, volve a ensinar en Ventosela.

En agosto de 1938 incorpórase ao exército. En setembro de 1939 pasa a cubrir provisionalmente unha vacante na escola graduada de Redondela. Nos anos 60 exercía en Reboreda.


Blanco Barreiro, AdolfoAdolfo da Cima” (Cristimil, Lalín-Pontevedra, 1906)

Solteiro, 32. Fillo de Manuel e Josefa.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e no Forte de San Cristóbal (Navarra), onde faleceu durante a gran evasión do 22 de maio de 1938. Causa oficial: "resultó muerto por la Fuerza Pública encargada de su captura al hacer armas contra ella".


Blanco Barreiro, Francisco (Pontevedra-Pontevedra)

Mecánico, viúvo, 67 anos.

Presidente do comité republicano de Gresande-Cristimil.

Foi arrestado en agosto de 1936 e condenado a 15 anos de prisión. Foi posto en liberdade condicional en 1940.

Acusado de colaboración coa guerrilla, foi novamente encarcerado en 1948. Tras a súa liberación marchou a Argentina, onde xa estivera emigrado antes da proclamación da II República.

Falecido en Buenos Aires (Arxentina) 3/10/1978.


Blanco Camiña, Manuel (Vilar de Infesta, Redondela).

36 anos, casado, labrador.

En 1936, Vilar de Infesta convértese en Entidade Local Menor, sendo nomeados rexedores interinos: Perfecto Blanco Barciela, Juan Rodríguez Barciela e Manuel Blanco Camiña.

Detido no cárcere de Redondela do que pasou á Prisión do Frontón de Vigo

Xulgado en Vigo o 30/10/36 por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 20 anos e multa de 2 millóns de ptas.

Ingresou no forte de San Cristóbal o 22/2/37, saíndo o 16/9/38 para ser trasladado á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


Blanco Caño, Miguel (Celadilla del Páramo, Villadangos del Páramo-León)

19 anos.

Xulgado en León (Tribunal Militar Territorial 4 | León | Causa 784 de 1937, Caja 5859, Orden 632).

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria de San Simón e na Prisión Central Habilitada de Camposancos (A Garda), onde se lle concede a liberdade condicional (BOE nº 201 de 20/7/1941, páxina 5437).

NOTA: Tamén citado como Miguel Blanco Cano.


Blanco Esperón, Antonio “O coxo do Bao” (Poio-Pontevedra)

Xulgado por Rebelión Militar (Tribunal Militar Territorial 4 | Pontevedra Y Vigo | Causa 1169 de 1936, Caja 12, Orden 46), con sentenza de cadea perpetua (30 anos).

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.

Seguíuselle expediente de Responsabilidades Políticas, do que sería indultado en 1941, pero volvería a abrise, sendo indultado definitivamente en 1960.


Blanco Fernández, Manuel (Vila de Cruces-Pontevedra).

Comerciante, de 25 anos.

Foi detido cos seus cuñados Enrique e Luis Villar Cimadevila, acusados de disparar o 21 de xullo contra un automóbil que transportaba aos falanxistas de Cruces para liberar a dous camaradas presos en Lalín. Xulgados en Pontevedra o 18/11/1936 por Rebelión Militar co resultado de sentencia a cadea perpetua e inhabilitación absoluta. Conmutación a 5 anos o 12-12-1942.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e no Forte de San Cristóbal, onde formou parte da gran evasión, sendo detido.


Blanco Linde, José (Bedmar y Garciez-Jaén)

Labrego, casado, 60 anos.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón onde é rexistrada a súa morte o 26 de xaneiro de 1941 por causas naturais. .


Blanco Otero, José (Buenos Aires, Argentina)

Garda municipal, 33 anos. Veciño de Soutolongo, Lalín (Pontevedra).

Concelleiro de Lalín. Considerado «perigoso» pola súa actividade sindical.
Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentencia a pena de morte. Conmutación a cadea perpetua.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, o Forte de San Cristóbal, Prisión de Cuéllar e Campamento Penitenciario de Brunete (Madrid), onde consegue a a Liberdade Condicional, coa liberación definitiva do desterro, por orde do 25/09/1943 (BOE nº 285 de 12/10/1943, páxina 9885).


