martes, 14 de abril de 2020

Escudos e Brasóns

Cedeira
Adro da Igrexa de Cedeira
1. Escudo do Panteón da familia de la Peña (Monterraso).
 
Panteón da familia Peña, 2011 Foto J. Migueles
 
Cemiterio de Cedeira
1. Escudo na tumba do Conde de Torrecedeira. Armas dos Bárcena coa coroa condal.
2. Escudo sobre a tumba do Conde de Torrecedeira: Montenegro, ¿?, ¿Marino?,
 

Cemiterio de Cedeira Tumba Conde Torrecedeira. Escudos 1 e 2.  Foto:  J. Migueles, 2011
 
Pazo de Torrecedeira

1. Escudo na fachada coas armas dos González – Montaos. Escudo partido; 1ª partición, de prata, cun león rampante da súa cor lampasado de gules; e con orla de gules, con oito bezantes de ouro. “ partición, de sinople cunha banda de sable, perfilada de ouro, no alto da cal vai unha torre da súa cor, con dous arcabuces de ouro diante da porta e no baixo dous lises de ouro en pao.

2. Escudo sobre un arco a carón da escaleira. ?, ?, Pereira,?

3. Escudo dos Bárcena. De metal na porta de entrada.

 

O escudo do que se conserva un debuxo no museo de Pontevedra, que é o mesmo reproducido tamén en debuxo na obra "Pazos y torres de la provincia de Pontevedra", non se corresponde cos dous fotografados. Serían as armas de: Pereira de Castro, Falcón e Suárez de Deza.

Pazo Torre. Foto:  Pazos y torres de la provincia de Pontevedra

Pazo Torrecedeira. Escudo 1. Foto: Gaspar Bernárdez Villegas

Pazo Torre Cedeira. Esscudo 2. Foto: Xesús Ignacio Fernández Alonso

 
Escudo de metal. Foto: Juan Migueles

Casa de Monterraso
1.Escudo igual ao do panteón familiar.
Casa de Monterraso. Facebook Policía Local de Redondela

Cesantes

 Casa en San Pedro.
1. No muro da entrada, brasón eclesiástico.

 
Casa de San Pedro. Brasón ecresiástico. Foto J. Migueles, 2012
 

Casa en Torredecalle

Na fachada. (42°18'04.3"N 8°36'26.2"W)

1. Escudo coas armas dos Araújo, Ozores, Aldao e Valadares.

2. Escudo dos Castro e Aldao.

 

Casa en San Pedro, fachada. Facebook Policía Local de Redondela 

 

Casa en Torredecalle. Facebook Policía Local de Redondela
 
 

Casa da Torre.

1. Desaparecido. Escudo debuxado por Casto Sampedro, escribindo enriba "Casa de la Torre" e debaixo "Cesantes, Redondela". O lugar da Torre estaría nas inmediacións do popular Bar Tranquilo. Na foto o podemos ver recolocado nun muro. Pertencería ás armas dos Montenegro. No debuxo coloca enriba o casco de armadura medieval, que aparece na foto noutra pedra e que podería facer referencia á familia Salgado.

 
 
Escudo debuxado por Casto Sampedro. Foto: Manfred Schneider. Publicado en Wanderfahrten durch Spanien (Senderismo por España), 1926

Chapela

No desaparecido blog de C. Milleiro e X. M. Moreira Docampo, Redondelans. www.galeon.com/redondelans/, citábase:

-1 brasón nunha casona de Chapela coas armas dos Araújo, vendido e en paradoiro descoñecido.


O Viso

Pazo de Soutoxuste

Casto Sampedro recolle: - Otro en el Pazo de Sotojusto.

A día de hoxe non se conserva ningún nas fachadas dos restos deste pazo. Podería corresponderse co debuxo conservado no Museo de Pontevedra como escudo do Viso.

