Foto: Xesús Cameselle Ben |
Restaurador autodidacta. Sendo rapaz
na porta da súa casa moldeaba en barro as caras dos nenos que
servían de modelos improvisados. O seu primeiro traballo foi na
fábrica de Regojo deseñando panos.
Tivo que emigrar a Brasil onde seguiu
exercendo como deseñador e vendeu os seus primeiros cadros.
Trasladouse a Suiza, onde iniciou un periplo que o levou por
diferentes países: Alemania, Checoslovaquia, Dinamarca... Realizou
diferentes traballos mentres seguía a pintar co propósito de
visitar museos para coñecer as diferentes correntes e pulir o seu
estilo.
Nunha das súas estadías na nosa
vila, en 1960, aproveitaría para realizar xunto aos irmáns Alonso
unha exposición no Centro Recreativo e Cultural.
Finalmente estableceuse en París onde
traballou durante 12 anos como restaurador nun taller que a súa vez
traballaba ás veces para o Museo do Louvre. Tamén asesoraba na
compra de arte e de este xeito coñeceu a algún famoso como o
cantante Manolo Escobar.
Anos máis tarde trocou París por
Valencia, onde seguiu 18 anos como restaurador para a Universidade de
Valencia ata a súa xubilación. Polas súas mans pasaron cadros de
pintores como Matisse, Picasso, Tapies ou Sorolla, e retablos de
diferentes séculos. Unha vez xubilado estableceuse na parroquia de
Reboreda, onde segue a pintar obras propias e copias de cadros
famosos.
A historia da súa vida quedou
recollida no documental “Ángel” de Fernando Carreira
“Cuchi”.
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Aportacións Ángel Barros,
Faro de Vigo
No hay comentarios:
Publicar un comentario