A. Blanco Rodal-Nomes e voces

Blanco Rodal, Aquilino (Cangas-Pontevedra)

Mariñeiro, 17 anos.

Tras estar detido é mobilizado polo exército franquista. Xulgado na fronte de Valmaseda, co resultado de condena a prisión.

Nos anos 60 era armador do barco “Grumete”.



Blanco Solla, Antonio (Marín-Pontevedra, 30/12/1897)

A. Blanco Solla. 

Fundación Pablo Iglesias

 

Mestre de obras, canteiro, casado, 37 anos.

Agrupación Socialista. Candidato a deputado pola provincia de Pontevedra en 1933. Alcalde Marín e compromisario para a elección do Presidente da República. Nas municipais de 1936 como candidato do Frente Popular volve a ser nomeado alcalde.

Foi detido xunto a 5 veciños o 20/7/1936, dous días despois do golpe de estado.

Presos na Illa de San Simón, foron xulgados en Consello de Guerra Sumarísimo celebrado en Pontevedra o 18/12/1936, sendo condenados a morte. Serían fusilados o 31/12/1936 en Monte Porreiro. Xunto a el perderon a vida o presidente da Sociedade de Mariñeiros, Amando Iglesias Pérez; o presidente da Sociedade de Canteiros, Santiago Ramos Ramos; o impulsor de Xuventudes Socialistas en Seixo, Albino Agraso Santamaría; e os funcionarios municipais Bernardino de la Torre Fernández e Demetrio Lorenzo Ordóñez.

O Concello de Marín adicoulle o Paseo Alcalde Blanco.


Blanco Vázquez, Joaquín “Pirrén” (Caldas de Reis-Pontevedra)

Barbeiro, 45 anos.

Preso, cando menos na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (06/10/1936).

Xulgado en Pontevedra por Rebelión Milita, co resultado de sentenza a pena de morte (Causa 837/9, Orde 29). Executado en Pontevedra o 14/10/1936. A causa da súa morte é rexistrada por catro feridas de arma de fogo portátil.


Blasco Castillo, Vicente (Casas de Guijarro-Cuenca)

Xornaleiro.

Membro de UGT e CNT.


Acusado de Auxilio á Rebelión. Consello de Guerra Permanente de Cuenca. Sumarísimo de urxencia nº 1467. Condenado a 30 años de prisión menor. Penas accesorias: Abono da prisión preventiva, suspensión de calquera cargo durante a condena e responsabilidade civil.
Cárceres: Prisión do Seminario de Cuenca, Prisión do Partido de Vigo e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


Blasco Ejarque, José (Foz Calanda-Teruel)

62 anos en 1941. Fillo de José e Sebastiana.

Preso na Prisión Provincial de Zaragoza cara a 1938-39. Trasladado á Colonia Penitenciaria da Illa de Sa Simón.

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en Foz-Calanda (Teruel) en 1941 (ES/AHPTE – RRPP/00236/00017).
Volveu ser detido o 10/04/1943. (FC-CAUSA_GENERAL,1418,Exp.10. Páxina 65).


Blázquez Polo, Felipe (Salamanca, 1909)

Camareiro, solteiro, 27 anos. Fillo de Félix e Engracia.

Xulgado por Excitación á rebelión. Sentencia o 26/09/1936 a 6 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión de Caldas de Reis, Colonia Penitenciaria de San Simón (25/08/1937), Prisión Provincial de Santiago de Compostela (13/03/1939) e a Prisión Central de Pamplona (05/08/1939) O 10/09/1942 concédeselle a liberdade condicional.


Bofill Domenech, Ramón (Vinaroz-Castelló, 08/12/1904)

Comisionista, 33 años, viúvo, fillo de Ramón e Francisca.
Afiliado a Izquierda Republicana e UGT de Vinaroz.
Desde o 19 de agosto de 1936, xuíz municipal de Vinaroz.
Detido en abril de 1938 ao caír Castellón, xulgado en Consello de Guerra en Castellón de la Plana (Causa 45). Sentencia 12 anos de reclusión. Posteriormente, en xaneiro de 1941, a pena sería conmutada a 2 anos (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300334, Expediente 15405).
Preso no cárcere de Vinaroz, Prisión Provincial de Zaragoza, de onde saíu o 31/08/1938 para ser trasladado á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938).
Restablecida a democracia formou parte do PSOE de Vinaroz ata o seu falecemento en 1997.