 

Quintela
Casa de Mañó
1. Brasón cedido polos donos ao Museo de Pontevedra e que se atopa nas ruínas da igrexa de Santo Domingo de Pontevedra, pero en visita realizada non o din localizado. Esta casa pertencía á linaxe dos Falcón.

Reboreda
Casa dos Táboas
1. Escudo con cruz na capela do pazo.
2. Escudo de armas dos Táboas na fachada principal da capela.
 
Casa dos Táboas. Capela. Foto: J. Migueles, 2008
 
Igrexa Reboreda
1. Pedra armeira sita na parte superior exterior da ábsida da igrexa parroquial de Reboreda. Pertencen ás liñaxes dos Prego de Montaos, Sotomayor e Troncoso de Lira. O escudo dentro da coroa representa aos Pereira e Castro.
2. No interior da igrexa na unión das nervaduras da bóveda da capela central. Pintado.

3. No campanario. Sabemos del por un debuxo conservado no Museo de Pontevedra.Armas dos Prego de Montaos.

4. No altar. Descuberto tamén por un debuxo do museo.

 
Igrexa de Reboreda. Foto: J. Migueles, 2008
 
Interior da Igrexa de Reboreda. Footo: Turismo de Redondela.

Escudo do campanario. Eugenio Feijoo Alfaya. Museo de Pontevedra

Escudo do altar. Eugenio Feijoo Alfaya. Museo de Pontevedra.

 
Pazo de Pousadouro

1.


Pousadouro. Foto publicada en "Estudos adicados a Fr. Martín Sarmiento"


 
Pazo Reboreda
1 Armas dos Prego de Montaos, Sotomayor e Troncoso de Lira
2 Pedras armeiras dos Araújo, os caldeiros e as espuelas aos Puga. 
3. Escudo na fachada que da ao xardín. 

Casto Sampedro contabilizou: - Ocho en Reboreda, tres en piedra, tres en madera y uno en tela pintados. Algúns destes últimos corresponderíanse cos debuxos conservados no Museo de Pontevedra.

 
 
Pazo Reboreda2. Foto: J. Migueles

Pazo Reboreda 1. Foto: J. Migueles
Pazo Reboreda 3. Arquivo de Miguel Durán - Loriga Salgado.

Escudo na escaleira do Pazo. Eugenio Feijoo Alfaya. Museo de Pontevedra.

Escudo nun retrato no Pazo. Eugenio Feijoo Alfaya. Museo de Pontevedra.

Escudos de armas de Reboreda. Eugenio Feijoo Alfaya. Museo de Pontevedra.

 
 
Pazo Torres Agrelo
1. Armas dos Rubín de Celis: Tres lis, cinco estrelas e torre. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/rubin-de-celis-y-orona-leoncio.html )

Pazo de Torres Agrelo Facebook Policía Local de Redondela

Escudo da tumba da Sra. Rivas.

1. Recollido nun debuxo que se conserva no Museo de Pontevedra.

 
Tumba da Sra. Rivas. Eugenio Feijoo Alfaya. Museo de Pontevedra

 
Redondela 
 
Casa da Alfóndega

1. Brasóns das liñaxes dos Prego de Montaos, Pereira e os Castro.

2. Brasóns pertencentes ás familias dos Lira, Prego de Montaos, Ozores e Troncoso.

 


Casa Alfóndega. Escudos Fotos: J. Migueles 2008

 
 
 

Casa do Cristo de Limpias

1.Brasón dos Prego de Montaos na Casa do Cristo de Limpias

2. Brasón da Casa do Cristo de Limpias:

Cuartel superior esquerdo Ulloa
Cuartel inferior esquerdo Acuña
Cuartel dereito Salazar

3. A Casa do Cristo de Limpias contaba cunha capela que tiña un brasón na fachada. Por aportes orais sabemos que foi levado a unha casa de Reboreda pero ata o de agora non puiden confirmalo.

 
 

Cristo de Limpias  Escudos. Fotos: J. Migueles 2008

 
 
 
Capela da Casa do Cristo de Limpias. Detalle de foto de José Bellver.
 
