![]() |
Panteón da familia de la Peña. Foto: J. Migueles |
![]() |
Tumba Conde Torrecedeira. Escudo1. Foto: J. Migueles. |
![]() |
Tumba Conde Torrecedeira. Escudos 2. Foto: J. Migueles. |
1. Escudo na fachada coas armas dos González – Montaos. Escudo partido; 1ª partición, de prata, cun león rampante da súa cor lampasado de gules; e con orla de gules, con oito bezantes de ouro. “ partición, de sinople cunha banda de sable, perfilada de ouro, no alto da cal vai unha torre da súa cor, con dous arcabuces de ouro diante da porta e no baixo dous lises de ouro en pao.
2. Escudo sobre un arco a carón da escaleira. ?, ?, Pereira,?
3. Escudo dos Bárcena. De metal na porta de entrada.
O escudo do que se conserva un debuxo no museo de Pontevedra, que é o mesmo reproducido tamén en debuxo na obra "Pazos y torres de la provincia de Pontevedra", non se corresponde cos dous fotografados. Serían as armas de: Pereira de Castro, Falcón e Suárez de Deza.
![]() |
Pazo Torrecedeira. Escudo1. Detalle foto de Gaspar Bernárdez Villegas |
![]() |
Pazo Torre Cedeira. Escudo2. Detalle Foto de Xesús Ignacio Fernández Alonso |
![]() |
Casa de Monterraso. Facebook Policía Local de Redondela |
![]() |
Casa en San Pedro. Escudo eclesiástico. Foto: J. Migueles |
Casa en Torredecalle
O topónimo Torredecalle fai referencia a unha casa con torre pertencente á familia de apelido Calle, do que atopei referencias en Cesantes no século XVI.
Na fachada. (42°18'04.3"N 8°36'26.2"W)
1. Escudo coas armas dos Araújo, Ozores, Aldao e Valadares.
2. Escudo dos Castro e Aldao.
![]() |
Casa con dous escudos en Torredecalle. Foto: Google Maps |
Casa da Torre.
1. Escudo debuxado por Casto Sampedro escribindo enriba "Casa de la Torre" e debaixo "Cesantes, Redondela". O lugar da Torre estaría nas inmediacións do popular Bar Tranquilo. Na foto aparecida en Senderismo por España (1926) podemos velo recolocado nun muro. Pertencería ás armas dos Montenegro. No debuxo coloca enriba o casco de armadura medieval, que aparece na foto noutra pedra e que podería facer referencia á familia Salgado. Hoxe en día adorna o xardín dunha casa lonxe da súa localización orixinal.
Como
referencia do apelido Montenegro en Cesantes
atopei a Francisco Sanjurjo e Montenegro como abade da freguesía de
San Pedro de Cesantes en 1656
![]() |
Escudo
debuxado por Casto Sampedro. Foto: Manfred Schneider. Publicado en
Wanderfahrten durch Spanien (Senderismo por España), 1926 |
Chapela
No desaparecido blog de C. Milleiro e X. M. Moreira Docampo, Redondelans. www.galeon.com/redondelans/, citábase:
-1 brasón nunha casona de Chapela coas armas dos Araújo, vendido e en paradoiro descoñecido.
O Viso
Pazo de Soutoxuste
Casto Sampedro recolle: - Otro en el Pazo de Sotojusto.
A día de hoxe non se conserva ningún nas fachadas dos restos deste pazo. Podería corresponderse co debuxo conservado no Museo de Pontevedra como escudo do Viso.
![]() |
Escudo do Viso. Enrique Campo Sobrino-Museo de Pontevedra |
![]() |
Casa dos Táboas. Capela. Foto: J. Migueles. |
1. Pedra de armas sita na parte superior exterior da ábsida da igrexa parroquial de Reboreda. Pertencen ás liñaxes dos Prego de Montaos, Sotomayor e Troncoso de Lira. O escudo dentro da coroa representa aos Pereira e Castro
2. No interior da igrexa na unión das nervaduras da bóveda da capela central. Pintado.
3. No campanario. Sabemos del por un debuxo conservado no Museo de Pontevedra. Armas dos Prego de Montaos.
4. De madeira, dous escudos no retablo do altar maior.
![]() |
Exterior da Igrexa de Reboreda. Foto: J. Migueles |
![]() |
Igrexa de Reboreda. Escudo nas nervaduras. Foto: Turismo de Redondela |
![]() |
Escudo do campanario. Eugenio Feijoo Alfaya. Museo de Pontevedra |
![]() |
Escudo do altar 1. Foto: Xosé Couñago |
![]() |
Escudo do altar 2. FªXosé Couñago |
1.
2.