Bois Morielico, Victorio (Lora del Río-Sevilla)

Labrego, casado, 59 anos.

Na lista de Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Boixareu Roig, José (El Pont de Claverol, Conca de Dalt-Lleida)

Alguacil, viúvo, 68 anos.

En 1938 é xulgado xunto a outros 11 detidos, sendo o seu caso sobreseído. Nun segundo xuízo sera condenado a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior (Tribunal Militar Territorial 3. Consellos de guerra. Sumarísimo, numero de causa 000567 (1938-1938). Referencia del archivo: 40051).

Preso na Prisión Provincial de Huesca (07/07/1938), na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e na Prisión Provincial de Castellón de la Plana, onde por orde do 15/06/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro ( BOE número 180 de 29/06/1942, páxina 4626)

NOTA: citado como Boixarn, Boixerau e Boicarell


Boj Serres, Tomas (Valdetormo-Teruel)

Labrador, 61 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde faleceu o 14/01/1942 por causas naturales.


Boldo Grau, José (Chiva de Morella-Castellón)

Secretario de IR de Chiva de Morella.

Detido e xulgado en 1938. (Tribunal Militar Territorial 1 | Serie: Sumarísimos | Castellón, 1938 | Referencia: Sumario 22, Caja 14118, Orden 8 )

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza (1938) e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, por orde do 30/05/1941, concédeselle a Liberdade Condicional, coa liberdade definitiva de desterro (BOE nº 157 de 6/6/1941, páxina 4081).

Non debeu de facerse efectiva, porque pouco des pois, detido na Prisión de Partido de Burriana (Castellón), por Orde do 05/12/1941, concédeselle novamente a Liberdade condicional provisional con liberación definitiva do desterro.

 

Boldo Grau, Miguel (Chiva de Morella-Castellón)

Izquierda Republicana. 3º Alcalde de Chiva de Morella.

Documentos do seu xuízo e da conmutación da pena: (Tribunal Militar Territorial 1 | Serie: Sumarísimos | Castellón, 1938 | Referencia: Sumario 22, Caja 14118, Orden 8). (Comisión Central de Examen de Penas. Penas ordinarias conmutadas | Comisión de Castellón | Referencia: ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300704, Expediente 68527)

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón onde, por Orde do 01/01/1942, concédeselle a liberdade condicional coa liberación definitiva do desterro (BOE número 7 del 07/01/1941, páxina 128).


Bonet Casasnovas, Martín (Ponzano-Huesca, 14-2-1874)

Labrego, casado con Juana Bosque Vidal, 74 anos. Fillo de Martin e Josefa.

O 24/08/1939 xulgado en Barbastro (Huesca) por Adhesión á Rebelión (Causa: 3357-39). Condena perpetua, 30 anos de reclusión maior. Conmutada: 12 anos e 1 día (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300865, Expediente 91026).

Estivo nos seguintes cárceres: Prisión Provincial Las Capuchinas de Barbastro (Huesca), Prisión Provincial de Huesca (21/05/1939-22/1/1940), Prisión de Puerto de Santa María (Cádiz), Colonia Penitenciaria de Illa de San Simón. Nesta última, por orde do 22/07/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE do 28/07/1942. páx. 5540).
Sometido a Liberdade vixiada en Ponzano ata o seu indulto o 27/11/1947) (ES/AHPH - J/005701/000110)


Bonet Tolosa, José (La Senia-Tarragona)

Labrego, casado, 65 anos.

Cumpriu condena, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e na Prisión Provisional de Burriana (Castellón), onde por orde de 23/01/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 38 de 07/02/1942, páxina 942).


Borja Martín, Ángel Félix (Zamora-Zamora)

Chofer, solteiro, 31 anos. Fillo de Alberto Borja Domínguez e Emilia Martín Echeverría.

Afiliado a UGT. Veciño de Salamanca.

Detido en Salamanca o 06/12/1936 por ser considerado perigoso, ingresando na Prisión Provincial de Salamanca.