Casa da esquina da Rúa Cruceiro
1. Crese pertence ao antigo hospital.
 
Casa da Rúa Cruceiro. Foto: J. Migueles, 2008
 
Casa dos Queimaliños
1. Brasóns dos Soutomaior, Prego de Montaos e o da esquerda Falcón. 
 Casto Sampedro rexistrou: - "Dos en la casa de los Queimaliños, en la misma rúa o calle".

O segundo o coñecemos por un debuxo conservado no Museo de Pontevedra.

Está adicado a Dámaso Iglesias Lago, quen fora bispo de Ourense. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/iglesias-lago-damaso-egidio-vilavella.html )

 
Casa de Isidoro Queimaliños Foto: J. Migueles, 2008
 
Adicado a Dámaso Iglesias. Eugenio Feijoo Alfaya. Museo de Pontevedra.

Casa dos Mariño de Lobeira
 Descuberto ao desmontar unha lareira nunha casa da rúa Cruceiro.
1. Cuartel superior esquerdo Troncoso. Cuartel inferior esquerdo Mariño
 
Casa Mariño de Lobera. Foto: X. M. Moureira Docampo
 
Casa da Torre
1. Escudo dos Prego de Montaos.
 
Casa da Torre. Foto: J. Migueles, 2008
 
Cemiterio de Eidos
1. Brasón dos Salgado. No panteón dos San Román.
2. Brasón dos Rubín. Hai uns anos tirado nunha esquina. 
 
Brasón dos Salgado. F: J. Migueles,2008
Brasón dos Rubín Foto: X. M. Moureira Docampo













 
 
 
 
 
 
 
Concello antigo
1. Escudo do concello de Redondela coa data de 1700. Na rúa Isidoro Queimaliños. R, inicial de Redondela, con tres veneras, dúas nos extremos superiores e unha na parte central inferior.
 
Concello antigo. Foto: J. Migueles, 2008
 

Igrexa de Redondela

1. Escudo situado no frontal do sartego con estatua xacente na capela de San Sebastián no interior da Igrexa parroquial:

Cuartel superior esquerdo e inferior dereito: Machado.
Cuartel inferior esquerdo: Cabral.
Cuartel superior dereito é unha aguia coas ás estendidas.

2. Escudo de Redondela con data de 1714 na bóveda da sancristía. Semellante ao do antigo concello con lixeiras modificacións na ornamentación.

3. Escudo de Redondela na cabeceira do altar da Inmaculada Concepción. Está coloreado e data do século XVIII. As tres veneras aparecen do revés baixo o R.

 
Xácego. Foto publicada no Seren nº3
 
Escudo na sancristía. Facebook parroquial.
 
Escudo no altar da Inmaculada. Facebook parroquial.


 
Reitoral da Igrexa de Redondela
1. Brasón dos Prego de Montaos coa data de 1641. Semella que procede da vella casa reitoral queimada polos franceses e sería o único resto conservado da mesma
 
Casa reitoral de Redondela. Foto: J. Migueles, 2008
 
 

Praza de Abastos

Escudo moderno de Redondela de mediados do século XX.

 
 

Saxamonde

Pazo de San Román.

Casto Sampedro recolleu:

- Tres o cuatro en Sajamonde, casa de Valladares, ultimamente de San Román.

No arquivo do Museo de Pontevedra atopamos debuxados os catro escudos, pero non sabemos que foi deles xa que sobre os restos do Pazo de Saxamonde construíronse vivendas.

 
Enrique Mayer Castro. Museo de Pontevedra.


