Redondela, crónica dun tempo
pasado. A Segunda República e o primeiro franquismo. Gonzalo
Amoedo e Roberto Gil. Edicións do Castro 2002.
|
A principios do s. XX era redactor dos xornais de Redondela “La Opinión” e “Gente Nueva” (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/xornais-de-redondela.html ). Licenciado en menciña o 7 de maio de 1907, formou parte de “Los Jovenes Turcos”. Implicado na causa agraria, en abril de 1910, co tamén médico Pereira, acompañou a unha comisión de agricultores, nunha visita en Pontevedra ao Gobernador Civil, sr. Boente, co fin de pregarlle o despacho do regulamento da nova sociedade agrícola de Soutomaior. Nomeado fiscal municipal suplente en 1910 e xuíz municipal suplente en 1917.
Tralas elección de 1915 convértese en concelleiro de Redondela. En outubro dese ano participa activamente na Vi Asemblea Agraria en Redondela. O caciquismo da época impediu o seu nomeamento como alcalde en 1922, sendo nomeado Buenhijo Pérez Sobrino ante o enfado dos 13 concelleiros agrarios que eran maioría, e quedando Telmo Bernárdez como 1º tenente alcalde. Non sería ata o 14 de febreiro de 1923, cando foi elixido por unanimidade da corporación alcalde de Redondela (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/alcaldes.html ). Tentou daquela presentarse a deputado provincial sendo anulada a súa candidatura por incompatibilidade co cargo de alcalde. Poucos meses despois sería destituído da alcaldía tralo golpe de Estado de Miguel Primo de Rivera.
O seu prestixio como médico queda patente cando en 1925 para estudar a modificación do regulamento do Colexio de Médicos da provincia, nomeouse unha comisión formada por Martín Lago Paz, de Vigo; Manuel Paz Varela, de Mos; e Telmo Bernárdez, de Redondela. En 1932 reuníronse en Vigo os médicos da Compañía del Norte, chegando ao acordo de constituír a Asociación de Médicos de los Ferrocarriles del Oeste, sendo elixido Telmo Bernárdez, como médico da Sección de Redondela, para levar as aspiracións dos alí reunidos a unha asemblea que se celebrará o día 30 en Salamanca. (Ver (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/10/sanidade.html )
En 1926 pasa a presidir o Casino de Redondela e posteriormente foi nomeado Subdelegado de Sanidade. Ademais foi Delegado do Estado na Confederación Hidrográfica do Miño e Vocal suplente rexional do Tribunal de Garantías Constitucionais.
Participa activamente na campaña de Luis de Zulueta para deputado a cortes por Redondela- Pontecaldelas. Converteuse en presidente do Centro Republicano de Redondela, estando presente na constitución da Federación Republicana Gallega. Durante a República pasou a militar en Izquierda Republicana, da que chegou a ser Xefe provincial. En abril de 1936 foi nomeado Compromisario pola circunscrición de Pontevedra na elección do segundo presidente da República. En maio dese ano, representou ao Concello no plebiscito sobre o Estatuto Galego. Logo presentouse como Deputado pola provincia de Pontevedra, non conseguindo o escano. Tralo alzamento do 19 de xullo, acudiu a Pontevedra a informarse da situación. Ao seu regreso tranquilizou á xente, tanto en Arcade e Redondela, e persuadiu aos máis alporizados para que marcharan ás súas casas.
Tralo inicio da Guerra Civil, estivo preso en Vigo, a Illa de San Simón e Pontevedra. Finalmente sería fusilado na Caeira (Pontevedra) o 11 de novembro de 1936. Estes feitos levaron á súa familia ao exilio.
En Redondela concedéronlle o seu nome á actual rúa José Regojo en 1931 e en 1979 á daquela chamada rúa Oriente (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/toponimia-rueiro-de-redondela.html ). No 2015 foi declarado persoeiro do ano, publicándose "Luis Telmo Bernárdez , un bo e xeneroso", de Isaac Borja Araújo Figueroa.
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
(Unidade didáctica. Personas que dan nome as rúas e prazas de Redondela. Xose Manuel Moreira Docampo. (Inédito. Fondos da Biblioteca de Redondela))
Internovas. Historias de Redondela
A prensa en Redondela. Aproximación histórica 1883-1933. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Ed. Concello de Redondela. 2001.
(Redondela, crónica dun tempo pasado. A Segunda República e o primeiro franquismo. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Edicións do Castro 2002)
En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El Correo Gallego, La Integridad, El Progreso, Galicia diario de Vigo, El Correo de Galicia, Boletín Oficial del Colegio Provincial de Médicos de Pontevedra...
No hay comentarios:
Publicar un comentario