Xulgado por Auxilio á rebelión (Causa 485/1937) e sentenciado o 19/04/1937 a 12 anos e 1 día de reclusión temporal.
O 26/06/1937 é trasladado á Prisión Central de Pamplona (Forte de San Cristobal). O 27/06/1939 indúltaselle a terceira parte da condena, pola súa intervención na fuga do Forte de San Cristóbal, quedando reducida a pena a 8 anos.
O 15/09/1938 trasladado á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.

O 03/10/1939 novo traslado á Colonia Penitenciaria Hospital Militar de Carabanchel Bajo (Madrid), onde por Orde do 27/09/1940, concédeselle a Liberdade Condicional (BOE numero 275 del 01/10/1940, páxina 6812). Daquela establécese en Madrid.

O 30/08/1943 revisada a súa condena, rebáixaselle a 3 anos e 6 meses de prisión menor.

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas. (Jc Libro 0482. Folio 0051 | Salamanca (Salamanca) | Inculpación)


Borrás Cabre, Marcos (Poboleda-Tarragona)

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 23/01/1942 (BOE nº 37 de 06/02/1942, páxina 925).


Borregoso Paínzo, Julián

Casado, 62 anos.

Na lista de Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.

Atopo a:

Julián Borreguero Paíno ou Pahino.


Borreguero Payno, Juan

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, por orde do 30/05/1941, concédeselle a Liberdade Condicional, coa liberdade definitiva de desterro (BOE nº 157 de 6/6/1941, páxina 4080).

Comisión Central de Examen de Penas. Penas ordinarias conmutadas | Comisión de Santander | Referencia: ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300472, Expediente 34126


Bouguenneg, Jean (Saint Loire-Francia).

25 anos.

Chegou á illa de San Simón trasladado desde o cárcere de San Cristóbal, preto de Pamplona.

Comision Central de Examen de Penas. Penas ordinarias conmutadas | Comision de Guipuzcoa | Referencia: ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300384, Expediente 21202


Bouza-Brey Trillo, Luis (Vilagarcía de Arousa-Pontevedra, 1-8-1905)

L. Bouza Brey Trillo-Revista Nós
Avogado, solteiro, 31 anos. Colaboraba con El Pueblo Gallego.

Partido Galeguista. Presentou o acto a prol do Estatuto de Autonomía celebrado en Vilagarcía e no que interviu Castelao.

Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión o 21 de xaneiro de 1937 con outros republicanos de Vilagarcía. Foi absolto con proposta de sanción económica.

Repetiuse o consello de guerra por "omisión dun dos trámites".

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.

Seguíuselle expediente por responsabilidades políticas, sendo indultado en 1940.

Recobrada a liberdade volveu a exercer a avogacía e a escribir, colaborando en La Noche, e publicando: Obra completa, Sada: Do Castro, 2002. Foi académico correspondente da Real Academia Galega desde 1964. Faleceu na súa vila natal o 23/03/1980 aos 74 anos.


Bouzas Puertas, Manuel (Reboreda, Redondela-Pontevedra).

Solteiro, 23 anos.

Detido por Rebelión Militar o 30 de setembro de 1936.

Preso no cárcere de Redondela, no Frontón de Vigo, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Prisión Central de Pamplona (Forte de San Cristóbal).

Volveu ser detido en 1948 por delito equiparable á rebelión militar, sendo condenado a dez anos de reclusión. Cumpriu a condena na Colonia Penitenciaria del Dueso (Santoña), ata que saíu en liberdade vixiada o 15 de xullo de 1953.


Brandido Docampo, Manuel (Botos, Lalín-Pontevedra)

Labrego, 21 anos.

Membro de UGT. Miliciano

Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión (Consello de Guerra: Pontevedra-559) co resultado de sentenza a prisión 20 anos. Posteriormente conmutación a 3 anos de prisión menor.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e na Prisión Central de Figueirido, onde por orde do 19/06/1943, concédeselle a Liberdade Condicional, coa liberdade definitiva de desterro (BOE numero 205 do 24/07/1943, páxina 7145).

Tamén aparece documentación del nos Batallones Disciplinarios de Soldados Trabajadores Penados (BDSTP).