Ventosela
Igrexa de Ventosela

Enriba da porta da entrada, similar ao existente no exterior da igrexa de Reboreda. Armas das familias Prego de Montaos, Troncoso de Lira e Soutomaior, co escudo dentro da coroa que representa aos Pereira e Castro

 
Igrexa de Ventosela. Foto: J. Migueles 2008

Vilavella

Pazo de Petán

1. Escudo dos Prego de Montaos.

 
Pazo de Petán. Foto: J. Migueles


 

Igrexa de Vilavella

1. Brasón sito na parte superior exterior da ábsida da igrexa parroquial de Vilavella. Pedras de armas dos Prego de Montaos. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/garcia-prego-de-montaos-y-sotomayor.html )

2. Outro pequeno escudo no interior da igrexa na unión das nervaduras da bóveda da capela central.

Casto Sampedro recolleu dous máis:

- Cuatro en la iglesia de las monjas; uno al exterior de la capilla Mayor; otro sobre la sacristía, hoy desaparecido; el tercero en la clave de la nervadura de la bóveda de dicha capilla; y el cuarto estuvo en la losa central del pavimento de la capilla, sobre una inscripción.

 
Igrexa de Vilavella. Foto: J. Migueles, 2008
 
 

Convento de Vilavella.

A mediados do século XX o convento de Vilavella foi mercado polo conserveiro José Otero Gónzalez que o demoleu parcialmente para transformalo nunha residencia que emulara aos pazos. Durante estes traballos colocáronse varios escudos na fachada. Un é unha réplica do escudo dos Prego de Montaos e os outros son escudos inventados coas iniciais do propietario e o seu pai José Otero Bilbao.

Convento Vilavella. Foto: J. Migueles

 

Casa Araújo

Casa con dous escudos desaparecidos, dos que se conservan os debuxos no Museo de Pontevedra. Poden ser os que cita Casto Sampedro como: - Dos en la fachada y en la espalda de la casa de Benigno.

Casa Araújo. Eugenio Feijoo Alfaya. Museo de Pontevedra

Casa Araújo. Eugenio Feijoo Alfaya. Museo de Pontevedra

 

Casa na Casa da Ponte, dos Sampedro.

Desaparecido. Na Rúa Juan Manuel Pereira. Citado por Casto Sampedro:

- "Otro de madera tallada y pintada, en la casa del Puente, Villavieja, de D. Francisco Sampedro".

 

Cas da Ponte. José Suárez. Museo de Pontevedra.


Casa na Rúa Padre Crespo.

Desaparecido. Citado en Redondelans. www.galeon.com/redondelans/ , blog desaparecido de C. Milleiro e X. M. Moreira Docampo:

-Sampedro fala que no solar do piar do viaduto vello, situado na rúa Pai Crespo, houbo unha casa cun brasón.


Casa na actual Rúa José Regojo.

Escudo desaparecido. Nun xornal de 1965 dáse conta de que a casa fora demolida. Citado tamén en Redondelans. www.galeon.com/redondelans/ , blog desaparecido de C. Milleiro e X. M. Moreira Docampo:

-Segundo testemuñas orais a casa situada a esquerda da do cine Fantasio tivo un brasón.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA

Redondelans. www.galeon.com/redondelans/. Blog de C. Milleiro e X. M. Moreira Docampo

Pazos y torres de la provincia de Pontevedra. Tomo I. López-Chaves-Amor Moreno. Diputación de Pontevedra.

Fondo Casto Sampedro: Sampedro 65-18 Torres y Pazos MUSEO DE PONTEVEDRA

Museo de Pontevedra: museo.depo.gal

Blasones y linajes de Galicia. Heráldica. J. S. Crespo Pozo, J. M. Bereciartúa. 1985.

Facebook>Policía Local de Redondela

SEREN

Nº3. Heráldica de Redondela. Ernesto Iglesias Almeida.

Nº7. Os símbolos do Concello de Redondela. José Antonio Orge Quinteiro.

La Heráldica de Galicia: Características y Singularidades. Luis Valero de Bernabé

Heráldica de apellidos. https://www.heraldicadeapellidos.com

Casas e Torres de Redondela. Por C. X. Milleiro





No hay comentarios:

Publicar un comentario