![]() |
Escudo en Pousadouro. Eugenio Feijoo Alfaya. Museo de Pontevedra. |
![]() |
Pousadouro. Foto publicada en "Estudos adicados a Fr. Martín Sarmiento" |
1. Pedras de armas dos Araújo, os caldeiros e as espuelas aos Puga.
2. Armas dos Prego de Montaos, Sotomayor e Troncoso de Lira
3. Escudo na fachada que da ao xardín.
Casto Sampedro contabilizou: - Ocho en Reboreda, tres en piedra, tres en madera y uno en tela pintados. Algúns destes últimos corresponderíanse cos debuxos conservados no Museo de Pontevedra.
![]() |
Pazo Reboreda. Escudo2. Foto: J. Migueles |
![]() |
Pazo Reboreda 3. Arquivo de Miguel Durán - Loriga Salgado. |
![]() |
Escudo na escaleira do Pazo. Eugenio Feijoo Alfaya. Museo de Pontevedra. |
![]() |
Escudo nun retrato no Pazo. Eugenio Feijoo Alfaya. Museo de Pontevedra. |
![]() |
Escudos de armas de Reboreda. Eugenio Feijoo Alfaya. Museo de Pontevedra. |
![]() |
Pazo de Torres Agrelo. Foto: M. Alonso |
Escudo da tumba da Sra. Rivas.
1. Recollido nun debuxo que se conserva no Museo de Pontevedra.
![]() |
Tumba da Sra. Rivas. Eugenio Feijoo Alfaya. Museo de Pontevedra |
1. Brasóns das liñaxes dos Prego de Montaos, Pereira e os Castro.
2. Brasóns pertencentes ás familias dos Lira, Prego de Montaos, Ozores e Troncoso.
![]() |
Casa da Alfómdega. Escudo1. Foto: J. Migueles |
![]() |
Casa da Alfóndega. Escudo2. Foto J. Migueles |
Casa do Cristo de Limpias
1.Brasón dos Prego de Montaos na Casa do Cristo de Limpias
2. Brasón da Casa do Cristo de Limpias:
Cuartel
superior esquerdo Ulloa
Cuartel inferior esquerdo Acuña
Cuartel dereito Salazar
3. A Casa do Cristo de Limpias contaba cunha capela que tiña un brasón na fachada. Por aportes orais sabemos que foi levado a unha casa de Reboreda pero ata o de agora non puiden confirmalo. Pode tratarse do escudo do debuxo que se conserva no arquivo do Museo de Pontevedra co nome de: “escudo en Santa Mariña”.
![]() |
Cristo de Limpias. Escudo 1. Foto: J. Migueles |
![]() |
Cristo de Limpias. Escudo 2. Foto: J. Migueles |
![]() |
Capela asociada ao Cristo de Limpias. Detalle Foto de José Bellver. |
Escudo en Santa Mariña. Eugenio Feijoo Alfaya. Museo de Pontevedra
1. As veneras (cunchas de vieira) indican a súa relación co camiño de Santiago polo que se cre pertenceu ao antigo hospital de peregrinos, que estaba no solar hoxe ocupado polo cemiterio dos Eidos. (Ver Edificios e espazos públicos > Hospital https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/09/edificios-e-espazos-publicos.html )
(Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/11/cargos-publicos-hospital-de-redondela.html )
![]() |
Casa da Rúa Cruceiro. Foto: J. Migueles |
1. Brasóns dos Soutomaior, Prego de Montaos e o da esquerda Falcón.
Casto Sampedro rexistrou: - "Dos en la casa de los Queimaliños, en la misma rúa o calle".
2. O segundo o coñecemos por un debuxo conservado no Museo de Pontevedra. Probablemente sexa de madeira. Está adicado a Dámaso Iglesias Lago, quen fora bispo de Ourense. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/iglesias-lago-damaso-egidio-vilavella.html )
![]() |
Casa dos Queimaliños. Escudo2. Eugenio Feijoo Alfaya |
![]() |
Casa Mariño de Lobera. Foto: X. M. Moureira Docampo |
![]() |
Casa da Torre. Foto: J. Migueles |
![]() |
Escudo dos Salgado. Foto: J. Migueles |
![]() |
Cemiterio de Eidos. Escudo dos Rubín. Foto: X. M. Moreira Docampo |
![]() |
Concello antigo. Foto: J. Migueles |
Igrexa de Redondela
1. Escudo situado no frontal do sartego con estatua xacente na capela de San Sebastián no interior da Igrexa parroquial:
Cuartel
superior esquerdo e inferior dereito: Machado.
Cuartel inferior
esquerdo: Cabral.
Cuartel superior dereito é unha aguia coas ás
estendidas.
2. Escudo de Redondela con data de 1714 na bóveda da sancristía. Semellante ao do antigo concello con lixeiras modificacións na ornamentación.
3. Escudo de Redondela na cabeceira do altar da Inmaculada Concepción. Está coloreado e data do século XVIII. As tres veneras aparecen do revés baixo o R.