Bravo Hidalgo, Antonio (Valle de Abdalajís (Málaga) -Málaga)

Labrego, casado, 62 anos.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte o 20/05/1941 por causas naturais. Está enterrado en Pereiró ( Vigo)


Bravo Oregui, León (Bizkaia)

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional por Orde do 28/06/1940 (BOE número 188 del 06/07/1940, páxina 4668).

Archivo General Militar de Guadalajara. Comision Central de Examen de Penas. Penas ordinarias conmutadas | Comision de Vizcaya | Referencia: ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300302, Expediente 11189


Bravo Tolosa, Manuel (La Calzada de Béjar -Salamanca, 17-6-1870)

Curtidor, 67 anos, viúvo. Fillo de Tomás Bravo López e Fulgencia Tolosa Díaz. 

O 20/07/1936 xunto a outros veciños cortaron a estrada que vai do pobo de Navalmoral a Peromingo (Salamanca), co fin de entorpecer o paso das forzas nacionais.

O 15/07/1937 é detido en Navalmoral de Béjar e ingresado na Prisión de Partido de Béjar (Salamanca). O 26/07/1937 ingresa na Prisión Provincial de Salamanca, quedando a disposición do Juzgado Militar nº 1 de Salamanca. Celebrado o Consello de Guerra por Auxilio á Rebelión (Causa 1523/1937) é condenado a 12 años e 1 día de reclusión menor.
O 26/02/1939 é trasladado á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón onde, por Orde do 12/08/1940, concédeselle a liberdade condicional coa liberación definitiva do desterro (BOE número 233 do 20/08/1940, páxina 5770).
O 30/08/1943, revisada a condena, rebáixaselle á pena de 6 años e 1 día de prisión maior.
O 20/11/1944 atópase en liberdade condicional, residindo en Navalmoral de Béjar (Salamanca).

Brea Cajide, Eduardo (Carbia, Vila de Cruces-Pontevedra)

Labrego, solteiro, 32 anos.

Concelleiro de Carbia (hoxe Vila de Cruces) pola Fronte Popular.

Detido e trasladado á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón á espera de xuízo.

Xulgado en Pontevedra en consello de guerra por Rebelión Militar, o 9 de xaneiro de 1937, xunto con outros 18 republicanos de Carbia, sendo condenado á pena de morte. Foi executado en Pontevedra o 26/01/1937 xunto aos seus veciños de Carbia: Primo López Rivadulla, Manuel Sarmiento Debén e Antonio Gómez López.


Brerca Sana, Ramón (Robres-Huesca)

Esquilador, casado, 64 anos.

Na lista de Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Brillas Mascaro, Pedro (Esplugues de Llobregat-Barcelona)

50 anos.

Xulgado en 1939 polo Tribunal Militar Territorial 3 en Consello de Guerra Sumarísimo (Causa 003690), sendo condenado a 12 anos e un día de reclusión temporal. Máis tarde conmutada a un ano de prisión menor.

Cumpriu condena, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza e na Colonia Penitencia da Illa de San Simón.

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, non sendo indultado ata 1960.


Briones López, Severiano (Layos-Toledo)

Mineiro, casado, 70 anos.

Preso na Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte o 18/05/1941 por causas naturais.



Briones Rey, Valentín (Vilagarcía de Arousa-Pontevedra, 04/10/1889)

V. Briones Rey-Nomes e Voces
Empresario, 46 anos, casado con Carmen Gómez, 5 fillos.

Elixido alcalde de Vilagarcía o 19/01/1936.

Detido o 10 de agosto, e trasladado á Prisión de Pontevedra o 22 de outubro. Xulgado en Pontevedra en consello de guerra por rebelión militar o 21 de novembro, sendo condenado a cadea perpetua.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, de onde foi trasladado ao Forte de San Cristóbal en febreiro de 1937. Regresaría á illa de San Simón en febreiro de 1939.

Escribiu un diario durante o seu tempo na illa.


Brito Barbosa, Juan (Nigrán-Pontevedra)

Mariñeiro, casado, 37 anos.

Xulgado en Vigo co resultado de sobresemento provisorio.


Brito Val, José (Olhão da Restauração-Portugal)

Xornaleiro, viúvo, 68 anos.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte o 03 de novembro de 1941, por causas naturais.

