Brasón de Leoncio Rubín no Pazo de Torres Agrelo. Debuxo publicado en "Pazos y torres de la provincia de Pontevedra" |
Xeneral destacado na Guerra de África. Era tío do xeneral Antero
Rubín Homent e gran amigo dos xenerais O’Donnel, Prim e Concha e
dos marqueses Vega de Armijo e del Pazo de la Merced.
En 1843 destacouse
como brigadier nos sucesos de Barcelona. Converteuse en Xefe do 2º
Corpo do Exército levantado en armas na insurrección de 1846.
Constituída a Xunta de Goberno provisional de Galicia, o 15 de
abril, el e Miguel Solís, que comandaba o resto do exército, foron
nomeados Mariscales de los Ejércitos Nacionales. Deste xeito
equiparábase aos dous militares, pero tan só 7 días despois Solís
é elixido Capitán General de Galicia. A revolución rematou co
fusilamento de Solís despois de renderse en Santiago. Pola súa
parte Leoncio Rubín, que fora incapaz de conquistar Ourense,
exiliouse a Portugal polo que foi tachado de traidor á causa polos
seus contemporáneos.
A
seguinte noticia que atopo é cando entre 1849 e 1851, sendo
brigadier, dirixe unha sociedade de militares que publica a
Biblioteca Militar Portátil.
Era unha colección de 25 tomos que recollía as mellores obras
antigas e modernas, nacionais e estranxeiras
pertencentes á arte da guerra.
En outubro de 1854
foi trasladado da Comandancia de Pontevedra á de Alacante.
O
20 de agosto de 1856, é relevado como Brigadier Comandante Xeneral
do mando civil da provincia de Almería. Ese mesmo ano é ascendido a
Mariscal de Campo polo chamado Gabinete O'Donnel. O 14-7-1858 é
nomeado 2º Cabo de Castilla la Vieja.
Entre 1859 e 1860 o xeneral Leoncio Rubín
participou na Guerra de África na que substituíu
ao xeneral Prim ao mando da División de Reserva. Por esta campaña
en 1860 concedéuselle a Gran Cruz de
Carlos III. O
27 de xaneiro
1863 é nomeado Capitan General
de Extremadura.
E o 18-7-1865 Capitán General de
Granada, cargo que deixaría un ano
despois.
No referente á
política foi Deputado ás Cortes polo distrito de Pontecaldelas en
1854 e reelixido en 1863 e 1864. En 1865 foi elixido deputado
a cortes por Vigo, sendo reelixido en 1869. En xuño de 1874 entra a
formar parte do Consello de Estado, con destino á sección de Guerra
e Mariña. Falecería ao ano seguinte.
En Redondela
construíu o Pazo de Torres Agrelo no que se conserva un brasón coas
súas armas.
Autor:
Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Algunos hijos
ilustres de Redondela. Grandes Fiestas de la Coca. Redondela 1968.
Comisión de fiestas de la Coca.
A revolución galega de abril de
1846. Temidos e respectados. Manuel Mera, Vigo 2006. Publicado en
galizacig.net
Wikipedia => Miguel Solís Cuetos
Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => 18951008 Gaceta de Galicia, 18560903-13-18/ 18570228 La Oliva, 18601115 El Miño, 18740606 Eco de Galicia diario de la tarde, 18750927/18571211 El Diario de Santiago
Biblioteca
Nacional de España: www.bne.es
=> 18620720 La Correspondencia de España, 18460417 La Revolución,
18541013 La Epoca, 18580404 Fomento de Galicia,
Diario de los sucesos de Barcelona
en septiembre, octubre y noviembre de 1843. Escrito por unos
testigos presenciales, 1843.
Boletín de la revista general de
legislación y jurisprudencia…, Vol.6. Ignacio Miquel y Rubert,
Madrid. Colegio de Abogados, 1856.
Boletín de la revista general de
legislación y jurisprudencia…, Vol.18. Ignacio Miquel y
Rubert, Madrid. Colegio de Abogados, 1863.
Faro Nacional. Colegio de
abogados de Madrid, Real Academia de Jurisprudencia y Legislación,
Sociedad de Socorros Mutuos de los Juriconsultos. 1865.
La Justicia: Revista peninsular y
ultramarina de legislación, jurisprudencia y administración
pública. Vol. II, 2º semestre 1866.
Diccionario general de bibliogafría
española. Vol. 1. Dionisio Hidalgo, Manuel F. Hidalgo, 1862.
Diario de un testigo de la guerra de
África. Pedro Antonio de Alarcón. Luarna Ediciones, 2009.
Gaceta del
notariado español, Vol. 7.1858.
Propuestas, solicitudes y decretos
de la real y muy distinguida Órden de Carlos III. Tomo V. Decretos
R-Z. Escrito por Emilio de Cárdenas Piera
No hay comentarios:
Publicar un comentario