![]() |
Escudo na sancristía. Facebook da igrexa |
![]() |
Casa reitoral de Redondela. Foto: J. Migueles |
Praza de Abastos
Escudo moderno de Redondela de mediados do século XX.
Saxamonde
Pazo de San Román.
Casto Sampedro recolleu:
- Tres o cuatro en Sajamonde, casa de Valladares, ultimamente de San Román.
No arquivo do Museo de Pontevedra atopamos debuxados os catro escudos, pero non sabemos que foi deles xa que sobre os restos do Pazo de Saxamonde construíronse vivendas.
Enriba da porta da entrada, similar ao existente no exterior da igrexa de Reboreda. Armas das familias Prego de Montaos, Troncoso de Lira e Soutomaior, co escudo dentro da coroa que representa aos Pereira e Castro
![]() |
Igrexa de Ventosela. Foto: J. Migueles |
Igrexa de Vilavella
1. Brasón sito na parte superior exterior da ábsida da igrexa parroquial de Vilavella. Pedras de armas dos Prego de Montaos. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/garcia-prego-de-montaos-y-sotomayor.html )
2. Outro pequeno escudo no interior da igrexa na unión das nervaduras da bóveda da capela central.
Casto Sampedro recolleu dous máis:
- Cuatro en la iglesia de las monjas; uno al exterior de la capilla Mayor; otro sobre la sacristía, hoy desaparecido; el tercero en la clave de la nervadura de la bóveda de dicha capilla; y el cuarto estuvo en la losa central del pavimento de la capilla, sobre una inscripción.
Igrexa de Vilavella. Foto: J. Migueles, 2008 |
Convento de Vilavella.
A mediados do século XX o convento de Vilavella foi mercado polo conserveiro José Otero Gónzalez que o demoleu parcialmente para transformalo nunha residencia que emulara aos pazos. Durante estes traballos colocáronse varios escudos na fachada. Un é unha réplica do escudo dos Prego de Montaos e os outros son escudos inventados coas iniciais do propietario e o seu pai José Otero Bilbao.
Convento Vilavella. Foto: J. Migueles |
Casa Araújo
Casa con dous escudos desaparecidos, dos que se conservan os debuxos no Museo de Pontevedra. Poden ser os que cita Casto Sampedro como: - Dos en la fachada y en la espalda de la casa de Benigno.
![]() |
Casa Araújo. Eugenio Feijoo Alfaya. Museo de Pontevedra |
![]() |
Casa Araújo. Eugenio Feijoo Alfaya. Museo de Pontevedra |
Casa na Casa da Ponte, dos Sampedro.
Desaparecido. Na Rúa Juan Manuel Pereira. Citado por Casto Sampedro:
- "Otro de madera tallada y pintada, en la casa del Puente, Villavieja, de D. Francisco Sampedro".
![]() |
Cas da Ponte. José Suárez. Museo de Pontevedra. |
Casa na Rúa Padre Crespo.
Desaparecido. Citado en Redondelans. www.galeon.com/redondelans/ , blog desaparecido de C. Milleiro e X. M. Moreira Docampo:
-Sampedro fala que no solar do piar do viaduto vello, situado na rúa Pai Crespo, houbo unha casa cun brasón.
Casa na actual Rúa José Regojo.
Escudo desaparecido. Nun xornal de 1965 dáse conta de que a casa fora demolida. Citado tamén en Redondelans. www.galeon.com/redondelans/ , blog desaparecido de C. Milleiro e X. M. Moreira Docampo:
-Segundo testemuñas orais a casa situada a esquerda da do cine Fantasio tivo un brasón.
BIBLIOGRAFÍA
Redondelans. www.galeon.com/redondelans/. Blog de C. Milleiro e X. M. Moreira Docampo
Pazos y torres de la provincia de Pontevedra. Tomo I. López-Chaves-Amor Moreno. Diputación de Pontevedra.
Fondo Casto Sampedro: Sampedro 65-18 Torres y Pazos MUSEO DE PONTEVEDRA
Museo de Pontevedra. museo.depo.gal
Blasones y linajes de Galicia. Heráldica. J. S. Crespo Pozo, J. M. Bereciartúa. 1985.
Facebook>Policía Local de Redondela
SEREN
Nº3. Heráldica de Redondela. Ernesto Iglesias Almeida.
Nº7. Os símbolos do Concello de Redondela. José Antonio Orge Quinteiro.
La Heráldica de Galicia: Características y Singularidades. Luis Valero de Bernabé
Heráldica de apellidos. https://www.heraldicadeapellidos.com
Casas e Torres de Redondela. Por C. X. Milleiro
Aportes: Xosé Couñago e Jose Antonio Martínez Fernández
No hay comentarios:
Publicar un comentario