 

Broceño Herrera, José (Poblete-Ciudad Real)

Garda, casado, un fillo. Fillo de Julián Broceño e Nicanora Herrera. Veciño de Alarcos (Ciudad Real).

Preso na Prisión Provincial de Ciudad Real. Xulgado en Huesca por Auxilio á rebelión, sendo condenado o 17/08/1938, a 12 anos e 1 día de reclusión.

Cumpre a condena na Prisión Provincial de Salamanca (16/10/1939-23/03/1941), sendo trasladado á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/03/1941), concedéndoselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 22/07/1942 (BOE 209 de 28/07/1942, páxina 5536).

 

Brosed Sanz, Ramón (Robres-Huesca)

C.N.T.-F.A.I.

Xulgado por Auxilio á Rebelión é condenado a 12 anos e 1 día, e accesoria de inhabilitación absoluta durante o tempo de condena.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Huesca (23/04/1938-13/4/1939) e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 08/11/1941 (BOE número 322 de 18/11/1941, páxina 9023).

Seguíuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1945.


Bua Carou, Francisco (Agustín Juan) (Caldas de Reis, 3-8-1888)

Secretario dos concellos de Portas (1916), Tomiño (1925), Rosal (1927) e Cangas (marzo de 1936, interino). 48 anos.

Membro da Agrupación Socialista (AS).

Detido e acusado de Auxilio á Rebelión Militar. Foi xulgado en consello de guerra en Pontevedra xunto ao alcalde de Cangas, Agustín Jorge Etcheverri o 19 de setembro, e condenado a cadea perpetua.

Cumpriu condena na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (14/10/1936), Forte de San Cristóbal (14/05/1937), onde morreu vítima dunha enfermidade o 10/06/1940.

Tempo despois envíase unha comunicación desde a Illa de San Simón, en marzo de 1942, pedindo a posta en liberdade deste preso e de Pablo Baños Mariño, de Laxos (Cuntis). Informando desde Pamplona que ambos faleceron na enfermería.



J. Bua Laredo-Revista Dorna 
Bua Laredo, José (Cambados-Pontevedra, 1895)

Albanel e dono dunha ferraxería, casado, 41 anos. Veciño da Illa de Arousa (Pontevedra).

Presidente da Agrupación Socialista (AS). Máximo responsable da proclamación da República Federal da Illa de Arousa.

Morto o 04 de decembro de 1936, oficialmente ao tentar fuxir nun traslado. Aparición do cadáver no lugar de Estribela-Lourizán-Pontevedra. Non se rexistra o seu lugar de soterramento.


Bua Marcote, Manuel (Muxía-A Coruña).

Mariñeiro, casado, 38 anos.

Afiliado a UGT.

Xulgado en 1937 polo Tribunal Militar Territorial 4 en A Coruña, acusado de Rebelión Militatr (Causa 121, caixa 38), sentenciado a 12 anos e 1 día de prisión.

Chegou á illa de San Simón trasladado desde o cárcere de San Cristóbal, preto de Pamplona.

Faleceu en Muxía en 1977.



M. Bugallo Martínez-Nomes e voces
Bugallo Martínez, Manuel (Cambados-Pontevedra)

Mariñeiro, 28 anos.

Presidente local de UGT

En setembro de 1936 preso no cárcere de Pontevedra.

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar e condenado a cadea perpetua.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e no Hospital Asilo Penitenciario de Segovia, onde se lle concede a liberdade condicional (BOE nº 267 de 24/9/1941, páxina 7374).


Bugallo Pereiras, Manuel Gumersindo (Castro, A Estrada-Pontevedra)

Labrego, 30 anos.

Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentencia a prisión 12 anos 1 día, coa accesoria de inhabilitación absoluta. Conmutación a 3 anos.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e na Prisión Central de Astorga (León), onde por orde do 05/12/1941, concédeselle a Liberdade condicional provisional con liberación definitiva del desterro.

En 1941 ségueselle expediente por Responsabilidades políticas do que é indultado ese mesmo ano. (BOE 29/04/1941, páx. 1720).

 

 

Bugallo Valiñas, Severino (Cerdedo-Pontevedra, cara a 1892)

    Secretario de Izquierda Republicana en Cerdedo. Membro do Centro Republicano Radical Socialista.

    Concelleiro e Tesoureiro do Concello de Cerdedo.

Preso no cuartel de Cerdedo nun primeiro intre, foi conducido con outros detidos á Comandancia de Pontevedra. Os seus acompañantes foron asasinados, pero el salvou a vida por intervención do seu irmán Vicente, xefe da Falange de Soutelo de Montes.

Logo dun tempo fuxido na Chamadoira e no monte do Seixo, consegue embarcarse co seu irmán Sabino cara a Cuba, pasando logo a Estados Unidos. Alístase daquela nas Brigadas Internacionais volvendo a zonas republicana, sendo destinado a Salou (Tarragona). Ao remate da guerra fuxe a Francia, onde estaría internado no campo de concentración Argelès Sur Mer, do que escapou, sendo detido novamente en 1941 e deportado a España. Salva novamente a vida pola intervención do seu irmán Vicente, evitando así o fusilamento. Estivo preso durante catro anos na Prisión de Villaverde (Madrid), na Colonia Penitenciaria de San Simón, nas cocheiras de Vigo e na factoría de Barreras.

Faleceu en Cerdedo en 1981.


Buitrago Arroyo, Jorge

Citado na lista de Gonzalo Amoedo e de Roberto Gil. Con variación nos apelidos atopo a Jorge Baitrago Arroyo (Consello de Guerra en Madrid) e a Jorge Buitrago Sánchez.


Buján Rivas, Manuel (Morella-Castelló)

Mestre en Vilanova de Arousa, solteiro, 20 anos.

Militante das Juventudes Socialistas. Estivo no Goberno Civil formando parte do Comité de Defensa e as milicias populares.

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado, o 17/02/1937, de sentenza a pena de morte. Conmutación a cadea perpetua.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e no Sanatorio Penitenciario de Segovia onde, por orde do 11/11/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 362 de 28/12/1943, páxina 12304).

Ábreselle Expediente de Responsabilidades Políticas, acadando o indulto en 1961.

A finais de 1945 marchou a Arxentina.


Busquets Salomo, Alfonso (Barcelona, cara a 1913)

Fabricante insecticida.

En 1934 realizou o servizo militar en Guinea Ecuatorial. Chamado a filas polo Goberno da Republica, na súa ficha figura: 27/07/1936 (Madrid), 30/07/1936, 24/10/1936 e 31/10/1936 (Cataluña e Aragón), 30/07/1936 (Levante e Santander), 07/10/1936 e 21/02/1937 (Todo o territorio), 16/10/1936 (Euskadi).

Estaba preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón a principios de 1938.



Bustinza Madariaga, Gregorio (Bermeo-Bizkaia)

Veciño de Uxue (Nafarroa/Navarra).

Nacionalista. Adxunto de mesa para a votación do Estatuto do País Vasco.

Non temos datos do seu consello de guerra pero a conmutación da pena sería rexeitada (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 301108, Expediente 39).

Preso, cando menos, no Forte de San Cristóbal (16/01/1938-15/09/1938) do que sería trasladado á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón. Estando na Prisión Central de Astorga (León), concédeselle por orde do 17/10/1940, a Liberdade condicional (BOE número 296 del 22/10/1940, páxina 7256).

  

A. Butrón-Foto familiar
Butrón Linares, Ángel (Puerto de Santamaría-Cádiz, 18/09/1877)

Médico. Veciño de Medina Sidonia (Cádiz).

Partido Radical (ata 1934). Alcalde en 1931 e Deputado Provincial.

Detido o 6 de xullo de 1938 na Cárcere de Medina Sidonia por unha carta que escribira o 18/07/1936 na que se ofrecía para defender a legalidade. Trasladado á Prisión Provincial de Cádiz, cidade na que é xulgado en Consello de Guerra sumarísimo (Causa 160). Sería condenado a 6 anos de prisión.

Cumpriría a condena na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde se lle concede a liberdade condicional o 4 de xuño de 1940 (BOE numero 162 del 10/06/1940, páxina 3981).


Autor: J. Migueles



No hay comentarios:

Publicar un comentario